{"id":31119,"date":"2017-12-17T21:33:05","date_gmt":"2017-12-17T19:33:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31119"},"modified":"2017-12-17T21:51:58","modified_gmt":"2017-12-17T19:51:58","slug":"unha-reivindicacion-dos-petroglifos-cruciformes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/17\/unha-reivindicacion-dos-petroglifos-cruciformes\/","title":{"rendered":"Unha reivindicaci\u00f3n dos petr\u00f3glifos cruciformes"},"content":{"rendered":"<p>Onte presentouse na Pobra do Carami\u00f1al o novo Anuario Barbantia, a singular publicaci\u00f3n promovida pola asociaci\u00f3n cultural do mesmo nome. No libro presento un pequeno estudo sobre o petr\u00f3glifo de Pedra Leirada II (as\u00ed \u00e9 como o denomina a Xunta, pero en realidade \u00e9 simplemente Pedra Leirada), no que hai m\u00e1is dun ano puidemos reco\u00f1ecer que baixo os cruciformes definidos na ficha oficial do petr\u00f3glifo hab\u00eda unha interesante serie de motivos prehist\u00f3ricos. O petr\u00f3glifo est\u00e1 na Pobra do Carami\u00f1al. No artigo fago a proposta de que os cruciformes est\u00e1n a interaccionar de maneira moi determinada cos motivos prehist\u00f3ricos. <\/p>\n<p>Iso \u00e9 o que comunmente se chama &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221;. No artigo critico precisamente ese lugar com\u00fan: para moitos as cruces significan &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221; e punto. Pero quedarnos a\u00ed \u00e9 como dicir que un coche ten motor e listo. En realidade os asuntos son m\u00e1is complexos. Por que hai petr\u00f3glifos cristianizados e outros non? Por que hai estaci\u00f3ns de arte rupestre con moitas lendas e outras que aparentemente nin se consideran na sociedade tradicional galega? \u00c9 toda a &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221; igual?<\/p>\n<p>En realidade eu penso que baixo esa palabra paraugas que \u00e9 a &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221; ag\u00f3chanse moitas cousas distintas: desde marcos de fincas e territorios, acordos entre comunidades refrendados unha e outra vez, &#8220;marcas de memoria&#8221; (morte repentina ou violenta de algu\u00e9n), peregrinaci\u00f3ns&#8230; ata rituais de desencantamento de tesouros, apropiaci\u00f3n ritual do poder dunha pedra, eliminaci\u00f3n do  poder simb\u00f3lico do gravado, ata moitas outras posibles pr\u00e1cticas. Te\u00f1o a crenza de que sobre os petr\u00f3glifos galegos pasa unha cousa que tam\u00e9n acontece con outras partes da nosa historia, que \u00e9 a especializaci\u00f3n por \u00e9pocas. Como prehistoria e historia son \u00e1mbitos de estudo moi diferenciados tanto na arqueolox\u00eda como noutras disciplinas, e adem\u00e1is porque no \u00e1mbito dos petr\u00f3glifos a Prehistoria adoita seducir moito m\u00e1is que os motivos m\u00e1is recentes&#8230;, as cruces fican en territorio de ningu\u00e9n. Non hai moitos historiadores da arte interesados nelas, os antrop\u00f3logos non atopan claramente referencias orais aos seus diversos usos, a maior parte delas non aparecen na documentaci\u00f3n hist\u00f3rica&#8230;<\/p>\n<p>Pero non por iso deixan de ser relevantes, e por un motivo principal. As cruces son unha parte m\u00e1is da vida dos paneis da arte rupestre, tan importante como as etapas anteriores. Dan conta dunha sociedade, dos seus intereses e prioridades. Desde o punto de vista desa laxe ou pedra e a s\u00faa relevancia na nosa paisaxe cultural, tan importante \u00e9 o que nos conta sobre o s\u00e9culo XIX o XX que o que nos fala do Bronce ou da Idade do Ferro. E, moi posiblemente, a representaci\u00f3n das cruces nos estea a amosar unha densa riqueza cultural, chea de s\u00edmbolos, usos e crenzas, que \u00e9 invisible para n\u00f3s porque estamos sempre a buscar o cervo, a combinaci\u00f3n circular ou o labirinto. Ten sentido que esquenzamos arbitrariamente unha parte da representaci\u00f3n, ou sexa, unha parte da historia dunha pedra? <\/p>\n<p>Poden os motivos cruciformes hist\u00f3ricos contarnos cousas sobre a vida dos petr\u00f3glifos? Eu coido que si. E neste artigo propo\u00f1o algunhas. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/35445489\/A_dobre_vida_do_petr\u00f3glifo_de_Pedra_Leirada_II\">Podes consultar o artigo en academia.edu<\/a><\/p>\n<p>E aqu\u00ed est\u00e1 o petr\u00f3glifo en 3D, por se lle queres botar un ollo: <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/eecf2d04d53f44d1b40f0ecd83a1cd61\/embed\" frameborder=\"0\" allowvr allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" annotations_visible=\"0\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\">\n    <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/eecf2d04d53f44d1b40f0ecd83a1cd61?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Petr\u00f3glifo de Pedra Leirada<\/a><br \/>\n    by <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/magago?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">magago<\/a><br \/>\n    on <a href=\"https:\/\/sketchfab.com?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Sketchfab<\/a>\n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un convite a ir m\u00e1is al\u00e1 da t\u00f3pica &#8220;cristianizaci\u00f3n&#8221; <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/17\/unha-reivindicacion-dos-petroglifos-cruciformes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha reivindicaci\u00f3n dos petr\u00f3glifos cruciformes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31122,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-31119","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31119","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31119"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31119\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31129,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31119\/revisions\/31129"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31122"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31119"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31119"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31119"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}