{"id":33435,"date":"2019-06-23T19:50:49","date_gmt":"2019-06-23T17:50:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33435"},"modified":"2019-06-23T19:51:47","modified_gmt":"2019-06-23T17:51:47","slug":"o-xures-a-fronteira-das-preguntas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/06\/23\/o-xures-a-fronteira-das-preguntas\/","title":{"rendered":"O Xur\u00e9s: a fronteira das preguntas"},"content":{"rendered":"<p>A estas alturas do ano, o Xur\u00e9s est\u00e1 espl\u00e9ndido. Non \u00e9 unha paisaxe para todo o mundo, non desde logo para aqueles que s\u00f3 imaxinan unha Galicia de praias luminosas, ou de bosques aut\u00f3ctonos espesos. O Xur\u00e9s \u00e9 outra cousa: \u00e9 esa Galicia que est\u00e1 por todas partes pero que moitas veces relegamos no noso imaxinario. A Galicia dos fragueiros, dos afloramentos gran\u00edticos, dos labirintos entre corgas e pasaxes de pedra, a das terras altas agora desoladas en gran medida polas e\u00f3licas, pero aqu\u00ed a\u00ednda se conservan. A esta altura do ano, a dureza e rudeza destas pasaxes, destas inmensidades de pedra, ad\u00f3bianse co verde dos pastos. Aqu\u00ed observamos un territorio de cruce no que a terra \u00e9 m\u00e1is grande porque \u00e9 m\u00e1is complexa, e no que un ten sempre unha certa sensaci\u00f3n de atemporalidade, de historias que comparten tempos distintos e discurren entre eles coa facilidade da auga.<\/p>\n<p>E despois hai outro factor. Como puiden comprobar durante a viaxe que realizamos ao Xur\u00e9s, somos moitos os que interpretabamos este territorio a trav\u00e9s do escritor Xos\u00e9 Lu\u00eds M\u00e9ndez Ferr\u00edn e o que \u00e9 unha das cimeiras da literatura galega contempor\u00e1nea: o seu libro de relatos <i>Arraianos<\/i>. \u00c9 incrible como un escritor pode acabar marcando tanto o xeito no que se percibe un territorio: como buscamos neste as referencias, a\u00ednda que estean camufladas baixo outros nomes, ou resulten da suma de varios lugares reais. A min, en Galicia, s\u00f3 me pasa con contados lugares: \u00c1lvaro Cunqueiro na Terra de Miranda e Ram\u00f3n Mar\u00eda del Valle-Incl\u00e1n na mi\u00f1a propia comarca do Barbanza e os se\u00f1or\u00edos do occidente galego. <em>Arraianos<\/em> explora desde a literatura os lugares que nacen da existencia dunha fronteira, como \u00e9 o propio Xur\u00e9s, lugares que cabalgan entre o mito e a historia. Para que un territorio sexa literario, ten que encaixar co esp\u00edrito dun escritor, ten que dicir algo dentro da personalidade do escritor. Por iso hai tan poucos territorios literarios: porque casar paisaxe exterior e interior non \u00e9 nada doado.<\/p>\n<p>Visitar o Xur\u00e9s \u00e9 unha experiencia fermos\u00edsima. Non \u00e9 un lugar melanc\u00f3lico, como se cadra o \u00e9 o Courel ou os Ancares. Mesmo non se observa a sensaci\u00f3n de abandono que se pode apreciar noutras comarcas do rural galego m\u00e1is aillado. As estradas son boas, hai unha chea de recursos tur\u00edsticos ben coidados. Obs\u00e9rvase un esforzo continuado por investir, como se fora unha loita -un tanto ut\u00f3pica- por frear o despoboamento dun territorio que parece ter unha especie de condena da modernidade. Pero por outra banda, as grandes extensi\u00f3ns aparentemente baleiras e remotas (s\u00f3 \u00e9 unha ilusi\u00f3n, en Galicia non hai nada baleiro nin remoto) dan a impresi\u00f3n de que \u00e9 un cofre cheo de segredos culturais e arqueol\u00f3xicos a\u00ednda por co\u00f1ecer. Abrigos paleol\u00edticos, poboados da Idade do Bronce, remotas fortificaci\u00f3ns tardoantigas, do paso das lexi\u00f3ns romanas ao longo do tempo. Un ten a impresi\u00f3n de que nestas cidades p\u00e9treas e salvaxes do alto dos montes, nestas cidades xeol\u00f3xicas, se gardan cousas inesperadas \u00e1 espera de que se dea o cruce de casualidades (ou casualidades) que as fagan aflorar. A zona que est\u00e1 pr\u00f3xima a Castro Leboreiro, xa da banda portuguesa, \u00e9 definitoria dese mundo. Morres de ga\u00f1as de subir aos montes e perderte, coma no Pindo, entre os abrigos, os penedos e as fendas. Tal \u00e9 que as\u00ed que avanzo que dentro de pouco tempo se saber\u00e1n algunhas desas sorpresas.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-768x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"768\" height=\"1024\" class=\"size-large wp-image-33446\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-768x1024.jpg 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-225x300.jpg 225w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-450x600.jpg 450w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-1536x2048.jpg 1536w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/IMG_20190616_110732-150x200.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><br \/>\n<em>Na aldea de A Cela, unha destas sorpresas. Nunha fenda gran\u00edtica, unha ferradura encastrada nunha fenda natural. Tal e como moitas veces deberon estar depositadas estas espadas da Idade do Bronce e os machados que se te\u00f1en atopados nas pened\u00edas e abrigos gran\u00edticos galegos. S\u00f3 que tres mil anos despois. Unha pasada!<\/em><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2.png\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"800\" class=\"aligncenter size-full wp-image-33443\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2.png 800w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2-150x150.png 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2-300x300.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2-768x768.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias_2-600x600.png 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias.png\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"600\" class=\"aligncenter size-full wp-image-33444\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias.png 800w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias-300x225.png 300w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias-768x576.png 768w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias-600x450.png 600w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rubias-150x113.png 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p>O Xur\u00e9s \u00e9 un territorio cheo de preguntas abertas. Poder\u00eda dicir que non te\u00f1en respostas, pero non \u00e9 exactamente as\u00ed. Os territorios marabillosos coma este est\u00e1n abertos a que n\u00f3s lle deamos respostas, a que lle deamos en liberdade, coa nosa imaxinaci\u00f3n, un relato a un lugar que s\u00f3 de maneira moi puntual deixou constancia da s\u00faa rica Historia a trav\u00e9s dos textos. Un exemplo atop\u00e1molo na sacrist\u00eda de Santiago de Rubi\u00e1s, onde se garda a arca medieval da famosa historia do Couto Mixto. Cando se restaurou a igrexa, apareceron unhas marabillosas pinturas de diferentes santos, e un friso como axedrezado. E tam\u00e9n unhas enigm\u00e1ticas marcas rascadas no propio friso, concentradas sobre todo nunha das paredes e da porta. Son raias postas en paralelo e atravesadas por outra ra\u00f1adura vertical, o cal fai pensar que se trata de alg\u00fan tipo de sistema de medir. A sacrist\u00eda de Santiago de Rubi\u00e1s fixo no seu tempo de c\u00e1rcere do Couto Mixto, e noutros momentos do lugar no que se custodiaba a lendaria arca das tres chaves. Ser\u00eda alg\u00fan sistema de organizar contas? De contar os d\u00edas dos presos? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mil.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Xur\u00e9s fainos preguntas continuamente. Unha das m\u00e1is intrigantes \u00e9 a notable abundancia de miliarios vinculados \u00e1 Via Nova que provi\u00f1a de Bracara en direcci\u00f3n Asturica Augusta (Astorga). En todo noroeste pero especialmente nesta zona, conc\u00e9ntrase unha enorme cantidade de miliarios romanos en pedra (moitos deles os podedes ver nas proximidades da Portela do Home, onde reuniron moitos que estaban ao longo da v\u00eda). Cont\u00e1ronnos (ter\u00eda que revisar este dato por outras fontes, porque \u00e9 demasiado redondo) que \u00e9 unha das zonas do Imperio romano con maior n\u00famero de miliarios. O certo \u00e9 que a densidade destes bloques cil\u00edndricos de pedra aqu\u00ed no Xur\u00e9s \u00e9 espectacular, impresionante. Que hai aqu\u00ed no Xur\u00e9s que xustifique esta gran cantidade de miliarios cos nomes dos emperadores? Apenas hai algunha hip\u00f3tese, nada doada de soster. Pero rev\u00e9lanos como mesmo nunha \u00e9poca, a romana, e cun tipo de equipamento moi regulado, como as v\u00edas, este tipo de comarcas presentan cuesti\u00f3ns e d\u00fabidas que non sabemos resolver con facilidade. Cuesti\u00f3ns que nos falan ao redor da identidade desta zona e as s\u00faas circunstancias pol\u00edticas e sociais. Pero tam\u00e9n da relaci\u00f3n centro\/periferia. Que era periferia, que era centro hai dous mil anos?<\/p>\n<p>Quero rematar cunha cea no Lusitano de Lobios. Tr\u00e1tase dunha casa de comidas fundada nos anos 30 que pouco a pouco se fixo un emporio. Est\u00e1 lonxe de todas partes, pero \u00e9 inevitable non pensar nela coma unha mansio desa antiga V\u00eda Nova, ao car\u00f3n da cal est\u00e1. Pouco m\u00e1is adiante, en Bande, a pousada romana que daba servizo \u00e1 v\u00eda ti\u00f1a comodidades para viaxeiros que percorr\u00edan en soedade longas millas. Hoxe en d\u00eda o Lusitano fai unha coci\u00f1a espectacular, ten hotel con bastantes habitaci\u00f3ns, un pub cunha chea de referencias de copas de calidade. Como me contaba o propietario, medraron para sobrevivir, para facerse valer nun territorio distante. \u00c9 un lugar fant\u00e1stico para ir un grupo de amigos e facer base al\u00ed para longas cami\u00f1adas, paseos entre aldeas cheas de detalles fermosos e comer estupendamente. Eu penso facer iso mesmo en breve. Penso volver a preguntar ao Xur\u00e9s, ou o que \u00e9 o mesmo, a preguntarme a min mesmo.<\/p>\n<p><em>Realicei a visita ao Xur\u00e9s no marco do proxecto Ger\u00eas-Xur\u00e9s Din\u00e1mico, reserva da biosfera transfronteiriza, organizado pola Deputaci\u00f3n de Ourense.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Visitar esta comarca \u00e9 adentrarse nun pa\u00eds de preguntas para as que hai todas as respostas<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/06\/23\/o-xures-a-fronteira-das-preguntas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Xur\u00e9s: a fronteira das preguntas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33447,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-33435","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33435","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33435"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33435\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33451,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33435\/revisions\/33451"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33447"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33435"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33435"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33435"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}