{"id":31322,"date":"2018-02-14T18:14:40","date_gmt":"2018-02-14T16:14:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31322"},"modified":"2018-02-14T19:52:30","modified_gmt":"2018-02-14T17:52:30","slug":"olite-a-restauracion-do-presente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/02\/14\/olite-a-restauracion-do-presente\/","title":{"rendered":"Olite: a restauraci\u00f3n do presente"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Vivimos nunha cultura na que a viaxe moitas veces se confunde cunha colecci\u00f3n de fotograf\u00edas de lugares bonitos para po\u00f1er en Instagram e Facebook, momentos satisfactorios de relax nunha praia na que como te aburres fotograf\u00edas os teus p\u00e9s e primeiros planos de platos de comida e fotos brindando. Non podo estar m\u00e1is en desacordo con isto. Non porque as viaxes non deban ser pracer e visitas a lugares bonitos (claro que deben) sen\u00f3n porque non deben ser m\u00e1is ca iso. Para min as viaxes son sempre exploraci\u00f3n e, moitas veces, m\u00e1is que aprender, busco comprender. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 o que me aconteceu coa visita ao Castelo Real de Olite, no sur de Navarra. Resultoume tremendamente perturbador. Isto en si mismo pode soar esaxerado, pero cr\u00e9deme que a\u00ednda hoxe estoulle a dar voltas a este lugar, e xa pasou un mes desde que o visitei. <\/p>\n<p>O castelo at\u00f3pase nunha pequeni\u00f1a vila tirando para o sur de Navarra. \u00c9 un dos monumentos m\u00e1is visitados, sen\u00f3n o que m\u00e1is, de Navarra, e ao chegar a el ent\u00e9ndese por que. O seu perfil, se aparcas o coche, coas s\u00faas torres de diferentes alturas, os seus volumes un tanto caprichosos, a s\u00faa construci\u00f3n exc\u00e9ntrica, os seus pin\u00e1culos e tellados en punta, xa te advirten de por que. \u00c9 un castelo ideal, un castelo de contos, de Disney, de pel\u00edculas. \u00c9 o castelo que a xente espera ver. Entre os visitantes, destacan o gran n\u00famero de familias con nenos pequenos, moito m\u00e1is que no resto dos destinos tur\u00edsticos de Navarra. Por que? Isto \u00e9 interesante. Os pais colaboran na idea de levar aos nenos a un castelo <em>ideal<\/em>, participan e axudan a alimentar (sen d\u00fabida de maneira inconsciente) nos fillos a idea de que o destino tur\u00edstico debe ser as\u00ed, que a Idade Media debe ser as\u00ed. Eles mesmos consideran que esa \u00e9 a visita interesante. <\/p>\n<p>Olite \u00e9 un orgullo navarro. Foi residencia de reis, e acadou un importante grao de sofisticaci\u00f3n na s\u00faa decoraci\u00f3n e, sobre todo no seu estilo de vida cortes\u00e1n a principios do s\u00e9culo XV, cando Carlos II o Noble convertiuno na s\u00faa sede oficial. Hab\u00eda ata un zool\u00f3xico no seu momento. Olite non \u00e9 exactamente un castelo con fins defensivos. En pequena escala, lembra moito \u00e1 idea de pazos coma o papal de Avi\u00f1\u00f3n, eses pazos que te\u00f1en forma de castelo malia ser basicamente residencias oficiais e espazos administrativos medievais. \u00c9 outra volta da tremenda influencia francesa da Navarra medieval, que n\u00f3s vemos por todas partes pero que nos sorprende que apenas estea destacada ou indicada na informaci\u00f3n tur\u00edstica e nos elementos explicativos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que cando cami\u00f1as polo castelo de Olite, que ben paga unha visita, dec\u00e1taste de que hai algo bastante raro aqu\u00ed. Non \u00e9 dif\u00edcil saber que pasa. O castelo foi abandonado trala conquista de Navarra en 1512, chegou ao s\u00e9culo XX destrozad\u00edsimo e a s\u00faa reconstruci\u00f3n, iniciada en 1937, responde aos est\u00e1ndares e \u00e1 mentalidade desa \u00e9poca. Nese sentido \u00e9 como a vila medieval de Carcassonne, en Occitania. Son en gran medida resultado de como a xente desa \u00e9poca v\u00eda e interpretaba a Idade Media. Curiosamente, moitos dos monumentos medievais m\u00e1is visitados en Europa son, en realidade, constructos do s\u00e9culo XX. Que esas agresivas intervenci\u00f3ns que convirten as vellas ru\u00ednas medievais en decorados de superproduci\u00f3ns en technicolor e libros ilustrados de contos de fadas te\u00f1an tanto \u00e9xito fainos pensar que en realidade non queremos visitar o pasado, sen\u00f3n os relatos do noso presente.  <\/p>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n a cuesti\u00f3n. A musealizaci\u00f3n do propio castelo non engana nunca ao indicar que a visita que estamos a ver ten tanto de como no s\u00e9culo XX se v\u00eda a Idade Media como da Idade Media en si mesma. Pero, se vos fixastes no par\u00e1grafo anterior, puxen unha data nada inocente: 1937. Si, ese foi o ano no que a Deputaci\u00f3n de Navarra iniciou a recuperaci\u00f3n de Olite (a\u00ednda que as obras comezaron no 40). A ningu\u00e9n se lle pode escapar que datas son esas. Ano 1937, ano 1940&#8230;obras cicl\u00f3peas de restauraci\u00f3n de ru\u00ednas na Guerra Civil e na primeira posguerra?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E esa \u00e9 a segunda historia de Olite. Durante a Guerra Civil e a posguerra, en Navarra iniciouse un vasto programa de recuperaci\u00f3n de patrimonio hist\u00f3rico que ti\u00f1a como obxectivos a recuperaci\u00f3n de sitios emblem\u00e1ticos da monarqu\u00eda e do reino de Navarra, como Olite ou Leire. Nos primeiros tempos de Franco? Pois si. Non entenderiamos esas acci\u00f3ns como vinculadas a alg\u00fan tipo de nacionalismo identitario oposto ao centralismo franquista? As cousas non son tan simples. E a\u00ed v\u00e9n o interesante, porque Olite fainos ver claramente moitas cousas do noso pasado inmediato, pero tam\u00e9n do presente. <\/p>\n<p>Olite perm\u00edtenos entender que non houbo unha Espa\u00f1a franquista e outra republicana, dividida de maneira literal polo mapa inicial do Alzamento durante 1936 e 1937. Na \u00e9poca na que os rexionalistas navarros consegu\u00edan financiamento e favor pol\u00edtico para recuperar certos monumentos hist\u00f3ricos vinculados ao seu reino, conquistado por Fernando o Cat\u00f3lico, en Galicia se produc\u00eda unha dur\u00edsima represi\u00f3n de todo o que significaba a cultura e a lingua do pa\u00eds. Ambos os dous territorios estaban baixo dominio de Franco, pero desde logo non eran o mesmo. Que Galicia estivera na retagarda do bando franquista non significaba que os franquistas percibisen o apoio que recibiron dos dereitistas navarros (lembremos que os requet\u00e9s combatiron contra o cinto de ferro de Bilbao, na fronte aragonesa&#8230;). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colite_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Restauraci\u00f3ns patrimoniais de gran custe econ\u00f3mico, no momento cruento da Guerra e na terrible posguerra, indican que hab\u00eda algo m\u00e1is que o interese art\u00edstico por parte do r\u00e9xime. Visibilizan os apoios, as decisi\u00f3ns, e o sistema de excepci\u00f3n fiscal que tanto beneficiou a Navarra, procedente de tempos anteriores, e que se mantivo coa Constituci\u00f3n de 1978, ese sistema de Facenda que contin\u00faa a debate nestes momento no Estado auton\u00f3mico. Son todas lecturas inc\u00f3modas e dif\u00edciles de manexar, de beneficios econ\u00f3micos, pol\u00edtica, divisi\u00f3n cultural. Pero de alg\u00fan xeito, non se entenden moitas cousas sen comprender estas tarefas de restauraci\u00f3n dun vello reino ib\u00e9rico, aparentemente cun discurso propio con respecto ao relato imperial da Espa\u00f1a de Franco, sen vir a velas. Cando se ven, cando se le un pouco, dec\u00e1taste -e iso \u00e9 o inquedante- en que non hai demasiada contradici\u00f3n entre este culturalismo navarrista dos anos 40 e 50 e o resto da pol\u00edtica do r\u00e9xime de Franco.<\/p>\n<p>Cando un visita Olite, pode crerse o conto de fadas que a arquitectura restaurada pretende representar, facerse unhas foti\u00f1os e dicir que cousa m\u00e1is bonita, ou pode admirar un magn\u00edfico exemplo de arquitectura baixomedieval e, ao mesmo tempo, comprender como esta enorme edificaci\u00f3n fala moito sobre n\u00f3s mesmos, mesmo sobre Galicia. Entender que os monumentos agochan m\u00faltiples lecturas, e que van m\u00e1is al\u00e1 do que as gu\u00edas de turismo din e comentan en plan amable. Explicar isto, por suposto, require numerosos matices e contextos que a brevidade dun post non permite abordar; o meu co\u00f1ecemento do mundo navarro \u00e9 tam\u00e9n escaso, as\u00ed que animo a todos a profundizar nestas cuesti\u00f3ns se son do voso interese e pido desculpas se apreciades que din trazos moi grosos. Pero eu considero moitas veces os posts, como sabedes, como &#8220;Cap\u00edtulos Cero&#8221; a partir dos que comezar a cami\u00f1ar.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre a relaci\u00f3n entre navarristas e franquismo, podedes consultar a estupenda tese de I\u00f1aki Iriarte: <em><a href=\"http:\/\/www.unavarra.es\/puresoc\/es\/t_iriarte.htm\">Saltus y Ager Vasconum. Cultura y pol\u00edtica en Navarra (1870-1960)<\/a><\/em>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este fermoso castelo real navarro fala tanto da Idade Media coma do noso mundo.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/02\/14\/olite-a-restauracion-do-presente\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Olite: a restauraci\u00f3n do presente<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31327,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,75,8],"tags":[],"class_list":["post-31322","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-navarra","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31322","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31322"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31322\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31338,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31322\/revisions\/31338"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31327"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31322"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31322"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31322"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}