{"id":31111,"date":"2017-12-11T18:08:23","date_gmt":"2017-12-11T16:08:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31111"},"modified":"2017-12-12T09:19:54","modified_gmt":"2017-12-12T07:19:54","slug":"o-guerreiro-perdido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/11\/o-guerreiro-perdido\/","title":{"rendered":"O guerreiro perdido"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guerreiro_carpentras.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>\u00c1 dereita, o posible guerreiro galaico no arco de Carpentras, segundo Joaqu\u00edn Ruiz de Arbulo.<\/em><\/p>\n<p><em>Publicado orixinalmente en culturagalega.gal <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=28133\">o 11 de decembro de 2017<\/a><\/em><\/p>\n<p>Nunha pequena cidade provenzal a\u00ednda \u00e9 visible un monumento no que aparece a que pode ser a primeira representaci\u00f3n co\u00f1ecida dun prisioneiro galaico das guerras contra Roma. Todo un resume gr\u00e1fico da vitoria romana na s\u00faa guerra de conquista do Noroeste. At\u00f3pase nun arco de triunfo dedicado ao emperador, canda outras tres figuras, e abraia cando se mira sabendo esta interpretaci\u00f3n. A s\u00faa atribuci\u00f3n como guerreiro galaico xorde a partir das investigaci\u00f3ns para solucionar un gran crebacabezas arqueol\u00f3xico na antiga Tarraco, capital da metade norte da Hispania romana. E o catedr\u00e1tico da Universitat Rovira i Virgili Joaqu\u00edn Ruiz de Arbulo cre que non \u00e9 a \u00fanica.<\/p>\n<p>No arco romano de Carpentras, de principios do s\u00e9culo I d.C. hai catro figuras de cautivos. Na maior parte da bibliograf\u00eda internacional sobre o monumento, hai consenso ao redor do que representan dous deles, porque levan atributos habitualmente empregados en Roma para identificar a etnias e pobos que se enfrontaron a Roma. Os outros dous figuraban sen interpretaci\u00f3n, baixo o impreciso t\u00edtulo de &#8220;b\u00e1rbaros&#8221;. Pero o catedr\u00e1tico de Arqueolox\u00eda de Grecia e Roma da Universitat Rovira i Virgili, Joaqu\u00edn Ruiz de Arbulo, cre que a figura do Oeste ten unha lectura moi clara.  O guerreiro est\u00e1 encadeado coas mans nas costas, ten unha forte musculatura, viste unhas rudas capa e t\u00fanica de la para protexerse do fr\u00edo, ten poboada barba e unha melena levada polo vento. Aos seus p\u00e9s hai un s\u00edmbolo determinante: a caracter\u00edstica falcata, a espada de filo curvado t\u00edpica da Iberia prerromana. &#8220;\u00c9 un cativo galaico&#8221;, afirma na s\u00faa proposta o arque\u00f3logo. <\/p>\n<p>Para chegar a esta conclusi\u00f3n debemos acompa\u00f1alo no intento de soluci\u00f3n do enorme crebacabezas cient\u00edfico no que traballa co seu equipo de investigaci\u00f3n desde hai d\u00e9cadas e que explicou no marco dunha conferencia impartida na Facultade de Historia compostel\u00e1 para o Master Interuniversitario en Arqueolox\u00eda e Ciencias da Antig\u00fcidade das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Falamos con detalle para co\u00f1ecer os pormenores da interpretaci\u00f3n que nos leva a esta imaxe ins\u00f3lita. <\/p>\n<p><b>O labirinto da arqueolox\u00eda urbana<\/b><br \/>\nO equipo cient\u00edfico da Universitat Rovira i Virgili est\u00e1 centrado nun aspecto deixado de lado moitas veces na investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica: a recompilaci\u00f3n e interpretaci\u00f3n de datos das escavaci\u00f3ns urbanas. No caso de Tarragona, a antiga Tarraco romana, as \u00faltimas tres d\u00e9cadas de febre construtiva xeraron unha inmensa cantidade de datos, miles de p\u00e1xinas de informes t\u00e9cnicos e metros e metros de pezas almacenadas con a penas unha catalogaci\u00f3n b\u00e1sica nos almac\u00e9ns dos museos. O equipo arqueol\u00f3xico de Ruiz de Arbulo procesa esta literatura gris desde desde o punto de vista da arquitectura de urbanismo. &#8220;Agora estamos en condici\u00f3ns de propo\u00f1er unha restituci\u00f3n de toda a trama urbana e mesmo crear reconstruci\u00f3ns en 3D&#8221;, sinala Ruiz de Arbulo. <\/p>\n<p>&#8220;Como os romanos non ti\u00f1an televisi\u00f3n, precisaban recursos para que todo o mundo formara parte da cultura imperialista. O urbanismo \u00e9 o elemento diferenciador con respecto a etapa anterior, a clave que explica o \u00e9xito de funcionamento do Imperio romano. Todas as actividades de xesti\u00f3n lev\u00e1banse desde as cidades&#8221;, explica con sinxeleza Ruiz de Arbulo. &#8220;Polo tanto, toda cidade romana ti\u00f1a que ter espazos de xustiza, de pol\u00edtica e de relixi\u00f3n. Todos estes espazos eran tratados de maneira homox\u00e9nea, e ti\u00f1an un sistemas decorativos, con estatuas e inscrici\u00f3ns. Unha vez que entendemos isto, decat\u00e1monos de que todos estes sistemas arquitect\u00f3nicos e decorativos son moi similares en todas as cidades do Imperio&#8221;. <\/p>\n<p>En Tarraco, capital da Hispania Citerior (a metade norte da pen\u00ednsula), houbo dous foros en \u00e9poca romana. No foro inferior, en \u00e9poca de Augusto (ao redor do cambio de milenio), instalouse o tribunal do gobernador da provincia, e iso fixo que o foro se decorara con elementos de homenaxe ao emperador. &#8220;Un destes monumentos \u00e9 o que se chama un <i>tropheum<\/i>, unha \u00e1rbore cargada con armas recollidas despois dunha batalla e ao car\u00f3n imaxes simb\u00f3licas dos pobos vencidos&#8221;, indica Ruiz de Arbulo, &#8220;isto xa o fac\u00eda Xulio C\u00e9sar na Gala, pero logo houbo unha variante, a representaci\u00f3n do mundo dominado por Augusto na s\u00faa globalidade&#8221;. Foi Octavio Augusto quen mantivo dez anos de cruenta guerra que rematou coa anexi\u00f3n do noroeste peninsular no 16 a.C., no antigo territorio de galaicos, c\u00e1ntabros e astures. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_28133_2.jpg\"\/><br \/>\n<i>Fragmentos de dous relevos localizados no foro de Tarraco. Imaxe: Universitat Rovira i Virgili<\/i><\/p>\n<p><b>Unha pista na Provenza<\/b><br \/>\nE a\u00ed \u00e9 onde comezan as preguntas ao redor de vestixios fragmentados aparecidos no foro de Tarraco, alg\u00fans deles m\u00e1is identificables que outros. En concreto, localizouse unha gran figura de grandes ollos, da que se conservaba a zona superior, a parte inferior das pernas e unha pequena parte dun elemento decorativo da base da figura. Os arque\u00f3logos comezaron a buscar paralelos para esa representaci\u00f3n. E foi a\u00ed como chegaron \u00e1 Provenza, ao arco romano de Carpentras, dunha cronolox\u00eda tam\u00e9n de principios do s\u00e9culo I d.C. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_28133_3.jpg\"\/><br \/>\n<i>Arco romano de Carpentras<\/i><\/p>\n<p>&#8220;En Carpentras xa non temos unha figura masculina e feminina, coma nos <i>tropheii<\/i>. Aqu\u00ed xa son dous personaxes masculinos os que rodean o trofeo. A trav\u00e9s da s\u00faa simbolox\u00eda podemos identificar con certeza a quen representan&#8221;, indica Ruiz de Arbulo, &#8220;No sur est\u00e1 un exipcio, e da outra volta, no norte, atopamos un guerreiro xerm\u00e1nico representado polo \u00e1nade. Da outra banda, temos o leste, identificado como un guerreiro frixio polo tipo de gorro e o dobre machado. E falta o oeste, onde se atopa a nosa figura&#8221;. Aqu\u00ed Ruiz de Arbulo \u00e9 onde prop\u00f3n fiar fino: &#8220;A falcata, a espada curva, era amplamente empregada en Iberia, pero este personaxe non \u00e9 un \u00edbero&#8221;, precisa Ruiz de Arbulo, &#8220;porque est\u00e1 vestido con esa zamarra de l\u00e1 para sinalar que procede dun clima moi fr\u00edo. Poderiamos pensar que \u00e9 astur, pero hai que introducir outra variable aqu\u00ed&#8221;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_28133_4.jpg\"\/><br \/>\n<i>Ilustraci\u00f3n representando os catro prisioneiros do arco de Carpentras. O galaico ser\u00eda o segundo desde a esquerda. Ilustraci\u00f3n: Universitat Rovira i Virgili<\/i><\/p>\n<p>E para iso da Provenza Ruiz de Arbulo viaxa a Afrodisias, unha opulenta cidade grega e romana en Turqu\u00eda que se atopa nun excelente estado de conservaci\u00f3n. &#8220;Nun dos templos dedicados a Augusto hai unha especie de mapa simb\u00f3lico do Imperio&#8221;, sinala Ruiz de Arbulo. &#8220;Esculpiron decenas e decenas de imaxes distintas representando etnias e cidades, e unha das que aparece, nunha menci\u00f3n epigr\u00e1fica, \u00e9 a etnia dos kallaik\u00f3i, dos galaicos. En Afrodisias ningu\u00e9n ti\u00f1a a m\u00e1is m\u00ednima idea de onde ficaba Gallaecia, pero a est\u00e1n empregando delimitar o mundo&#8221;. A proposta \u00e9 encaixar todo isto: que na \u00e9poca de Augusto os galaicos eran un pobo identificado como tal. Como o arco de triunfo de Carpentras representaba a dominaci\u00f3n do emperador sobre os pobos dos catro puntos cardinais, no Occidente o pobo representado \u00e9 o dos galaicos.  <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/edicion\/not_28133_5.jpg\"\/><br \/>\n<i>Anacos identificados da escultura de Tarraco e a s\u00faa identificaci\u00f3n coa figura de Carpentras.<br \/>\n Imaxe: Universitat Rovira i Virgili<\/i><\/p>\n<p>Porque a clave \u00e9 que en Tarraco tam\u00e9n aparece un guerreiro frixio, coa s\u00faa peculiar pucha (cons\u00e9rvase a cabeza) e o dobre machado. A figura fragmentada que aparece ao car\u00f3n, xa que logo, poder\u00eda ser tam\u00e9n un galaico coma o de Carpentras. E non \u00e9 a \u00fanica representaci\u00f3n de galaicos que poder\u00eda existir nesta cidade. No foro provincial, ubicado na zona superior, cons\u00e9rvanse pedestais das estatuas dos flamines, os sacerdotes do culto imperial, membros da aristocracia que acced\u00edan a este cargo de prestixio na antiga Roma. &#8220;Hai varios que son do convento lucense, do asturicense e do bracarense&#8221;, indica Ruiz de Arbulo, que adianta que na identificaci\u00f3n destas estatuas a\u00ednda hai moito traballo por facer. Igual que coas estatuas dos xenios provinciais. &#8220;Sabemos que no foro provincial hab\u00eda unha sala que diferenciaba ao xenio dos lucenses do dos bracaraugustanos, por exemplo&#8221;, sinala Ruiz de Arbulo. &#8220;Saber que tipo de s\u00edmbolo diferenciaba a un do outro, como un r\u00edo, ou un obxecto, ser\u00eda do m\u00e1is interesante, pero isto a\u00ednda non comezamos a estudalo&#8221;. <\/p>\n<p><b>Un instrumento de propaganda<\/b><br \/>\nComo encaixa esta representaci\u00f3n do prisioneiro galaico de Carpentras co xeito no que os galaicos se representaban a si mesmos nas estatuas?, preguntamos a Joaqu\u00edn Ruiz de Arbulo. Hai que ter en conta que a imaxe \u00e9 moi distinta: as estatuas de guerreiras localizadas en Galicia e o norte de Portugal representan individuos vestidos de maneira m\u00e1is elaborada, con escudo e pu\u00f1al. &#8220;Non \u00e9 doado de responder, pero en relaci\u00f3n coas estatuas de guerreiros galaicos, precisamos cronolox\u00edas, que non as temos&#8221;, precisa. &#8220;Pero debemos ter en conta que o que estamos vendo \u00e9 pura propaganda. Tr\u00e1tase de representar este mundo vencido e, para iso, introducen un compo\u00f1ente etnogr\u00e1fico que permite identificar o t\u00f3pico deses pobos&#8221;. Nesa propaganda, os romanos representaron a fereza e salvaxismo dun home da fin do mundo.  Un cativo que poder\u00eda ser o primeiro galaico representado baixo un prisma romano. <\/p>\n<p>&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;&#8212;<\/p>\n<p>Aqu\u00ed fixen unha fotogrametr\u00eda a partir de fotos localizadas en Internet para que o poidades examinar mellor. <\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/65c534e9305e4b3c926fbc8a85dbc214\/embed\" frameborder=\"0\" allowvr allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\">\n    <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/65c534e9305e4b3c926fbc8a85dbc214?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Relevos do arco romano de Carpentras (Francia)<\/a><br \/>\n    by <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/magago?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">magago<\/a><br \/>\n    on <a href=\"https:\/\/sketchfab.com?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Sketchfab<\/a>\n<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na Provenza pode estar a primeira representaci\u00f3n dun guerreiro galaico vencido por Roma. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/11\/o-guerreiro-perdido\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O guerreiro perdido<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31112,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-31111","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31111","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31111"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31111\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31115,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31111\/revisions\/31115"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31112"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31111"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31111"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31111"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}