{"id":31261,"date":"2018-01-28T19:08:32","date_gmt":"2018-01-28T17:08:32","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31261"},"modified":"2018-01-28T19:44:12","modified_gmt":"2018-01-28T17:44:12","slug":"britannia-o-relato-dun-outro-interior","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/28\/britannia-o-relato-dun-outro-interior\/","title":{"rendered":"Britannia, o relato dun Outro interior"},"content":{"rendered":"<p>Ac\u00e1base de estrear <em>Britannia<\/em>, unha serie producida por Sky que trata sobre a conquista romana de Britania iniciada no ano 43 d.C. a cargo do senador Aulo Placio por mandato do emperador Claudio. Aqu\u00ed podemos vela en HBO. O argumento central \u00e9 a conquista de Roma e as acci\u00f3ns militares precisas para levar a cabo; por\u00e9n, como en todas as series contempor\u00e1neas, o argumento est\u00e1 constru\u00eddo sobre unha serie de tramas e li\u00f1as mestras que se entrecruzan e garanten a continuidade e a prolongaci\u00f3n da historia. Deste xeito, as rivalidades entre os diferentes pobos britanos son importantes, feblezas que os romanos aproveitan; as relaci\u00f3ns familiares entre irm\u00e1ns e dem\u00e1is familia, e tam\u00e9n o gran conflito que subxace de fondo: un enfrontamento entre deuses e un poderoso demo. E xa non digo m\u00e1is para non facer espoilers.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"560\" height=\"315\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/oxeidL9j9N4\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; encrypted-media\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Partamos dunha base \u00e1 hora de escribir estas li\u00f1as. Britannia non \u00e9 un relato baseado fielmente na historia, nin ten por que selo. Si hai determinadas li\u00f1as xerais da trama que se corresponden co relato ofrecido polas fontes romanas \u00e1 hora de describir a conquista romana de Britannia: o medo supersticioso das lexi\u00f3ns a invadir a illa, a autoridade dos druidas e a s\u00faa influencia na hora de organizar a resistencia contra Roma, a estratexia romana de empregar a pol\u00edtica como ferramenta de combate ou as rivalidades entre os pobos britanos e as s\u00faas elites, as\u00ed como a s\u00faa relaci\u00f3n entre estas tribos e outras da Galia. Os guionistas foron quen de extraer algunhas ideas xerais do relato para aplicalas \u00e1 historia de ficci\u00f3n. Pero \u00e9 como <em>Star Wars<\/em>: moi posiblemente a s\u00faa idea do imperio estea baseada en imperios hist\u00f3ricos e, sen embargo&#8230;<\/p>\n<p>Sen embargo, se un se obstina en ver <em>Britannia<\/em> como relato hist\u00f3rico, pode acabar tir\u00e1ndose a un pozo. A recreaci\u00f3n das estancias reais do monarca Pellenor na capital do pobo dos cantii, en plan pazo rupestre tipo Conan <em>low cost<\/em> ou Moria sen-matarse-moito \u00e9 para deportar ao director a Siberia vestido de Man de Camelle, ou o uso das runas, ou esa relaci\u00f3n decimon\u00f3nica entre druidas, d\u00f3lmenes e sacrificios humanos. E a\u00ednda m\u00e1is: o comandante que escolleu o emprazamento do campamento romano merec\u00eda douscentos lategazos diante dos <em>principia<\/em> e o feito de que se rodara en Chequia, supo\u00f1o que para abaratar, sup\u00f3n que de s\u00fapeto aparece moita natureza&#8230;pero continental, non atl\u00e1ntica. Pero como digo, Britannia tampouco nos pretende persuadir de que \u00e9 real, \u00e9 outra cousa. O interesante e divertido, de feito, \u00e9 ir m\u00e1is al\u00e1, e buscar m\u00e1is ben de onde proceden esas visi\u00f3ns, representaci\u00f3ns culturais e simbolox\u00edas que falan sobre n\u00f3s mesmos. \u00c9 como ver <em>Xogo de Tronos<\/em> e especular con que o Muro de Xeo est\u00e1 constru\u00eddo a partir da idea do Muro de Hadriano, que d\u00e1 lugar a esa simbolox\u00eda de fronteiras entre civilizaci\u00f3n e barbarie, aos muros actuais que dividen os nortes dos sures&#8230;Nese sentido dos s\u00edmbolos e da construci\u00f3n de culturas e identidades, Britannia \u00e9 un potente artefacto cultural que pode ser comentado perfectamente desde unha perspectiva galega. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/folkhorror.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nThe Wicker Man, <em>gran representante do folk horror<\/em><\/p>\n<p>O primeiro detalle, especialmente interesante, \u00e9 a filiaci\u00f3n da serie. Os cr\u00edticos dos medios brit\u00e1nicos saben de quen ven sendo o produto: <em>Britannia<\/em> \u00e9 unha sorte de revival do x\u00e9nero co\u00f1ecido como <em>folk-horror<\/em>, nacido a finais dos 60 e que se desenvolveu ao longo dos 70, con abondos exemplos de filmes que &#8220;te\u00f1en unha asociaci\u00f3n rural e enxebre con antigas tradici\u00f3ns paganas, de bruxer\u00eda ou folclore europeo&#8221;, en definici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/folkhorrorrevival.com\/about\/from-the-forests-fields-and-furrows-an-introduction-by-andy-paciorek\/\">Andy Paciorek<\/a>. A m\u00edtica <em>The Wicker Man<\/em> \u00e9 unha eximia representante desta corrente. No caso de <em>Britannia<\/em>, o folk horror subst\u00e1nciase especialmente na figura dos druidas, no seu poder, no seu dominio escuro sobre a poboaci\u00f3n britana, no consumo continuo de substancias alucin\u00f3xenas e na escena do sacrificio do rei Pellenor, onde unha chea de bailar\u00edns estilo <em>Nova galega de danza<\/em> ax\u00edtanse con paroxismo mentres un moi setenteiro sol se pousa entre as pedras dun pseudoStonehenge. Por suposto, tam\u00e9n, na cantidade de cabezas cortadas da serie, que entronca perfectamente coa fascinaci\u00f3n pola decapitaci\u00f3n que vemos ultimamente nas series de ficci\u00f3n, se cadra inspirada nos espect\u00e1culos que nos ofrecen de balde os radicais isl\u00e1micos. Unha teor\u00eda interesante sobre o nacemento dese x\u00e9nero a finais dos 60 \u00e9 que \u00e9 unha reacci\u00f3n fronte ao fracaso da utop\u00eda hippy da volta \u00e1 terra. Tras a contracultura que propugnaba o retorno a ese campo nutricio, de s\u00fapeto o rural volv\u00eda a ser o territorio alleo e remoto, de escuras tradici\u00f3ns e individuos que prestan servizo a terribles forzas: un pouco como na literatura g\u00f3tica do s\u00e9culo XIX, pero pasado pola turmix da psicodelia e o \u00e1cido lis\u00e9rxico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/druids.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Druidas (gravado do XIX)<\/em><\/p>\n<p>Sen embargo, a espiral da historia nunca se reproduce no mesmo eixo de coordenadas. E o interesante de <em>Britannia<\/em> \u00e9 onde est\u00e1n as novas coordenadas. \u00c9 especialmente chamativa a evoluci\u00f3n da representaci\u00f3n do druida. Durante moito tempo, os druidas tiveron unha representaci\u00f3n moi convencional, procedente das representaci\u00f3ns rom\u00e1nticas do s\u00e9culo XIX. Era ese sacerdote m\u00edstico, venerable, coa s\u00faa pequena fouce para ir ata os carballos e o h\u00e1bito branco en significaci\u00f3n de pureza. Veran, o terrible druida de <em>Britannia<\/em>, \u00e9 todo o contrario.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/druida_chaman.jpg\" alt=\"null\" \/><br \/>\n<em>Xam\u00e1n asi\u00e1tico e Veran, o dru\u00edda de Britannia<\/em><\/p>\n<p>Escuro, suxo, encollido e flexible coma un <em>gollum<\/em>, est\u00e1 xa noutro plano de representaci\u00f3n. En realidade, Veran xa non procede da tradici\u00f3n do druida m\u00edstico, producido en sociedades moi cristi\u00e1s como un trasunto do sacerdote cat\u00f3lico ou protestante, un elemento de co\u00f1ecemento e civilizaci\u00f3n nunha sociedade que non era a romana, e unha figura que encaixaba co relato de C\u00e9sar. Os druidas de <em>Britannia<\/em> te\u00f1en m\u00e1is que ver coa representaci\u00f3n actual das sectas e, sobre todo, dos xam\u00e1ns. A s\u00faa figura, encorvado ao car\u00f3n dunha fogueira, \u00e9 perfectamente equiparable \u00e1 dun bruxo americano. De feito, aos &#8220;druidas contempor\u00e1neos&#8221;, a <a href=\"http:\/\/www.telegraph.co.uk\/tv\/0\/britannia-truth-druids-cannibalism-wicker-men\/\">representaci\u00f3n de Veron sentoulles como unha patada no c\u00fa<\/a>, xa que eles seguen a constru\u00edr a s\u00faa identidade a partir das imaxes do XIX. Todo un signo dos tempos con d\u00faas conexi\u00f3ns: a laicizaci\u00f3n da sociedade e a perda de referentes cristi\u00e1ns, por unha banda, e sobre todo, a globalizaci\u00f3n. Isto apr\u00e9ciase tam\u00e9n no rito de paso das adolescentes que se pode ver no primeiro cap\u00edtulo, no que intuimos que se lles fai unha corte con coitelo ao redor do embigo, e que ten toda a pinta de estar inspirado nas ablaci\u00f3ns africanas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/boudica.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Boudica representada en gravados do s\u00e9culo XVI (esquerda) e XIX (dereita)<\/em><\/p>\n<p>Sen embargo, hai outra representaci\u00f3n que non mudou, e iso \u00e9 ben interesante. \u00c9 a da ra\u00ed\u00f1a Kerra, ra\u00ed\u00f1a dos britanos fronte os romanos. Calquera que co\u00f1eza un pouco da historia da conquista de Britania poder\u00e1 identificar a fonte de inspiraci\u00f3n desta personaxe. Est\u00e1 en Boudica, a m\u00edtica ra\u00ed\u00f1a dos iceni que protagonizou unha seria rebeli\u00f3n contra Roma no ano 60 d.C. Foi &#8220;descuberta&#8221; nas fontes cl\u00e1sicas no s\u00e9culo XV e a partir dese momento a cultura brit\u00e1nica recreou constantemente a s\u00faa figura, en gran medida desde un punto de vista nacionalista. Te\u00f1en na estupenda tese de Samantha Freene-Hutchins unha estupenda <a href=\"https:\/\/ore.exeter.ac.uk\/repository\/bitstream\/handle\/10036\/88777\/Frenee-HutchinsS.pdf?sequence=2\">an\u00e1lise da Boudica recreada pola cultura<\/a>. Pero se ben aos dru\u00eddas lle fixeron un &#8220;re-styling&#8221; integral, a apariencia de Boudica permanece curiosamente inalterable durante cinco s\u00e9culos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/kerra.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cales son os motivos desta representaci\u00f3n inalterada de Boudicca? Aqu\u00ed vai a mi\u00f1a hip\u00f3tese: hoxe, os dru\u00eddas xa non son nada. Apenas un grupo de nost\u00e1lxicos recre\u00e1nos en Stonehenge ou noutros d\u00f3lmenes de acordo coas tradici\u00f3ns inventadas no XIX. Os dru\u00eddas poden ser calquera cousa nunha representaci\u00f3n actual, porque a relixi\u00f3n, na Gran Breta\u00f1a actual, pinta ben pouco. Por\u00e9n, a imaxe de Boudica non precisaba ser cambiada: encaixa coa fase actual de representaci\u00f3n da muller en numerosas series dos \u00faltimos cinco anos, onde numerosas tramas te\u00f1en que ver coa tensi\u00f3n entre a muller, o poder, a subordinaci\u00f3n, o empoderamento e o seu encaixe nas transformaci\u00f3ns da sociedade contempor\u00e1nea. O mito de Boudica, coa s\u00faa \u00e9tnica cabeleira rubia, \u00e9 un mito que enlaza cos imaxinarios actuais. E vela\u00ed que un vello imaxinario se volve plenamente actual.<\/p>\n<p>Pero hai m\u00e1is cousas, e iso foi o que me interesou de <em>Britannia<\/em>. Hai numerosos paralelismos entre estes imaxinarios brit\u00e1nicos e os nosos en relaci\u00f3n \u00e1 conquista romana, pero tam\u00e9n cousas que a separan. Por exemplo, \u00e9 interesante que o x\u00e9nero <em>folk-horror<\/em> apenas est\u00e1 ensaiado en Galicia (<em>Lobos de Arga<\/em>? <em>O ap\u00f3stolo<\/em>? <em>A matanza can\u00edbal dos garrulos lis\u00e9rxicos<\/em>?, no sentido de &#8220;culto local secreto&#8221; <em>Cabana de Balieiros<\/em>?). Isto \u00e9 as\u00ed porque a nosa relaci\u00f3n co rural \u00e9 distinta que no Reino Unido. A un creador cultural do noso pa\u00eds custar\u00edalle moito escribir sobre labregos can\u00edbales, rituais misteriosos, etc. A\u00ednda que a nosa narrativa \u00e9 esencialmente urbana (a pesar do t\u00f3pico), a escrita en galego bebe da construci\u00f3n da identidade a partir do mundo rural que dese\u00f1aron os intelectuais da xeraci\u00f3n N\u00f3s e, polo tanto, dunha certa sacralizaci\u00f3n do agro como aut\u00e9ntica esencia do pa\u00eds.<\/p>\n<p>A imaxe da conquista romana de Gallaecia foi revestida tam\u00e9n con frecuencia do mito da fin do mundo e, por conseguinte, dunha terra extrema, m\u00e1xica e chea de perigos sobrenaturais. O episodio do paso do r\u00edo do Esquecemento por D\u00e9cimo Xu\u00f1o Bruto e a s\u00faa abundante recreaci\u00f3n posterior \u00e9 un estupendo exemplo de como, ao igual que nas Illas Brit\u00e1nicas, nas recreaci\u00f3ns da conquista aparece sempre este compo\u00f1ente m\u00e1xico que incl\u00fae, por unha banda, o temor dos romanos \u00e1 terra inc\u00f3gnita e, pola outra, a existencia de maxia, de rituais, de misterioros rituais pola outra. Este relato ten moito de propaganda, por suposto: moralmente non \u00e9 o mismo dicir que se invade unha terra m\u00e1xica e misteriosa que un territorio normal no que vive xentes normais, que cultivan tranquilamente os campos e van de festa ou fan a guerra entre eles de cando en vez. Sit\u00faa o plano da guerra nun territorio simb\u00f3lico que \u00e9 un bo leito para as xustificaci\u00f3ns t\u00e9cnicas do conflito (e os romanos sempre estaban moi preocupados por dese\u00f1ar unha xustificaci\u00f3n do conflito que soase xusta antes de comezar a repartir). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/britannia_folk.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este relato acaba por crear un Outro interior, un pobo alleo a n\u00f3s mesmos malia vivirmos no mesmo lugar e compartir o h\u00e1bitat con eles. V\u00e9n sendo, de alg\u00fan xeito, como aqueles extraterrestres pantasmais das <em>Cr\u00f3nicas marcianas<\/em> de Ray Bradbury, inaprensibles, pr\u00f3ximos e alleos ao tempo. Que hoxe en d\u00eda os dru\u00eddas de Britannia sigan asociados aos monumentos megal\u00edticos incide no mesmo: na fin do mundo non existen &#8220;\u00e9pocas&#8221;, todo pertence ao mesmo Tempo, un tempo inalterable, case eterno, adimensional, en contraposici\u00f3n ao tempo dos Imperios, mutable e transformador. <\/p>\n<p>Por \u00faltimo, un detalle. Ese relato da fin de mundo \u00e9 poderoso, trascendeu o propio Imperio e chega ata hoxe, permitindo observar, no Reino Unido e aqu\u00ed en Galicia, o conflito desde unha perpectiva c\u00f3moda e de alleamento, m\u00e1is pr\u00f3xima ao fant\u00e1stico que ao real. Sen embargo, nese relato da fin do mundo, da periferia, ag\u00e1chanse tam\u00e9n m\u00e1is cousas moldeadas ao longo da Historia, e que te\u00f1en que ver coa percepci\u00f3n da posici\u00f3n no territorio. E aqu\u00ed hai algo interesante, porque Galicia e Gran Breta\u00f1a comparten ese mesmo relato malia teren pasados ben distintos: o do Reino Unido, un pasado de hexemon\u00eda mundial e o galego&#8230;pois non. Pero se en Galicia a fin da terra e o aillamento interpr\u00e9tase por moitos como a xustificaci\u00f3n da nosa situaci\u00f3n e o noso devir, en Gran Breta\u00f1a ese aillamento de Roma pode ser, polo contrario, unha idea que encaixa ben co sentido de singularidade da illa que acaba levando a cousas coma o Brexit. As\u00ed que, outra vez, o mesmo relato m\u00edtico pode dar servizo a d\u00faas ideolox\u00edas ben distintas. <\/p>\n<p>Xa para rematar, resultoume do m\u00e1is intrigante o cartel dixital que emprega HBO para promocionar a serie. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Trainspotting_britannia.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Porque cando o vin, lembroume inmediatamente este: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/Trainspotting.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O cal nos fala, unha vez de novo, dun fen\u00f3meno cada vez m\u00e1is habitual das series de inspiraci\u00f3n hist\u00f3rica: a confluencia sen prexu\u00edzos con elementos est\u00e9ticos ou art\u00edsticos dun audiovisual de contidos contempor\u00e1neos. Pensen na excelente banda sonora de <em>Peaky Blinders<\/em>, por exemplo. Ese medo que exist\u00eda antes a mesturar \u00e9pocas perdeuse, se cadra porque xa  os propios directores son conscientes de que as series sobre o pasado, realmente falan do presente. <em>It&#8217;s entertainment<\/em>!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta serie sobre a conquista romana de Britania fala moito&#8230;de n\u00f3s mesmos<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/28\/britannia-o-relato-dun-outro-interior\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Britannia, o relato dun Outro interior<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31271,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-31261","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31261","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31261"}],"version-history":[{"count":23,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31261\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31293,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31261\/revisions\/31293"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31271"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}