{"id":31212,"date":"2018-01-18T22:39:46","date_gmt":"2018-01-18T20:39:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31212"},"modified":"2018-01-18T22:41:09","modified_gmt":"2018-01-18T20:41:09","slug":"onde-a-auga-lana-a-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/18\/onde-a-auga-lana-a-terra\/","title":{"rendered":"Onde a auga la\u00f1a a terra"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Reco\u00f1ezo que moitos dos destinos que m\u00e1is me gusta visitar son aqueles que non s\u00f3 me fan viaxar no espazo, sen\u00f3n tam\u00e9n no tempo, a\u00ednda que ese tempo non necesariamente te\u00f1a que ser un tempo <em>humano<\/em>. Conforme pasan os anos, a xeolox\u00eda, a idade da Terra como planeta, a escala do Planeta e as transformaci\u00f3ns que provoca na cortiza do planeta inter\u00e9sanme m\u00e1is. E cando un visita as foces navarras, xurdidas a partir dun traballo paciente das augas e dos ventos, x\u00fantase outro factor m\u00e1is: a sensaci\u00f3n de mundos recollidos, mundos ausentes e aut\u00f3nomos, no que o home participa de maneira accesoria. Iso \u00e9 ben dif\u00edcil de atopar en Europa, onde ata o Mont Blanc ten moito de humano. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_lumbier_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_lumbier_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_lumbier_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_lumbier_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foz de Lumbier<\/em><\/p>\n<p>As Foces tam\u00e9n, por suposto, pero debido \u00e1 s\u00faa natureza de can\u00f3ns profundos do r\u00edo, \u00e1 s\u00faa inutilidade agr\u00edcola, ficaron como refuxios, como territorios nos que a natureza foi molde\u00e1ndose de maneira aut\u00f3noma, en gran medida. Son xoias da natureza de Navarra. E hai circunstancias que crean este particular mundo de enso\u00f1o. As simas, as covas, profundas ou non, que se abren ao baleiro. Os voitres, tan ex\u00f3ticos para os galegos, que nos vix\u00edan como paxarracos enormes, aparecen desas covas, cadanseu en cadans\u00faa. E un ten a tentaci\u00f3n de gabear e subir para ver que hai a\u00ed dentro, a\u00ednda que non haxa nada m\u00e1is que un oco que se mete un par de cuartas na parede vertical. E non ser\u00e1s o primeiro, porque aqu\u00ed e al\u00e1 m\u00ednimos sendeiros inducen a pensar que outros antes que ti foron gaber a molestar a estes paxaros milenarios que levaban as \u00e1nimas das xentes destes lugares. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_arbayun_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foz_arbayun_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foz de Arbay\u00fan<\/em><\/p>\n<p>Hai d\u00faas foces moi visitadas, a de Lumbier, a m\u00e1is familiar, na que o cami\u00f1o discorre pola antiga v\u00eda do tren (e os seus t\u00faneles). E logo est\u00e1 a m\u00e1is maxestuosa, a imprescindible, que \u00e9 a Foz de Arbay\u00fan. Un mirador pendurado sobre a nada am\u00f3sate unha vista maxestuosa, un territorio xa moito m\u00e1is inaccesible, na que se cadra apenas durante un quil\u00f3metro ou dous fende, ou la\u00f1a, a terra para refuxiar no seu interior secretos da natureza. Arbay\u00fan provoca esa estra\u00f1a sensaci\u00f3n que \u00e1s veces pasa nas viaxes: cando chegas a un lugar que te entra por todos os sitios, e pensas: &#8220;xa vin o que hai que ver&#8221;. E o resto pode ser un complemento, delicioso e divertido, si, pero sabes que ese lugar, ese can\u00f3n con aqueles enormes paxaros suspendidos entre a br\u00e9tema, \u00e9 que seguro que queda para sempre na t\u00faa alma. <\/p>\n<p>E non fun o \u00fanico. Enfronte da foz de Lumbier, cunha vista marabillosa dese corte \u00e1 terra que fai o r\u00edo, est\u00e1 a vila romana de Li\u00e9dena. Un establecemento dedicado ao vi\u00f1o, que a\u00ednda hoxe en d\u00eda ten un enorme vi\u00f1edo aos seus p\u00e9s al\u00ed onde deb\u00edan estar as cepas romanas. A vila est\u00e1 xusto diante do desfiladeiro, nunha vista para abraiar. Nos paneis din que iso \u00e9 casual e responde unicamente a necesidades agropecuarias desta residencia, porque &#8220;as fiestras miraban para dentro&#8221;. A min p\u00e1same coma con outras vilas romanas, ou termas nalgunhas cidades romanas da pen\u00ednsula. Miran para lugares fermosos. N\u00e9gome a crer que a\u00ed non haxa unha experiencia da paisaxe, co significado que lle puideramos dar a esa idea de paisaxe no mundo antigo. Li\u00e9dena tam\u00e9n \u00e9 un fermoso lugar para visitar, con ese misterioso patio inicial rodeado de estancias todas similares, sobre o que hai diferentes hip\u00f3teses. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha visita \u00e1s foces navarras de Lumbier e Arbay\u00fan<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/18\/onde-a-auga-lana-a-terra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Onde a auga la\u00f1a a terra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31213,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[75,8],"tags":[76],"class_list":["post-31212","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-navarra","category-roteiros","tag-navarra","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31212","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31212"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31212\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31219,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31212\/revisions\/31219"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31213"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31212"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31212"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31212"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}