{"id":32052,"date":"2018-11-18T20:23:09","date_gmt":"2018-11-18T18:23:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=32052"},"modified":"2018-11-18T21:14:10","modified_gmt":"2018-11-18T19:14:10","slug":"casa-chalan-a-farturenta-terra-de-montes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/11\/18\/casa-chalan-a-farturenta-terra-de-montes\/","title":{"rendered":"Casa Chal\u00e1n: a farturenta Terra de Montes"},"content":{"rendered":"<p>Os seguidores de Cap\u00edtulo Cero lembrar\u00e1n que hai moitos anos levo falando dos restaurantes e casas de comidas tipo &#8220;vouche levar a un sitio&#8221;. Caracter\u00edzanse por servir estupenda coci\u00f1a tradicional e estar situados en lugares remotos, moitas veces montes\u00edos, que invitan \u00e1 comida farturenta e vagarosa, de tomala con calma. <\/p>\n<p>Pois sen d\u00fabida un dos m\u00e1is chulos que levo visto nos \u00faltimos anos \u00e9 Casa Chal\u00e1n, en Fornelos de Montes (Pontevedra). \u00c9 mellor, con todo, que comece polo final. Estabamos chegando \u00e1 casa en Compostela e com\u00edanos a d\u00fabida por dentro. Sole chamou de novo a Casa Chal\u00e1n, onde comeramos ese mediod\u00eda: <\/p>\n<p>-Mire, desculpe, somos os rapaces que comimos ao car\u00f3n da fiestra, non sei se se lembra.<br \/>\n-Si, si, claro.<br \/>\n-Ver\u00e1. \u00c9 que n\u00f3s pensamos que se deberon confundir. Porque n\u00f3s cremos que nos cobraron de menos. <\/p>\n<p>Pensabamos que nos cobraran por un, xa que no momento de pagar o outro non estaba al\u00ed na barra. Pero esc\u00f3itase unha gargallada no outro lado do tel\u00e9fono. E unha moza moi amable nos contesta:<\/p>\n<p>-Mire, agradec\u00e9mosllo moito que chamen, pero xa lles dixemos cando pagaron: o prezo \u00e9 o correcto. <\/p>\n<p>Quedamos tranquilos, pero non por iso menos abraiados. Ser\u00e1 porque vimos dunha cidade, Compostela, onde os prezos da comida decente tolearon nos \u00faltimos dous anos e por calquera minucia (ou tapa con \u00ednfulas) p\u00e1gase unha barbaridade inxustificada. Porque en Casa Chal\u00e1n, despois de d\u00faas ca\u00f1as, unha botella de vi\u00f1o, sopa de cocido, callos a fartar, xabar\u00edn servido en tres xeitos distintos, flan caseiro e leite fritido, acompa\u00f1ado dun riqu\u00edsimo caf\u00e9 de pota (dos mellores que te\u00f1o tomado) e licores a fartar, pagaramos 23 euros entre os dous. Serv\u00edronnos o correspondente ao men\u00fa dunha persoa e sobrou comida por todas partes, para que vos fagades unha idea. Era como unha viaxe aos anos 80, a ese mundo m\u00edtico das casas de comida. Pero era moito m\u00e1is. Era como unha reconciliaci\u00f3n cos prezos humanos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chalan_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>&#8220;Paisaxe despois da batalla&#8221;.<\/em><\/p>\n<p>O lugar \u00e9 digno de visita. Unha t\u00edpica casa dos anos 70-80 cun bar no baixo, cunha porti\u00f1a pequena para conter o vento frio da serra do Su\u00eddo. Pero dentro m\u00e1is de sesenta persoas entreg\u00e1ndose ao cocido ou ao xabaril, ou \u00e1s d\u00faas cousas. Unha coci\u00f1a ateigada de sabias mulleres da aldea, de todas as idades, e un amable camareiro de fin de semana que atende as mesas cun sorriso franco que te fai sentir en confianza desde o primeiro momento. Casa Chal\u00e1n \u00e9 unha referencia no sur de Galicia, como ese lugar &#8220;ao que vas&#8221;, ese sitio especial no que se conserva algo se cadra perdido noutros sitios, nos que realmente pagas por ir m\u00e1is que por comer, e logo dentro \u00e9 un aut\u00e9ntico festival de fartura. E nada m\u00e1is nos gusta no noso pa\u00eds que a fartura, as calores que suministran as carnes bravas e os sabores de invernia. <\/p>\n<p>Non quixemos cocido. Optamos por outra especialidade da casa, o xabar\u00edn, servido en tres xeitos, con fabas, patacas -douradas, guisadas- e arroz. As preferencias seguro que han de ir no gusto de cada quen, pero o resultado \u00e9 fant\u00e1stico. Xabar\u00edn ben adobado, servido en anacos pequenos, para comer de vagar e facerlle un oco no bandullo. Pero mante\u00f1an un oco para os postres. O flan da casa \u00e9 absolutamente de nota e os fan\u00e1ticos do leite fritido (como eu son) non han quedar defraudados. Ah, outra cousa, se hai sorte serviranlles &#8220;bolica&#8221;, unha sorte de torta de pan millo deliciosa que fan na casa e que \u00e9 digna de probar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chalan_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A bolica<\/em><\/p>\n<p>Un lugar para sentir unha viaxe no interior de Galicia. Un lugar para sorprender \u00e1s amizades. A un prezo que a\u00ednda \u00e9 humano e para todo o mundo. <\/p>\n<p>E, ao rematar, podes visitar sitios ben chulos, como a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/07\/01\/unha-ponte-de-mouros-na-cidade-de-fornelos-de-montes\/\">Ponte dos Mouros<\/a>, tam\u00e9n en Fornelos de Montes, ou os <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/11\/18\/os-pasos-da-fraga-cando-as-animas-cruzan-o-rio\/\">Pasos da Fraga<\/a>, en Ponte Caldelas. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/place\/Casa+Chalan\/@42.3373424,-8.4133252,15z\/data=!4m2!3m1!1s0x0:0xbdf78f0b221c8c2e?ved=2ahUKEwj9q--Nsd7eAhWDz4UKHc6DA9MQ_BIwCnoECAUQCA\">Aqu\u00ed podes ver a localizaci\u00f3n<\/a>. Recomendaci\u00f3n: reserva antes, porque esta petado. E se queres caza, \u00e9 mellor que chames uns d\u00edas antes e o indiques.<\/p>\n<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cocido e caza tradicional ao vello estilo<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/11\/18\/casa-chalan-a-farturenta-terra-de-montes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Casa Chal\u00e1n: a farturenta Terra de Montes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":32067,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-32052","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32052","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32052"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32052\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32073,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32052\/revisions\/32073"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/32067"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32052"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32052"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32052"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}