{"id":31242,"date":"2018-01-24T09:48:10","date_gmt":"2018-01-24T07:48:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31242"},"modified":"2018-01-29T20:52:30","modified_gmt":"2018-01-29T18:52:30","slug":"mantaras-ali-onde-se-cruzan-os-mortos-e-o-sol","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/24\/mantaras-ali-onde-se-cruzan-os-mortos-e-o-sol\/","title":{"rendered":"M\u00e1ntaras: Al\u00ed onde se cruzan os mortos e o sol"},"content":{"rendered":"<p><em>A pedrafita de M\u00e1ntaras con tres t\u00famulos ao fondo. Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>No l\u00edmite entre os concellos de Paderne e Irixoa at\u00f3pase un lugar ben singular: a ermida de San Cosme de M\u00e1ntaras e a necr\u00f3pole tumular de Santo Ant\u00f3n. En si mesma, que unha necr\u00f3pole tumular estea nunha fronteira actual non \u00e9 singular, nin tampouco que as m\u00e1moas estean todas concentradas nunha antiga zona de fronteira e de paso; tampouco o \u00e9 que sobre ese cemiterio varias veces milenario se fundara s\u00e9culos despois unha capela. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O que se cadra fai excepcional este lugar son d\u00faas cousas: en primeiro lugar, a pedrafita que se conserva no medio do campo tumular, identificada hai poucos anos por dous incansables do megalitismo do norte de Galicia, \u00c1ngel G. Mart\u00ednez (Papigil) e Moncho Boga, e que publicaron no artigo \u201cA pedrafita-menhir de San Cosme de M\u00e1ntaras\u201d no <em>Anuario Fol de Veleno<\/em> n\u00famero 5 da SAGA (<a href=\"http:\/\/dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es\/2015\/04\/pedrafita-menhir-de-mantaras-irixoa.html\">aqu\u00ed tedes m\u00e1is informaci\u00f3n<\/a>). Como unha met\u00e1fora do patrimonio do pa\u00eds, quen se achegue hoxe \u00e1 pedrafita poder\u00e1 ver, para a s\u00faa sorpresa, como est\u00e1 &#8220;apresada&#8221; entre arames dunha divisi\u00f3n de parcelas dunha explotaci\u00f3n gandeira, como se se atopara presa ou torturada. Funciona como elemento divisor das parcelas dunha explotaci\u00f3n gandeira. <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/98525\/2018\/01\/pedrafita-de-mantaras\/\">Aqu\u00ed podes ver a ficha que lle fixen en patrimoniogalego.net<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>M\u00e1moas de M\u00e1ntaras en modo &#8220;escritorio de Windows&#8221;<\/em><\/p>\n<p>Pero o que ao meu xu\u00edzo convirte este sitio nun lugar moi singular se atopa, precisamente, no gando. Non \u00e9 tan frecuente poder ver en Galicia unha necr\u00f3pole tumular megal\u00edtica na que as m\u00e1moas estean perfectamente limpas, nun monte suave de lombas verdes. Os t\u00famulos megal\u00edticos do pa\u00eds at\u00f3panse nun estado absolutamente lamentable. Cando se consigue que non os destr\u00faan, pasan a converterse en illas de toxeira e xestas, ou outeiros eucal\u00edpticos. O seu sentido orixinal, primixenio de fitos no terreo, de monumentos que saen da terra como anacos de memoria humana, desaparece. Pero en M\u00e1ntaras, ao integrarse no medio da explotaci\u00f3n, as m\u00e1moas volven xurdir dunha maneira sorprendente, e de s\u00fapeto at\u00f3paste nun prodixioso monumento a gran escala do noso pasado. Coido que foi Felipe Criado quen falou de que o megalitismo era a primeira arquitectura monumental do pa\u00eds. Ben, en poucos sitios se pode apreciar, esa linguaxe construtiva pode ser perceptible por uns ollos especializados, pero aqu\u00ed si. Lembroume moito a alg\u00fans campos tumulares de Irlanda, por exemplo, cheos de ovellas que tam\u00e9n contrib\u00faen a preservar a maxia do espazo.<\/p>\n<p>O cal demostra unha cousa. Como \u00e1s persoas, \u00e1s m\u00e1moas s\u00e9ntalles mal o esquecemento. Demostra que \u00e9 compatible, e mesmo positivo, a explotaci\u00f3n do monte al\u00ed onde hai recursos arqueol\u00f3xicos coma estes. Que mesmo a explotaci\u00f3n econ\u00f3mica dese monte, con pr\u00e1cticas respectuosas, acaba realzando os propios monumentos. Non direi que as m\u00e1moas de M\u00e1ntaras est\u00e1n nun \u00f3ptimo estado, porque non o est\u00e1n. A que se atopa xusto enriba da pedrafita, por exemplo, at\u00f3pase moi destrozada pola acci\u00f3n dos animais que andan por riba dela. Como cambiar\u00eda a nosa percepci\u00f3n das m\u00e1moas cos montes limpos e aproveitados!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Non vos perdades o porqui\u00f1o de Santo Ant\u00f3n, comendo tranquilamente aos p\u00e9s das figuras.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mantaras_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O segundo factor singular \u00e9 a existencia da fermosa capela rom\u00e1nica de M\u00e1ntaras no medio e medio das m\u00e1moas, como podes ver nesta foto na que o mont\u00edculo que ves en primeiro plano \u00e9 un t\u00famulo megal\u00edtico. Fainos pensar ao redor de por que uns homes, miles de anos despois de outros, escolleron o mesmo lugar para asentar un espazo sagrado. Cando se escolleu o emprazamento da ermida, hai centos de anos, que percepci\u00f3n exist\u00eda daquel campo tumular, que ti\u00f1a que ser nesa \u00e9poca a\u00ednda m\u00e1is visible e monumental? En que medida influir\u00f3n estas vellas tumbas na idea de constru\u00edr a capela no medio delas? Como eran os relatos que daban lugar a esa decisi\u00f3n? Pod\u00e9monos quedar na idea reduccionista da &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221; dun espazo pag\u00e1n, e listo? Ou a relaci\u00f3n entre os cultos cristi\u00e1ns e a memoria antiga do lugar ser\u00eda m\u00e1is rica, m\u00e1is interactiva, m\u00e1is complexa?<\/p>\n<p>Papigil descubriu que a pedrafita ti\u00f1a unha curiosa orientaci\u00f3n cara o solsticio de inverno, que podes ver neste v\u00eddeo. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"560\" height=\"315\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/XiP0SsS3wLY?rel=0\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; encrypted-media\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Haber\u00eda que ver se esa \u00e9 a localizaci\u00f3n orixinal da pedra. Vin que ti\u00f1a cemento na base para asentala mellor, o cal revela alg\u00fan tipo de intervenci\u00f3n moderna sobre a pedrafita. Pero de existir esa ali\u00f1aci\u00f3n co solsticio, ese feito deb\u00eda ser ben co\u00f1ecido tam\u00e9n polas comunidades agr\u00edcolas que viviron ao longo da Historia nas aldeas pr\u00f3ximas. Iso deb\u00eda a\u00ednda revestir de m\u00e1is valor este lugar no que a paisaxe v\u00f3lvese ancestral, fermosa, intrincada: aqu\u00ed e al\u00e1, os mortos antigos do mundo cr\u00fazanse cos astros que aparecen polo horizonte, demostrando que a vida \u00e9 un ciclo eterno. E vela\u00ed est\u00e1 a pedrafita de M\u00e1ntaras para cont\u00e1rnolo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un impresionante campo de m\u00e1moas en Irixoa, con pedrafita e capela rom\u00e1nica inclu\u00eddas<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/24\/mantaras-ali-onde-se-cruzan-os-mortos-e-o-sol\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">M\u00e1ntaras: Al\u00ed onde se cruzan os mortos e o sol<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31249,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-31242","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31242","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31242"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31242\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31294,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31242\/revisions\/31294"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31249"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31242"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31242"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31242"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}