{"id":31154,"date":"2018-01-12T22:56:09","date_gmt":"2018-01-12T20:56:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31154"},"modified":"2018-01-12T22:56:36","modified_gmt":"2018-01-12T20:56:36","slug":"xoias-medievais-da-llanada-alavesa-de-gaceo-a-alaitza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/12\/xoias-medievais-da-llanada-alavesa-de-gaceo-a-alaitza\/","title":{"rendered":"Xoias medievais da Llanada Alavesa: de Gaceo a Alaitza"},"content":{"rendered":"<p>Na Llanada de \u00c1lava, no concello de Salvatierra-Agurain, percorremos un itinerario autenticamente singular, algo digno de ver, de visitar e desviarse ata o lugar. Tres igrexi\u00f1as de pequenas aldeas que agachan no seu interior tesouros agachados por s\u00e9culos: frescos repletos de narrativas mitol\u00f3xicas \u00e1s veces intrigantes e misteriosos, que te atrapan e engaiolan. As igrexi\u00f1as s\u00f3 se poden visitar a trav\u00e9s de visitas guiadas que abren os templos e explican as s\u00faas claves. Ao final do post tes informaci\u00f3n pr\u00e1ctica para poder visitalas. <\/p>\n<p>Convid\u00e1mosvos a dar un paseo connosco por unha escolma destas igrexas. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, falamos de Gaceo. Aqu\u00ed a marabilla oculta baixo un retablo barroco era unha sorprendente colecci\u00f3n de pinturas g\u00f3ticas que representan o xu\u00edzo final e a resurrecci\u00f3n de Cristo. Obra dun coidado pintor, as pinturas g\u00f3ticas son fermos\u00edsimas, cheas de simbolox\u00eda e nas que sobrancean miles de detalles. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nMirade a Xudas roubando un peixe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A igrexa de Gaceo est\u00e1 dedicada a San Marti\u00f1o. Curiosamente, Ander, o gu\u00eda, coment\u00e1banos de que en moitas igrexas do Cami\u00f1o de Santiago, como esta, aparece San Marti\u00f1o de Tours e&#8230;Santa Mari\u00f1a, que \u00e9 a que vedes aqu\u00ed arriba. Esta Santa Mari\u00f1a ten unha iconograf\u00eda singular, agarrando a este monstro con cadea de ferro. Tedes algunha idea de por que?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gaceo_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nEste Leviat\u00e1n da dereita \u00e9 absolutamente espectacular. <\/p>\n<p>A seguinte igrexa que podemos ver \u00e9 Santa Mar\u00eda de la Asunci\u00f3n, en Alaitza. Unha igrexa do s\u00e9culo XIII que, no seu exterior, non fai pensar para nada no que te vas atopar dentro. Levo m\u00e1is dunha semana impactado por estas imaxes e a\u00ednda non mas dou quitado da cabeza. Sobre elas t\u00e9\u00f1ense escrito r\u00edos de tinta e todo tipo de interpretaci\u00f3ns, xa que o primeiro que c\u00f3mpre dicir \u00e9 que non son, para nada, o tipo de pinturas que se poden ver na \u00e1bsida dunha igrexa. Aqu\u00ed hai violencia, escenas de morte, un mundo que para nada \u00e9 o divino, sen\u00f3n que parece moi, moi humano, a\u00ednda que con estra\u00f1os tintes mitol\u00f3xicos que fan voar a imaxinaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Alg\u00fans te\u00f1en dito que representaban imaxes templarias (unha barbaridade), e outra teor\u00eda que frutificou bastante foi a de que se tratar\u00eda de pinturas feitas por soldados ingleses de cando o Pr\u00edncipe Negro, Eduardo de Woodstock (si, aquel que ocupou Galicia e foi coroado rei en Compostela) andivo por aqu\u00ed. Como ben nos explicou Ander Gondra, de \u00c1lava Medieval, estas non son pinturas feitas nun momento por un soldado aburrido. \u00c9 un traballo complexo, que require infraestrutura, preparaci\u00f3n das superficies. Est\u00e1 claro que quen o fixo quer\u00eda contar esta historia, esta fascinante e misteriosa historia, como parte do proceso de construci\u00f3n da igrexa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O programa de representaci\u00f3ns est\u00e1 presidido polo ataque a esta mota medieval. A escena lembra inmediatamente ao ataque ao castelo bret\u00f3n de Nantes no tapiz de Bayeux. Un conxunto de guerreiros a p\u00e9 e a cabalo (hai dous que destacan sobre os dem\u00e1is) atacan o castelo, no que os combatentes empregan diferentes tipos de armas e mesmo potas de auga fervendo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podemos ver unha sorte de procesi\u00f3n de mulleres axeonlladas (coma no Corpi\u00f1o ou noutros santuarios) que cami\u00f1an levando ofrendas animais e vexetais cara un edificio que poder\u00eda ser unha ermida, pero non est\u00e1 claro, xa que non ten a simbolox\u00eda doutras d\u00faas igrexas que aparecen noutras partes do fresco. E mirade arriba, esa estra\u00f1a \u00e1rbore con follas e o que parecen corvos postos nela. Si, xa sei a que soa&#8230;E tam\u00e9n os cervos, que aparecen sen estaren claramente asociados a un contexto de cacer\u00eda&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fix\u00e1devos no nivel de detalle do armamento dos diferentes guerreiros. Quen pintou isto ti\u00f1a moi claro que hab\u00eda que representar isto en detalle. E vela\u00ed aparecen m\u00e1is intrigantes figuras, como este centauro armado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta outra procesi\u00f3n leva a unha igrexa (agora si est\u00e1 claro) unha sorte de pelotas na man. A explicaci\u00f3n do gu\u00eda Ander Gondra \u00e9 que son pomos, unha sorte de obxecto composto de flores arom\u00e1ticas asociados \u00e1 morte, a\u00ednda que isto non era m\u00e1is que unha hip\u00f3tese. Unha das escenas m\u00e1is controvertidas de Alaitza \u00e9 a que aparece na esquina superior dereita da imaxe, onde vemos a uns homes cunha sorte de casco, ou con cabeza en forma de paxaro, que asaltan a un neno ou a unha muller que est\u00e1 nunha cama. Unha muller cun animal parece correr ata al\u00ed. Se ben a idea de que estas figuras que parecen paxaros estean representando en realidade cascos \u00e9 moi probable, pero a min non me deixou de facer pensar na representaci\u00f3n dos guerreiros da Idade do Ferro no noroeste, no que con frecuencia aparecen con cabezas de paxaro (diadema de Mo\u00f1es, O Castelinho&#8230;). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alaitza_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Que representan estas pinturas? Para quen est\u00e1n feitas? Segundo Ander Gondra, existe unha interesante hip\u00f3tese. Que estes frescos representen algunha sorte de historia familiar. Que a igrexa de Alaitza fose unha fundaci\u00f3n nobiliar (hai alg\u00fan elemento na igrexa que fai pensar nun uso non unicamente relixioso) e estes frescos contar algo da historia (ou da \u00e9pica) da familia, se cadra mesturado co universo de crenzas da Idade Media e, mesmo, as que vi\u00f1an de antes&#8230; <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podedes explorar en Sketchfab estas intrigantes pinturas. Este modelo virtual est\u00e1 constru\u00eddo a partir das fotos que fixemos con rapidez, as\u00ed que hai algunha parte dos frescos que perdeu detalles. <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/84e67eaefec248ea9e8394b0dc787217\/embed\" frameborder=\"0\" allowvr allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<\/div>\n<p>E para rematar, imos \u00e1 igrexa de A\u00f1ua, que ten un marabilloso \u00e1bside de transici\u00f3n entre o rom\u00e1nico e o g\u00f3tico, adem\u00e1is desta fermos\u00edsima ponte que podedes ver, en A\u00f1ua conserv\u00e1ronse m\u00e1is restos fermosos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os canzorri\u00f1os g\u00f3ticos son un dos elementos m\u00e1is destacados da igrexa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta arca, moi ben preservada, \u00e9 un bo exemplo dunha curiosa tradici\u00f3n das terras alavesas. Cham\u00e1base a Misericordia, e aqu\u00ed todas as familias deixaban unha parte de cereal. Estaba pensado para que as familias que estivesen pasando por apuros vi\u00f1eran por aqu\u00ed e puideran ter alimento co que subsistir de maneira discreta. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/anua_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E un elemento interesante de A\u00f1ua \u00e9 este \u00faltimo detalle, este fragmento de pintura que se conserva na \u00e1bsida. Como podedes ver, a imaxe ten un estilo moi similar ao de Alaitza, o que nos leva a pensar que hai unha tradici\u00f3n local, de artes\u00e1ns da zona que pintan as\u00ed \u00e1s persaos e representan este tipo de motivos (asedios e castelos). Isto engade a\u00ednda m\u00e1is misterio a estas marabillosas pinturas.<\/p>\n<p><strong>Como visitalas?<\/strong> Nesta <a href=\"http:\/\/www.alavaturismo.eus\/index.php\/es\/patrimonio\/patrimonio-historico-arquitectonico\/pinturas-goticas-de-alaiza-y-gazeo\">web de turismo de \u00c1lava<\/a> tedes o n\u00famero de tel\u00e9fono da oficina de turismo de Salvatierra-Agurain. Se non vos contestan, deixade a mensaxe no contestador que eles vos chaman de volta. Son moi amables e vos informar\u00e1n encantados das posibilidades de visita. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un roteiro excepcional para co\u00f1ecer marabillosos e enigm\u00e1ticos frescos medievais. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2018\/01\/12\/xoias-medievais-da-llanada-alavesa-de-gaceo-a-alaitza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Xoias medievais da Llanada Alavesa: de Gaceo a Alaitza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31157,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-31154","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31154","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31154"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31154\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31186,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31154\/revisions\/31186"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31157"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31154"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31154"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}