{"id":31566,"date":"2018-05-28T18:05:14","date_gmt":"2018-05-28T16:05:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31566"},"modified":"2018-05-28T18:09:33","modified_gmt":"2018-05-28T16:09:33","slug":"avila-as-pedras-que-sangran-beleza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/05\/28\/avila-as-pedras-que-sangran-beleza\/","title":{"rendered":"\u00c1vila: as pedras que sangran beleza"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole<\/a><\/em><\/p>\n<p>Hab\u00eda moito tempo que ti\u00f1a ga\u00f1as de visitar \u00c1vila. A s\u00faa certa periferia con respecto aos cami\u00f1os que levan a outras partes da Pen\u00ednsula fixeran que a foramos deixando aplazada para unha viaxe espec\u00edfica, que puidemos facer hai moi pouco. Foi unha visita con calma, da que disfrutamos moito, e na que volv\u00edn aprender, como na anterior de Navarra, moito ao redor das culturas da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, das transici\u00f3ns, as raiceiras, o pasado do presente pero tam\u00e9n o presente do pasado. Irei contando nestes d\u00edas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero comezo pola capital, \u00c1vila, que adem\u00e1is \u00e9 o aut\u00e9ntico centro de referencia da provincia. Como todas estas terras castel\u00e1ns, o territorio abulense sufre un gran despoboamento que fai que estas capitais de provincia sexan a\u00ednda moito m\u00e1is referentes para as comunidades rurais que en tempos antigos. A cidade \u00e9 preciosa. Xa sei que \u00e9 un lugar com\u00fan, pero a muralla \u00e9 algo digno de ver, unha aut\u00e9ntica xoia do medioevo extraordinariamente ben presentada, e cun casco hist\u00f3rico no interior inzado de lugares curiosos nos que perderse. Coido, adem\u00e1is, que hai que ver \u00c1vila con fr\u00edo e neve, con esa ventisca x\u00e9lida que procede da serra de \u00c1vila, que corta a pel e converte os pared\u00f3ns gran\u00edticos da defensa medieval nunha especie de refuxio m\u00edtico. \u00c9 neses momentos onde \u00e9 posible comprender moito do car\u00e1cter destes territorios peninsulares conformados a base desa interacci\u00f3n entre guerra, poboamento e grandes movementos de poboaci\u00f3n. Son moi singulares nesta provincia, por exemplo, a cantidade de toponimia e antroponimia vasca, resultado da poboaci\u00f3n do territorio por xentes norte\u00f1as. Un at\u00f3paa no medio dos vales rurais e pensa que por un momento est\u00e1 no sur de \u00c1lava. <\/p>\n<p>A muralla hai que cami\u00f1ala. O aspecto m\u00e1is espectacular, sen d\u00fabida ningunha, \u00e9 a integraci\u00f3n entre esta e a catedral, un verdadeiro baluarte que, xunto co alc\u00e1zar, xa desaparecido, se convert\u00eda no referente da parte m\u00e1is alta da cidade. O \u00e1bside fortificado, sobresa\u00edndo da muralla, \u00e9 unha aut\u00e9ntica pasada. E se subes ao alto do paseo de ronda da catedral a\u00ednda m\u00e1is: al\u00ed vese moito mellor a integraci\u00f3n entre o g\u00f3tico relixioso e o adusto dese\u00f1o militar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A catedral en si mesma vale unha visita: \u00e9 unha xoia do principio ao final, cunha especial relevancia, se cadra, dos s\u00e9culo XV e do XVI para o que son as obras mobles e do XII para a construci\u00f3n emprendida polo mestre Fruchel por encargo do conde de Galicia, Raimundo de Borgo\u00f1a, tam\u00e9n repoboador destas terras. Fruchel fixo un prodixio de fusi\u00f3n entre rom\u00e1nico e g\u00f3tico no que a xirola e a cabeceira son unha absoluta marabilla: cun deambulatorio de doble nave e o uso dun material espectacular que eu non vira antes en ning\u00fan outro sitio: a Pedra Sangrante, unha pedra arenisca ferruxinosa procedente das canteiras da Colilla, que est\u00e1n relativamente pr\u00f3ximas. Pouca broma con esta pedra: outorga un efecto marabilloso \u00e1s estruturas, a\u00e9reas, separadas deste mundo a trav\u00e9s do propio material. Fruchel sab\u00eda moi ben o que estaba facendo. Tanto fascinou esta pedra sangrante (\u00e9 a que vedes, por exemplo, na foto que abre este post) que cando fixeron a igrexa de San Vicente, imitaron en plan un tanto cutre este mesmo efecto da catedral. Pod\u00e9delo ver ben nesta foto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Por certo, esta bas\u00edlica de San Vicente, que est\u00e1 extramuros, \u00e9 para min a definici\u00f3n de elegancia arquitect\u00f3nica do rom\u00e1nico. Crea unha impresi\u00f3n moi similar \u00e1 que te podes atopar nalgunhas xoias do rom\u00e1nico toscano, coma o cemiterio de Pisa. A sensaci\u00f3n de que, fronte a ese discurso t\u00f3pico e manido dunha idade media escura asociada ao rom\u00e1nico fronte a outra luminosa, xa cami\u00f1o do Renacemento do g\u00f3tico, hai unha realidade distinta. O rom\u00e1nico de San Vicente \u00e9 o produto dunha visi\u00f3n luminosa, optimista e creativa do mundo, desafiante e elegante. O rom\u00e1nico tam\u00e9n \u00e9 luz: outra cousa \u00e9 que a xestionan e buscan unha linguaxe distinta que no g\u00f3tico. En San Vicente, no interior, non deixedes de ver o magn\u00edfico cenotafio policromado dos Santos Irm\u00e1ns M\u00e1rtires, que ve\u00f1en sendo Vicente, Sabina e Cristeta.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Detalles da bas\u00edllica de San Vicente<\/em><\/p>\n<p>As orixes da cidade son incertos. Non se sabe ata que punto a cidade foi previamente un castro vet\u00f3n. O que \u00e9 espectacular, e non podedes deixar de facer, \u00e9 buscar na muralla, especialmente na zona alta, a cantidade de l\u00e1pidas e esculturas de \u00e9poca romana integradas na antiga muralla. \u00c9 como xogar a un puzzle visual tentando localizar que \u00e9 e que non \u00e9. Hai desde estelas ind\u00edxenas, inscrici\u00f3ns can\u00f3nicas, ata verracos vet\u00f3ns. Todo integrado na cerca de pedra, pero de maneira moi consciente. A muralla construiuse sobre o pasado, pero deliberadamente integraron ese pasado. E este fen\u00f3meno, que \u00e9 com\u00fan en moitas murallas medievais, en \u00c1vila acada un certo requintamento cos verracos vet\u00f3ns, dos que vos falarei noutro post e que levan machac\u00e1ndome a cabeza moito tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/avila_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>L\u00e1pida romana incrustada na muralla<\/em><\/p>\n<p>Como digo, \u00c1vila \u00e9 un lugar fermoso para percorrer e visitar desde todos os puntos de vista. A gastronom\u00eda est\u00e1 moi centrada nas carnes locais, e supo\u00f1o que moi mediatizada por un turista madrile\u00f1o que v\u00e9n de fin de semana a cumprir o ritual de tomar un chulet\u00f3n de \u00c1vila (sempre tenreira). Con todo, a oferta non \u00e9 moi diversificada. Eu t\u00e9\u00f1ovos que recomendar un sitio moi interesante ao que lle hai que prestar atenci\u00f3n, e que \u00e9 un vento fresco: o Soul Kitchen, no casco vello, un local propiedade de dous arque\u00f3logos da cidade, Juan Pablo L\u00f3pez e Mar\u00eda Blanco, no que se come francamente ben. Pratos de coci\u00f1a internacional, unha especial atenci\u00f3n \u00e1 preparaci\u00f3n de verduras e vexetais e puntos fant\u00e1sticos, acompa\u00f1ados de vi\u00f1os da zona e doutras (te\u00f1en para chateo por exemplo o amandi Santo Graal, do proxecto arqueol\u00f3xico do castro de San Lourenzo, do que falei aqu\u00ed o outro d\u00eda). E prezos moi aquelados.<\/p>\n<p>Estes d\u00edas ireivos contando m\u00e1is historias da provincia de \u00c1vila. Falareivos de alg\u00fan sitio que xa quedou para sempre no meu coraz\u00f3n. Un territorio duro e fermoso para percorrer e entendernos, mesmo os galegos, un pouco m\u00e1is. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha viaxe por terras fermosas, fr\u00edas e desco\u00f1ecidas<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/05\/28\/avila-as-pedras-que-sangran-beleza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">\u00c1vila: as pedras que sangran beleza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31567,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-31566","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31566","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31566"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31566\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31585,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31566\/revisions\/31585"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31567"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31566"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31566"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31566"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}