{"id":31344,"date":"2018-02-21T09:29:55","date_gmt":"2018-02-21T07:29:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31344"},"modified":"2018-02-21T09:32:26","modified_gmt":"2018-02-21T07:32:26","slug":"vinos-con-memoria-na-rutadeza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/02\/21\/vinos-con-memoria-na-rutadeza\/","title":{"rendered":"Albari\u00f1os con memoria na #rutadeza"},"content":{"rendered":"<p>En 2009 co\u00f1ec\u00edn a Ram\u00f3n Blanco e o proxecto familiar ao que se incorporara: a adega Castro Brey, de Camanzo, en Vila de Cruces. De aquela <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/03\/sin-palabras-castrovaldes-07-un-excelente-albarino-a-20-quilometros-de-santiago\/\">contara neste blog<\/a> o moito que me sorprendera o seu albari\u00f1o Sin Palabras, elaborado na zona m\u00e1is estrema (no sentido clim\u00e1tico e no xeogr\u00e1fico) da denominaci\u00f3n de orixe R\u00edas Baixas. O proxecto de Castro Brey sorprend\u00e9rame pola ilusi\u00f3n que destilaba Ram\u00f3n, pola visi\u00f3n dos av\u00f3s da s\u00faa muller, fundadores da adega, que viaxaran \u00e1 Champagne para traer o mu\u00ed\u00f1o de vento (co\u00f1ecido na aldea coma &#8220;o tarabelo&#8221;) que reduce a presenza de n\u00e9boas no pequeno val de Camanzo e evita unha excesiva presenza dos fungos, e a calidade do vi\u00f1o, sorprendente e superior. Para min, Castro Brey era unha demostraci\u00f3n de que o mundo do vi\u00f1o galego \u00e9 capaz de crebar, d\u00eda si e d\u00eda tam\u00e9n, moitos t\u00f3picos: que hai terras estupendas para o seu cultivo ao longo de todo o pa\u00eds, e que o  maior agasallo que nos d\u00e1 \u00e9 a enorme diversidade de solos, microclimas e acios. <\/p>\n<p>Este domingo pasado, convidado pola Deputaci\u00f3n de Pontevedra, participei nunha Ruta polo Deza na que nos achegamos ata Camanzo e volvimos ver como evolucionara o vi\u00f1o de Castro Brey en todos estes anos. Te\u00f1o que dicir de a\u00ed que sa\u00edn orgulloso de algo que non \u00e9 meu, e iso cons\u00e9guese poucas veces. Porque en todos estes anos a adega non parou, foi adquirindo unha visi\u00f3n e un cami\u00f1o propio, e a adega conseguiu expandirse, crear novos proxectos e levar o seu vi\u00f1o (e augardentes) polo mundo, cunha personalidade cada vez m\u00e1is propia dentro do concerto dos vi\u00f1os das R\u00edas Baixas, como vou explicar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brey_vimbio.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En Castro Brey conciben os vi\u00f1edos como parte dun ecosistema complexo. Un regato, o Regateiro, pasa moi preti\u00f1o dos emparrados e un monte det\u00e9n os ventos e facilita unha certa subida de temperatura na \u00e1rea. Pero iso non quita que o clima de Camanzo, no Ulla que comeza a subir xa cara o interior do pa\u00eds, sexa h\u00famedo e fr\u00edo. As\u00ed que os perigos de extensi\u00f3n dos fungos que poden acabar machacando unha colleita son moi altos. Un ec\u00f3logo examinou o microclima do Regateiro, explorando por exemplo como se pode favorecer o h\u00e1bitat da libelula negra, que \u00e9 unha depredadora do mosquito verde, un dos par\u00e1sitos m\u00e1is com\u00fans das vi\u00f1as. Ou considerar a vi\u00f1a como un sistema complexo con certa capacidade de rexeneraci\u00f3n. Na adega fan o &#8220;velatorio&#8221; das parras que morren. Debido a que as s\u00faas ra\u00edces se prolongan no chan ata dez metros de profundidade, a s\u00faa capacidade de volver nacer sobre os restos da anterior son inmensas. O patrimonio xen\u00e9tico e adaptativo das parras ao longo de d\u00e9cadas \u00e9 especialmente coidado, tentando preservalo, criando prantas procedentes dos acios anteriores para non perder esa &#8220;memoria&#8221; vexetal. <\/p>\n<p>Pero sobre todo o que distingue a Castro Brey \u00e9 a capacidade de defender algo que a min me parece parte do futuro do vi\u00f1o galego: a s\u00faa crianza. O albari\u00f1o ga\u00f1a forza, vida e presenza cando se deixa repousar uns anos antes de ser comercializado. Cambiar a cultura da venda do vi\u00f1o non \u00e9 doado, e tam\u00e9n se pode comprender. Non \u00e9 o mesmo ter o vi\u00f1o gardado en adega que vendelo ao cliente e que o garde na s\u00faa casa mentres ti xa ingresaches os cartos. Pero o resultado son tam\u00e9n vi\u00f1os que se poden vender a un custe moi superior, marcas que ga\u00f1an prestixio e que son quen de ofrecer vi\u00f1os poderosos, complexos e sofisticados. As caracter\u00edsticas dos nosos vi\u00f1os, a s\u00faa elevada acidez, facilitan os procesos de crianza, pero en R\u00edas Baixas a\u00ednda hai moi poucos proxectos. <\/p>\n<p>En Castro Brey apostan pola crianza do albari\u00f1os. Estivemos probando albari\u00f1os do ano 2010 e do 2013. \u00c9 impresionante como cambian en funci\u00f3n do xeito de crianza. Deste xeito, un albari\u00f1o de 2010 criado xa en botella de 75 centilitros amos\u00e1base xa nunha fase final do seu ciclo vital, bastante plano; sen embargo, outro da mesma colleita, preservado en dep\u00f3sito, amos\u00e1base fresco e con capacidade de tirar millas moito tempo m\u00e1is. Ram\u00f3n viu o potencial da crianza, e dos 3000 litros que gardou da colleita 2010 para crianza, agora xa pasou a un dep\u00f3sito de 10.000 litros de 2013. A calidade do albari\u00f1o &#8216;con anos&#8217; \u00e9 innegable: o gran desaf\u00edo -e esa ser\u00e1 cousa dos departamentos comerciais- ser\u00e1 convencer a un cliente que xa ten clasificado e ubicado ao albari\u00f1o para determinados usos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brey_camanzo_1.png\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A venerable cepa tricentenaria do mosteiro de Camanzo.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brey_camanzo_2.png\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O fuso do lagar do mosteiro e os acios nos retablos barrocos da igrexa.<\/em><\/p>\n<p>Non deixa de ser unha curiosa coincidencia (ou non) con este outro detalle. No alto da parroquia de Camanzo, a escasos centos de metros da adega, at\u00f3pase o fermoso mosteiro rom\u00e1nico de San Salvador, que ben vos merece unha visita. No interior do seu claustro -que precisa con urxencia unha restauraci\u00f3n- sobrevive unha das vi\u00f1as m\u00e1is venerables do pa\u00eds: unha ca\u00ed\u00f1o de m\u00e1is de trescentos anos, un aut\u00e9ntico deus biol\u00f3xico que sobrevive como pode no emparrado do antigo cenobio medieval. E o interior da igrexa de Camanzo ten numerosos retablos nos que est\u00e1n presentes os bacelos ricos e abundantes: vela\u00ed fusi\u00f3nase a vella cultura cristi\u00e1 co mundo do vi\u00f1o. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brey_maquina.png\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero ese \u00e9 o relato desta adega e a s\u00faa memoria. O talante visionario de Ram\u00f3n impr\u00edmese na s\u00faa capacidade de constru\u00edr dese\u00f1os e etiquetas nos que o vi\u00f1o est\u00e1 intrinsecamente relacionado co relato da familia e a historia da adega. O <em>Sin Palabras<\/em> incorpora a m\u00e1quina de escribir na que o av\u00f3 levaba a contabilidade da adega, o Nice to Meet You real\u00edzase con series de etiquetas nas que est\u00e1n debuxadas as cidades queridas e os mercados principais do vi\u00f1o de Ram\u00f3n, como Girona, Sevilla, ou Costa Rica. O Bendita Locura v\u00e9ndese nunha lata preciosa e descubriu que hai comidas nas que se animan a pedir outra para quedar con outra das latas. Cada botella ten, literalmente, unha historia e contrib\u00fae a diferenciar a adega no contexto de enorme competencia internacional do albari\u00f1o, no que os comerciais de adegas galegas compiten uns cos outros para conseguir que os restaurantes norteamericanos escollan o seu &#8220;albari\u00f1o da casa&#8221;. <\/p>\n<p>Como dic\u00eda antes, sa\u00edn orgulloso do que se est\u00e1 a facer nesta adega exc\u00e9ntrica, por moitos motivos, con respecto ao negocio tradicional do vi\u00f1o. A foto que abre este post \u00e9 o propio Ram\u00f3n Blanco, nun produto conxunto no que vend\u00eda o seu vi\u00f1o Nice to meet you acompa\u00f1ado dunhas zocas de Elena Ferro, a artes\u00e1 que ten o seu obradoiro moi preti\u00f1o, en Merza. Son este tipo de v\u00ednculos e sinerxias, sen d\u00fabida ningunha, o futuro da nosa industria rural.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na adega Castro Brey cren que o futuro do albari\u00f1o pasa por deixar que se faga maior.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/02\/21\/vinos-con-memoria-na-rutadeza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Albari\u00f1os con memoria na #rutadeza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31347,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,8],"tags":[],"class_list":["post-31344","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31344","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31344"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31344\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31353,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31344\/revisions\/31353"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31347"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31344"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31344"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31344"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}