{"id":31832,"date":"2018-10-11T20:42:07","date_gmt":"2018-10-11T18:42:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31832"},"modified":"2018-10-11T20:42:07","modified_gmt":"2018-10-11T18:42:07","slug":"tharros-area-e-tophets","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/10\/11\/tharros-area-e-tophets\/","title":{"rendered":"Tharros: area e tophets"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Se cadra unha das sensaci\u00f3ns m\u00e1is chulas, m\u00e1is interesantes desde o punto de vista emocional que pode ter un turista arqueol\u00f3xico \u00e9 a seguinte. Chegas a un lugar e de s\u00fapeto comeza a pitar unha especie de alarma na memoria que te di: aqu\u00ed xa estiveches. E nunca visitaches tal lugar, pero reco\u00f1eces cousas nel. A orientaci\u00f3n, a topograf\u00eda, a luz, os materiais da natureza. Co\u00f1eces algo deste lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Iso foi o que me pasou con Tharros. Este impresionante sitio arqueol\u00f3xico de occidente de Cerde\u00f1a, habitado desde a \u00e9poca nuraghi (idade do Bronce) pero especialmente polos p\u00fanicos e os romanos, at\u00f3pase nunha paraxe de impresionante beleza. Chegamos nun d\u00eda de luz aplastante de ver\u00e1n, e a medida que penetrabamos no itsmo areoso de Tharros, e viamos a auga golpexando suavamente en praias de area fina con fondos esmeralda, sentiamos que entrabamos nun mundo quieto e \u00fanico. E vela\u00ed estaba a impresi\u00f3n. A Lanzada. O poboado da Lanzada. Cada cultura cunha linguaxe propia de apropiarse do territorio, con marcas e preferencias que son reco\u00f1ecibles ao longo dos tempos. O territorio como unha suma de pequenos detalles que conforman un h\u00e1bitat. A Lanzada, si, pero tamen Gadir, o actual C\u00e1diz.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En Tharros p\u00f3dese observar de maneira privilexiada unha cidade sepultada pola area. Poucas cousas hai m\u00e1is evocadoras. Un espazo p\u00fanico que miraba cara o Mediterr\u00e1neo occidental e as columnas de H\u00e9rcules. Un enclave comercial que buscaba unha zona de defensa, ao mesmo tempo que un suave porto natural; unha interfaz entre dous mundos, o mundo dos semitas do Mediterr\u00e1neo oriental e o mundo extra\u00f1o, a\u00ednda misterioso, das culturas nuraghicas. A proximidade, como logo veremos, crea suxestivas hibridaci\u00f3ns. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero en Tharros tam\u00e9n hai algo a\u00ednda m\u00e1is fascinante. No alto dun dos outeiros -no outro hai unha torre de vixilancia espa\u00f1ola-, nas ru\u00ednas dun antigo nuraghi, os fenicios constru\u00edron un tophet. Leva decadas rompendo a cabeza dos arque\u00f3logos, que o excavaron, como se pode ver no museo de Oristano, absolutamente marabillados e non \u00e9 para menos. Que \u00e9 un tophet? En principio, unha especie de santuario ao aire libre, dedicado ao deus Baal e, atenci\u00f3n a isto, segundo a Biblia dedicado ao sacrificio de nenos rec\u00e9n nacidos ao deus. Esta referencia b\u00edblica nunca se comprobara arqueoloxicamente ata que comezaron a aparecer tophets, pero non na zona de Fenicia, pr\u00f3xima a Israel. Os tophets apareceron preto de Cartago e aqu\u00ed en Tharros. E as fotograf\u00edas das excavaci\u00f3ns dos sesenta e setenta son espectaculares. Cento de vasixas enteiras que te\u00f1en no seu interior os restos de beb\u00e9s cremados. Pero a cuesti\u00f3n dos sacrificios de beb\u00e9s e mesmo da relaci\u00f3n cos p\u00fanicos destes santuarios \u00e9 obxecto de longas pol\u00e9micas entre os santuarios. En moitas das cidades p\u00fanicas de Cerde\u00f1a localiz\u00e1ronse nas \u00faltimas d\u00e9cadas estes tophets. E sempre, sempre, cheos de incontables xerras de cer\u00e1mica, excelentemente preservadas, con restos de nenos no seu interior. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En Tharros tam\u00e9n est\u00e1 a igrexa de Sinis, entre as dunas, como na Lanzada testemu\u00f1a cristi\u00e1 do h\u00e1bitat interior, con fases medievais que chegan ata \u00e9poca paleocristi\u00e1. E unha parte interesante dos seus achados at\u00f3panse no museo local, o Museo Civico Giovanni Marongiu, que est\u00e1 en Cabras. Compensa mercar a entrada conxunta. Al\u00ed podedes ver as vasixas de Tharros, e tam\u00e9n outra cousa que me fixo pensar moito. Unha aut\u00e9ntica marabilla moi pouco co\u00f1ecida, os xigantes do Mont&#8217;e Prama. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tharros_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha necr\u00f3pole que est\u00e1 preto de Tharros, asociada \u00e1 fase final da cultura nuraghica, \u00e9 dicir, das xentes que habitaban Cerde\u00f1a cando chegaron os fenicios. Tr\u00e1tase dun cemiterio moi singular, case \u00fanico en Cerde\u00f1a. E iso porque nas tumbas, ou sobre elas, apareceron uns xigantes de pedra. Claramente guerreiros, cuns trazos estil\u00edsticos alucinantes que lembran moito a estatuaria do Mediterraneo oriental, con ollos en c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que son hipn\u00f3ticos. Estes enormes xigantes de pedra foron deliberadamente destru\u00eddos nalg\u00fan momento hist\u00f3rico, en centos de anacos, quiz\u00e1is nalgunha manobra de &#8220;damnatio memoriae&#8221;, de destruci\u00f3n do recordo desas xentes. O traballo dos restauradores est\u00e1 a ser recompo\u00f1er estas marabillosas obras de arte, de memoria e de poder. <\/p>\n<p>Hai moitas teor\u00edas sobre eles. Como todo na cultura nuraghica -que non ti\u00f1a escrita-, mov\u00e9monos en ambig\u00fcidades e teor\u00edas apenas contrapostas. Pero hai unha intepretaci\u00f3n bastante estendida que me fixo pensar moito. As culturas nuraghicas non eran de expresar moito cuesti\u00f3ns guerreiras na s\u00faa arte. O \u00fanico sitio no que se produce unha exaltaci\u00f3n da figura do guerreiro, que aparece coa s\u00faa panoplia, \u00e1s veces en actitude de ataque ou defensa e sempre cun sentido monumental, \u00e9 aqu\u00ed, no Mont&#8217;e Prama. Unha das interpretaci\u00f3ns desta estatuaria ten que ver, precisamente, co car\u00e1cter de fronteira, de punto de contacto, que ti\u00f1a esta zona coa civilizaci\u00f3n fenicia. Segundo esta interpretaci\u00f3n, a presenza dun poder como Cartago na zona puido ter desencadeado cambios sociais na cultura aborixe, intensificando a violencia ou a s\u00faa representaci\u00f3n, ou mesmo a desigualdade social. <\/p>\n<p>Mentres l\u00eda sobre estas teor\u00edas no Museo de Cabras veume \u00e1 cabeza esta imaxe: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guerreiros.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nTomada de <em><a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/12293763\/La_memoria_de_las_piedras._El_pasado_presente_en_los_guerreiros_castre%C3%B1os\">La memoria de las piedras. El pasado presente en los guerreiros castre\u00f1os<\/a><\/em>, de Alberto Santos. <\/p>\n<p>Na que se aprecia unha certa distribuci\u00f3n dos guerreiros castre\u00f1os  en zonas de &#8220;fricci\u00f3n&#8221; co mundo romano do sur de Gallaecia. Como dic\u00eda no anterior post, viaxar por f\u00f3ra \u00e1s veces tam\u00e9n \u00e9 viaxar por dentro. Aqu\u00ed vos queda esta historia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha cidade p\u00fanica soterrada na \u00e1rea cunha chea de inc\u00f3gnitas<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/10\/11\/tharros-area-e-tophets\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Tharros: area e tophets<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31833,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[898,18,8],"tags":[],"class_list":["post-31832","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cerdena","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31832","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31832"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31832\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31845,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31832\/revisions\/31845"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31833"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31832"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31832"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31832"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}