{"id":3078,"date":"2007-07-24T00:41:55","date_gmt":"2007-07-23T22:41:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/24\/unha-cepa-de-300-anos\/"},"modified":"2007-07-24T17:16:02","modified_gmt":"2007-07-24T15:16:02","slug":"unha-cepa-de-300-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/24\/unha-cepa-de-300-anos\/","title":{"rendered":"Unha cepa de 300 anos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image3079\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vide_vilar_avion.JPG\" alt=\"vide_vilar_avion.JPG\" align=\"left\"\/>Unha <a href=\"http:\/\/www.laregion.net\/content\/view\/39779\/35\/\">historia cativoume hoxe en La Regi\u00f3n<\/a>. Na aldea de Vilar, no concello de Avi\u00f3n, unha cepa de treixadura, enorme coma un tronco de pi\u00f1eiro, est\u00e1 a vivir unha lent\u00edsima agon\u00eda despois de 300 anos de vida. 300 anos, calculan os veci\u00f1os. Aturou  os incendios, as divisorias de minifundios, a filoxera que arramplou con boa parte dos vi\u00f1edos tradicionais no XIX. Un veci\u00f1o estr\u00e9malle os coidados \u00e1 pranta, pero non parece haber remedio. Un concelleiro de Avi\u00f3n tentou que a Xunta a declarara &#8220;\u00e1rbore senlleira&#8221;, pero as cepas non te\u00f1en dereito a cat\u00e1logos de protecci\u00f3n.<\/p>\n<p>A historia desta vide lembroume o texto m\u00e1is fermoso que se te\u00f1a escrito sobre os vi\u00f1os galegos. Nel hai algo de marabilloso, algo de brumoso e tam\u00e9n inquedante. Tal texto non \u00e9 outro que o fragmento panor\u00e1mico que Don \u00c1lvaro Cunqueiro escribiu en <em>A Coci\u00f1a Galega<\/em> e que <a href=\"http:\/\/www.galespa.com.ar\/cunqueirococinhagalegaosvinhos.htm\">podes ler en Galicia Espallada<\/a>. M\u00edrao de vagar. Nesa pequena, pero pormenorizada viaxe polos vi\u00f1edos e caldos do pa\u00eds, que se publicou no 1973, Cunqueiro fala duns vi\u00f1os que s\u00f3 reco\u00f1ecemos a medias. Hoxe as colleitas est\u00e1n orientadas \u00e1 m\u00e1xima produtividade, pero nos setenta, a\u00ednda subsist\u00edan moitas cepas vellas, vell\u00edsimas, como esa de 300 anos que est\u00e1 a morrer sen remedio hoxe en Avi\u00f3n. Si, \u00e9 certo, cons\u00e9rvanse moitas das \u00e1reas de vi\u00f1edo. Pero, \u00bfquen probou os vi\u00f1os de San Fiz?\u00bfQuen bebeu os albari\u00f1os de Ribeiro do Avia? \u00bfOnde fica a vi\u00f1a de Blanco Raxoi en Ver\u00edn? \u00bfComo eran eses brancos de Beade coa metade de treixadura que &#8220;<em>\u00e1 tardi\u00f1a, preparan a alma para a contemplaci\u00f3n das brillantes estrelas<\/em>&#8220;? \u00bfComo eran eses albari\u00f1os, con tan diferentes tons dourados, &#8220;<em>que amenc\u00edan nas copas da capa corno fillos de soles diferentes<\/em>&#8220;? \u00bfE o tinto de Rubi\u00f3s, que Cunqueiro asegura ser o mellor tinto galego que te\u00f1a probado? <\/p>\n<p>Tan pouco tempo, e tantos cambios. Os vi\u00f1os dos que fala Cunqueiro son <em>terroir<\/em>, son vi\u00f1os que te\u00f1en lugar, mesmo casa, pero non apelido, coma os mozos das parroquias. Vi\u00f1os de adega artesanal, colleita pequena, estritamente vinculados \u00e1 terra, con podas pouco ortodoxas. Non hab\u00eda marcas publicitarias, e a terra marcaba as variedades do pa\u00eds m\u00e1is axeitadas. Moito cambiou o conto. <\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n 24\/07: A cepa <em>resistir\u00e1<\/em>. Onte visit\u00e1rona t\u00e9cnicos de Medio Rural e sinalaron que non se atopa en tan mal estado. Tam\u00e9n obter\u00e1n o seu patrimonio xen\u00e9tico, que debe ser potent\u00edsimo a xulgar pola s\u00faa resistencia. <a href=\"http:\/\/www.laregion.net\/content\/view\/39913\/35\/\">M\u00e1is en La Regi\u00f3n<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha historia cativoume hoxe en La Regi\u00f3n. Na aldea de Vilar, no concello de Avi\u00f3n,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/24\/unha-cepa-de-300-anos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha cepa de 300 anos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3079,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[17,2,7],"tags":[],"class_list":["post-3078","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-congreso-de-periodismo-dixital-de-osca","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3078","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3078"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3078\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3079"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3078"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3078"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3078"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}