{"id":31616,"date":"2018-06-09T22:05:27","date_gmt":"2018-06-09T20:05:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31616"},"modified":"2018-06-10T18:19:27","modified_gmt":"2018-06-10T16:19:27","slug":"ulaca-a-cidade-solitaria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/06\/09\/ulaca-a-cidade-solitaria\/","title":{"rendered":"Ulaca: a cidade solitaria"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Hai poucos xacementos arqueol\u00f3xicos tan especiais coma o castro de Ulaca, no concello abulense de Solosancho. A s\u00faa distancia con respecto os n\u00facleos habitados -hai que cami\u00f1ar uns 45 minutos polo monte ata chegar a el- fixo en gran medida que este lugar ficase preservado dunha maneira absolutamente excepcional cando foi deshabitado, aproximadamente no s\u00e9culo II a.C., por causas nada claras. \u00c1s veces p\u00f3dense ver publicaci\u00f3ns sobre que foi atacado polo ex\u00e9rcito romano, pero o certo \u00e9 que s\u00f3 son especulaci\u00f3ns. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ulaca at\u00f3pase na monta\u00f1a, cun dominio impresionante sobre o val de Ambl\u00e9s, que \u00e9 a zona m\u00e1is f\u00e9rtil do centro da provincia. As dimensi\u00f3ns son incribles: 60 hect\u00e1reas. Para que vos fagades unha idea, San Cibr\u00e1n de L\u00e1s, o m\u00e1is grande de Galicia, coido que son sobre 11. Iso non quere dicir que estivera toda a superficie ocupada con vivendas nin moit\u00edsimo menos. De feito, as vivendas parecen concentrarse en zonas determinadas, semella existir unha especializaci\u00f3n da superficie por zonas. Non se sabe moito, por incrible que pareza, apenas se excavaron d\u00faas vivendas e, iso si, gast\u00e1ronse unha gran cantidade de cartos na reconstruci\u00f3n do aparello defensivo da zona de acceso para os turistas. Pero a informaci\u00f3n cient\u00edfica sobre o castro segue sendo tremendamente escasa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Como digo, Ulaca \u00e9 un territorio case on\u00edrico para os que nos gustan as paisaxes arqueol\u00f3xicas de monta\u00f1a, cunha gran dose de misterio e nostalxia. Porque todo se ve perfectamente: as casas a\u00ednda a unha certa altura, simplemente derruidas, \u00e1s veces envoltas nun suave manto de herba verde dos inicios da primavera. Os grandes batolitos gran\u00edticos, que funcionaron non s\u00f3 como canteiras (logo vos falo delas) sen\u00f3n que en si mesmos valeron para crear d\u00faas das tres estruturas m\u00e1is rechamantes do poboado, como se a pedra en si mesma tivese un valor sagrado que s\u00f3 apenas intu\u00edmos. E despois esa percepci\u00f3n, da que vos falei, dun visitante que procede do estremo m\u00e1is noroccidental desa cultura das fortificaci\u00f3ns: aqu\u00ed reco\u00f1ecemos todo, pero tam\u00e9n todo \u00e9 un pouco distinto. Estamos no medio de ningures e, en realidade, \u00e9 como se estiveramos no medio do tempo, entre eles e m\u00e1is n\u00f3s. <\/p>\n<p>Estabamos s\u00f3s naquela inmensidade de ru\u00ednas. E a\u00ed estaban as estruturas monumentais que fan famosa a Ulaca. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O famoso &#8220;altar de sacrificios&#8221;, que \u00e9 outro exemplo de que hai que ver as cousas <em>in situ<\/em> sempre para entendelas. \u00c9, ao meu ver, un claro exemplo de como unha parte vistosa do monumento pode chegar a &#8220;cegar&#8221; a s\u00faa comprensi\u00f3n completa. A idea de que esa pedra \u00e9 o &#8220;altar de sacrificios&#8221;, como un espazo individualizado, est\u00e1 asociada de sempre a Ulaca. De feito, no panel explicativo do monumento, am\u00f3sase nunha reconstruci\u00f3n uns vet\u00f3ns sacrificando un animal no alto da pedra mentres a sangue escorrega polas supostas canaletas do car\u00f3n. Pero cando chegas ao altar de sacrificios dec\u00e1taste de que para nada \u00e9 un elemento singular, sen\u00f3n que forma parte dun complexo monumental m\u00e1is amplo. De feito, hai unha enorme pedra rebaixada que constit\u00fae unha estrutura e unha estancia sen d\u00fabida asociada ao penedo das escaleiras. E cando subes ao alto do penedo das escaleiras, dec\u00e1taste de que a suposta canalizaci\u00f3n para fluidos, non encaixa para nada noutras que tes visto neste tipo de estruturas. Se o habitual \u00e9 atoparte p\u00edas comunicadas entre si e canaletas orientadas para facilitar a sa\u00edda do l\u00edquido pola gravidade, aqu\u00ed en realidade&#8230;o que ves \u00e9 que hai unha correspondencia entre esas escavaci\u00f3ns na rocha e as que foron escavadas na parte de enfronte. \u00c9 dicir, que se cadra poder\u00eda ser simplemente unha base para colocar alg\u00fan tipo de muro que procede da estrutura de abaixo. Para entendernos, aqu\u00ed po\u00f1o unhas fotos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_altar_1.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nesta primeira foto vedes o &#8220;altar&#8221; desde a zona superior, co resto do conxunto arquitect\u00f3nico, e as supostas p\u00edas de decantaci\u00f3n de flu\u00eddos \u00e1 esquerda.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_altar_2.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Agora vedes como as p\u00edas de flu\u00eddos da esquerda en realidade o que encaixan \u00e9 cos rebaixes da pedra na zona de enfronte. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_altar_3.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E se agora mirades ao rev\u00e9s, vedes como en realidade a estrutura \u00e9 m\u00e1is complexa. Ten unha especie de portas e fiestras labradas na pedra. \u00c9 algo diferente, e parece que integrado entre si.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_altar_4.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed tedes un modelo 3D do espazo: <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/985f9cdcd72a416d999ee7dc384b2896\/embed\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; vr\" mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\"><\/iframe> <\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\"> <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/985f9cdcd72a416d999ee7dc384b2896?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Ulaca &#8211; Altar<\/a> by <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/riccardo.rocca?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">riccardo.rocca<\/a> on <a href=\"https:\/\/sketchfab.com?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Sketchfab<\/a> <\/p>\n<\/p><\/div>\n<p>Agora fix\u00e1devos ben na interpretaci\u00f3n ilustrada que se pode ver en Ulaca. A pedra est\u00e1 exenta e non se ten en conta o resto da sorprendente estrutura. E vede que despois do currazo que se fixeron esculpindo unhas se\u00f1oras escaleiras e esas supostas p\u00edas para correr o sangue (que non te\u00f1en inclinaci\u00f3n para favorecer a ca\u00edda do flu\u00eddo nin canles de evacuaci\u00f3n), os dous benditos que est\u00e1n coa cabra non saben como po\u00f1erse, facendo equilibrios sobre o estremo da rocha. O da dereita, como escorrege, esn\u00e1frase contra o chan; o que sost\u00e9n a cabeza da cabra est\u00e1 montado como pode entre as escadas e unha p\u00eda natural que hai no alto. <\/p>\n<p>Tr\u00e1tase unicamente dunha achega que anima a repensar o monumento, a &#8220;desalvaxizalo&#8221;. Tendemos a interpretar estes lugares a trav\u00e9s de modelos culturais que quizais levamos aprendidos desde o XIX, case de xeito inercial; aqueles gravados de holocaustos que aparec\u00edan nos libros de historia b\u00edblica ou romana. Eu coido que pode ser interesante intepretalo tendo en conta o resto da estrutura rupestre asociada, e darlle tam\u00e9n unha volta ao lugar com\u00fan do &#8220;sacrificio&#8221;. Se cadra este edificio poida ter outros sentidos e finalidades. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero Ulaca \u00e9 moito m\u00e1is. Cami\u00f1ando cara arriba, se atopa o edificio da sauna, a sauna castrexa m\u00e1is meridional da pen\u00ednsula. Aqu\u00ed, ese universo cultural que aparece ao norte, no Cant\u00e1brico, en Galicia e Asturias, pon o seu punto e final. Os vet\u00f3ns labraron unha pedra para convertela neste espazo, e iso leva a pensar por que escolleron este tipo de factura. Que \u00e9 o que a pedra garda que xustifique este traballo, esta creaci\u00f3n monumental ao redor dela. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A\u00ednda m\u00e1is arriba, hai un detalle marabilloso. Unha das varias canteiras do castro, na que o traballo quedou a medio facer. E iso \u00e9 o que fai pensar nun abandono m\u00e1is ou menos r\u00e1pido do oppidum. Aqu\u00ed podemos ver, conxeladas no tempo, os procesos de traballo destas xentes, cortando a pedra en grandes tiras para despois ila fragmentando. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E m\u00e1is arriba, outro dos enigm\u00e1ticos edificios de Ulaca, agora mesmo en fase de investigaci\u00f3n. Falamos dunha especie de torre\u00f3n ca\u00eddo enorme. E cando digo enorme, falo de algo de proporci\u00f3ns realmente monumentais. Na foto pod\u00e9desme ver no derrubo. Este edificio, co\u00f1ecido como a atalaia, ten a\u00ednda unha funci\u00f3n desco\u00f1ecida, pero est\u00e1 aillado, nunha zona sen outros edificios, e delimitado con muros perimetrais, cunha fonte ao seu car\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ulaca_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cando volves ao val do Ambl\u00e9s, non o fas do mesmo xeito. Non baixas de Ulaca igual. A neve a\u00ednda no alto dos picos. As casas, simplemente derruidas. As pedras, convertidas en espazos sagrados. O ceo, eterno e enorme, compartido con estas xentes. Se te gusta a arqueolox\u00eda e estes marabillosos xacementos perdidos, s\u00f3 Ulaca xa xustifica a visita a \u00c1vila. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Batida dos ventos e habitada polo granito, este castro vet\u00f3n vale en si mesmo facer centos de quil\u00f3metros<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/06\/09\/ulaca-a-cidade-solitaria\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Ulaca: a cidade solitaria<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31628,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-31616","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31616","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31616"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31616\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31642,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31616\/revisions\/31642"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31628"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31616"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31616"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31616"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}