{"id":3203,"date":"2007-08-29T18:31:44","date_gmt":"2007-08-29T16:31:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/08\/29\/relatos-de-poder-en-ravena\/"},"modified":"2007-08-30T00:41:35","modified_gmt":"2007-08-29T22:41:35","slug":"relatos-de-poder-en-ravena","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/08\/29\/relatos-de-poder-en-ravena\/","title":{"rendered":"Relatos de poder en R\u00e1vena"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image3198\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ravenna_1.jpg\" alt=\"ravenna_1.jpg\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed estou, practicando o <em>ravenismo<\/em>. Ou a arte de mirar sen parar teitos de mosaicos na cidade de R\u00e1vena e rematar dunha vez coas cervicais maltratadas no inverno. <\/p>\n<p>Sempre quixen ir a este lugar: ubicada no Leste de Italia, pr\u00f3xima a Venecia, en antigas terras de fronteira no l\u00edmite da pen\u00ednsula italiana. A cidade, en si mesma, non ten demasiado encanto. Ruelas anchas, rectas, que seguen o trazado orixinal case ao mil\u00edmetro desta que foi capital do decadente Imperio Romano occidental cando xa estaba todo o peixe vendido e os b\u00e1rbaros saqueaban Roma. Casi\u00f1as baixas, unha sensaci\u00f3n de letargo prolongado. <\/p>\n<p><object width=\"425\" height=\"350\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/Rgmf64cdj8Y\"><\/param><param name=\"wmode\" value=\"transparent\"><\/param><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/Rgmf64cdj8Y\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" wmode=\"transparent\" width=\"425\" height=\"350\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Logo chegou a ca\u00edda do Imperio, as vacilaci\u00f3ns hist\u00f3ricas e a reconquista da cidade e dos seus territorios por parte do emperador bizantino Xustiniano, no s\u00e9culo VI. Xustiniano afianzou a R\u00e1vena como o seu posto destacado en Italia, pola s\u00faa proximidade e polo porto militar que constru\u00edra Augusto, moi preto, en Classe, cinco s\u00e9culos antes. R\u00e1vena ten algo \u00fanico: o s\u00e9culo VI. Na pobreza material deste s\u00e9culo, R\u00e1venna custodia unha serie de mosaicos xurdidos ao abeiro do florecente poder das frangullas decadentes do Imperio Romano. <\/p>\n<p>Pero para min, o fascinante de R\u00e1vena \u00e9 ese s\u00e9culo VI. Esa terra de ningu\u00e9n. Algo que xa non \u00e9 Imperio Romano, que tampouco \u00e9 Idade Media, pero no que se est\u00e1 conformando un futuro do que n\u00f3s co\u00f1ecemos todo pero que, nese momento, a\u00ednda non est\u00e1 decidido. R\u00e1vena \u00e9 como un intre conxelado no tempo da gran narraci\u00f3n hist\u00f3rica de Europa. Sabemos de onde vi\u00f1an. E sabemos que \u00eda pasar despois. E o que collemos \u00e9, xusto, o fundido-encadeado entre \u00e9pocas. A arte da cidade \u00e9 a nosa int\u00e9rprete, di\u00e1fana, mesmo para non especialistas, para comprender a este tempo suspendido na Historia. Reco\u00f1ecemos os detalles: a inspiraci\u00f3n no pag\u00e1 Neptuno, o naturalismo dos mosaicos das vilas campestres, o Cristo representado como un patricio novo e rico, completamente rasurado; est\u00e1 o vello, pero o cristianismo comeza a constru\u00edr o seu propio c\u00f3digo visual. Na Bas\u00edlica de San Vitale f\u00f3rzanse os l\u00edmites do que a propia t\u00e9cnica do mosaico pode dar de si. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3199\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ravenna_2.jpg\" alt=\"ravenna_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>Bas\u00edlica de San Vitale. Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nSan Vitale foi unha enorme obra de propaganda levada a cabo polo emperador bizantino Xustiniano para difundir a s\u00faa identidade e maxestuosidade nunha Italia ca\u00f3tica. Todos eses mosaicos falan do gusto incipiente de Bizancio por esta t\u00e9cnica art\u00edstica, pero est\u00e1n feitos desde a tradici\u00f3n local, cos saber dos artes\u00e1ns italianos. E nel contense un dos relatos de poder m\u00e1is interesantes que se poden atopar na arte. O Mosaico de Xustiniano e a s\u00faa corte.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3201\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ravenna_3a.jpg\" alt=\"ravenna_3a.jpg\" \/><\/p>\n<p>Todo, todo neste mosaico conta algo. Fix\u00e1devos na figura do emperador, no centro, presidindo. Pero observemos o pequeno axuste de contas local: escrito no mosaico aparece o nome de <em>Maximianus<\/em>. Era o bispo de R\u00e1vena e o texto indica quen deles \u00e9. Observemos en detalle. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3200\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ravenna_3.jpg\" alt=\"ravenna_3.jpg\" \/><\/p>\n<p>Falta pouco para que desapareza o retrato individualizado, o suxeito con riscos propios, da arte europea. Pero aqu\u00ed a\u00ednda est\u00e1, e co realismo que caracterizaba \u00e1 retrat\u00edstica romana! Maximiano \u00e9 o cura da dereita de todo, e deixounos para a posteridade, aparte da s\u00faa vanidade, unhas tremendas facci\u00f3ns de intrigante. Entre o bispo e o emperador, est\u00e1 Xuliano Argentarius que, coma o seu propio nome indica, era quen ti\u00f1a a pasta. O banqueiro que financiou a construci\u00f3n da bas\u00edlica. E, \u00e1 dereita do emperador, temos outra figura interesant\u00edsima, o Xeneral Belisario, conquistador de R\u00e1vena. Militares, banqueiros, cregos, emperadores&#8230;s\u00e9culo VI, todos os s\u00e9culos<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3204\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ravenna_5.jpg\" alt=\"ravenna_5.jpg\" \/><\/p>\n<p>Sen embargo, neste mosaico hai algo m\u00e1is: se os retratos e a an\u00e1lise psicol\u00f3xica dos poderosos nos leva case ata a Rep\u00fablica romana, cincocentos anos atr\u00e1s, a multitude de soldados da esquerda nos traslada \u00e1 plena Idade Media. Soldados an\u00f3nimos, de rostros xen\u00e9ricos, en multitude. Lembra miniaturas medievais que te\u00f1as visto, pensa nas Cantigas de Santa Mar\u00eda. Esa multitude est\u00e1 a\u00ed, case sete s\u00e9culos despois. E esta debe ser unha das primeiras veces na Historia, as\u00ed que se lle perdoa ese pequeno fallo de coherencia que ten: hai m\u00e1is cabezas que p\u00e9s. Perdoar\u00e9mosllo por ser a primeira vez. ;-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aqu\u00ed estou, practicando o ravenismo. Ou a arte de mirar sen parar teitos de mosaicos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/08\/29\/relatos-de-poder-en-ravena\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Relatos de poder en R\u00e1vena<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3198,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,19,8],"tags":[],"class_list":["post-3203","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-italia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3203","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3203"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3203\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3198"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3203"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3203"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3203"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}