{"id":3279,"date":"2007-09-16T12:06:09","date_gmt":"2007-09-16T10:06:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/09\/16\/explorando-o-barolo-un-modelo-de-enoturismo-que-esperemos-non-ter-nunca\/"},"modified":"2007-09-16T12:11:28","modified_gmt":"2007-09-16T10:11:28","slug":"explorando-o-barolo-un-modelo-de-enoturismo-que-esperemos-non-ter-nunca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/09\/16\/explorando-o-barolo-un-modelo-de-enoturismo-que-esperemos-non-ter-nunca\/","title":{"rendered":"Explorando o Barolo: un modelo de enoturismo que esperemos non ter nunca"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image3277\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barolo_1.jpg\" alt=\"barolo_1.jpg\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3278\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barolo_2.jpg\" alt=\"barolo_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>A paisaxe vin\u00edcola das Langas<\/em><\/p>\n<p>Hab\u00eda tempo que quer\u00eda co\u00f1ecer a rexi\u00f3n na que se fai o Barolo, un dos m\u00e1is reco\u00f1ecidos vi\u00f1os do mundo. Aparece como distinguido acompa\u00f1ante nas ceas rom\u00e1nticas das series norteamericanas, mencionado nos \u00e1gapes dos plut\u00f3cratas de pa\u00edses sen cultura vin\u00edcola. Quer\u00eda saber que hai nese vi\u00f1o que esperta tantas paix\u00f3ns. As\u00ed que aqu\u00ed estabamos, nas Langas, ao sur do Piamonte. Unha suav\u00edsima orograf\u00eda de outeiros coroados por torres de castelos, e unha paisaxe totalmente modificada polo home e o vi\u00f1o, como podedes ver nas fotos. Nunca vira algo similar. Ao Oeste, os Alpes Mar\u00edtimos descen abruptamente ata a costa ligur pero aqu\u00ed, a paisaxe \u00e9 doce, campesi\u00f1a. Todo aqu\u00ed \u00e9 lento e consider\u00e1belmente aburrido, perfecto na s\u00faa ubicaci\u00f3n de postal, nos seus castelos e vili\u00f1as, no seu silencio de agricultores. O cultivo da vide non xenera, nos campos, a actividade humana intensa doutro tipo de cultivos. Estas vilas parecen espertar s\u00f3 para a vendima. \u00bfSilencio, dic\u00eda? Non sempre. <\/p>\n<p>Polas noites, esc\u00f3itanse ru\u00eddos pavorosos: nas vilas do val, os acorde\u00f3ns alpinos tocan a s\u00faa m\u00fasica inocente ata a medianoite, e as brisas tr\u00e1ente repetitivas melod\u00edas con esa inxenuidade machacante de tiroleses. Imax\u00ednome a praza da vila chea de xentes civilizadas e \u00e1 mestra da vila e o dono da carnicer\u00eda vestidos de traxe rexional, termando duns acorde\u00f3ns pintados con flores, mentres un mont\u00f3n de matrimonios observan a m\u00fasica desde unhas terrazas nas que comen en voz baixa, con esa cara de ausencia que te\u00f1en as parellas rodadas durante d\u00e9cadas. <\/p>\n<p>Quer\u00eda ver en que se convert\u00eda unha rexi\u00f3n cando o seu principal recurso tur\u00edstico de \u00e9xito \u00e9 o vi\u00f1o, e cando este recurso funciona a pleno rendemento. <strong>Conclusi\u00f3n 1<\/strong>: Uf. <strong>Conclusi\u00f3n 2<\/strong>: Isto do enoturismo \u00e9 algo bastante perigoso para os amantes do vi\u00f1o locais. Vexamos por que.  <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Nas Langas, vinlle as orellas ao lobo enotur\u00edstico. Vilas inertes, durmidas na somnolencia do \u00faltimo agosto, todas cheas de BMWs e Mercedes conducidos por maduritos alem\u00e1ns ou norteamericanos, que repousan nas casas de turismo rural e que, \u00e1 tardi\u00f1a, p\u00f3\u00f1ense en marcha para cear, tomarse unha boa botella de vi\u00f1o e volver antes das once a casa despois de pagaren cincuenta euros por cabeza. E non moito m\u00e1is. Sen saber moi ben por que, o turismo de alto <em>standing<\/em> vinculado ao vi\u00f1o -que tanto queren os nosos hosteleiros- consiste niso: prezos elevad\u00edsimos na comida e na bebida sen que haxa un valor engadido que os xustifique. As estradas do Barolo est\u00e1n percorridas por ese turismo tranquil\u00f3n que desexa esa paz silenciosa e non lle importan estes prezos estridentes. E pouco m\u00e1is. A barreira monetaria e a falta doutros est\u00edmulos repercute en que o resto do turismo desapareza das Langas. S\u00f3 vimos a unha parella da nosa idade -e non somos uns rapaces, andamos nos trinta-, en dous ou tres d\u00edas. O resto espert\u00e1banme sensaci\u00f3ns de filiaci\u00f3n paternal. Ao segundo d\u00eda, un xa non sabe que facer. Ollo, non quero dicir que o turismo de cincuent\u00f3ns sexa un problema, nin nada parecido. O que quero dicir \u00e9 que todo prestixio internacional dun vi\u00f1o, no segundo pa\u00eds exportador do produto no mundo, non \u00e9 quen de diversificar o interese por este produto entre p\u00fablicos m\u00e1is novos. <\/p>\n<p>\u00bfPor que? Non o sei, francamente, a\u00ednda que ao probar alg\u00fans Barolos, v\u00e9useme \u00e1 cabeza algunhas hip\u00f3teses. Ningunha botella de Barolo baixa dos 30 euros, e as dunha certa calidade, superan con facilidade os cincuenta euros, o cal machaca toda capacidade de experimentaci\u00f3n, de xogo, e de busca.  Valen realmente ese prezo?<\/p>\n<p>Quizais alg\u00fan en\u00f3logo ou enogeek me po\u00f1a a parir, pero te\u00f1o a percepci\u00f3n bastante clara de que o produto non deber\u00eda valer ese prezo e o que se produce \u00e9 un sobreprezo inmoral derivado da sona internacional dos vi\u00f1os; non \u00e9 algo tan raro. Algu\u00e9n denunciaba no seu blog, hai pouco, como os adegueiros espa\u00f1ois premiados con 100 puntos Parker o ano pasado triplicaron o prezo de sa\u00edda das s\u00faas marcas. <\/p>\n<p>Aproveitando os rounds de cata das Enotecas Comunales das que falei o outro d\u00eda, puiden probar alg\u00fans Barolos de certo prestixio. Tr\u00e1tase dun vi\u00f1o forte, concentrado, cun forte sabor a madeira froito do seu obrigado repouso de catro anos en barrica, non especialmente diferente dun Rioja Reserva, e sen m\u00e1is prestancia, ao meu ver. Un vi\u00f1o para guiris, ademais. Un se decata da forza que te\u00f1en os imaxinarios. Os piamonteses, para consumo local, prefiren dolcettos e barberas, m\u00e1is agradecidos e m\u00e1is pr\u00f3ximos ao sabor do terreno. E isos si que son excelentes, para o meu gusto; a mesma percepci\u00f3n sinto cos Reservas espa\u00f1ois, preferidos por un segmento de idade maior que gusta dese vi\u00f1o menos concentrado e moi moldeado por a intervenci\u00f3n humana, en forma de barrica. <\/p>\n<p>Decateime de que, a\u00ednda que desexo moito que as denominaci\u00f3ns galegas prosperen no sector do enoturismo, que parece clave para dinamizar o mundo rural, non quero isto. Non quero vilas mortas que sobreviven baixo a premisa de sangrar ao rico turista anglosax\u00f3n ou n\u00f3rdico. Non quero lugares que aniquilen a capacidade de explorar, de probar, de xogar con vi\u00f1o con despreocupaci\u00f3n, nin lugares sometidos \u00e1 disciplina do aburrimento dunha explotaci\u00f3n monotem\u00e1tica. Non quero uns prezos que nos fagan sentir estranxeiros na nosa propia terra. Quero un rural diverso, disperso e divertido, no que o vi\u00f1o sexa unha cultura e non unha xeringa de zugar d\u00f3lares ou euros. Non quero ser coma o Barolo. E creo que poderiamos atopar un cami\u00f1o alternativo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A paisaxe vin\u00edcola das Langas Hab\u00eda tempo que quer\u00eda co\u00f1ecer a rexi\u00f3n na que se<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/09\/16\/explorando-o-barolo-un-modelo-de-enoturismo-que-esperemos-non-ter-nunca\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o Barolo: un modelo de enoturismo que esperemos non ter nunca<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3277,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,19,7,8],"tags":[],"class_list":["post-3279","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-italia","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3279","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3279"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3279\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3277"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3279"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3279"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3279"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}