{"id":32271,"date":"2019-02-03T21:39:32","date_gmt":"2019-02-03T19:39:32","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=32271"},"modified":"2019-02-03T21:40:17","modified_gmt":"2019-02-03T19:40:17","slug":"nado-a-nova-aposta-de-ivan-dominguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/02\/03\/nado-a-nova-aposta-de-ivan-dominguez\/","title":{"rendered":"Nado: a nova aposta de Iv\u00e1n Dom\u00ednguez"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>O venres tivemos a oportunidade de probar a nova aposta do coci\u00f1eiro Iv\u00e1n Dom\u00ednguez: Nado. O local, ubicado na Ruela das Estacadas, na que era primeira li\u00f1a coru\u00f1esa de cara o mar, abrir\u00e1 ao p\u00fablico o d\u00eda 6 de febreiro. Entrementres, os co\u00f1ecidos temos a oportunidade de probar os pratos nos que se est\u00e1 a traballar nunha coci\u00f1a aberta que se fusiona coa barra na que te tomas algo mentres agardas polo resto do grupo co que quedaches. Deste xeito, a idea da coci\u00f1a \u00e1 vista, a coci\u00f1a espect\u00e1culo que xa estamos acostumados coa coci\u00f1a xaponesa, acaba mimetiz\u00e1ndose coa barra do bar. O dese\u00f1o do local, pequeno pero moi funcional, ten detalles moi curiosos. As mesas, concibidas como un sistema modular que permite incorporar, a trav\u00e9s de t\u00e1boas, m\u00e1is ou menos servizos para un grupo, \u00e9 unha \u00fanica e longa habitaci\u00f3n que re\u00fane, case sen interrupci\u00f3ns, coci\u00f1a e comedor. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_2.jpg\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_3.jpg\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_4.jpg\"\/><\/p>\n<p>Formado (e forxado) nos fog\u00f3ns de Casa Marcelo, Iv\u00e1n Dom\u00ednguez leva uns cantos anos dando moito que falar nas s\u00faas diferentes paradas profesionais, desde o Loxe Mareiro en Carril ata a s\u00faa estad\u00eda no restaurante Alborada e no grupo de restauraci\u00f3n ao que pertenc\u00eda, que inclu\u00eda outros negocios na Coru\u00f1a ou en Madrid. A\u00ednda que Iv\u00e1n ti\u00f1a madeira m\u00e1is que abonda para abrir un proxecto persoal hai tempo, o certo \u00e9 que tomouno coa calma da prudencia. Non se trataba s\u00f3 de saber coci\u00f1ar, sen\u00f3n tam\u00e9n de xestionar, que \u00e1 final \u00e9 o tronco central dun negocio de hosteler\u00eda. Iv\u00e1n combina insolitamente d\u00faas grandes aptitudes que non \u00e9 habitual atopar xuntas: por unha banda, a disciplina e a obsesi\u00f3n pola orde que aprendeu como coci\u00f1eiro da Armada, e por outra, unha especial sensibilidade que o conecta co contorno, a s\u00faa memoria familiar e o mar e a terra, como fonte de recursos de elevada calidade. Todo iso l\u00e9vao a NADO, que \u00e9 unha coci\u00f1a da suculencia, unha coci\u00f1a que te reconcilia coa verdade da gastronom\u00eda despois dalg\u00fans anos nos que mesmo en Galicia se pareceu perder determinados rumbos e elementos de valor. Na coci\u00f1a de Iv\u00e1n hai brasa, hai prebes, hai pratos sencillos de sabores fulgurantes. Espectacular a ensaladilla rusa de casta\u00f1eta \u00e1 brasa, as cocochas ou a raia \u00e1 brasa cun prebe de sidra, por citar alg\u00fans dos pratos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_5.jpg\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_6.jpg\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nado_7.jpg\"\/><\/p>\n<p>A aposta dos vi\u00f1os en MADO \u00e9 tam\u00e9n interesante. Mari\u00f1a, a sumiller, est\u00e1 ao cargo dunha selecci\u00f3n de vi\u00f1os atl\u00e1nticos, con preferencia pola oferta galega, pero tam\u00e9n doutros puntos do oc\u00e9ano (Canarias, Azores, Madeira, Francia) e incursi\u00f3ns noutros territorios nos que os vi\u00f1os te\u00f1en caracter\u00edsticas que os emparentan cos producidos preto do mar. Isto conv\u00edrtese nunha aposta m\u00e1is que interesante como oferta diferencial de sala na Coru\u00f1a. <\/p>\n<p>A apertura de NADO l\u00e9vame a pensar no que significa pasar dun proxecto de outros a un puramente persoal. No caso da coci\u00f1a, un mundo ao tempo tan conservador e tan \u00e1vido de novidades, non \u00e9 unha tarefa doada. A clave, con todo, est\u00e1 na autenticidade, na personalidade propia. Iv\u00e1n Dom\u00ednguez, que \u00e9 un coci\u00f1eiro de t\u00e9cnica contempor\u00e1nea pero de palabra contida, ao que sempre lle importou m\u00e1is a esencia do produto que as modas, est\u00e1 en condici\u00f3ns de propor un novo modelo baseado na honestidade, na discreci\u00f3n e sobre todo, que \u00e9 o que conte, no goce total dos pratos. N\u00f3s fix\u00e9molo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O mar e a identidade atl\u00e1ntica son o eixo central do seu novo local coru\u00f1\u00e9s.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2019\/02\/03\/nado-a-nova-aposta-de-ivan-dominguez\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Nado: a nova aposta de Iv\u00e1n Dom\u00ednguez<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":32272,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-32271","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32271","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32271"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32271\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32282,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32271\/revisions\/32282"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/32272"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32271"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32271"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32271"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}