{"id":31780,"date":"2018-09-09T13:07:14","date_gmt":"2018-09-09T11:07:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31780"},"modified":"2018-09-10T14:10:03","modified_gmt":"2018-09-10T12:10:03","slug":"unha-memoria-oculta-e-ainda-viva-dos-irmandinos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/09\/09\/unha-memoria-oculta-e-ainda-viva-dos-irmandinos\/","title":{"rendered":"Unha memoria oculta (e a\u00ednda viva) dos Irmandi\u00f1os"},"content":{"rendered":"<p><em>A Pobra do De\u00e1n cara 1465.<\/em><\/p>\n<p>Como sabedes, estou sempre moi interesado na relaci\u00f3n entre lenda e realidade. En como os feitos se transmiten ao longo do tempo, en como se esvaen, mudan, ou mesmo se transforman. En como hai memorias que est\u00e1n pegadas como lapas ao seu territorio, e outras que van esvarando, mov\u00e9ndose. <\/p>\n<p>Sempre me intrigara un asunto. Debido \u00e1 mi\u00f1a querencia e interese polas fortalezas medievais galegas, te\u00f1o visitado unha boa chea delas ao longo de todo o pa\u00eds. E sempre que \u00e9 posible, tento recoller as lendas e as memorias sobre estes lugares. T\u00e9\u00f1oo comentado con amigos: no caso dos castelos baixomedievais, que sabemos foron derrubados polos Irmandi\u00f1os, sempre me estra\u00f1ou non ter recollido nunha, ningunha historia, ao redor do feito de que os antigos vasalos tiraran os castelos dos se\u00f1ores. <\/p>\n<p>Isto sempre \u00e9 complicado. A partir do XIX, e sobre todo nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX (e m\u00e1is a\u00ednda nos \u00faltimos 40 anos) tense falado moito da revolta irmandi\u00f1a, ata o punto de que esta ten sido sen d\u00fabida mitificada, convertida nun antecedente para as esquerdas, sobre todo, nacionalistas. Pero o impacto da revolta na s\u00faa \u00e9poca foi, sen d\u00fabida, moi grande. O profesor Carlos Barros ten estudado moi en detalle a traza da revolta nas mentalidades, a trav\u00e9s das interesant\u00edsimas declaraci\u00f3ns das testemu\u00f1as do pleito Tabera-Fonseca: anci\u00e1ns todos eles que viviran a revolta irmandi\u00f1a cos seus propios ollos (e as veces coas s\u00faas mans) durante a s\u00faa mocidade. Que botaran aos se\u00f1ores do pa\u00eds durante dous anos non foi, desde logo, asunto menor. <\/p>\n<p>Pero nada diso quedou, aparentemente, na memoria oral da nosa sociedade tradicional. Cando visitas un destes antigos castelos (hoxe unicamente outeiros agachados baixo os bosques e a frouma do pa\u00eds), as lendas que recolles te\u00f1en que ver cos nosos amigos os mouros, as trabes, o acervo cl\u00e1sico das lendas do pa\u00eds. O que eu non sab\u00eda, non me pod\u00eda imaxinar, e que posiblemente o resto m\u00e1is vivo da memoria irmandi\u00f1a de Galicia estaba literalmente a escasos metros da mi\u00f1a casa familiar na Pobra do Carami\u00f1al, na r\u00eda de Arousa. <\/p>\n<p>Un d\u00eda estaba traballando, como un exercicio persoal, un experimento no uso de 3D, nunha posible recreaci\u00f3n virtual do que ser\u00eda a pequena vila da Pobra do De\u00e1n m\u00e1is ou menos no per\u00edodo 1465-1467; quer\u00eda representar un anaco da poboaci\u00f3n unhas semanas antes da destruci\u00f3n por parte da Santa Irmandade do Reino de Galicia do castelo local, o castelo do De\u00e1n, que a\u00ednda pervive no nome do barrio actual. \u00c9 esa recreaci\u00f3n que vedes a\u00ed arriba, a\u00ednda sen rematar (hai que tocar uns muros, mellorar \u00e1rbores, meter xente), e agradezo a Mercedes Fern\u00e1ndez, Rebeca Blanco e Antonio Gonz\u00e1lez Mill\u00e1n os seus sabios consellos en relaci\u00f3n a edificios e disposici\u00f3n. No gr\u00e1fico represento a torre que pertenc\u00eda ao cabido na punta da Covecha, a\u00ednda que a discusi\u00f3n sobre a s\u00faa ubicaci\u00f3n (ben sobre o mar, ben nunha casa que est\u00e1 uns metros m\u00e1is para arriba) dista de estar pechada. Eu preferino po\u00f1er a\u00ed por comparaci\u00f3n co modelo de ubicaci\u00f3n das fortalezas se\u00f1oriais da mesma \u00e9poca no Barbanza, colocadas no litoral, das que si sabemos con seguridade a s\u00faa ubicaci\u00f3n: o castelo de Palmeira ou o castelo da L\u00faa en Rianxo. Tam\u00e9n representei a famosa oliveira da Pobra, que vedes \u00e1 esquerda ao car\u00f3n da igrexa, baixo a cal o concello local tomaba as s\u00faas decisi\u00f3ns. E m\u00e1is detalles. <\/p>\n<p>O caso \u00e9 que traballando coa documentaci\u00f3n da \u00e9poca bat\u00edn co nome do l\u00edder irmandi\u00f1o que trouxera ao ex\u00e9rcito central da Santa Irmandade ata o Barbanza para derrocar a fortaleza m\u00e1is ominosa: a Torre de Xunqueiras, do cabaleiro bravo, prototipo do noble galego de finais do XV, Estevo de Xunqueiras. E na mi\u00f1a cabeza as neuronas conectaron de s\u00fapeto aquel nome cunha vella memoria que ti\u00f1a gardada. Non pode ser, pensei. <\/p>\n<p>E decid\u00edn consultar con Carlos Barros, profesor de Historia na USC e m\u00e1ximo co\u00f1ecedor da revolta irmandi\u00f1a. Un home afable e rigoroso, que \u00e9 quen de combinar coma poucos o exercicio cient\u00edfico da s\u00faa profesi\u00f3n cunha vontade expl\u00edcita de estender o co\u00f1ecemento adquirido \u00e1 sociedade. <\/p>\n<p>Mencioneille aquel nome. Foi comezar a explicar e Carlos Barros riuse e cortoume: <\/p>\n<p>-Si, \u00e9 el. <\/p>\n<p>O propio Carlos Barros estiv\u00e9ralle, no seu tempo, d\u00e1ndolle voltas a unha curiosa reviravolta entre a historia, a tradici\u00f3n oral, a relixiosidade, a construci\u00f3n de determinadas relixiosidades. Lembraba unha visita hai xa trinta e cinco anos \u00e1 parroquia do Castelo para investigar sobre este tema que vos vou contar. Al\u00ed, no despacho de don Nicol\u00e1s Garrido, transcribiu o documento do que falaremos. Unha historia tremendamente local pero, ao mesmo tempo, perfecta representante das sut\u00eds, equ\u00edvocas, ambiguas e procelosas sendas que \u00e1s veces segue a memoria para chegar ata n\u00f3s. <\/p>\n<p>Ofrecinlle a Carlos Barros vir contar esta historia nas xornadas A Pobra do Carami\u00f1al no tempo, que celebramos onte na vila, organizada polo concello da Pobra do Carami\u00f1al, e coordinada por Jos\u00e9 Carlos Su\u00e1rez e m\u00e1is por min. Unha historia que \u00e9 relevante para a nosa vila pero, que en realidade, tam\u00e9n o \u00e9 para toda Galicia. Unha historia de como, de alg\u00fan xeito, os irmandi\u00f1os chegaron ata a n\u00f3s. Escondidos, pero chegaron. <\/p>\n<p>Volvamos a ese periodo da Santa Irmandade. A 1467, cando o reino se levantou contra os arist\u00f3cratas que entraran nunha espiral terrible de extorsi\u00f3n, morte, tortura, violencia contra a poboaci\u00f3n. O pa\u00eds enteiro estaba, literalmente, ata os fuci\u00f1os dos nobres. As\u00ed que a burgues\u00eda, a baixa fidalgu\u00eda e o campesi\u00f1ado, apoiados politica e economicamente pola Igrexa do pa\u00eds \u2013gran afectada da extorsi\u00f3n nobiliar- conseguen de El-Rei un permiso para derrocar as fortalezas nobiliares e restaurar a xustiza. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xunquer.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nA Torre de Xunqueiras, destru\u00edda polo ex\u00e9rcito irmandi\u00f1o. <\/p>\n<p>Na Terra de Santiago vaise distinguir unha figura, un l\u00edder pol\u00edtico importante, rexedor da cidade e burgu\u00e9s de clase social. Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares. Li\u00f1ares vai coordinar moitas das acci\u00f3ns da Irmandade, vai ser representante naquela primeira Xunta do reino que se forma \u2013antecesora da Xunta actual-, e vaise vincular moi claramente \u00e1 Pobra ata se converter nun aut\u00e9ntico protector. \u00c1 cabeza do ex\u00e9rcito central irmandi\u00f1o, vir\u00e1 ao Barbanza para botar abaixo aquel s\u00edmbolo da opresi\u00f3n que era a Torre de Xunqueiras. Axudar\u00e1 \u00e1 Irmandade local nos seus asuntos. E moitos anos despois, cando toda a revolta irmandi\u00f1a rematara e os se\u00f1ores tentaban obrigar a que os concellos pagaran o custe das fortalezas derrubadas, el \u2013seguramente xa moi vello- vai continuar a\u00ed. O De\u00e1n de Santiago pleiteaba co concello da Pobra do Carami\u00f1al, ped\u00edndolle unha fortuna para que o indeminazaran por tirar o castelo da vila. Pero o castelo, \u00e1 altura de 1497, xa non exist\u00eda. Todas as s\u00faas pedras e outros materiais estaban repartidos entre os veci\u00f1os. E a\u00ed aparece Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares, cunha frase que revela \u2013apenas nun trazo- o que vai ser o seu car\u00e1cter. Dilles que \u201cnon te\u00f1an temor alg\u00fan\u201d. Ach\u00e9gase e presenta os documentos, que el gardaba desde 1467, co permiso de El-Rei para destru\u00edr as fortalezas. <\/p>\n<p>As\u00ed que moitos anos despois de rematar a Revolta Irmandi\u00f1a, Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares contin\u00faa axudando aos veci\u00f1os da Pobra, fac\u00e9ndose cargo das consecuencias, fre\u00e1ndoas, contendo as angueiras dos poderosos. Non te\u00f1ades temor. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2006\/09\/nazareno_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nA procesi\u00f3n das Mortallas da Pobra do Carami\u00f1al.<\/p>\n<p>E a\u00ed est\u00e1 ese nome. Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares. Cando o vin, lembrei inmediatamente a lenda que est\u00e1 na orixe da famosa procesi\u00f3n das Mortallas da Pobra do Carami\u00f1al, e que se celebrar\u00e1 o vindeiro domingo. Lembro mesmo cando Nicol\u00e1s Garrido, o cura da parroquia do Castelo, a parroquia na que estivera a antiga fortaleza do De\u00e1n derrubada polos irmadi\u00f1os, ma contou. T\u00ed\u00f1aa naquela carpeta azul, no despacho do arquivo parroquial, al\u00ed onde d\u00faas d\u00e9cadas antes tam\u00e9n a vira unha xornalista que escribira un libro de viaxes sobre Galicia. Esa lenda figuraba no libro da Confrar\u00eda do Nazareno, organizadora da procesi\u00f3n. <\/p>\n<p>E contaba basicamente que, no s\u00e9culo XV, un rexedor da Pobra chamado Xo\u00e1n de Li\u00f1ares, estando moi enfermo, ofreceuse ao Nazareno. O Nazareno curouno e, para agradecelo, decidiu cami\u00f1ar en procesi\u00f3n, vestido con h\u00e1bito, descalzo, detr\u00e1s de catro perigosos malfeitores, salteadores, que apresara e de aquela atemorizaban \u00e1 Pobra do De\u00e1n. O rexedor perdo\u00e1ralles a vida. Vela\u00ed estaba o nome, tan espec\u00edfico, de Xo\u00e1n de Li\u00f1ares. Vela\u00ed na orixe da procesi\u00f3n das mortallas. Cando me decatei, x\u00farovos que o corpo me deu un lategazo de impresi\u00f3n. De alg\u00fan xeito, aquela procesi\u00f3n, na que moitas xentes da Pobra se ofrecen ao Nazareno, na que m\u00e1is de dez mil persoas cami\u00f1an con cirios, ao redor de caixas de mortos, agachaba a memoria do home que destru\u00edra a principal ameaza de opresi\u00f3n da vila, a cova de bandidos \u2013torres de granito rodeadas de pantanos- Xunqueiras, e tam\u00e9n colaborara coa destruci\u00f3n do castelo se\u00f1orial da vila, o castelo do De\u00e1n. Como sempre, en Galicia, para que unha memoria perdure, debe mudarse en romer\u00eda, en santo, en sagrado. A memoria dos irmandi\u00f1os que eu andaba a buscar por todo o pa\u00eds estaba ao car\u00f3n xusto da mi\u00f1a casa \u2013vivimos xunto \u00e1 igrexa-. E esa procesi\u00f3n que o terceiro domingo de setembro enche as r\u00faas da mi\u00f1a vila, que nos esperta co rebumbio das xentes pola ma\u00f1\u00e1, \u00e9, de alg\u00fan xeito, unha homenaxe agochada, hoxe inconsciente, ao tempo no que os vasalos se libraron dos seus se\u00f1ores. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n a seguinte parte, m\u00e1is historiogr\u00e1fica, demasiado longa de explicar para este texto, pero que non ten unha \u201cchicha\u201d menor. Porque, explicounos Carlos Barros, na procesi\u00f3n das mortallas entrecr\u00fazanse moitas historias: a confusi\u00f3n entre unha antiga procesi\u00f3n co culto ao Nazareno, que debeu comezar apenas a inicios do XIX;  A potenciaci\u00f3n destas relixiosidades populares nos inicios do franquismo \u2013Franco foi feito cofrade do Nazareno pouco despois da Guerra Civil-, ou o propio texto, supostamente antigo, no que se conservaba esta lenda do rexedor e os salteadores que non comeza a aparecer publicada nos medios, asociada \u00e1s mortallas, ata o ano 1941 (creo lembrar). E aqu\u00ed \u00e9 onde est\u00e1 o desaf\u00edo do historiador. <\/p>\n<p>Na conferencia, Carlos Barros debullou o texto con precisi\u00f3n. O texto da lenda ten unha redacci\u00f3n de inicios do s\u00e9culo XX, pero os datos que est\u00e1n nela, moi precisos, \u00e1s veces tam\u00e9n deliberadamente ensarillados, l\u00e9vano a pensar que ese texto procede de varias fontes, e algunhas anteriores. Dito doutro xeito, e importante para que quede claro: algu\u00e9n <em>coci\u00f1a<\/em> esta lenda a finais do s\u00e9culo XIX, no inicio dun libro contable da confrar\u00eda do Nazareno. A tese de Carlos Barros \u00e9 que, para facelo, bota man de ingredientes anteriores, en gran medida hoxe desco\u00f1ecidos. Non \u00e9, polo tanto,  unha li\u00f1a clara de tradici\u00f3n que v\u00e9n desde o s\u00e9culo XV ata hoxe, e iso o fai a\u00ednda m\u00e1is interesante. <\/p>\n<p>Quen escribiu ese texto en realidade bebeu de historias  das que sae o destacado protagonismo de Xo\u00e1n de Li\u00f1ares, fontes textuais que hoxe en d\u00eda, por agora, \u00e9 dif\u00edcil rastrexar. Hai cousas alteradas a\u00ed. Por exemplo: Xo\u00e1n Dominguez de Li\u00f1ares aqu\u00ed ch\u00e1mase Xo\u00e1n de Li\u00f1ares. Desapareceu o apelido m\u00e1is com\u00fan e ficou o m\u00e1is diferenciado. Na lenda da confrar\u00eda f\u00e1lase de que era rexedor da Pobra. Nunca o foi: era alcalde de Compostela. A\u00ed \u00e9 onde o relato se simplifica, se desbasta, se adec\u00faa ao seu fin; puideron ser cambios nunha desaparecida tradici\u00f3n oral, puideron ser reescrituras en diferentes momentos, non o sabemos. Pero a lenda \u00e9 sutil e coherente mesmo en determinados detalles: reflicte a tensi\u00f3n cl\u00e1sica entre os poderes civ\u00eds e os relixiosos pola preeminencia en determinados eventos como as procesi\u00f3ns. A\u00ednda que a difusi\u00f3n do texto \u00e9 posterior \u00e1 Guerra civil, van ser os propios eclesi\u00e1sticos os que tenten cambiar ese sentido no que o concello da vila parece ser o fundador da procesi\u00f3n. Van tentalo sen conseguir o \u00e9xito popular. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed, nesta loita entre tempos, invenci\u00f3ns, tradici\u00f3ns, documentos que aparentan ser antigos pero son modernos, documentos modernos que te\u00f1en trazas claras no seu interior de documentos antigos, \u00e9 onde aparece a figura dun home, Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares, que hai cincocentos anos socorreu con firmeza a unha poboaci\u00f3n, que a liberou \u2013a\u00ednda que fora momentaneamente- do terror, e que durante d\u00e9cadas continuou vinculado a ela, axud\u00e1ndoa nas tribulaci\u00f3ns e nas represalias, sempre cunha frase: <i>Non te\u00f1ades temor alg\u00fan<\/i>. E tivo raz\u00f3n. Cando a revolta irmandi\u00f1a caeu, cando os nobles retornaron, Xo\u00e1n Dom\u00ednguez de Li\u00f1ares, que xa deb\u00eda ser un autentico anci\u00e1n, defendeunos (xuridicamente) e volveu ga\u00f1ar, e evitou as represalias aristocr\u00e1ticas sobre as xentes da Pobra. E, abraiante, o pobo non o esquenceu. Ano tras ano, de alg\u00fan xeito, perpetuou a s\u00faa memoria. <\/p>\n<p>Pensar que, de alg\u00fan xeito, todo iso se garda na procesi\u00f3n que est\u00e1 na nosa memoria, pensar que unha longa busca de rastros de historias de irmandi\u00f1os en realidade remataba nas portas da mi\u00f1a casa, \u00e9 unha destas historias fascinantes nas que o persoal se cruza co colectivo. Como sempre acontece en Galicia, a memoria dos grandes feitos contin\u00faa pero s\u00f3 cando cumpre unha condici\u00f3n: camuflarse ata desaparecer, mixtificarse, confundirse ata que parece apenas unha inocente, pintoresca, tur\u00edstica, at\u00e1vica e ancestral (apr\u00e9ciese a iron\u00eda dos adxectivos) tradici\u00f3n m\u00e1is deste pobo aparentemente manso. <\/p>\n<p>P.D.: Se tedes moito interese en co\u00f1ecer detalles desta historia, recom\u00e9ndovos tam\u00e9n o traballo de Antonio Gonz\u00e1lez Mill\u00e1n sobre Xo\u00e1n de Li\u00f1ares e estas orixes irmandi\u00f1as do Nazareno no cat\u00e1logo da exposici\u00f3n <em>Nobiscum. Nazarenos, mortajas y resurgitados<\/em> (2005). <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Procesi\u00f3n das Mortallas da Pobra do Carami\u00f1al preserva agachado, entre a lenda e a devoci\u00f3n, o \u00faltimo recordo vivo dos irmandi\u00f1os en Galicia<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/09\/09\/unha-memoria-oculta-e-ainda-viva-dos-irmandinos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha memoria oculta (e a\u00ednda viva) dos Irmandi\u00f1os<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31781,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-31780","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31780"}],"version-history":[{"count":15,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31780\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31798,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31780\/revisions\/31798"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31781"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}