{"id":31738,"date":"2018-07-09T20:17:24","date_gmt":"2018-07-09T18:17:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31738"},"modified":"2018-07-09T20:28:55","modified_gmt":"2018-07-09T18:28:55","slug":"meson-do-campo-un-tesouro-agachado-de-vino-e-comida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/07\/09\/meson-do-campo-un-tesouro-agachado-de-vino-e-comida\/","title":{"rendered":"Mes\u00f3n do Campo: un tesouro agachado de vi\u00f1o e comida"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole (con iPhone 8)<\/em><\/p>\n<p>O outro d\u00eda, vindo da Mari\u00f1a, paramos a xantar no Mes\u00f3n do Campo, unha referencia de calidade e coci\u00f1a tradicional en Vilalba. Foi entrar, e ver un considerable cambio na decoraci\u00f3n, e virme \u00e1 cabeza unha idea: &#8220;cambio xeracional&#8221;. Non andaba errado. De improviso, o que \u00eda ser un bo xantar de domingo de volta \u00e1 casa, convertiuse nunha experiencia gastron\u00f3mica memorable. Como pasa sempre nestes casos, as grandes sorpresas gastron\u00f3micas chegan \u00e1s veces de xeito inesperado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_1-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Mes\u00f3n do Campo \u00e9 un excelente restaurante con corenta anos de experiencia. A nova xeraci\u00f3n comandada por El\u00edsabet Castro e o seu home Manuel Fern\u00e1ndez decidiu darlle unha volta ao local e actualizalo, mantendo a esencia dos seus platos tradicionais e abrindo posibilidades tanto na gastronom\u00eda como, de forma moi notable, na oferta de vi\u00f1os e no seu servizo. Estamos falando dun local que merece unha visita de seu, e posiblemente unha das ofertas m\u00e1is interesantes nestes momentos no interior de Galicia e f\u00f3ra das cidades. <\/p>\n<p>O men\u00fa gastron\u00f3mico (48 euros) s\u00edrvese a mesa completa e componse de medias raci\u00f3ns ou similar a partir da oferta en carta e os pratos adicionais que ve\u00f1en do mercado. Preguntade sempre que leva, porque adoita ter bastantes cousas f\u00f3ra da carta. Estamos falando dunha combinaci\u00f3n entre pratos tradicionais, de lume manso ou dunha oferta cl\u00e1sica burguesa, con outros pratos de produto, actualizados, que compo\u00f1en unha experiencia gastron\u00f3mica certamente suculenta. Esa suculencia (marabillosa palabra) v\u00e9n dada por unha calidade excepcional do produto e por uns pratos concibidos por e para o goce do cliente, de sabores simples pero directos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Com\u00e9zase cunha manteiga afumada con bidueiro, ao estilo do queixo de San Sim\u00f3n -unha demostraci\u00f3n da potencialidade de levar os produtos locais un pouco m\u00e1is al\u00e1 deles mesmos- e seguimos con ostras en escabeche, unha absoluta delicia -a textura unutuosa da ostra encaixaba perfectamente coa manteiga anterior, para seguirmos cun cremoso de centola, tartar de at\u00fan vermello, uns esp\u00e1rragos enormes e saborosos, e uns porros con prebe romescu absolutamente espectaculares. O sargo cun fino caldo de chicharos abriu o segundo lance, que continuou co espectacular arroz de cap\u00f3n da casa. Estamos falando dun arroz moi, moi concentrado, que encaixar\u00e1 nos gustos de aqueles que son partidarios dos &#8220;arroces atl\u00e1nticos&#8221; e rematamos o cap\u00edtulo de salgados cunha costela ao forno de grande ascendencia tradicional. Dous postres frescos axudaron a sobrelevar o \u00e1gape.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A\u00ednda que non tomei nota dos vi\u00f1os -non ti\u00f1a o d\u00eda para iso- El\u00edsabet e Manuel ofrec\u00e9ronos unha maridaxe absolutamente pertinente. Os dous combinan unha gran paix\u00f3n polo vi\u00f1o e ga\u00f1as de fomentar a s\u00faa cultura entre a hosteler\u00eda da provincia. Para mellorar na s\u00faa oferta, form\u00e1ronse no Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Vi\u00f1o e, por suposto, percorren centos de quil\u00f3metros e fan centos de probas para ofrecer unha experiencia enol\u00f3xica fant\u00e1stica, baseada en vi\u00f1os galegos pero non s\u00f3. Merece baixar a ver a cava que te\u00f1en, coa s\u00faa mesa central para probas, e curiosear entre os vi\u00f1os. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/docampo_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En suma, un lugar m\u00e1is que recomendable para as amantes do bo xantar e, sobre todo, do bo beber, de aqueles que cren que a cultura da comida \u00e9 mellor se vai acompa\u00f1ada da cultura do vi\u00f1o. O Mes\u00f3n do Campo \u00e9 un bo exemplo de como se poden crear sitios moi especiais, \u00fanicos, nas vilas galegas: ese debera ser unha das posibilidades de futuro para o interior do pa\u00eds. Como vos dic\u00eda, merece ben a visita. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A segunda xeracion deste emblem\u00e1tico local vilalb\u00e9s aposta por unha gastronom\u00eda de calidade fortalecida cun gran servizo de vi\u00f1o<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/07\/09\/meson-do-campo-un-tesouro-agachado-de-vino-e-comida\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Mes\u00f3n do Campo: un tesouro agachado de vi\u00f1o e comida<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31751,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-31738","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31738","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31738"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31738\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31754,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31738\/revisions\/31754"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31751"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31738"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31738"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31738"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}