{"id":31073,"date":"2017-12-09T11:01:52","date_gmt":"2017-12-09T09:01:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=31073"},"modified":"2017-12-09T13:28:32","modified_gmt":"2017-12-09T11:28:32","slug":"31073","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/09\/31073\/","title":{"rendered":"Todos somos Atilano (ou Atilana)"},"content":{"rendered":"<p><em>Foto: Proxecto Castro de San Lourenzo<\/em><\/p>\n<p>Xos\u00e9 Lu\u00eds Barreiro <a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/opinion\/2017\/12\/09\/oracion-fiel-atilano\/0003_201712G9P11999.htm\">dedica a s\u00faa columna de s\u00e1bado<\/a> \u00e1 escavaci\u00f3n do se\u00f1or (ou se\u00f1ora) Atilano. A tese do polit\u00f3logo afirma ser de ra\u00edz cristi\u00e1 e ten que ver coa suposta falta de respecto a un labrego (ou labrega) soterrado hai mil anos ao que se retira da tumba na que agardaba a vida eterna. <\/p>\n<p>Se lle entend\u00edn ben o argumentario, os arque\u00f3logos que est\u00e1n a traballar no castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Broll\u00f3n) estar\u00edano a facer por avidez acad\u00e9mica e por incrementar o seu salario mensual xa consolidado na universidade (fala de sexenios) co obxectivo de descubrir cousas irrelevantes. Barreiro xa parece sabelas todas de antem\u00e1n, nun exercicio de clarividencia que s\u00f3 se poder\u00eda explicar grazas \u00e1 unci\u00f3n de alg\u00fan santo sacramento:<\/p>\n<blockquote><p>La finalidad de tan irreverente exhumaci\u00f3n es investigar si era hombre o mujer, com\u00eda carne o pescado, y si muri\u00f3 -viejo o joven- de peste, hambre, por un tumor, o por una indigesti\u00f3n de casta\u00f1as. Los sabios que lo exhuman dicen que apenas saben nada de \u00e9l. Pero yo, en cambio, s\u00e9 casi todo lo que para Atilano era importante: que era cristiano, que recibi\u00f3 los sacramentos y fue catequizado en una parroquia de Pobra de Broll\u00f3n, que participaba de los cultos y la vida social, y que un d\u00eda muri\u00f3, despu\u00e9s de haber criado -supongo- a los hijos que le dieron cari\u00f1osa y dulce sepultura. <\/p><\/blockquote>\n<p>A verdade \u00e9 que, chegados a este punto, eu comecei a dubidar de se aos editores se lles colara na edici\u00f3n dixital alg\u00fan texto do peor catolicismo do s\u00e9culo XVI, cando as cousas se sab\u00edan sempre de antem\u00e1n porque estaban escritas na Biblia (ou algu\u00e9n dic\u00eda que estaban escritas). A terra plana, a data da creaci\u00f3n do planeta calculado por xenealoxistas, as enfermidades como castigo ou proba de fe divina&#8230;s\u00f3 a partir desa fundamentada li\u00f1a de pensamento se pode entender que Barreiro nos trazara de corrido e sen pestanexar a cristi\u00e1 vida do se\u00f1or Atilano -fiel crente, educado cristi\u00e1n cunha longa rolada de nenos como Deus manda. O artigo todo de Xos\u00e9 Lu\u00eds Barreiro \u00e9 un aut\u00e9ntico tributo a ese tipo de pensamento, pero tam\u00e9n a un xeito de retorcer argumentos no que o columnista non andivo moi fino e revelan a s\u00faa desinformaci\u00f3n:<\/p>\n<blockquote><p>Por eso me pregunto: \u00bfHay derecho a exhumar a Atilano para publicar un art\u00edculo y obtener un sexenio? \u00bfQui\u00e9n y en nombre de qu\u00e9 tiene ese derecho? \u00bfEs tan lejano el a\u00f1o mil como para ir por los cementerios apa\u00f1ando huesos? \u00bfEn qu\u00e9 momento dejamos de ser muertos para ser hallazgos arqueol\u00f3gicos?\u00bfQu\u00e9 sentido tiene que haya gente que busca huesos en las cunetas para darles sepultura digna, mientras otros sacan huesos de sus dignas sepulturas para meterlos en cajas de zapatos? <\/p><\/blockquote>\n<p>Porque d\u00e1 a casualidade de que moitos dos membros do equipo que est\u00e1 a escavar no castro de San Lourenzo tam\u00e9n se dedican a desenterrar mortos de gabiar e a investigar en pasados inc\u00f3modos e recentes, deses que tanto me chama a atenci\u00f3n que se preocupe o columnista por primeira vez na s\u00faa columna. E a\u00ed v\u00e9n outra punti\u00f1a do argumento: Barreiro afirma con desprezo que estes &#8220;sabios&#8221; escavan a pobres do rural pero que non se atreven cos grandes ricos enterrados en catedrais. Ou Barreiro \u00e9 moi desco\u00f1ecedor de todas as investigaci\u00f3ns que en toda Europa se fan con restos de reis (por exemplo, <a href=\"http:\/\/www.elmundo.es\/elmundo\/2001\/05\/28\/ciencia\/991060994.html\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Exhumation_and_reburial_of_Richard_III_of_England\">aqu\u00ed<\/a>) e bispos, ou sab\u00e9ndoo a mantenta comete tam\u00e9n uns cantos pecados cristi\u00e1ns ao ocultalo cando llo quere contar \u00e1 s\u00faa audiencia, nun exercicio que ofende a intelixencia. <\/p>\n<p>E agora en serio. O que m\u00e1is me chama a atenci\u00f3n \u00e9 que, como todo arque\u00f3logo e persoa informada sabe, un dos grandes problemas de traballar en cascos hist\u00f3ricos urbanos \u00e9 o risco de atoparse cun cementerio. Vivimos sobre \u00f3sos, cami\u00f1amos e durmimos sobre camposantos cristi\u00e1ns porque a Igrexa non tivo ning\u00fan tipo de problema en remexer camposantos, vender fincas, constru\u00edr por riba de antigos cemiterios nos que anteriores fegreses foron soterrados polas s\u00faas familias. E en moitas das igrexas do pa\u00eds temos osarios, resultado de ter que facer espazo nos camposantos porque os mortos seguen a chegar. Desm\u00f3ntanse sen maior problema e c\u00edscanse os osos sen maior contemplaci\u00f3ns, nalg\u00fan trasteiro. E que dicir do noso rural, onde as l\u00e1pidas do XIX funcionan moitas veces, volteadas, a xeito de pavimento do adro? Mesmo, como ben se sabe, \u00e9 moi doado atopar inmensas concentraci\u00f3ns de \u00f3sos non documentados preto dos mosteiros, dos que dubido moitas veces que se lles dera ese enterro minimamente formal ou mesmo cristi\u00e1n. Ser\u00eda interesante ler neste artigo unha cr\u00edtica \u00e1 laxitude pr\u00e1ctica da Igrexa na xesti\u00f3n dos mortos dos que xa ningu\u00e9n se acorda. <\/p>\n<p>Porque \u00e9 a falta de respecto o que define todo isto, pero non na direcci\u00f3n na que con enrevesada intenci\u00f3n quere apuntar o columnista. Porque un dos deberes dos comunicadores p\u00fablicos \u00e9 co\u00f1ecer todas as claves dun problema antes de emitir unha opini\u00f3n sobre el, e non xogar a tersiverxar datos, ocultalos e tentar po\u00f1er \u00e1 audiencia en contra dun proxecto cient\u00edfico consolidado. Non s\u00f3 o esquelete de Atilano (ou Atilana) foi retirado co m\u00e1ximo respecto, igual que outros restos org\u00e1nicos obtidos nas tumbas, sen\u00f3n que Barreiro desco\u00f1ece cal ser\u00e1 o tratamento futuro (xa pensado hai tempo) destes restos nun proxecto tan respectuoso coa comunidade local e a cultura popular do pa\u00eds como \u00e9 o castro de San Lourenzo. Este debe ser un dos poucos proxectos cient\u00edficos no que se recuperou unha romar\u00eda cristi\u00e1 e se traslada en procesi\u00f3n todos os anos o santo patr\u00f3n desde a igrexa actual ata o seu antigo altar excavado polos arque\u00f3logos, todo co m\u00e1ximo respecto. O San Lourenzo \u00e9 levado a ombreiros por cient\u00edficos que, sen posiblemente ser crentes ning\u00fan deles, non dubidan en facelo porque saben que s\u00edmbolos como San Lourenzo van m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faas crenzas persoais e pertencen ao pobo, e non dubidaron en integrar ese antigo mundo cristi\u00e1 na s\u00faa excavaci\u00f3n cient\u00edfica porque saben que iso une a comunidade ao redor do proxecto. Uns arque\u00f3logos, por certo, que exercen o seu traballo desde unha inmensa, lacerante e vergo\u00f1enta precariedade laboral. \u00c9 Barreiro quen pode solicitar sexenios, non eles. <\/p>\n<p>Porque a\u00ed v\u00e9n o fondo do asunto, o discurso final que subxace e no que se inscribe este artigo. Un relato moi vixente na Galicia actual, que non \u00e9 inocente. Segundo este discurso, determinados tipos de traballos, como a ciencia, ou posicionamentos pol\u00edticos de esquerda, obedecen unicamente a cuesti\u00f3ns ego\u00edstas e persoais dos que os mante\u00f1en, supostos se\u00f1oritos de familia ben que act\u00faan para perxudicar \u00e1 boa xente humilde e traballadora do com\u00fan, a\u00ednda que manifesten o contrario e afirmen defendelos. Que tentan enganar aos bos pais e nais de familia de Galicia embaball\u00e1ndoos con soflamas e discurso que perxudican a paz social. Analizando ben ese discurso, de onde procede e quen o formula e constr\u00fae, \u00e9 doado saber a que intereses responde, a quen tenta ocultar baixo unha cortina de fume. Iso \u00e9 o que se amosa este texto. Que a ciencia ou as voces cr\u00edticas en realidade son perxudiciais para ti. Qu\u00e9renche quentar a cabeza. <\/p>\n<p>E, por suposto, m\u00edrese por onde se mire, Atilano \u00e9 ciencia. \u00c9 ciencia precisamente porque a escuridade sempre \u00e9 sabelo todo de antem\u00e1n, desde o seu sof\u00e1, que \u00e9 o que fai o columnista e moita outra xente. Atilano (ou Atilana) perm\u00edtenos saber, precisamente, dos pobres aos que parece defender tanto Xos\u00e9 Lu\u00eds Barreiro. Porque do ano 1000 o que ti\u00f1amos en Galicia ata agora son os documentos, moitas veces mentireiros, feitos por poderosos para poderosos, e nos que falan de si mesmos. Pouco m\u00e1is. Pero dos pobres do ano mil qued\u00e1nnos en Galicia, por agora, os \u00f3sos de Atilano e de alg\u00fans outros defunti\u00f1os, moi poucos. Por iso son tan valiosos, e por iso hai que investigalos. Non me parece maior mostra de respecto cara esta pequena comunidade labrega que v\u00eda pasar o mundo e so\u00f1aba (quizais) coa eternidade en Cereixa hai mil anos: recuperar a s\u00faa voz a trav\u00e9s da materia org\u00e1nica que deixaron atr\u00e1s. <\/p>\n<p>Por se queres saber m\u00e1is sobre o proxecto do Castro de San Lourenzo:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"560\" height=\"315\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/Wi7Q_DJ5aD8\" frameborder=\"0\" gesture=\"media\" allow=\"encrypted-media\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O mellor xeito de tratar os mortos \u00e9 non esquecelos.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/12\/09\/31073\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Todos somos Atilano (ou Atilana)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":31082,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-31073","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31073","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31073"}],"version-history":[{"count":35,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31073\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31110,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31073\/revisions\/31110"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31082"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31073"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31073"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31073"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}