{"id":31601,"date":"2018-06-05T17:27:09","date_gmt":"2018-06-05T15:27:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31601"},"modified":"2018-06-05T17:46:45","modified_gmt":"2018-06-05T15:46:45","slug":"verracos-os-animais-do-tempo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/06\/05\/verracos-os-animais-do-tempo\/","title":{"rendered":"Verracos: os animais do tempo"},"content":{"rendered":"<p><em>Verraco de Mingorr\u00eda (\u00c1vila). Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Como dic\u00eda o outro d\u00eda cando comecei a falar de \u00c1vila, non \u00e9 nunca o mesmo saber algo que ver algo, que se incorpore \u00e1 t\u00faa experiencia. Pasoume con estas curiosas esculturas repartidas por todo o territorio abulense e provincias lim\u00edtrofes, os verracos. Grandes porcos e bois de granito repartidos por todo o territorio, moitos deles trasladados da s\u00faa ubicaci\u00f3n orixinal. Hai que estar al\u00ed para decatarse da singular concentraci\u00f3n de esculturas deste tipo que hai en \u00c1vila (a\u00ednda que chegan ata Galicia).<\/p>\n<p>Desde logo, \u00e9 un exemplo cl\u00e1sico de como L\u00e1zaro ti\u00f1a raz\u00f3n: non hai s\u00f3 que crer, ou saber as cousas unicamente porque as les nos libros. En relaci\u00f3n aos elementos do pasado, moitas veces s\u00f3 os entendes cando visitas os espazos nos que ti\u00f1an sentido. Cando visitas \u00c1vila, tanto na capital coma no resto da provincia, os verracos son omnipresentes. At\u00f3palos nos espazos p\u00fablicos urbanos, en prazas, parques ou entradas a instituci\u00f3ns. Os arque\u00f3logos calculan m\u00e1is de cen verracos na provincia. Contin\u00faan ocupando, d\u00e1ndolle sentidos e significados \u00e1 paisaxe, m\u00e1is de dous mil anos despois, e dunha maneira moi densa, insistente. A\u00ednda que poucos verracos se atopan na s\u00faa posici\u00f3n orixinal, a densidade \u00e9 para min unha das percepci\u00f3ns m\u00e1is interesantes en relaci\u00f3n a estas esculturas. O territorio enteiro \u00e9 transformado por elas, gardianas da abundancia, do equilibrio e da prosperidade das comunidades agr\u00edcolas que os crearon; a densidade \u00e9 tam\u00e9n sin\u00f3nimo de <em>stress<\/em>. Os verracos, conxurando se cadra males e escasezas, nos falan dun medio duro e dif\u00edcil no que a interacci\u00f3n coas divinidades era parte fundamental do benestar f\u00edsico da comunidade. \u00c9 como a abundancia de cruceiros en Galicia, que de maneira indirecta non s\u00f3 revela devoci\u00f3ns e relatos de poder das casas labradoras do pa\u00eds, sen\u00f3n tam\u00e9n da tensi\u00f3n na explotaci\u00f3n e na humanizaci\u00f3n dun territorio intensamente fragmentado. <\/p>\n<p>Porque iso \u00e9 o m\u00e1is fascinante dos verracos. Non hai en Europa, que eu saiba, un territorio con tal cantidade de elementos simb\u00f3licos procedentes da Idade do Ferro a\u00ednda en uso (simb\u00f3lico) hoxe en d\u00eda. \u00c9 unha absoluta xoia cultural, inxustamente desco\u00f1ecida. E que, adem\u00e1is, nas l\u00f3xicas cambios de significaci\u00f3n e uso destas esculturas prehist\u00f3ricas, nos fora facendo un importante relato ao redor do poder, a permanencia e a memoria. <\/p>\n<p>Hai un consenso xeneralizado ao redor da orixe dos verracos na Idade do Ferro. Estas figuras pres\u00e9ntansenos moitas veces como exemplos certamente un tanto brutalistas, bastos, de escultura prehist\u00f3rica, especialmente se a contrapo\u00f1emos cos par\u00e1metros da escultura cl\u00e1sica mediterr\u00e1nea. A verdade \u00e9 que, cando os ves in situ, outra vez volve cambiar a t\u00faa percepci\u00f3n. Porque o que descubres nos verracos e nas s\u00faas proporci\u00f3ns \u00e9 unha ollada precisa, naturalista, do escultor. \u00c9 un artista que vive nunha comunidade gandeira, que \u00e9 quen de levar ao granito con moit\u00edsima precisi\u00f3n as proporci\u00f3ns e vol\u00famenes de cada animal. Ocorreume algo bonito nese sentido. Tras ver unhas cantas destas esculturas, empezabas a entender mellor as formas, acostumas a vista e, cando ves os seguintes verracos ao lonxe (porque son esculturas que se ven ben de lonxe) xa te decatas inmediatamente se \u00e9 boi ou porco. Imaxino que para un gandeiro, isto ser\u00eda a\u00ednda m\u00e1is evidente. Outro detalle de finura estil\u00edstica nas esculturas son o detalle nos arneses e decoraci\u00f3ns que te\u00f1en os animais, e que se parecen moit\u00edsimo aos galanos cos que hoxe se lle visten a vacas e bois no d\u00eda da festa da aldea. Debido a que estes motivos decorativos est\u00e1n moi erosionados, non adoitan distinguirse nas fotos tur\u00edsticas. Pero est\u00e1n a\u00ed, embelecendo e cargando a\u00ednda m\u00e1is de sentido simb\u00f3lico as figuras. Se os vemos desde o que nos queda de cultura agraria hoxe, eses animais conxelados na pedra est\u00e9n engalanados, son o orgullo da s\u00faa comunidade no d\u00eda da festa. Estamos vendo, no fondo, animais con coroas de flores e arneses de coiro, pintados e fermosos, mentres soan m\u00fasicas ao seu redor, tratados con agarimo e respecto polos homes que os coidan. <\/p>\n<p>Un dos elementos que nos resultan m\u00e1is chamativos aos galegos \u00e9 a ubicaci\u00f3n destas esculturas. A\u00ednda que unhas cantas \u00e9 posible que estiveran asociadas directamente a castros, o cal as aproximar\u00eda \u00e1s pr\u00e1cticas do noroeste, o certo \u00e9 que boa parte delas parec\u00edan estar ubicadas no medio dos campos, quizais en puntos de paso pero tam\u00e9n de pasto. T\u00e9\u00f1ense atopado mesmo verracos a medio facer, a\u00ednda emerxendo como pantasmas das pedras informes. A hip\u00f3tese m\u00e1is habitual \u00e9 a da protecci\u00f3n desas pradeiras vitais para o mantemento da cabana gandeira. Unha antiga deidade animal protexendo aos animais. <\/p>\n<p>Os verracos seguiron tendo usos na \u00e9poca romana, e aqu\u00ed comeza o seu intrigante baile cultural. Porque varios destes animais conte\u00f1en inscrici\u00f3ns funerarias, que levan a pensar que pouco a pouco o verraco foi cambiando de sentido para estas comunidades da meseta, pasando a converterse nun s\u00edmbolo, nun v\u00ednculo \u00edntimo de identidade, un pouco como os s\u00edmbolos astrais tan presentes nas estelas galaicorromanas. O verraco comezou a cambiar e a mudar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/DSC9896-1.jpg\" alt=\"\"\/><br \/>\n<em>Touros de Guisando<\/em><\/p>\n<p>Pero o fascinante \u00e9 o que pasou moitos s\u00e9culos despois, cando se cadra a partir do s\u00e9culo XV e, desde logo, no XVI, a nobreza abulense comezou a mover os berracos. Se cadra o feito de que non fosen formas humanas axudou a que a Igrexa tolerara a exhumaci\u00f3n e uso destas estra\u00f1as figuras. O caso \u00e9 que aqueles fidalgos e nobles comezaron a adoptar os berracos cun sentido case fundacional, de prestixiar. De alg\u00fan xeito, o v\u00ednculo coas comunidades orixinais desaparecera, pero non a s\u00faa relevancia como s\u00edmbolo. Os fidalgos consider\u00e1banos romanos, da \u00e9poca das guerras lusitanas se cadra, unha sorte de trofeos. E vi\u00f1\u00e9ronlles de marabilla: no s\u00e9culo XV, aquela nova clase nobiliar que vai xurdindo tralos Trastamara, a que prospera \u00e1 sombra do novo equilibrio de poder dos Reis Cat\u00f3licos, precisa constru\u00edr o seu propio pasado. Precisa alicerzar o seu poder en prestixio. E a\u00ed aparecen os verracos, como estra\u00f1os s\u00edmbolos at\u00e1vicos en pedra, se cadra provistos nesa \u00e9poca medieval de todo unha armaz\u00f3n simb\u00f3lica popular que os nobles convertiron en relato aristocr\u00e1tico. O simbolismo de aqueles verracos era tan relevante que o reino de Castela e o seu futuro decid\u00edronse \u00e1 beira dos touros de Guisando, onde Isabel a Cat\u00f3lica convertiuse en herdeira do trono. Iso non \u00e9 casual, como que ao seu car\u00f3n, posteriormente, se erguera un fermoso mosteiro hoxe camuflado, en ru\u00ednas, no medio dunha boscosa ladeira. <\/p>\n<p>Non ser\u00eda a \u00faltima fase. Porque os touros e porcos segu\u00edronse movendo, e ao longo do s\u00e9culo XX moitos traslad\u00e1ronos para ocuparen espazos p\u00fablicos, prazas, entradas de pazos adquiridos polas administraci\u00f3ns, sempre en lugar preeminente. O relato dos verracos no s\u00e9culo XX contin\u00faa dun xeito singular. Dinlle moitas voltas a isto durante a mi\u00f1a visita en \u00c1vila. Os verracos son empregados polas administraci\u00f3ns p\u00fablicas como un emblema da xesti\u00f3n do pasado e do patrimonio cultural p\u00fablico. Mentres a arqueolox\u00eda abulense adoece de recursos e hai pouca investigaci\u00f3n cient\u00edfica actual sobre os h\u00e1bitats da Idade do Ferro, os verracos convert\u00e9ronse nun suxeito presente dentro dunha paisaxe de ausencias de co\u00f1ecemento. Os verracos est\u00e1n intimamente asociados \u00e1 identidade dos abulenses. \u00c9 un patrimonio que levan con orgullo, a\u00ednda que existan tantas lagoas sobre a sociedade que os construiu; sono porque seguen representando unha funci\u00f3n para unha sociedade do s\u00e9culo XX, unha funci\u00f3n distinta que a do Renacemento, a do mundo romano ou a da Idade do Ferro.<\/p>\n<p>Pero ser\u00eda interesante saber que ocorrer\u00eda con estas figuras apareceran en territorios cunha identidade pol\u00edtica actual en conflicto, como Galicia ou no Pa\u00eds Vasco. Penso na representaci\u00f3n de petr\u00f3glifos ou de trisqueis asociados a movementos pol\u00edticos actuais galegos, ou as formas das estelas vascas asociadas ao mesmo. Non me cabe d\u00fabida que, se cadra, o relato sobre estas figuras de tanto poder ic\u00f3nico ser\u00eda notablemente distinto, as\u00ed como a s\u00faa presenza en todo tipo de contidos de cultura popular (banda dese\u00f1ada, novelas, audiovisual, etc.). Son especulaci\u00f3ns, en fin, pero indicativas do poder suxestivo destas magn\u00edficas pezas. <\/p>\n<p>Os verracos, a\u00ednda que estean demasiado duros para comerlles o chulet\u00f3n, son sen d\u00fabida un dos elementos m\u00e1is singulares, m\u00e1is fermosos e tam\u00e9n m\u00e1is intrigantes de \u00c1vila, e un dos patrimonios m\u00e1is fascinantes (e desco\u00f1ecidos) da Idade do Ferro europea. Recom\u00e9ndovos buscalos por todas partes. E un truco: en \u00c1vila capital, se podedes, ide a ver todos os que te\u00f1en amoreados na igrexa de Santo Tom\u00e9 el Viejo, unha especie de almac\u00e9n musealizado da Deputaci\u00f3n. Al\u00ed pode ser un punto de partida para namorarvos destas fermosas e singulares esculturas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c1vila \u00e9 o n\u00facleo do m\u00e1is abraiante legado escult\u00f3rico do gando da Idade do Ferro<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/06\/05\/verracos-os-animais-do-tempo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Verracos: os animais do tempo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31604,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-31601","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31601","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31601"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31601\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31613,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31601\/revisions\/31613"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31604"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31601"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31601"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31601"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}