{"id":30578,"date":"2017-08-01T19:25:43","date_gmt":"2017-08-01T17:25:43","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30578"},"modified":"2017-08-05T10:35:59","modified_gmt":"2017-08-05T08:35:59","slug":"san-xoan-vello-un-enigma-rupestre-sobre-o-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/08\/01\/san-xoan-vello-un-enigma-rupestre-sobre-o-mar\/","title":{"rendered":"San Xo\u00e1n Vello: un enigma rupestre sobre o mar"},"content":{"rendered":"<p><em>A cova vista desde o drone.<\/em><\/p>\n<p>Se vos falo da existencia dun templo subterr\u00e1neo, aberto sobre un precipicio sobre o mar, ao que se descende por un estreito cami\u00f1o de pouco m\u00e1is de medio metro de anchura sobre un perigoso cantil de vinte ou trinta metros de altura sobre un mar do norte, seguro que xa te remexes no asento. E se che digo que ese templo subterr\u00e1neo ti\u00f1a unha fonte sagrada que se desprend\u00eda tam\u00e9n sobre o precipicio, e que as orixes dese antigo templo se perden na noite dos tempos, pensariades que estar\u00eda falando dunha paisaxe dun videoxogo dirixido por Hidetaka Miyazaki ou da ambientaci\u00f3n da \u00faltima pel\u00edcula do Rei Arturo dirixida por Guy Ritchie. Pero non, ese lugar est\u00e1 en Galicia, moi preti\u00f1o do Fuci\u00f1o do Porco do que te falei onte, e \u00e9 un espazo espectacular e \u00fanico. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed tes un v\u00eddeo en 360\u00ba. Se tes unhas gafas VR podes acompa\u00f1arnos na aventura: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/r9usELQ9MLs\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Estamos falando de San Xo\u00e1n Vello, a orixe lendaria (e documental) da parroquia de Covas, en Viveiro, na Mari\u00f1a luguesa. Todo un exemplo de como en Galicia conviven elementos de diferentes usos e tempos que o tempo acaba conformando de maneira singular. Para chegar a este lugar hai que dirixirse cara os restos recuperados do cargadoiro de mineral da \u00cdnsua, que tra\u00eda o ferro das importantes miner\u00edas da zona. Parando uns metros, nunha zona talada de eucaliptos neste momento (agosto de 2017), hai que achegarse ata o precipicio, ou o v\u00e9rtice da zona talada (<a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/place\/43\u00b041'30.1%22N+7\u00b036'41.6%22W\/@43.6916945,-7.6124044,220m\/data=!3m2!1e3!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d43.691693!4d-7.611551\">aqu\u00ed po\u00f1o unha localizaci\u00f3n aproximada<\/a>). A cova en concreto at\u00f3pase <a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/place\/43\u00b041'28.5%22N+7\u00b036'43.5%22W\/@43.6911872,-7.6126327,104m\/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d43.691257!4d-7.612077?shorturl=1\">neste punto<\/a>. A\u00ed veredes un diminuto carreiro que descende entre os eucaliptos. En realidade, estades nunha mina moi antiga tam\u00e9n orientada ao mar, que no seu tempo foi o souto de casti\u00f1eiros da propia igrexa, e que financiaba moitos dos seus gastos. Os eucaliptos, hoxend\u00eda, est\u00e1n danando o monumento de maneira moi r\u00e1pida. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O campanario. De aqu\u00ed en diante, fotograf\u00edas de Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Se aguantas a vertixe e baixas a modo e con precauci\u00f3n, o sendeiro vai levarte ata unha primeira parada, unhas ruinas co\u00f1ecidas localmente coma o Campanario. Tr\u00e1tase da base dun edificio. Como \u00e9 habitual noutras igrexas rupestres (pensade en San Pedro de Rocas), os campanarios atop\u00e1banse f\u00f3ra das covas, ubicados nunha zona un pouco m\u00e1is prominente para que o son da camp\u00e1 chegase m\u00e1is lonxe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E a partir de aqu\u00ed comeza a sorpresa. Hai que descender por un carreiro m\u00ednimo de medio metro de ancho que vai sobre un cantil que cae ao mar. A xente cun pouqui\u00f1o de vertixe que pense ben se se quere meter por aqu\u00ed. E o primeiro que vemos \u00e9 a espectacular boca dunha caverna, tam\u00e9n aberta sobre o mar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao entrar ficas pampo. Tr\u00e1tase dunha cova artificial -se cadra parte da explotaci\u00f3n mineira superior pola que pasamos antes-, pero non \u00e9 exactamente unha galer\u00eda de minas. Porque no chan percibimos restos de muros que van definindo os espazos dunha igrexa, e a ambos lados, labrados na parede, hai arcos de pedra se cadra con restos dalg\u00fan tipo de reboque (logo diremos que no seu momento foi posiblemente policrom\u00eda), e conforme avanzamos vemos m\u00e1is restos e numerosos furados nas paredes, tanto forneli\u00f1os a un metro de altura como outros furados, m\u00e1is altos, destinados sen d\u00fabida a soportar a arquitectura do edificio interior que estaba aqu\u00ed. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Porque sabemos que aqu\u00ed hab\u00eda un edificio, a igrexa parroquial de Covas, e esa igrexa derrubouse a mediados do s\u00e9culo XVIII, provocando o traslado do templo. A poboaci\u00f3n de Covas ficaba m\u00e1is adentro da r\u00eda pero ata o s\u00e9culo XVIII vi\u00f1a a este lugar dif\u00edcil, distanciado, metido no interior da terra, a crer e a rezar. E a\u00ednda despois de que o templo fora abandonado, o espazo non s\u00f3 conservou a s\u00faa toponimia (San Xo\u00e1n Vello), sen\u00f3n a s\u00faa consideraci\u00f3n de espazo sagrado. Aqu\u00ed vi\u00f1an as xentes da parroquia, a unha fonte santa que nac\u00eda ao fondo, a tentar curarse dos males. Un d\u00eda -hoxe non \u00e9 o momento- deberemos falar da curiosa asociaci\u00f3n que se d\u00e1 entre minas e espazos sagrados, principalmente na provincia de Lugo. A fonte santa, hoxe seca, deb\u00eda ser sorprendente vela evacuar e caer desde a fonte ao mar polo cantil. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A fonte santa (hoxe seca)<\/em><\/p>\n<p>Fiquei absolutamente fascinado. Porque este espazo tan esquencido, tan ignorado, \u00e9 unha das igrexas rupestres m\u00e1is grandes de Galicia e, a xulgar pola s\u00faa ubicaci\u00f3n, a advocaci\u00f3n e o tipo de espazo, parece singularmente antigo, dun primeiro momento medieval. S\u00f3 conservamos os fundamentos dos seus muros, pero aqu\u00ed segue o espazo, ata que o acceso se derrumbe e fique unicamente como un lugar de visita para espele\u00f3logos. Estamos falando dun espazo arqueol\u00f3xico de enorme relevancia hist\u00f3rica e unha aut\u00e9ntica xoia cultural, debido \u00e1 s\u00faa excepcionalidade e singularidade. <\/p>\n<p>Hai a sorte de que conservamos unha obra de 1887 que nos achega valios\u00edsima informaci\u00f3n sobre San Xo\u00e1n Vello no momento. \u00c9 a <em>Hidrograf\u00eda m\u00e9dica de Galicia<\/em>, un tratado interesant\u00edsimo sobre a riqueza termal do pa\u00eds redactado por Nicol\u00e1s Taboada Leal. \u00c9 unha fonte moi antiga e adem\u00e1is, de \u00e1mbito cient\u00edfico, as\u00ed que nos ofrece unha completa descrici\u00f3n da caverna neses momentos. \u00c9 unha m\u00e1goa que os prexu\u00edzos cient\u00edficos impediran recoller o seguro que riqu\u00edsimo folclore da cova. Esta obra describe este lugar, identif\u00edcao coma o templo e estuda as pr\u00e1cticas curativas dos parroquianos no espazo. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sanxoanvello.pdf\">Aqu\u00ed podes lela completa<\/a> (en pdf), extra\u00edda do repositorio dixital do CSIC. <\/p>\n<p>Po\u00f1o aqu\u00ed un extracto, que adem\u00e1is est\u00e1 redactado nesa deliciosa ret\u00f3rica do XIX, e que paga a pena ler. Isto l\u00e9vanos a como estaba o lugar no s\u00e9culo XIX: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cita_leal.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n o abraiante. Mari\u00f1a Patrimonio solicitou unha inspecci\u00f3n da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio para que o lugar fora reco\u00f1ecido como sitio arqueol\u00f3xico. O t\u00e9cnico Ignacio Jaime Sen\u00edn realizou unha inspecci\u00f3n e concluiu&#8230;&#8221;a caracterizaci\u00f3n como xacemento arqueol\u00f3xico semella, cando menos, pouco s\u00f3lida&#8221; (!!!), polo que o lugar non est\u00e1 protexido pola nosa Administraci\u00f3n. Aqu\u00ed podes ver a descrici\u00f3n do que veu o t\u00e9cnico e a s\u00faa argumentaci\u00f3n:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/informe_xoan.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Eu non son t\u00e9cnico de Patrimonio, pero coido que \u00e1 vista da toponimia, a documentaci\u00f3n antiga que podedes ver aqu\u00ed, e os restos arqueol\u00f3xicos que se poden ver en toda a cova, coido que a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio debera revisar esta argumentaci\u00f3n. Os PXOMs municipais e os cat\u00e1logos de patrimonio est\u00e1n cheos de leiras e montes nas que as evidencias arqueol\u00f3xicas e documentais son moit\u00edsimo menores. E por suposto que tam\u00e9n ten trazas de ter sido unha explotaci\u00f3n mineira, pero desde logo non desde mediados do XIX, e posiblemente antes da fundaci\u00f3n do propio templo, nunha data ignorada e moi antiga. Iso \u00e9 o fascinante. Agardemos que a Xunta revise isto e o protexa antes de que sexa demasiado tarde. O lugar, o d\u00eda que o visitamos, xa tivera excavaci\u00f3ns furtivas e xa vos digo que o estreito camini\u00f1o de acceso non vai durar moito. <\/p>\n<p>Estamos a falar dunha das igrexas rupestres m\u00e1is importantes do pa\u00eds. Unha aut\u00e9ntica marabilla oculta. Se a vas visitar, faino con precauci\u00f3n e marab\u00edllate. <\/p>\n<p>Grazas a Mari\u00f1a Patrimonio por ensinarme este prodixioso lugar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Visitamos unha cova que garda un marabilloso segredo en Covas (Viveiro)<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/08\/01\/san-xoan-vello-un-enigma-rupestre-sobre-o-mar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">San Xo\u00e1n Vello: un enigma rupestre sobre o mar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30582,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-30578","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30578","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30578"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30578\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30622,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30578\/revisions\/30622"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30578"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30578"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30578"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}