{"id":31563,"date":"2018-05-28T17:21:12","date_gmt":"2018-05-28T15:21:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31563"},"modified":"2018-05-28T17:21:45","modified_gmt":"2018-05-28T15:21:45","slug":"entrevista-sobre-o-anxo-negro-no-boletin-galego-de-literatura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/05\/28\/entrevista-sobre-o-anxo-negro-no-boletin-galego-de-literatura\/","title":{"rendered":"Entrevista sobre O Anxo Negro no Bolet\u00edn Galego de Literatura"},"content":{"rendered":"<p>Soledad R\u00edos Santom\u00e9 realizoume unha extensa entrevista para o Bolet\u00edn Galego de Literatura sobre O Anxo Negro, no seu n\u00famero 52 correspondente a 2018. <a href=\"http:\/\/www.usc.es\/revistas\/index.php\/bgl\/article\/view\/5035\/5474\">Podedes consultala aqu\u00ed<\/a>. E publico aqu\u00ed o inicio para abrir boca:<\/p>\n<blockquote><p><strong>SOLEDAD R\u00cdOS SANTOM\u00c9. A\u00ednda que vostede. ten unha longa experiencia como activista cultural e con xa diferentes publicaci\u00f3ns no seu haber, esta \u00e9 a s\u00faa primeira novela, longa por certo. Cando comeza a xestarse en vostede a idea de darlle corpo a esta historia?<\/strong><\/p>\n<p>MANUEL GAGO. \u00c9 certo que me estreo na  ficci\u00f3n xa con certa madurez, aos corenta anos. Supo\u00f1o que a diferenza entre comezar aos vinte e pico e facelo con corenta \u00e9 que xa tes m\u00e1is claro cal \u00e9 a li\u00f1a literaria que queres seguir, o programa, o que queres contar na  cci\u00f3n durante ese breve tempo no que os seres humanos dispomos de enerx\u00eda creativa abonda. As\u00ed que coa primeira novela quer\u00eda experimentar coa fermentaci\u00f3n da memoria. Eu creo que a imaxinaci\u00f3n \u00e9 memoria fermentada. Alg\u00fans escritores d\u00e9ixana levedar m\u00e1is e outros, menos, iso xa \u00e9 una cuesti\u00f3n de estilo. Do que non hai d\u00fabida \u00e9 de que o max\u00edn procede da experiencia, sexa vivida persoalmente ou adquirida nou- tros relatos. En O anxo negro est\u00e1n mesturadas numerosas historias que eu vin desde a infancia e, sobre todo, en m\u00e1is de vinte anos percorrendo todo o pa\u00eds. As\u00ed que a resposta a esta pregunta \u00e9 sinxela e complexa ao tempo: levo escribindo esta historia desde que nac\u00edn, como pasa realmente con todas as historias.<\/p>\n<p><strong>SRS. Te\u00f1o lido comentarios moi eloxiosos da s\u00faa novela: historia monumental, engaiolante, magn\u00edfica, trepidante, intensa, que recolle o mellor da tradici\u00f3n oral galega, que eleva a cultura galega&#8230; Semella que a recepci\u00f3n est\u00e1 a ser boa malia as s\u00faas case 500 p\u00e1xinas.<\/strong><\/p>\n<p>MG. A verdade \u00e9 que estou moi contento coa recepci\u00f3n. Acostumado como estou ao texto electr\u00f3nico, entrar no mundo da literatura en papel, e en especial, a nova experiencia de lectura colectiva a trav\u00e9s de clubs de lectura etc., resultoume unha experiencia do m\u00e1is fascinante, da que estou a aprender moit\u00edsimo. O que m\u00e1is me interesa, te\u00f1o que reco\u00f1ecelo, son os comentarios dos lectores, xa que os libros, desde o momento no que saen do prelo, deixan de ser teus e comezan a ser, un pouco, de todos os que os len. Iso signi ca, para min, que comezo a ver con outros ollos, os ollos da lectora, algunhas partes da novela que mesmo chegan a cobrar novos sentidos. Pero, ademais, eu estou convencido de que \u00e9 preciso renovar e ampliar a base da literatura galega. Esa \u00e9 a batalla do noso tempo: non s\u00f3 resistir para non acabar na marxinalidade absoluta, sen\u00f3n a de ga\u00f1ar novos p\u00fablicos e lectorado. As\u00ed que para min ver os comentarios dos lectores e, especialmente, daqueles que non len habitualmente en galego, foron moi alentadores.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un extenso di\u00e1logo ao redor da novela e a s\u00faa creaci\u00f3n<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/05\/28\/entrevista-sobre-o-anxo-negro-no-boletin-galego-de-literatura\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Entrevista sobre O Anxo Negro no Bolet\u00edn Galego de Literatura<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12,69],"tags":[],"class_list":["post-31563","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-libros","category-o-anxo-negro","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31563","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31563"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31563\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31565,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31563\/revisions\/31565"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31563"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31563"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31563"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}