{"id":30501,"date":"2017-07-02T22:19:41","date_gmt":"2017-07-02T20:19:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30501"},"modified":"2017-07-03T08:15:39","modified_gmt":"2017-07-03T06:15:39","slug":"o-pasado-en-360o-o-misterio-da-cova-do-encanto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/02\/o-pasado-en-360o-o-misterio-da-cova-do-encanto\/","title":{"rendered":"O pasado en 360\u00ba: o misterio da Cova do Encanto"},"content":{"rendered":"<p>Nestas \u00faltimas semanas, estou a probar con moito interese diferentes tecnolox\u00edas de visualizaci\u00f3n 360\u00ba e 3D, tanto asociadas a m\u00f3biles (Google Cardboard, Samsung Gear VR) coma sistemas completos, coma o HTC Vive. Estamos a vivir unha eclosi\u00f3n mundial da realidade virtual, que non sabemos se finalmente se traducir\u00e1 na creaci\u00f3n dun ecosistema de contidos e servizos realmente estendido. A\u00ednda que o mellor xeito de enganarse no mundo da sociedade da informaci\u00f3n \u00e9 afirmando algo, eu podo dicir que desco\u00f1ezo se a realidade virtual finalmente triunfar\u00e1 como opci\u00f3n de aprendizaxe, entretemento e exploraci\u00f3n. O que si podo dicir \u00e9 que, tecnicamente e formalmente, sup\u00f3n unha aut\u00e9ntica revoluci\u00f3n, unha nova forma de ver o mundo e interactuar con el: cando digo o mundo, digo o co\u00f1ecemento, as emoci\u00f3ns, as narrativas.<\/p>\n<p>Durante este tempo estou a probar diferentes tipos de interfaces, narrativas e posibilidades. Este \u00e9 un mundo que calquera contador de historias ten que explorar. Eu comecei a facelo. Hoxe pres\u00e9ntoche o primeiro duns cantos v\u00eddeos experimentais que iremos facendo. Son v\u00eddeos en 360\u00ba nos que te levo a lugares espectaculares, espazos de gran interese para a li\u00f1a deste blog e, sobre todo, espazos nos que contar as cousas en 360\u00ba sup\u00f3n unha opci\u00f3n l\u00f3xica e clara para contar mellor unha historia. Por que? Porque son lugares nos que a percepci\u00f3n do espazo, a sensaci\u00f3n de acompa\u00f1arnos nunha aventura, o sentido do lugar \u00e9 fundamental. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/covaencanto_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A nosa primeira visita \u00e9 ao Forno dos Mouros e \u00e1 Cova do Encanto, un lugar de Viveiro tan espectacular como desco\u00f1ecido para a xente de f\u00f3ra desta fermosa vila da Mari\u00f1a. Fun levado al\u00ed polos membros da asociaci\u00f3n Mari\u00f1a Patrimonio, Manuel Miranda e Miguel Vizoso. Tr\u00e1tase dunha sorte de castro costeiro, con varios foxos, que esconde un lugar que s\u00f3 podo definir como espectacular. Do m\u00e1is incrible desa zona.<\/p>\n<p>E agora vai o v\u00eddeo. \u00c9 a\u00ednda un experimento. Ver\u00e1s que non colocamos realmente a c\u00e1mara \u00e1 altura das nosas cabezas, as\u00ed que te sentir\u00e1s coma un anani\u00f1o acompa\u00f1\u00e1ndonos. Tam\u00e9n a \u00faltima escena ten un problema de saltos na imaxe que non est\u00e1 no v\u00eddeo en bruto e que a\u00ednda non sei como solucionar. Agradezo a t\u00faa comprensi\u00f3n. E agora, disfruta con esta aventura. Vas alucinar con este lugar. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/56lj7utnruQ\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe> <\/p>\n<p><strong>Sobre as gafas de realidade virtual<\/strong><br \/>\nA\u00ednda que estes v\u00eddeos se poden ver no Youtube, a forma \u00f3ptima de velos \u00e9 cunhas gafas de realidade virtual e uns auriculares, que te van trasladar a Viveiro connosco. Hoxe en d\u00eda est\u00e1n barat\u00edsimas. Hainas decentes desde 6-7 euros, e por ese prezo xa te poden valer para experimentar e seguir os v\u00eddeos de Cap\u00edtulo Cero. Se queres algo mellor, a mi\u00f1a recomendaci\u00f3n son as Samsung Gear VR, dese\u00f1adas por unha das compa\u00f1\u00edas l\u00edderes na realidade virtual, Oculus Rift. A versi\u00f3n anterior custa sobre 30 euros, e a diferencia de calidade e posibilidades t\u00e9cnicas compensa, con creces, as de 6-7 euros. A versi\u00f3n deste ano das Samsung Gear VR andan sobre 125 euros porque incl\u00faen un estupendo controlador que abre moit\u00edsimas posibilidades para xogar. A mi\u00f1a recomendaci\u00f3n \u00e9 que te animes a mercar unhas gafas, non s\u00f3 por Cap\u00edtulo Cero, sen\u00f3n polo xa interesant\u00edsimo ecosistema de contidos e aplicaci\u00f3ns que est\u00e1n a\u00ed. Se te animas, e tes un Samsung, vai polas Samsung Gear. <a href=\"https:\/\/www.amazon.es\/s\/ref=sr_nr_n_1?fst=as%3Aoff&#038;rh=n%3A12128818031%2Ck%3Agafas+vr&#038;keywords=gafas+vr&#038;ie=UTF8&#038;qid=1499025982&#038;rnid=1703620031\">Aqu\u00ed podes ver as que venden en Amazon<\/a>. E esta <a href=\"https:\/\/www.amazon.es\/SIDARDOE-Auriculares-Anti-Bluelight-Panor%C3%A1micos-Smartphones\/dp\/B01JGCYK4E\/ref=sr_1_5?s=electronics&#038;ie=UTF8&#038;qid=1499025985&#038;sr=1-5&#038;keywords=gafas+vr\">por 18 euros est\u00e1 moi ben<\/a>.<\/p>\n<p>E onde fica ent\u00f3n este lugar tan impresionante? <a href=\"https:\/\/www.google.es\/maps\/place\/Cueva+de+La+Doncella\/@43.7012978,-7.6067531,15z\/data=!4m2!3m1!1s0x0:0x846aaf84f884b232?sa=X&#038;ved=0ahUKEwiZ-sLpruvUAhVPrRQKHSytAL8Q_BIIejAO\">Aqu\u00ed tedes a ligaz\u00f3n por se queredes visitalo<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iniciamos os v\u00eddeos 360\u00ba de Cap\u00edtulo Cero. Vive esta aventura connosco!<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/07\/02\/o-pasado-en-360o-o-misterio-da-cova-do-encanto\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O pasado en 360\u00ba: o misterio da Cova do Encanto<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30502,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-30501","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30501","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30501"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30501\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30505,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30501\/revisions\/30505"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30502"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30501"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30501"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30501"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}