{"id":3179,"date":"2007-08-27T11:56:15","date_gmt":"2007-08-27T09:56:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/08\/27\/alen-do-lambrusco-visitamos-chianti\/"},"modified":"2007-08-27T12:11:38","modified_gmt":"2007-08-27T10:11:38","slug":"alen-do-lambrusco-visitamos-chianti","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/08\/27\/alen-do-lambrusco-visitamos-chianti\/","title":{"rendered":"Al\u00e9n do lambrusco: visitamos Chianti"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/italia\/\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ico_italia_capitular.jpg\" align=\"left\"\/><\/a>Si, eu de aquela non sab\u00eda. Pero precisaba saber. <\/p>\n<p>Estabamos no restaurante italiano da r\u00faa do Franco, en Santiago. Despois de repasar por arriba e por abaixo a carta, d\u00edxenme que esa ti\u00f1a que ser a derradeira vez. <\/p>\n<p>-E miren -pregunteille ao dono do restaurante cando veu tomar nota- \u00bfe logo o \u00fanico vi\u00f1o italiano que te\u00f1en \u00e9 este lambrusco?<\/p>\n<p>Eu non sei ti, pero a min o lambrusco, e as s\u00faas burbulli\u00f1as, e o seu aspecto doz\u00f3n, m\u00e1tame. Empal\u00e1game. Antes de que chegue a comida, ese subvi\u00f1o p\u00e1rteme as forzas, s\u00fabeme os coloretes e d\u00e9ixame o est\u00f3mago sens\u00edbel coma unha cara rec\u00e9n lixada. <\/p>\n<p>-\u00bfA que se refire? -preguntoume estra\u00f1ado.<br \/>\n-A que se te\u00f1en alg\u00fan vi\u00f1o tinto&#8230;sen burbullas. Algo as\u00ed como un Ribera del Duero, ou un Rioja.<br \/>\n-Aaahh, si hai alg\u00fans -o italiano levou os dedos \u00e1 boca sinalando o excelso da s\u00faa evocaci\u00f3n-, pero car\u00edsimos (quer\u00eda dicir, <em>caros para ti<\/em>). Os Barolos. <\/p>\n<p>Despois souben que para nada ti\u00f1a raz\u00f3n o ma\u00eetre: hai miles de vi\u00f1os italianos sen burbullas e de todos os prezos, nunha sorprendente, rica, inabrangu\u00edbel diversidade. A explicaci\u00f3n de que todos os restaurantes italianos de miras b\u00e1sicas da nosa xeograf\u00eda s\u00f3 dispo\u00f1an dun perigoso arsenal de lambruscos de dubidosa calidade era m\u00e1is pragm\u00e1tica, un problema de distribuci\u00f3n e custes. E, se cadra, de falta de gusto dos propietarios.<\/p>\n<p>Por suposto, tam\u00e9n hai moitas burbullas na oferta enol\u00f3xica italiana. Os que te\u00f1en algunhas (nivel auga con gas) ch\u00e1manselle <em>frizzantes<\/em>. Os achampa\u00f1ados son como en portugu\u00e9s, <em>spumantes<\/em>. E os vi\u00f1os sen burbullas son os <em>fermos<\/em> (pechados). \u00c9 importante telo bastante claro, porque hai unha certa tendencia nalgunhas zonas nas que te\u00f1en instalado por defecto o frizzante no sistema operativo e&#8230;ben, tenche que gustar ese carb\u00f3nico xogando aos coches de choque nas t\u00faas foxas nasais. <\/p>\n<p>Pero a min inter\u00e9sanme os vi\u00f1os tintos sen burbullas. E para iso, nada mellor que comezar un periplo enol\u00f3xico pola zona do Chianti, no coraz\u00f3n da Toscana. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image3182\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chianti.jpg\" alt=\"chianti.jpg\" \/><br \/>\n<em>Vi\u00f1edos en San Gimignano<\/em><\/p>\n<p>Miles de vi\u00f1os diferentes entre eles, feitos con castes e variedades das que nunca o\u00edches falar, e con t\u00e9cnicas lixeiramente diferentes. Italia \u00e9 un para\u00edso enol\u00f3xico, de feito, cunha tradici\u00f3n disparada no tempo, e unha enorme difusi\u00f3n internacional que a penas \u00e9 co\u00f1ecida no noso pa\u00eds e que non tivo, no mundo, os aspectos de colonizaci\u00f3n met\u00f3dica da francesa. A todos nos soan as variedades Cabernet, Merlot, Syrah pero, \u00bfcantos poder\u00edan identificar a <em>sangiovese<\/em>, ou a <em>nebbiolo<\/em>, que vi\u00f1o d\u00e1 a <em>urtugo<\/em>, \u00e9 doce a <em>malvas\u00eda<\/em>&#8230;? Antes de viaxar a Italia, prepareime algo neste tema. Lin referencias en gu\u00edas especializadas, cap\u00edtulos de libros, rastreei blogs, crin identificar prioridades. In\u00fatil. Ao chegar ao pa\u00eds, enfrontarse a un estante \u00e9 descubrir centos de datos aos que non sabes como amarrarte. O \u00fanico xeito de solucionalo, conversando. E aos italianos g\u00fastalles falar do seu vi\u00f1o. <\/p>\n<p>A primeira rexi\u00f3n vin\u00edcola que exploramos foi a famosa <a href=\"http:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Chianti\">Chianti<\/a>, que \u00e9 o vi\u00f1o por antonomasia da Toscana e o m\u00e1is internacionalmente estendido. O Chianti Classico faise no coraz\u00f3n desta zona, a de maior produci\u00f3n de Italia. Tirando un pouco contra o sur da rexi\u00f3n est\u00e1n d\u00faas afamadas \u00e1reas de vi\u00f1o entendido como de m\u00e1is calidade, Montepulciano e Montalcino. En Montepulciano fan o vino nobile de Montepulciano, e en Montalcino elaboran o Brunello. Con estes dous \u00faltimos elab\u00f3ranse reservas de calidade de prezo contido, nos Nobiles e de importes disparatados nos Brunellos. Todas estas zonas de produci\u00f3n te\u00f1en \u00e1 uva sangiovese como eixo central dos <em>coupage<\/em> dos vi\u00f1os, e a partir de a\u00ed xa hai bastante de ideolox\u00eda e esp\u00edrito comercial. A Sangiovese, ou &#8220;sangue de X\u00fapiter&#8221;, que as\u00ed o indica a etimolox\u00eda, \u00e9 unha uva moi vers\u00e1til, de grandes sabores a froitas vermellas, tolerante coa madeira, de cor non demasiado forte; \u00e1s veces manifesta notas de coiro, minerais, arrecendos a sotobosque. <\/p>\n<p>En xeral, aqueles produtores italianos que aspiran a sa\u00edr nas listas de Wine Spectator e, xa que logo, entrar no mercado americano, elaboran vi\u00f1os mesturando a uva patria cos sabores internacionais da Cabernet Sauvignon ou Merlot, coma os arist\u00f3cratas de Antinori. Os puristas exploran o sinf\u00edn de variedades aut\u00f3ctonas ou fan monovarietais de sangiovese. Tam\u00e9n est\u00e1 outra nova variedade de viticultor, o adegueiro afeccionado e xubilado: anglosax\u00f3n e\/ou n\u00f3rdico que se retira na Toscana, restaura unha casa, fai vi\u00f1os para vencer o aburrimento e, con catro ou cinco anos de traballo, entran nas listas americanas de vi\u00f1os recomendados. O clima suave e a boa comida atrae angloparlantes a paladas, ata o punto de que os italianos, de co\u00f1a, ch\u00e1manlle \u00e1 rexi\u00f3n <em>Chiantishire<\/em>. <\/p>\n<p>En xeral, os Chianti Classico son vi\u00f1os f\u00e1ciles e divertidos de tomar. Golosos, abertos en boca, ricos, maridan \u00e1 perfecci\u00f3n coa explosi\u00f3n verde e l\u00e1ctea da coci\u00f1a italiana. Desde os b\u00e1sicos, coma o <em>Villa Antinori<\/em>, un vi\u00f1o sen crianza no que se pode apreciar o pracer deste varietal, ata versi\u00f3ns m\u00e1is elaboradas. Destacar\u00eda dous que probei que me pareceron fant\u00e1sticos e de axeitada relaci\u00f3n calidade-prezo: <em>Castello d&#8217;Albola L&#8217;Ellere<\/em> 2004, ou un <em>Tenuta di Capraia<\/em> 2004. Grandiosos. Vi\u00f1os que son frescos e lixeiros para disfrutar con pastas, ensaladas, deixarse falar. E iso que a orograf\u00eda non \u00e9 nada agradecida. De feito, Chianti foi terra de fronteira entre as rep\u00fablicas florentina e sienesa, e o territorio accidentado, atravesado por r\u00edos e bosques, \u00e9 unha paisaxe militar que hoxe ten encanto pero que na Idade Media deb\u00eda dar medo. Al\u00ed suc\u00e9dense propiedades e castelos reconvertidos en pazos, ao longo da <em>Strada dei Castelli e Vini<\/em> (claro) de Chianti. <\/p>\n<p>A Strada vale m\u00e1is para co\u00f1ecer castelos e que che vendan cousas que para, realmente, co\u00f1ecer os vi\u00f1os. Fortalezas medievais e pacegas con vi\u00f1edos que se poden visitar, pero nas que non te fan moito caso ou vives experiencias surrealistas que desvalorizan o vi\u00f1o. Turismo masivo tratado con desprezo. Por exemplo, no Castelo de Meleto:<\/p>\n<p>-\u00bfP\u00f3dese visitar o castelo? -preguntamos.<br \/>\n-Si, son dez euros e regalamos unha botella de vi\u00f1o. <\/p>\n<p>Con todo, aproximarse \u00e1 zona, probar a gastronom\u00eda local, parar en adegas de viticultores que non te\u00f1an un castelo asociado facilita as cousas, e permite facerse unha idea m\u00e1is cabal da zona, deste coraz\u00f3n privilexiado da Toscana. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Si, eu de aquela non sab\u00eda. Pero precisaba saber. Estabamos no restaurante italiano da r\u00faa<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/08\/27\/alen-do-lambrusco-visitamos-chianti\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Al\u00e9n do lambrusco: visitamos Chianti<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3182,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,19,7],"tags":[],"class_list":["post-3179","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-italia","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3179","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3179"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3179\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3182"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}