{"id":30517,"date":"2017-07-19T18:01:29","date_gmt":"2017-07-19T16:01:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30517"},"modified":"2017-07-19T20:33:09","modified_gmt":"2017-07-19T18:33:09","slug":"o-enigmatico-cadro-de-barallobre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/19\/o-enigmatico-cadro-de-barallobre\/","title":{"rendered":"O enigm\u00e1tico cadro de Barallobre"},"content":{"rendered":"<p>O outro d\u00eda fun facer unha entrevista a Radio Fene con lectores de <em>O Anxo Negro<\/em> (das mellores que me te\u00f1en feito sobre a novela, por certo, <a href=\"http:\/\/radiofusion.eu\/manager.php?p=FichaNova&#038;ID=20351\">pode escoitala aqu\u00ed<\/a>). Cando cheguei ao estudo de radio, senteime nunha cadeira e fiquei pampo observando unha reproduci\u00f3n do cadro este que vedes arriba. &#8220;Pero que fai ese rapaz, nese cadro antigo, vestido de escoc\u00e9s?&#8221;, pregunteime. E Henrique Sanfiz, director da emisora, un aut\u00e9ntico argallante de historias e memorias, puxo ese sorriso tan seu de gardar un as ou dous na manga. <\/p>\n<p>&#8220;\u00c9 un cadro pintado aqu\u00ed ao lado, no pazo de Barallobre, en 1857. Son os herdeiros do pazo, Antonio e Carmen Jaspe Moscoso. O autor do cadro \u00e9 Dionisio Fierros&#8221;. O cadro fora tra\u00eddo desde o Museo Jovellanos, en Xix\u00f3n, para unha exposici\u00f3n sobre a historia do pazo de Barallobre e os seus moradores que se celebrara en Fene no 2014. A reproduci\u00f3n v\u00e9n de a\u00ed. <\/p>\n<p>O cadro deixoume fascinado. Un fidalgui\u00f1o galego de Fene, nunha data tan temper\u00e1 como 1857, vestido de <em>highlander<\/em>? E toda a est\u00e9tica do cadro, a maneira na que vai vestida Carmen Jaspe, os cortin\u00f3ns, en si mesmo poder\u00eda parecer un cadro escoc\u00e9s, dos que un poder\u00eda atopar na National Gallery de Edimburgo&#8230; Ao ir debullando na historia, souben que Dionisio Fierros, un pintor asturiano cunha f\u00e9rtil e fecunda etapa galga (na que, por exemplo, pintou alg\u00fans dos m\u00e1is elegantes cadros costumistas do noso s\u00e9culo), tam\u00e9n representara ao pai. Hab\u00eda unha relaci\u00f3n importante entre o pintor e a familia. Mesmo por d\u00edas pensei, e non fun o \u00fanico, que Carmen Jaspe parec\u00eda ter diante unha gaita negra. A posici\u00f3n da gaita parec\u00edase moito tam\u00e9n a representaci\u00f3n de arist\u00f3cratas das Terras Altas escocesas nesa \u00e9poca dourada do retratismo escoc\u00e9s que foi o s\u00e9culo XVIII e principios do XIX. Ata que unha observaci\u00f3n m\u00e1is detida (e sobre todo a limpeza do cadro con Photoshop) permitiume decatarme de que non era a gaita, sen\u00f3n un can, posiblemente un tanto desgastado polo tempo. <\/p>\n<p>O cadro conta moitas cousas. Moit\u00edsimas. Obviamente, os fidalgos de Fene non se vest\u00edan con kilts e sporrans no s\u00e9culo XIX. O que vemos aqu\u00ed \u00e9 outra cousa: o froito dunha marcada influencia e relaci\u00f3n cultural coas Illas Brit\u00e1nicas coa aristocracia do norte de Galicia. Certo \u00e9 que este tipo de representaci\u00f3n de tema escoc\u00e9s ser\u00e1 frecuente ao longo do XIX ao longo de Europa. Hai que ter que en conta que no s\u00e9culo XIX, Escocia est\u00e1 de moda con escritores como Walter Scott e o romantismo. A propia identidade nacional escocesa est\u00e1 a crear os seus mitos, e a trav\u00e9s do Imperio Brit\u00e1nico estes mitos canal\u00edzanse a moitos sitios. Pero ollo, na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica este tipo de representaci\u00f3ns de nenos highlanders tampouco son tan abundantes nin moito menos: al\u00e9n dunha moda xeral, aqu\u00ed hai unha elecci\u00f3n clara por parte deste tema, no que interv\u00e9n o pintor (no que por outras obras parece que o tema escoc\u00e9s lle interesa bastante) e interv\u00e9n a familia, que nalgo tan importante e caro como un cadro, decide que se adopte este tema. Este cadro f\u00e1lanos de conexi\u00f3ns culturais, de mundos moito m\u00e1is l\u00edquidos e permeables do que \u00e1s veces pensamos cando miramos ao pasado. Este cadro f\u00e1lanos do pintor e dos propietarios, pero sobre todo inf\u00f3rmanos do universo de receptores da obra, nunha \u00e9poca na que a pintura estaba chea de convenci\u00f3ns e nas que as representaci\u00f3ns e os s\u00edmbolos eran m\u00e1is transparentes que vistos desde a nosa distancia. <\/p>\n<p>En relaci\u00f3n con isto, hai que lembrar o que expliquei no cap\u00edtulo Os &#8220;celtas na cabina do doutor Who&#8221;, do libro <em>Historia das Historias de Galicia<\/em>, editado baixo o coidado de Isidro Dubert en Xerais. Existe unha tendencia, por suposto intencionada, a pensar que Manuel Murgu\u00eda &#8220;inventa&#8221; o celtismo, e que fai un construto hist\u00f3rico-pol\u00edtico-cultural a partir de a\u00ed. Teriamos a\u00ed un burdo argumento <em>ad hominem<\/em> polo que unha persoa, un ide\u00f3logo, que se inventa algo e como un <em>big bang<\/em>, exp\u00e1ndese por todas partes desde un m\u00ednimo punto do universo. Para nada. Con independencia dos usos pol\u00edticos do celtismo na construci\u00f3n da identidade nacional de Galicia, no que si considero que Murgu\u00eda ten moito que ver, o certo \u00e9 que o noso autor non inventa esa idea. Esa idea est\u00e1 a\u00ed. O cadro p\u00edntase en 1857. As <em>Historias de Galicia<\/em> de Murgu\u00eda e Vicetto saen no 1865. E o Rexurdimento nace cos <em>Cantares Gallegos<\/em> de Rosal\u00eda de Castro en 1863. Estas ideas non saen da nada. Saen dun ambiente determinado que est\u00e1 en determinadas capas da sociedade galega, fermentando, que nunca deixou de estar. A perspectiva excesivamente libresca da cultura e do discurso cultural l\u00e9vanos a unha distorsi\u00f3n da percepci\u00f3n do pasado, que \u00e1s veces agroma por lugares insospeitados.<\/p>\n<p>E iso v\u00e9n a colaci\u00f3n do seguinte. Porque a vida deste cadro continuou despois de que fora pintado. Ese neno retratado tan docemente, Antonio Jaspe, converterase logo nun pintor formado en Italia, Par\u00eds e Madrid, con preferencia polos temas hist\u00f3ricos e con certa destreza. Como bo rom\u00e1ntico, morrer\u00e1 novo, cando comezaba a despuntar e lle quedaba, realmente, todo por facer. Pero Antonio Jaspe vai ser o autor do primeiro cadro no que se vai representar un gaiteiro galego. E non \u00e9 un &#8220;tipo costumbrista&#8221;, un modelo an\u00f3nimo das clases populares, tan de moda de aquela. Jaspe d\u00e1 un paso m\u00e1is no respecto e interese pola tradici\u00f3n popular galega na segunda metade do XIX, e escolle a un aut\u00e9ntico persoeiro, un dos gaiteiros de m\u00e1is sona do momento: o se\u00f1or Farruco de Montrove. As clases populares tam\u00e9n te\u00f1en persoeiros, artistas con nomes e apelidos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/farruco.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O seu cadro cons\u00e9rvase no Museo das Belas Artes da Coru\u00f1a, e \u00e9 unha estupenda representaci\u00f3n que nos leva \u00e1 seguinte idea que vos quer\u00eda comentar. No cap\u00edtulo da <em>Historia das Historias de Galicia<\/em> sinalo tam\u00e9n que os tristes debates sobre o celtismo en Galicia anda sempre a voltas cos castros e a Idade do Ferro. Iso tam\u00e9n non deixa de ter un trasfondo intencional: \u00e9 m\u00e1is doado cousificar as cousas, discutir -a\u00ednda que sexa brutalmente- sobre algo que aconteceu hai dous mil anos, que pensar no celtismo como un movemento m\u00e1is contempor\u00e1neo, de din\u00e1micas creativas importantes al\u00e9n dos catro t\u00f3picos manidos. Disc\u00fatese se somos celtas ou non cando a nosa cultura leva dialogando con formas celtas modernas, co mundo atl\u00e1ntico (sempre digo que &#8220;atl\u00e1ntico&#8221; \u00e9 un eufemismo politicamente correcto de celta) desde xa hai case douscentos anos. O debate \u00e9 rid\u00edculo: o celtismo est\u00e1 dentro da cultura galega, condicionando a creaci\u00f3n, influ\u00edndo nos modelos, producindo cadros, libros, m\u00fasicas, poemas, esculturas desde moito m\u00e1is tempo que vida cultural te\u00f1en moitas naci\u00f3ns da Europa actual. Pouco ten que ver a idea do celta que ti\u00f1an os romanos que a do s\u00e9culo XIX ou actual, tras dous mil anos de transformaci\u00f3n, hibridaci\u00f3n e recreaci\u00f3n dese concepto. Pensen no que cambia unha persoa en dez anos como para pensar no que pode cambiar as formas culturais en m\u00e1is de dous mil. Ou sexa, como di Miguel Anxo Murado, non \u00e9 que que na \u00e9poca dos castros fosemos celtas ou non (que eu penso que si,en sentido amplo), \u00e9 que desde logo, a cultura contempor\u00e1nea galega, a cultura dos \u00faltimos dous s\u00e9culos, ten no atl\u00e1ntico un axente determinante para entendela. E iso \u00e9 o importante do asunto. <\/p>\n<p>Por iso, este fermoso cadro de dous rapaci\u00f1os, pintado antes do nacemento de Breog\u00e1n como figura ideol\u00f3xica e cultural, f\u00e1lanos de que a presenza do mundo atl\u00e1ntico en n\u00f3s \u00e9 algo moito m\u00e1is &#8220;natural&#8221;, algo que vai m\u00e1is al\u00e1 do pol\u00edtico, que est\u00e1 antes e por debaixo do pol\u00edtico. Se o celtismo fose s\u00f3 un movemento pol\u00edtico, nunca tivera callado do xeito no que o fixo, igual que o nacionalismo a\u00ednda non foi quen de superar determinadas cotas. O intrigante, sorprendente e marabilloso \u00e9 que, se cadra, para o pintor Antonio Jaspe, foi este retrato da s\u00faa infancia feito por Fierros, o detonante de <em>O gaiteiro Farruco de Montrove<\/em>. Escocia identificara os gaiteiros como s\u00edmbolos nacionais antes de Galicia, xa no s\u00e9culo XVIII, e son protagonistas de moitas pinturas da \u00e9poca. Se cadra Antonio Jaspe tivo a\u00ed a inspiraci\u00f3n, e a decisi\u00f3n, para representar o primeiro e moi xenuino gaiteiro galego da historia da nosa pintura. <\/p>\n<p>E, por \u00faltimo, voulles propo\u00f1er unha curiosidade. F\u00edxense no tartan, \u00e9 dicir, no pano do traxe do neno. Se cadra no tartan haxa unha historia. E ata aqu\u00ed podo falar. ;-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un retrato infantil pintado en Fene am\u00f3sanos sorprendentes conexi\u00f3ns co mundo atl\u00e1ntico.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/19\/o-enigmatico-cadro-de-barallobre\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O enigm\u00e1tico cadro de Barallobre<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30526,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[69],"tags":[],"class_list":["post-30517","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-o-anxo-negro","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30517","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30517"}],"version-history":[{"count":22,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30517\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30542,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30517\/revisions\/30542"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30526"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30517"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30517"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30517"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}