{"id":30559,"date":"2017-07-29T19:45:24","date_gmt":"2017-07-29T17:45:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30559"},"modified":"2017-07-30T21:51:33","modified_gmt":"2017-07-30T19:51:33","slug":"o-fucino-do-porco-a-vindeira-praia-das-catedrais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/29\/o-fucino-do-porco-a-vindeira-praia-das-catedrais\/","title":{"rendered":"O Fuci\u00f1o do Porco: a vindeira Praia das Catedrais"},"content":{"rendered":"<p>O Fuci\u00f1o do Porco, unha prominente punta cara o norte atl\u00e1ntico ubicada no concello de Vicedo \u00e9 un destinos paisax\u00edsticos m\u00e1is impresionantes do norte do pa\u00eds. Parte do seu dramatismo esc\u00e9nico v\u00e9n dado pola pasarela que permite moverse con seguridade por unha alucinante paisaxe de vertixe: cant\u00eds que caen ao mar, moitas veces embravecido, e van abrindo paisaxes que son un aut\u00e9ntico espect\u00e1culo xeol\u00f3xico. S\u00f3 xeol\u00f3xico? Logo falarei diso. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fumos o s\u00e1bado pasado e Sole contou 180 persoas en hora e media de visita. 180 persoas. Son moitos, moitos visitantes. Quixen escribir este post para falarvos deste lugar por se es dos poucos galegos que non o co\u00f1ece. Paga a pena ir \u00e1 Mari\u00f1a por moit\u00edsimas cousas, pero sen d\u00fabida esta \u00e9 un dos grandes motivos polos que tes que visitar o noso norte. O percorrido \u00e9 un aut\u00e9ntico espect\u00e1culo visual e tam\u00e9n dos outros sentidos, pero \u00e9 moitas m\u00e1is cousas. Antes, aqu\u00ed tes un v\u00eddeo que fixen co drone para que poidas apreciar a maxestuosidade do lugar: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/s9X7i4qAmds\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>O Fuci\u00f1o do Porco rev\u00e9lanos a capacidade que ten nestes momentos o boca a boca viral para a promoci\u00f3n dun destino tur\u00edstico. O Fuci\u00f1o do Porco, co\u00f1ecido e valorado polos locais da zona, saltou \u00e1 rede cando se melloraron as condici\u00f3ns de accesibilidade a partir dunha fotogaler\u00eda da Voz de Galicia. Escasamente sinalizado e a\u00ednda sen campa\u00f1as institucionais, revela a capacidade da rede para pasar un destino de cero a cen. Pero ser\u00eda iluso, e esta \u00e9 a segunda parte, pensar que funciona sempre as\u00ed: a ecuaci\u00f3n \u00e9 m\u00e1is diversa e diferente. Hai destinos m\u00e1is viralizables que outros, que deben ser constru\u00eddos doutro xeito. Outros destinos precisan unha construci\u00f3n m\u00e1is complexa, un relato. O caso m\u00e1is paradigm\u00e1tico \u00e9 que nas proximidades do Fuci\u00f1o do Porco hai dous sitios alucinantes m\u00e1is que non visita ningu\u00e9n. E estamos falando de desprazamentos de cinco minutos ou menos en coche. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Quer\u00eda falar do Fuci\u00f1o do Porco por estas d\u00faas cousas: porque aventuro que a\u00ed teremos unha &#8220;segunda praia das Catedrais&#8221; en breve, a nivel de visitas masivas do lugar. Veremos en que queda, e veremos que acontece de aqu\u00ed a cinco anos, porque eu cada vez te\u00f1o m\u00e1is o convencemento de que estas inmediatas postas en valor que xeneran as redes sociais poden vir seguidas de abandonos tam\u00e9n s\u00fabitos, ou non. Os datos nolo dir\u00e1n no futuro. <\/p>\n<p>O segundo detalle que vos quer\u00eda comentar ten que ver coa propia natureza do lugar. Os visitantes que acuden al\u00ed fican impresionados pola beleza natural, por como os elementos xeneraron unha paisaxe incrible, chea de cant\u00eds, ondas embravecidas, coidos&#8230;pois iso \u00e9 o sorprendente. A\u00ednda que os axentes naturais foron, obviamente, importantes, cando visitas o Fuci\u00f1o do Porco est\u00e1s a visitar un lugar que, especialmente, est\u00e1 transformado e modificado polo home. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En primeiro lugar, est\u00e1 a propia toponimia. A\u00ednda que o nome que se est\u00e1 a estender \u00e9 o Fuci\u00f1o do Porco, o espazo en realidade era co\u00f1ecido como punta de Socastro. E a\u00ed est\u00e1 o primeiro dato. O Fuci\u00f1o do Porco en realidade \u00e9 un espectacular castro, con varios foxos e murallas. Nesta imaxe podes apreciar un gran foxo e parapeto, interaccionado de maneira marabillosa coa propia topograf\u00eda da zona. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucino_porco.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O segundo \u00e9 m\u00e1is sorprendente. A\u00ednda que iso debera ser investigado, hai varias zonas da monta\u00f1a que est\u00e1n desmontadas pola existencia dunha mina de ferro, xa que a punta de Socastro era particularmente rica neste mineral. Ide v\u00f3s saber se o castro xa estaba a\u00ed por iso, adem\u00e1is de polas condici\u00f3ns defensivas. Esta mina estaba posta en explotaci\u00f3n a finais do s\u00e9culo XVIII, sendo a primeira mina de toda a zona. Foi no contexto da Ilustraci\u00f3n: da f\u00e1brica de Sargadelos e as s\u00faas necesidades de ferro. <\/p>\n<p>A mina chegou a ser tan relevante que figura na documentaci\u00f3n da House of Commons (a C\u00e1mara dos Com\u00fans) do Parlamento brit\u00e1nico. En 1905, nun contexto de informes sobre os recursos minerais da zona, f\u00e1lanos da Punta de Socastro nestes termos: <\/p>\n<blockquote><p>About a century ago mineral was shipped in lighters for the Real Fabrica de Sargadelos, some 20 kilometres from Vivero, from the mine &#8220;Maria Antonia\/&#8217; situated in Punta de Socastro. Years ago, when the Vivero Iron Ore Company, Limited, commenced working, and has already exported some 400,000 tons, the greater part to Germany and the rest to Great Britain.The mines named &#8221; Maria Antonia,&#8221; of 6 hectares (the hectare = 10,000 square metres), &#8221; Nueva Union,&#8221; of 13 hectares, &#8221; La Benigna,&#8221; and others, form the first group of mines, which commence from the sea  coast at Punta de Socastro, a distance of about 2 kilometres from the harbour of Vivero. Their mineral could be shipped direct from the mines into barges or ships of small draft, not because there is not sufficient depth, but owing to their exposed position to the open sea.<\/p><\/blockquote>\n<p>Miguel Vizoso facilitoume chegar ao interesante traballo &#8220;Hierros sedimentarios ordoc\u00edvicos y patrimonio minero de Vieiro (Lugo), publicado por Juan Carlos Guti\u00e9rrez-Marco e Isabel R\u00e1bano no n\u00famero 23 (2014) da revista de investigaci\u00f3n <em>De Re Metallica<\/em> (<a href=\"http:\/\/digital.csic.es\/bitstream\/10261\/111761\/1\/JC_hierroViveiro.pdf\">pdf<\/a>), pode observarse este mapa mineiro do Fuci\u00f1o de Porco no que se pode apreciar as zonas ricas en ferro, que coinciden en parte coas zonas nas que a pen\u00ednsula se estreita. Esta gr\u00e1fica pertence a este artigo:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cita_fucino.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha aut\u00e9ntica pasada. Un detalle impresionante \u00e9 onde se indica a &#8220;falla&#8221; m\u00e1is ao sur. Mira outra vez o modelo dixital de terreo que puxen un pouco m\u00e1is arriba para marcar o foxo do castro. Coincide case con exactitude! O tempo transforma todo e convirte en aparentemente natural o esforzo dos homes que traballaban neste lugar, a ceo aberto, collendo o mineral directamente das pedras que sobresa\u00edan. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fucin_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As\u00ed que moita da impresionante forza natural do lugar sexa, en realidade, o resultado dunha actividade industrial que principiou na Ilustraci\u00f3n ou, se cadra, xa na Idade do Ferro. Todo iso non desmerece o lugar, sen\u00f3n que multiplica a s\u00faa densidade. Se vedes, no v\u00eddeo de arriba puxen eses dous conceptos e xa o fixen curti\u00f1o para que se viralice e tentar conseguir que a xente, cando menos, saiba que ao visitar o desafiante e prodixioso espect\u00e1culo do Fuci\u00f1o, en realidade o que ve \u00e9 como a natureza fusionouse cos so\u00f1os, as angueiras e os desexos de xeraci\u00f3ns de mari\u00f1aos. <\/p>\n<p>Nos vindeiros d\u00edas iredes vendo outras marabillas pr\u00f3ximas. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/place\/Punta+de+Fuci\u00f1o+do+Porco\/@43.7128006,-7.6161714,16.05z\/data=!4m8!1m2!2m1!1sfuci\u00f1o+do+porco!3m4!1s0x0:0xf2639907a93daf39!8m2!3d43.7180472!4d-7.6068547\">Aqu\u00ed tes a localizaci\u00f3n en Google Maps do Fuci\u00f1o do Porco<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A nova paisaxe de moda na Mari\u00f1a agacha unha prodixiosa historia cultural<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/29\/o-fucino-do-porco-a-vindeira-praia-das-catedrais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Fuci\u00f1o do Porco: a vindeira Praia das Catedrais<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30568,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-30559","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30559"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30559\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30581,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30559\/revisions\/30581"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30568"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}