{"id":31220,"date":"2018-01-21T12:14:17","date_gmt":"2018-01-21T10:14:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31220"},"modified":"2018-01-21T13:32:15","modified_gmt":"2018-01-21T11:32:15","slug":"leyre-sobre-a-bretema-do-solpor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/21\/leyre-sobre-a-bretema-do-solpor\/","title":{"rendered":"Leyre sobre a br\u00e9tema do solpor"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_0.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Chegamos ao mosteiro de Leyre atravesando nos montes unha br\u00e9tema espesa que imped\u00eda ver o brillo tard\u00edo do pantano de Yesa aos p\u00e9s do monte, pero semellaba levarnos a trav\u00e9s do tempo ata un lugar moi singular, que se mant\u00e9n de alg\u00fan xeito como berce de Navarra. Al\u00ed, nese mosteiro na monta\u00f1a, repousan moitos dos primeiros reis navarros; al\u00ed aprenderon, organizaron cortes, retir\u00e1ronse do mundanal mundo. <\/p>\n<p>O mosteiro foi abandonado e saqueado durante a restauraci\u00f3n e parte das pedras m\u00e1is vellas desapareceron; as arquetas que gardaban os \u00f3sos dos reis navarros ficaron, literalmente, estrados polo chan da igrexa. Pero a comunidade de monxes bieitos que viven nela preserva, de alg\u00fan xeito, ese legado inmemorial, como logo vos contarei.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estamos ante un lugar moi especial, no que todo parece concebido ao redor de sentidos simb\u00f3licos marabillosos; moitos deles parece que se nos escapan entre as xemas dos dedos. Na recepci\u00f3n danche unha gran chave para que te adentres pola t\u00faa conta no mosteiro &#8220;iso si, vaian pechando as portas cando entren os sitios&#8221;. E esa chave perm\u00edteche abrir unha das marabillas de Leyre, unha prodixiosa cripta rom\u00e1nica do s\u00e9culo XI. Vela\u00ed est\u00e1, coma un bosque de columnas enigm\u00e1tico a partir do que un se move con certo respecto; observa eses arcos rotundos que soste\u00f1en a estrutura da \u00e1bsida da igrexa al\u00ed arriba. Nunca ningu\u00e9n se soterrou nesta cripta, pero custa crer que s\u00f3 responda \u00e1s necesidades funcionais de salvar o desnivel da igrexa. Hai algo m\u00e1is, que non deixa de ser curioso. Esta cripta levantouse durante a reconstruci\u00f3n da igrexa, trala destruci\u00f3n provocada por Almanzor. Pero nesta estrutura, tan rom\u00e1ntica e misteriosa, al\u00e9n do cristi\u00e1n, hai certo aire musulm\u00e1n, a mezquita; como se as cinzas tiveran tra\u00eddo de C\u00f3rdoba imaxes de bosques de columnas e arcos de perspectivas e volumes. <\/p>\n<p>Logo sabes dos v\u00ednculos familiares dos reis de Navarra cos musulm\u00e1ns, moitos deles non demasiado mencionados, e imaxino por que. Por exemplo, que o rei Fort\u00fan Garc\u00e9s, que morreu no ano 922, foi bisav\u00f3 do califa Abderraman III de C\u00f3rdoba. Fort\u00fan Garc\u00e9s retirouse a Leyre. Aqu\u00ed soterrado, ao meu ver, entre todo este envoltorio rom\u00e1nico e cristi\u00e1n, se cadra haxa algo da arquitectura espiritual musulmana. Manda truco. <\/p>\n<p>Outra cousa sorprendente \u00e9 a abundancia de conexi\u00f3ns incidentais entre Leyre e Galicia. Se o mosteiro comparte coa catedral compostel\u00e1 a dubidosa honra de ser arrasada por Almanzor, este cenobio navarro comparte con Armenteira un abade ext\u00e1tico. O noso San Ero ch\u00e1mase aqu\u00ed San Virila, un abade ao que se lle foi o santo ao ceo (nunca mellor dito) escoitando a un reise\u00f1or; por suposto, cando volveu ao mosteiro, non o co\u00f1ec\u00eda nin o porteiro. Se cadra sexa verdade, como vimos na igrexa de Gaceo con San Marti\u00f1o de Tours e Santa Mari\u00f1a, que o Cami\u00f1o de Santiago \u00e9 tam\u00e9n un cami\u00f1o de historias. A seguinte conexi\u00f3n temos oportunidade de observala case como un miragro. <\/p>\n<p>A espesa br\u00e9tema abriuse lentamente conforme o sol comezaba a po\u00f1erse no horizonte. Pero aquela luz forte, tamizada pola n\u00e9boa, convert\u00eda o bosque nun lugar irreal. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Do lado oposto da cripta est\u00e1 a gran entrada da igrexa, a Porta Speciosa. A esas alturas de primeiros de xaneiro, a Porta Speciosa, un aut\u00e9ntico prodixio rom\u00e1nico, recib\u00eda esta luz irreal e marabillosa, que alteraba os volumes das formas relixiosas como se viviramos nunha sorte de sortilexio de San Ero ou de San Virila. Observade a luz do sol pegando, nese solpor m\u00e1xico, xusto no centro do t\u00edmpano. Vela\u00ed a nosa vella arquitectura sagrada dialogando co Universo. Desde o meu ate\u00edsmo, reco\u00f1ezo que me emocionei, na soedade daquela monta\u00f1a, emerxidos no medio dun mar branco, l\u00e1cteo e vaporoso. Poucas veces te\u00f1o apreciado un rom\u00e1nico tan fermoso que aquel, dialogando cos elementos. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed estaba o terceiro v\u00ednculo con Compostela. Observade toda esta portada. Non observades algo raro? \u00c9 a portada de Prater\u00edas da nosa catedral. O mesmo xeito, a mesma disposici\u00f3n, o mesmo caos dif\u00edcil de descifrar de s\u00edmbolos e formas. O mestre Estevo, o mesmo que traballou en Plater\u00edas, estivo creando esta fermosura p\u00e9trea. E vela\u00ed reco\u00f1ecemos a estilizaci\u00f3n de moitas figuras, vela\u00ed est\u00e1 o estilo do noso rei David, se cadra menos perfeccionado, nesta fachada de Leyre; por un instante, aqueles m\u00fasicos parecen tocar e cantar despedindo o d\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leire_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero non son eles, non. No interior da igrexa, van comezar as v\u00edsperas \u00e1s sete da tarde. E aqu\u00ed se produce un feito excepcional. \u00c1brese unha porta, e a comunidade de monxes bieitos, aqueles homes vestidos de negro, tapados con capuchas, saen da clausura e vanse axeonllado cansinamente diante daquel altar, e sentan no coro, e case sen vernos, comezan a cantar vellos salmos gregorianos. Todo se sucede con rapidez, sen tregua; o que un pensa que parece rezo repousado, non o \u00e9. Aos poucos comezas a asimilar aquela melod\u00eda repetitiva, que \u00e1 final \u00e9 coma unha sorte de linguaxe na que sabes como se debe comezar, como rematar, como se debe enganchar a melod\u00eda ao principio. <\/p>\n<p>Unhas instruci\u00f3ns que os monxes deixan sobre o banco indican, basicamente, que non te ve\u00f1as arriba e que mante\u00f1as a t\u00faa voz baixa, case susurrante, para non interromper as t\u00faas voces con sa\u00eddas de ton (literais) espont\u00e1neas. En teor\u00eda estamos todos rezando aqu\u00ed, perdidos na monta\u00f1a, de noite, pola salvaci\u00f3n do mundo enteiro. Pero a lectura dos salmos que estes monxes cantan, do Vello Testamento, prov\u00f3canme unha sensaci\u00f3n inc\u00f3moda e abraiante. Porque nos salmos que pregan a Deus, estes bos monxes pr\u00e9ganlles que aniquilen os seus inimigos, que os maten sen clemencia, que rematen con inimigos da fe e aqueles que pensan distinto, que te protexa Deus polo simple feito de crer nel, que como un treb\u00f3n, El-Se\u00f1or destr\u00faa con sufrimento e borre da faz do planeta sen piedade nin remisi\u00f3n a todos aqueles que pretenderan atacarme. Sempre en primeira persoa, por certo; no d\u00eda que estiven eu, non escoitei nin unha soa pregaria polo colectivo. <\/p>\n<p>Miro ao redor aos poucos que est\u00e1n por aqu\u00ed cantando, moitos deles extasiados coa m\u00edstica espiritual destes monxes pac\u00edficos retirados do mundanal ru\u00eddo, turistas convencidos da santidade \u00faltima destes doctos homes que escolleron retirarse do mundo; se cadra non estean a ler a traduci\u00f3n dos salmos, ou non sexan conscientes realmente -ou, m\u00e1is ben, non queren selo- do que os salmos est\u00e1n a dicir. E de s\u00fapeto, situaci\u00f3n c\u00f3mica, v\u00e9xome aqu\u00ed, no medio desta distante monta\u00f1a, con esta comunidade de var\u00f3ns solitarios, pregando pola destrucci\u00f3n de todos aqueles que pensan distinto de min, implorando a un Deus que castiga sen remisi\u00f3n calquera falta moral, e af\u00edrmome no que penso das relixi\u00f3ns, por m\u00e1is que o cine, a televisi\u00f3n e moitos medios contempor\u00e1neos te\u00f1an fabricado sobre a paz espiritual dos mosteiros como refuxio espiritual nesta \u00e9poca de materialismo bla bla bla. <\/p>\n<p>Son un gran amador dos mosteiros, inter\u00e9same moito a construci\u00f3n espiritual da mitolox\u00eda cristi\u00e1, pero saio da mi\u00f1a primeira experiencia escoitando canto gregoriano tan abraiado como divertido. Obviamente, nestes cantos hai un peso importante da tradici\u00f3n, pero o canto, para o monxe, \u00e9 unha plegaria. E a plegaria, a\u00ednda que estea cantada nun fermoso lat\u00edn, \u00e9 ben clara: <em>fuck off, enemies!<\/em>. <\/p>\n<p>Marchamos de Leyre abraiados, impresionados e, dig\u00e1molo as\u00ed, un tanto divertidos. Aprendimos ben de cousas neste coraz\u00f3n espiritual dun reino. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cantos gregorianos e ecos de Compostela no coraz\u00f3n de Navarra<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/21\/leyre-sobre-a-bretema-do-solpor\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Leyre sobre a br\u00e9tema do solpor<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31222,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[75,8],"tags":[],"class_list":["post-31220","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-navarra","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31220","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31220"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31220\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31239,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31220\/revisions\/31239"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31222"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31220"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31220"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31220"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}