{"id":3238,"date":"2007-09-06T23:46:09","date_gmt":"2007-09-06T21:46:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/09\/06\/diccionario-de-camping\/"},"modified":"2007-09-07T19:24:43","modified_gmt":"2007-09-07T17:24:43","slug":"diccionario-de-camping","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/09\/06\/diccionario-de-camping\/","title":{"rendered":"Diccionario de camping"},"content":{"rendered":"<p>Levamos moitos ver\u00e1ns indo por a\u00ed tirando de c\u00e1mping. \u00c9 xenial: perm\u00edteche facer unha viaxe longa gastando moi pouco no m\u00e1is caro -o aloxamento-, e as\u00ed redistribu\u00edr o di\u00f1eiro das vacaci\u00f3ns de forma m\u00e1is pracenteira. Pero no prezo do camping est\u00e1n inclu\u00edda unha serie de incomodidades pr\u00e1cticas que explican o prezo e que te amosan o acomodada que \u00e9 a nosa vida coti\u00e1n. E xa non me refiro \u00e1s que te imaxinas a priori de durmir nunha tenda, sen\u00f3n \u00e1s sorpresas do d\u00eda a d\u00eda. Os italianos son moi amantes de sorprender nos campings -creo que \u00e9 com\u00fan a todas as naci\u00f3ns-, as\u00ed que preparamos unha gu\u00eda de conceptos para levar mellor a viaxe.<\/p>\n<p><strong>AVANCE: <\/strong>Non, por moito que te flipe tanto como a min a tenda esa de Decathlon que se monta en 60 segundos, non vale para nada nun treb\u00f3n. E no ver\u00e1n hai moitos treb\u00f3ns. Por 80 euros tes tendas con m\u00e1is corpo e cun avance que te permite ga\u00f1ar en espazo para gardar cousas en caso de diluvio e xogares con calma \u00e1 brisca no caso de choiva eterna. <\/p>\n<p><strong>BOMBONI\u00d1A: <\/strong>Como custan bastante pouco, tendemos a mercar un cami\u00f3n de simp\u00e1ticas bomboni\u00f1as de Campingaz &#8220;por se se nos acaban&#8221;. As pobres pasan os d\u00edas bamboleando no maleteiro e caendo nos p\u00e9s cando quitamos o papel hixi\u00e9nico, e perm\u00edtennos protagonizar marabillosas escenas de Mister Bean cando queremos recolocar as cousas no maleteiro. E non, se\u00f1ores, para d\u00faas persoas, d\u00faas bomboni\u00f1as van perfectas. E se se acaban, no resto do mundo tam\u00e9n as venden.<\/p>\n<p><strong>CAGA-DUCHA:<\/strong> Dise dese tipo de construci\u00f3n hixi\u00e9nica na que converxen as augas maiores internas, as menores internas e as superiores externas. Habitualmente consisten en dous agarres rasposos para os p\u00e9s no chan, un escuro e tenebroso buraco central, un agarrador para un brazo e unha ducha\/mangueira regul\u00e1bel en altura. Inspirado nas innovadoras t\u00e9cnicas de xesti\u00f3n de masas humanas dese\u00f1adas en Centro Europa nos anos 40, os caga-duchas te\u00f1en unha especial capacidade para propagarse nos campings nos que entra e, coma os eucaliptos, tende a fagocitar aqueloutros cuartos de funci\u00f3ns hixi\u00e9nicas especializadas. Para evitalos, consultar a entrada<em> Inspecci\u00f3n previa<\/em>.<\/p>\n<p><strong>CHANCLA:<\/strong> Salvo que queiras sacarlle partido \u00e1 crecente fungoman\u00eda de outono, son indispensables para ir \u00e1s duchas. Pero, ollo, hai dous tipos de chanclas. Para conseguir que non se produza un psic\u00f3tico desprendemento de chancla que derive en que a t\u00faa pranta se pouse sobre a reixi\u00f1a e o teu tacto sinta as caricias dos paramecios, as m\u00e1is axeitadas son as que te\u00f1en o &#8220;enganchador&#8221; entre os dedos. <\/p>\n<p><strong>CITRONELLA: <\/strong>As velas de Citronella son a t\u00faa \u00fanica salvaci\u00f3n contra os mosquitos. Hainas por todas partes, pero l\u00e9vaas de aqu\u00ed, que fac\u00e9molas m\u00e1is gordas e baratas. Prenden unha lapa que far\u00eda palidecer \u00e1 Torre de H\u00e9rcules e conseguen crear un escudo protector contra os mosquitos. Pero eles est\u00e1n a\u00ed, a dous metros. En canto aventuras unha man f\u00f3ra de escudo percibes a s\u00faa densa malla de zunidos e morres do medo. Ver: <em>Mosquitos<\/em>. <\/p>\n<p><strong>COCHE: <\/strong>Caixa forte. O n\u00famero de aperturas das s\u00faas portas por hora permite medir diariamente o noso nivel de Alzheimer.<\/p>\n<p><strong>COLCH\u00d3N: <\/strong>O colch\u00f3n de camping est\u00e1 de moda e \u00e9 xenial. \u00dasao, non por iso deixar\u00e1s de ser menos machote ou aventureira. Iso si, non merques un deses con motorci\u00f1o de inchado inclu\u00eddo: son un tongo, m\u00f3llanse e am\u00f3lanse con facilidade. Usa mellor dos de inflar. <\/p>\n<p><strong>ELECTRICIDADE:<\/strong> Ese servizo que sempre te esqueces de pedir no camping e que motiva que fagas delongadas tertulias na porta dos b\u00e1teres mentres carga o condenado m\u00f3bil. <\/p>\n<p><strong>FICHI\u00d1A:<\/strong> Pequeno disco de metal que tes que introducir nunha caixa para conseguir que a ducha bote auga, nalg\u00fans campings italianos. M\u00e9rcase en recepci\u00f3n e ningu\u00e9n te avisa do sistema: adoitas darte conta cando xa est\u00e1s en pelotas na ducha e co xel na man. <\/p>\n<p><strong>GOOGLE EARTH: <\/strong>O aut\u00e9ntico detector de mentiras e falsas verdades na web. Explora os campings previamente desde Google Earth para comprobar que non hai unha siderurxia nin un aeroporto ao car\u00f3n do camping. Tam\u00e9n est\u00e1 ben para comprobar a proximidade \u00e1 praia ou ao lago. Hai que detectar, en plan esp\u00eda da Guerra Fr\u00eda, se hai alg\u00fan tipo de cami\u00f1o de conexi\u00f3n. Se non a ves, o m\u00e1is posible \u00e9 que para a praia haxa que andar inexplicablemente trinta minutos baixo o sol bordeando unha finca ou algo as\u00ed. <\/p>\n<p><strong>ITALIANO: <\/strong>A frase &#8220;aqu\u00ed d\u00e9bese comer ben porque est\u00e1 cheo de xente de aqu\u00ed&#8221; non se pode aplicar nos campings italianos que est\u00e1n ateigados de familias romanas ou milanesas. Principalmente, porque o italiano precisa moitos menos metros cadrados que ti para sobrevivir; en concreto, precisa os menos metros cadrados posibles. Adoran a acumulaci\u00f3n humana ata o l\u00edmite de facer enormes ceas colectivas nos vieiros do campamento nas que as mammas sacan perolas enormes de pasta. Parece divertido, pero \u00e9 que a ti vaiche tocar ao car\u00f3n dun grupo de adolescentes holandeses amantes da cervexa. <\/p>\n<p><strong>INSPECCI\u00d3N PREVIA:<\/strong> Acci\u00f3n con sentidi\u00f1o antes de aceptar un camping. Consiste en a) \u00bfTen sombra a praza? SI; logo b) \u00bfTen auga e ba\u00f1os preto? c) Cantas capas de merda ten o chan do ba\u00f1o? Menos de 3; logo d) Ten o ba\u00f1o caga-duchas? NON; logo e) \u00bfOnde est\u00e1 o viveiro de mosquitos?, etc. <\/p>\n<p><strong>LESTE:<\/strong> A direcci\u00f3n cara a que tes que orientar a cabeceira da tenda, en relaci\u00f3n \u00e1 sombra das \u00e1rbores. Debe estar orientada de tal xeito que a sombra da \u00e1rbore rote entre sete e nove da ma\u00f1\u00e1 por enriba do espazo entre a t\u00faa cabeza e o embigo.  :P<\/p>\n<p><strong>MOSQUITO: <\/strong>Dise dun ser a medias mitol\u00f3xico e a medias real con propensi\u00f3n a manifestarse entre as oito e as once da noite nos paraxes de singular beleza europea. En Italia alim\u00e9ntanos con pienso, as\u00ed que acadan unhas dimensi\u00f3ns dignas de tributarlles unha festa de exaltaci\u00f3n gastron\u00f3mica. Unha vella coreana avisounos en Venecia, ao ver as nosas pernas convertidas en bulbos: &#8220;l\u00e1vense con xabl\u00f3n Lagalto (<em>adaptaci\u00f3n para p\u00fablico galego<\/em>). A eses fillos de puta g\u00fastalles o Johnson&#8217;s&#8221;. Sabidur\u00eda oriental. Ver: <em>Citronella<\/em>. <\/p>\n<p><strong>NATURISMO:<\/strong> Se non tes problemas en p\u00f3rte en pelotas, o naturismo \u00e9 mellor. Pecha os ollos: nin adolescentes, nin nenos, nin marujas, nin ruidoso turismo espa\u00f1ol. Os c\u00e1mpings, ademais, est\u00e1n mellor e te\u00f1en mercados con moito vexetal fresco, e tal. <\/p>\n<p><strong>OFICINA DE TURISMO:<\/strong> As\u00fameo: es un guiri. Para o local, es tan guiri como esa sueca coa cara pelada. Vai \u00e1 oficina de turismo. C\u00f3ntalle as t\u00faas penas&#8230;e p\u00eddelle a lista de aloxamentos (que ten os prezos ao car\u00f3n). <\/p>\n<p><strong>TURISMO RURAL:<\/strong> O descubrimento deste ano. Resulta que bastantes agriturismi (casas de turismo rural) italianas reservan espazo para unha ou d\u00faas prazas de camping. E est\u00e1 xenial. Custan sobre 10 euros\/persoa, non cobran polo coche e podes usar todos os servizos da casa (coci\u00f1a, piscina, sal\u00f3ns, ba\u00f1o grande e impec\u00e1bel&#8230;) a eses prezos de risa. E o dono sempre te pode convidar a vi\u00f1o!<\/p>\n<p><strong>UNS M\u00cdNIMOS:<\/strong> M\u00e1rcalle un l\u00edmite \u00e1 t\u00faa dignidade antes de aceptar quedar nun camping, e as\u00ed aforraraste disgustos. Tam\u00e9n que che digo que os disgustos elim\u00ednanse complemante se eliminas os m\u00ednimos. Pero de verdade, eh?<\/p>\n<p><strong>WEB:<\/strong> Dise do lugar electr\u00f3nico no que os propietarios do camping manifestan os artistas que levan dentro. Ademais son un bo punto de partida para rememorar a Internet dos 90. Se est\u00e1s buscando un camping con praia, hai varios puntos importantes: o primeiro \u00e9 que se o camping d\u00e1 directamente \u00e1 praia vas sabelo perfectamente. Varias fotos amosar\u00e1n visualmente esa proximidade e conexi\u00f3n: nunha foto verase a praia en primeiro plano e as tendas atr\u00e1s, ou viceversa. Sospeita dos campings que po\u00f1en fotos de postal da costa &#8220;desde o alto&#8221; ou desde a distancia, porque o camping case seguro que est\u00e1 no medio do monte. Sospeita moit\u00edsimo. Ver tam\u00e9n: <em>Google Earth<\/em>. <\/p>\n<p><strong>WOK. <\/strong>A t\u00faa soluci\u00f3n \u00e1 pasta para cando volvas esfameado de patear unha cidade. O wok resiste calquera cousa que lle botes, faina r\u00e1pido e case non consume aceite. \u00c9 un pouco aparatoso de levar pero paga a pena. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Levamos moitos ver\u00e1ns indo por a\u00ed tirando de c\u00e1mping. \u00c9 xenial: perm\u00edteche facer unha viaxe&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/09\/06\/diccionario-de-camping\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Diccionario de camping<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,19,8],"tags":[],"class_list":["post-3238","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-italia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3238","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3238"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3238\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3238"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3238"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3238"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}