{"id":31386,"date":"2018-04-10T20:07:41","date_gmt":"2018-04-10T18:07:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31386"},"modified":"2018-04-10T20:10:33","modified_gmt":"2018-04-10T18:10:33","slug":"10-000-pegadas-cara-o-futuro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/04\/10\/10-000-pegadas-cara-o-futuro\/","title":{"rendered":"10.000 pegadas cara o futuro"},"content":{"rendered":"<p><em>Foto: Castro de Fornelos \/ Mari\u00f1a Patrimonio \/ patrimoniogalego.net<\/em><\/p>\n<p>Estes d\u00edas patrimoniogalego.net acadou os 10.000 bens catalogados. Para quen estea vinculado ao mundo do asociacionismo, ou dos movementos sociais en Galicia, sabe ben o fito que \u00e9 iso: conseguir manter un proxecto en crecemento constante (a\u00ednda que con variaci\u00f3ns l\u00f3xicas na velocidade, claro) desde 2011. patrimoniogalego.net foi un so\u00f1o e un desaf\u00edo: parte dunha convicci\u00f3n cada vez m\u00e1is reafirmada. O \u00fanico xeito de protexer o noso patrimonio \u00e9 facendoo visible (aplicando, obviamente, salvedades en relaci\u00f3n a alg\u00fans sitios sensibles), fac\u00e9ndoo co\u00f1ecido, popular e accesible. En todos estes anos, patrimoniogalego.net contribuiu, en numerosas ocasi\u00f3ns, a frear agresi\u00f3ns ao patrimonio de todo tipo: o importante \u00e9 que se convertiu nun instrumento con m\u00faltiples usos. Tam\u00e9n houbo quen nos intentou usar, por suposto, en leas pol\u00edticas ou locais. Unha das cousas m\u00e1is relevantes que aprendimos \u00e9 a ter unha boa formulaci\u00f3n de normas e reglas que, simplemente a partir de transparencia, claridade e reparto de responsabilidades, evitan moitos problemas. <\/p>\n<p>Que en todos estes anos a administraci\u00f3n auton\u00f3mica, que \u00e9 a detentadora das competencias en materia de patrimonio cultural e se aprobou a si mesma leis que a obrigan \u00e1 transparencia no \u00e1mbito da localizaci\u00f3n dos bens, non fora quen de propo\u00f1er ning\u00fan tipo de f\u00f3rmula institucional satisfactoria, evidencia con feitos que ese \u00e9 un proceso que se quere retrasar, de maneira voluntaria, o m\u00e1ximo posible. Os motivos? Pois a\u00ed xa estamos entrando en terreos m\u00e1is complexos e especulativos que requir\u00edan unha an\u00e1lise m\u00e1is ampla. Como sempre dicimos, n\u00f3s continuamos traballando. Cada vez que a Xunta anuncia unha millonada para xeolocalizar e publicar en li\u00f1a o patrimonio nacional, n\u00f3s seguimos traballando. E ao cabo dos anos, cando non se sabe nada deses proxectos nin deses mill\u00f3ns, n\u00f3s seguimos aqu\u00ed con m\u00e1is fichas, con m\u00e1is visibilidade. E a Xunta volve anunciar outro proxecto millonario con fanfarrias e altofalantes. E n\u00f3s seguimos traballando, facendo fichas. Esta historia si que \u00e9 c\u00edclica e o tempo d\u00e1nos perspectivas.<\/p>\n<p>Todos estes anos lev\u00e1ronme a aprender moitas cousas. Desgrazadamente, estes meses estou tan liado que son dif\u00edciles de desenvolver. Pero hai unha que me leva dando voltas \u00e1 cabeza nestes meses. Galicia \u00e9 un pa\u00eds curioso. A todos nos gusta a ret\u00f3rica da sociedade en marcha, so\u00f1amos con pobos, con colectivos, con multitudes autoorganizadas. \u00c9 todo ret\u00f3rica: a realidade \u00e9 que as grandes iniciativas deste pa\u00eds, as cousas que sa\u00edron adiante, foron sempre cousa de moi poucos. Eses poucos te\u00f1en por caracter\u00edstica a teimudez, as ideas claras. Pero sempre son tres ou catro os que sacan as cousas adiante ata que cansan, se desesperan ou se fartan. \u00c1s veces suc\u00e9denos outros, e outras veces os proxectos ou as ideas simplemente morren. Este \u00e9 un pa\u00eds que lle gusta pensarse como tal pero que sempre mant\u00e9n con vida un pequeno pu\u00f1ado de xente.<\/p>\n<p>Queremos unha ret\u00f3rica de traballo colectivo, pero en realidade, s\u00f3 un reducido grupo de persoas est\u00e1 disposta a continuar por todos, moitas veces sen un beneficio persoal claro. Isto \u00e9 o que aprend\u00edn nestes anos: na afouteza dos que son capaces de dar un pouqui\u00f1o deles para os dem\u00e1is, de maneira sistem\u00e1tica. Que est\u00e1n preocupados polo presente e sobre todo polo futuro do inmenso e valioso legado cultural que nos deixaron os nosos ancestros. En patrimoniogalego.net v\u00e9molo moito a diario: o sitio ten moita audiencia de amadores, veci\u00f1os, xente que chega a trav\u00e9s de Google. Pero \u00e9 usado de maneira recurrente por profesionais do patrimonio e funcionarios do ramo. Sen embargo, quen publica fichas, quen contin\u00faa no traballo, quen o fai medrar, son uns poucos e poucas. Son aut\u00e9nticos tit\u00e1ns que est\u00e1n dispostos a compartir polo com\u00fan. Dispostos a que isto contin\u00fae. Pouco dados a teorizar, a agardar, a &#8220;hab\u00eda que&#8221;, e m\u00e1is dados a facer. Non \u00e9 tan raro: isto \u00e9 habitual dos sitios de edici\u00f3n colectiva en Internet (est\u00e1 moi estudado na Wikipedia) e foi a m\u00e1is coas redes sociais tipo Facebook. patrimoniogalego.net, como ferramenta, evidencia ata onde queremos chegar todos, quen pasa das palabras aos feitos. Que estamos dispostos a dar polo que recibimos. Como queremos constru\u00edr algo para todo o pa\u00eds, al\u00e9n da nosa localidade, da nosa comarca, do noso interese persoal. <\/p>\n<p>As\u00ed que isto vai por eles. Porque al\u00e9n da ret\u00f3rica -necesaria- do colectivo e da comunidade, patrimoniogalego.net \u00e9 o traballo dun pequeno grupo de xente con nomes e apelidos. Est\u00e1n ciscados por toda a p\u00e1xina, tanto no equipo que sustenta o sitio como nos catalogadores. E iso fai m\u00e1is incrible, m\u00e1is enorme, a s\u00faa tarefa e a s\u00faa xenerosidade. Iso fai que un sinta orgullo por este conxunto de persoas, dos que moitos apenas nos co\u00f1ecemos en persoa. E as\u00ed seguir\u00e1 patrimoniogalego.net: aberto a quen queira participar, con todos os brazos, portas e mans para os novos, pero sabedor do m\u00e9rito de aqueles que fixeron a elecci\u00f3n e deron un pouco do seu tempo para crear este pequeno universo da nosa identidade e da nosa memoria. Un proxecto \u00fanico que queremos que contin\u00fae. Como m\u00ednimo ata as 40.000 fichas, non? <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algunhas ideas tras 10.000 bens catalogados en patrimoniogalego.net<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/04\/10\/10-000-pegadas-cara-o-futuro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">10.000 pegadas cara o futuro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31388,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-31386","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31386","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31386"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31386\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31392,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31386\/revisions\/31392"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31388"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31386"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31386"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31386"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}