{"id":31394,"date":"2018-04-13T17:17:47","date_gmt":"2018-04-13T15:17:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31394"},"modified":"2018-04-13T17:19:16","modified_gmt":"2018-04-13T15:19:16","slug":"materia-de-editor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/04\/13\/materia-de-editor\/","title":{"rendered":"Materia de editor"},"content":{"rendered":"<p>Se tiveramos que falar da evoluci\u00f3n da cultura galega nos \u00faltimos vinte anos, ter\u00eda clara unha primeira idea: a transici\u00f3n xeneracional desde aquelas grandes figuras do galeguismo que mantiveron a cultura e o uso culto da lingua desde a Rep\u00fablica ata unha nova xeraci\u00f3n de mozos formados na acci\u00f3n e rebeld\u00eda da \u00faltima universidade franquista e da Transici\u00f3n. \u00c9 a transici\u00f3n entre aquelas figuras poli\u00e9dricas, m\u00e1ntricas, case instituci\u00f3ns en si mesmas, cara un universo de profesionais da cultura: persoas formadas e especializadas en sacar adiante proxectos viables no \u00e1mbito da cultura e da industria cultural, respondendo a novas necesidades, novos p\u00fablicos, novos mercados e novas instituci\u00f3ns dun pa\u00eds a\u00ednda por facer. E vela\u00ed est\u00e1 Manuel Bragado, editor de Xerais durante m\u00e1is de vinte anos, unha figura de referencia para entender a cultura galega contempor\u00e1nea e o seu agromar coa autonom\u00eda, como ben destacou onte Roc\u00edo Castro. <\/p>\n<p>Sempre pensei que Manuel Bragado foi, de alg\u00fan xeito, unha ponte entre eses dous mundos. Das novas xeraci\u00f3ns da democracia ti\u00f1a o mellor: a capacidade de defender publica e abertamente as s\u00faas opini\u00f3ns ao redor da pol\u00edtica, a cultura e a sociedade, sempre fundamentadas e rigorosas. Bragado tivo sempre unha capacidade extraordinaria para conseguir harmonizar algo tan dif\u00edcil como a xesti\u00f3n dunha relevant\u00edsima empresa cultural galega coa capacidade de exercer a s\u00faa opini\u00f3n individual. Estamos falando dunha habilidade extraordinaria. Tam\u00e9n ti\u00f1a a capacidade de comprender a editorial como unha empresa para un mercado: nas mi\u00f1as conversas con el sempre me asombrou o realismo co que era capaz de diagnosticar o estado da cultura do pa\u00eds, e do libro galego, ao mesmo tempo de manter unha estratexia de acci\u00f3n que fixo que Xerais se convertera na principal referencia editorial do pa\u00eds, apegada ao territorio e \u00e1 evoluci\u00f3n da s\u00faa sociedade. Falamos dun aut\u00e9ntico profesional da cultura: con olfato, con teimos\u00eda e con capacidade de ver cara adiante, cara proxectar. Outro detalle profesional del, pouco habitual en Galicia: a s\u00faa teimos\u00eda en estudar os datos, as cifras, observalas criticamente. Fronte a outros que pontifican de todo do mesmo xeito desde hai vinte anos, Bragado repasaba en detalle todos os informes, tentando entender as situaci\u00f3ns globais, e non s\u00f3 as cifras da s\u00faa editorial, convert\u00e9ndose nun referente para interpretar un sector.<\/p>\n<p>Pero Bragado, por suposto, tam\u00e9n mant\u00e9n alg\u00fans deses vellos valores que eu reco\u00f1ezo nas antigas xeraci\u00f3ns. O fast\u00edo dese maldito dividir e intrigar do que moito aprenderan contra as ansias de sumar esforzos, a idea de dar pasos sempre na construci\u00f3n do pa\u00eds, a prudencia ao referirse \u00e1s outras persoas e ao escoller as palabras cos que comentarche as cousas, a capacidade de conciliar e tecer v\u00ednculos. Manuel Bragado \u00e9 consciente de que Galicia se constr\u00fae paso a paso, quil\u00f3metro a quil\u00f3metro; e todo o tempo invertido a\u00ed \u00e9 pouco. E iso f\u00edxoo sempre desde un perfil notablemente discreto, esa capacidade humilde s\u00faa de ser, por unha banda, unha figura p\u00fablica nunca renuente a aparecer nos medios e, ao mesmo tempo, un currante que moitas veces parec\u00eda m\u00e1is esa clase de fontaneiros que prefiren estar en segundo plano. Esa especie de doble natureza \u00e9 abraiante nun mundo coma o da nosa cultura (coma o de calquera cultura occidental), de egos tronantes e vaidades mal diagnosticadas, \u00e9 todo un modelo, para min, do que debe ser a figura dun intelectual p\u00fablico. Sen medo a dar a cara pero sen \u00ednfulas de ning\u00fan tipo, capaz de executar, de facer e non s\u00f3 de propo\u00f1er para a galer\u00eda. Con Manuel Bragado estamos a falar dunha das figuras m\u00e1is destacadas da cultura, da empresa e da sociedade de Galicia dos \u00faltimos vinte anos. <\/p>\n<p>Bragado deixa a direcci\u00f3n de Xerais nun momento especialmente delicado, e moi serio: a edici\u00f3n galega est\u00e1 absolutamente baixo m\u00ednimos e nunha situaci\u00f3n de m\u00e1ximo perigo. Bragado era ben consciente diso, como falamos en moitas conversas, e c\u00f3nstame ben que fac\u00eda todo o posible para combatelo. O novo editor de Xerais ten a responsabilidade de asumir a principal editorial galega, e iso non \u00e9 unha risa. Porque Xerais \u00e9 unha empresa que pertence a unha multinacional, pero para os galegos, despois de vinte e pico anos de Bragado \u00e1 fronte e un excepcional equipo, \u00e9 moito m\u00e1is. O escenario \u00e9 calquera cousa menos doado. <\/p>\n<p>En fin, que todo isto que digo en plan serio non deixa de ser unha m\u00e1scara tralo que agacho o que sempre me custa m\u00e1is: expresar os meus sentimentos. E velaqu\u00ed outra cousa que eu quer\u00eda dicir ao redor de Manuel Bragado, do que tanto levo aprendido e do que, estou convencido seguirei aprendendo. Porque te\u00f1o claro que, se ben para o sector editorial a marcha de Bragado \u00e9 unha perda, non o \u00e9 para a cultura e a sociedade do pa\u00eds, ao que seguramente o novo r\u00e9xime de tempo de Manolo vaille (vainos) vir de marabilla. <\/p>\n<p>O que aprend\u00edn de Manolo \u00e9 algo, para min, moi importante: a capacidade de abrir a man. A mi\u00f1a carreira literaria foi (\u00e9) tard\u00eda. Cheguei a ela con certa sona electr\u00f3nica, certo, pero sen eses premios literarios que tanto axudan neste pa\u00eds a valorar os escritores. E prop\u00faxenlle a Bragado unha cousa tan dif\u00edcil de encaixar comercialmente como un libro ao redor dunha mitolox\u00eda ficcional da Idade do Ferro galega, <em>Vento e Chuvia<\/em>. Bragado confiou en min. E confiou en min en moitas m\u00e1is ideas, a cada cal m\u00e1is delirante, que lle fun presentando aos poucos. Sempre tirou para adiante (obviamente, cos seus consellos profesionais), axud\u00e1ndome a constru\u00edr, con agarimo, unha identidade na escrita de ficci\u00f3n e no ensaio. Bragado soubo ver en min unha posibilidade por medrar, foi quen de cultivala e abriume as portas da editorial para poder lanzala. As\u00ed que todo o agradecemento persoal que lle te\u00f1o, que \u00e9 moit\u00edsimo, non \u00e9 s\u00f3 por axudarme a sacar adiante esa parte de min; ese agradecemento \u00e9 tam\u00e9n por aprenderme a tentar ver eu noutras persoas o mesmo. En crear oportunidades e escenarios para outros, en non estar tan cegos no ego propio. <\/p>\n<p>As\u00ed que Manolo, moit\u00edsimas grazas por todo, por esta etapa. Qu\u00e9dannos moitas m\u00e1is no futuro, diso non te\u00f1as d\u00fabida. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Manuel Bragado, un editor que \u00eda m\u00e1is al\u00e1<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/04\/13\/materia-de-editor\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Materia de editor<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31396,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-31394","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31394","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31394"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31394\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31399,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31394\/revisions\/31399"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31396"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31394"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31394"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31394"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}