{"id":33421,"date":"2019-06-17T18:27:25","date_gmt":"2019-06-17T16:27:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=33421"},"modified":"2019-06-17T18:46:18","modified_gmt":"2019-06-17T16:46:18","slug":"terma-do-sabado-noite","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/06\/17\/terma-do-sabado-noite\/","title":{"rendered":"Terma do s\u00e1bado noite"},"content":{"rendered":"<p>Este s\u00e1bado pasado, despois dunha op\u00edpara cea no restaurante Lusitano de Lobios, volvimos a durmir ao balneario. Nada m\u00e1is chegar, atop\u00e1monos esa estampa que tanto me fascina: a terra que ferve. Bafaradas de vapor termal ascend\u00edan ao ceo na noite como se se gardara al\u00ed o alento dun monstro subterr\u00e1neo. Os ourens\u00e1ns que me lean amosar\u00e1n na cara, nestes momentos, un aceno tan aburrido como podemos po\u00f1er os habitantes de Compostela cando nos comezar a falar do Cami\u00f1o de Santiago. Nese sentido, non podo solucionalo. Vexo ese prodixio das augas fumegantes ao car\u00f3n dos r\u00edos, moitas veces solitarias pola noite, que \u00e9 cando eu as vexo, como algo m\u00e1xico e \u00fanico. Para os oriundos das R\u00edas Baixas \u00e9 un espect\u00e1culo tan ex\u00f3tico como ir ver unha corrida de touros.<\/p>\n<p>Apetec\u00edame darme un ba\u00f1o nocturno tras o magn\u00edfico arroz con corzo e cogumelos do Lusitano. Os ba\u00f1os noturnos son tan imposibles no mar do noso pa\u00eds que se convirten, para min, nalgo excepcional. E ao pararme diante da terma p\u00fablica de Lobios, cal non ser\u00eda a mi\u00f1a sorpresa a esas d\u00faas da ma\u00f1\u00e1 dun s\u00e1bado que estaba ateigada de ba\u00f1istas. Case ata o punto que non resultar\u00eda f\u00e1cil atopar un acomodo. Comenteillo aos ourens\u00e1ns presentes e observeilles unha certa prevenci\u00f3n, unha advertencia paternalista a que de meterme a\u00ed dentro pod\u00eda tomar contacto con todo tipo de seres vivos con querencia por apousentar na mi\u00f1a pel. Comecei a sospeitar deses consensos que non definen concretamente unha ameaza: neses casos sempre \u00e9 m\u00e1is cultural e imaxinaria que real.<\/p>\n<p>Efectivamente, nesa madrugada a piscina de Lobios estaba ateigada de xente. Pero non reco\u00f1ec\u00edn ning\u00fan galego ag\u00e1s n\u00f3s mesmos. Eran todos rapaces, xente nova portuguesa dos que moi poucos superar\u00edan os trinta anos. Fiquei pampo. O mesmo nos acontecera hab\u00eda uns meses nas termas p\u00fablicas e gratu\u00edtas m\u00e1is chulas do pa\u00eds: as que se atopan nas ru\u00ednas da pousada romana, a <em>mansio<\/em>, de Aquis Querquernnis, en Bande, non moi lonxe. Mozas e mozas portugueses disfrutando dos ba\u00f1os. Alg\u00fan ti\u00f1a un cigarro na man, \u00e9 certo que se pod\u00eda ver unha botella na parte de atr\u00e1s da que de cando en vez acud\u00edan a aprovisionarse. Pero nada m\u00e1is. Toda unha aut\u00e9ntica <em>rave<\/em> de portugueses ba\u00f1istas e mozos, disfrutando das augas coa tranquilidade dos pensionistas, en voz baixa e en grupi\u00f1os de amigos. Falei con alg\u00fans deles. Unha rapaza explicoume que vi\u00f1era cos seus amigos desde Porto. 140 quil\u00f3metros e d\u00faas horas de estrada de Porto ata Lobios! &#8220;Ah&#8221;, preguntei, &#8220;pasades aqu\u00ed a fin de semana?&#8221;. Ela miroume con sorpresa: &#8220;non, non, volvemos despois, ao rematarmos!&#8221;. &#8220;Pero por que vides ata aqu\u00ed?&#8221;. Ela encolleuse de ombreiros. &#8220;Son de balde!&#8221;. <\/p>\n<p>Na mi\u00f1a vida concibir\u00eda -e creo que moitos estar\u00e1n comigo- en que, con vinte e poucos anos, un bo plan de s\u00e1bado noite poder\u00eda ser ir a unha terma a deitarse en auga quente, botar un cigarro e unha parrafada. Pero as\u00ed \u00e9 nesta mocidade portuguesa que \u00e9 quen de facer d\u00faas horas de coche desde unha populosa \u00e1rea urbana europea para compartir augas caldas no m\u00e1is profundo do rural do noroeste ib\u00e9rico. <\/p>\n<p>O Xur\u00e9s non se distingue especialmente polas s\u00faas posibilidades de diversi\u00f3n noturna no sentido m\u00e1is convencional, ou m\u00e1is ben convencional para n\u00f3s. O conto \u00e9 precisamente ese: al\u00ed onde un non se agardar\u00eda, un grupo de xente non local aproveita un equipamento e, de alg\u00fan xeito, o reinventa, o convirte en parte dunha oferta de lecer dif\u00edcil de ser concibida desde arriba. O termalismo est\u00e1 asociado sobre todo a xente de certa idade. \u00c9 certo que a xente nova do rural ourens\u00e1n tam\u00e9n vai \u00e1s termas, pero o que non \u00e9 habitual \u00e9 que a terma sexa o seu punto de encontro para as noites do s\u00e1bado: iso s\u00f3 se fai se cadra nos d\u00edas de festa e con certa euforia et\u00edlica. <\/p>\n<p>Isto \u00e9 outra cousa. Esta paix\u00f3n da mocidade portuguesa polas termas galegas (gratu\u00edtas) rev\u00e9lanos que, moitas veces, na promoci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n de destinos non est\u00e1 todo inventado. Que hai factores culturais que permiten reinventar destinos de xeitos sinxelos e insospeitados. E que moitas veces as oportunidades est\u00e1n onde non se agardan. <\/p>\n<p>Descanso metido na auga, entre os vapores, alumeado por unha l\u00faa ben ampla no c\u00e9o, cun gran pracer de benestar, disfrutando do bo gusto da comida, dunha copa ben servida, nun lugar \u00fanico como \u00e9 o Xur\u00e9s. Penso nas advertencias que me fixeron os locais sobre os &#8220;perigos&#8221; desta terma aberta e, como me reiteraron unhas cantas veces sen eu pedilo, chea de portugueses. Estou no medio de voces baixas que falan cos diversos acentos do seu norte e do noso sur, aqu\u00ed onde as monta\u00f1as galegas se volven portuguesas e viceversa, a escas\u00edsimos quil\u00f3metros, na Portela do Home. E creo que a\u00ednda que as fronteiras f\u00edsicas caeron hai tempo, hai moitas outras, xeneracionais e territoriais que, inexplicablamente, custa crebar.<\/p>\n<p><em>Realicei a visita ao Xur\u00e9s no marco do proxecto Ger\u00eas-Xur\u00e9s Din\u00e1mico, reserva da biosfera transfronteiriza, organizado pola Deputaci\u00f3n de Ourense.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No Xur\u00e9s descubrimos entre a auga quente de Lobios destinos posibles e insospeitados.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/06\/17\/terma-do-sabado-noite\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Terma do s\u00e1bado noite<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":33422,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-33421","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33421","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33421"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33421\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33432,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33421\/revisions\/33432"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33422"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33421"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33421"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33421"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}