{"id":30474,"date":"2017-06-16T17:28:14","date_gmt":"2017-06-16T15:28:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30474"},"modified":"2017-06-16T23:59:04","modified_gmt":"2017-06-16T21:59:04","slug":"ofragon-a-outra-via-gastronomica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/06\/16\/ofragon-a-outra-via-gastronomica\/","title":{"rendered":"O&#8217;Frag\u00f3n: a outra v\u00eda gastron\u00f3mica"},"content":{"rendered":"<p>No ano 2007 (hai xa dez anos!) descubriramos, case por casualidade, este interesante restaurante no casco urbano de Fisterra, O&#8217;Frag\u00f3n. Gust\u00e1ranos moito a s\u00faa proposta e <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/10\/06\/o-fragon-ou-como-a-gastronomia-de-fisterra-se-volve-inconformista\/\">cont\u00e1mola aqu\u00ed<\/a>. De aquela falabamos dunha gastronom\u00eda inconformista nun territorio con locais que vend\u00edan un excelente produto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_2-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nestes dez anos, a vila de Fisterra mudou moito. En primeiro lugar, o seu valor como destino tur\u00edstico multiplicouse e a\u00ednda est\u00e1 en crecemento, transformando a econom\u00eda local de maneira tan importante como inesperada. Pero <a href=\"http:\/\/www.ofragon.es\/\">O&#8217;Frag\u00f3n<\/a> tam\u00e9n mudou. Hai dezaseis meses abriu na s\u00faa ubicaci\u00f3n, na aldea de San Marti\u00f1o. A\u00ednda que chegar pode resultar un pouco labir\u00edntico (e divertido), a nova ubicaci\u00f3n paga a pena. Tr\u00e1tase dun edificio avangardista, integrado -case camuflado- na pendente e cunhas vistas impresionantes do seo de Fisterra, co grandioso monte Pindo presidindo o espazo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_4-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_5-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A clave \u00e9 que O&#8217;Frag\u00f3n \u00e9 case un representante singular da s\u00faa propia v\u00eda na coci\u00f1a galega. Nun mundo no que os modelos se copiane a imaxinaci\u00f3n non \u00e9 especialmente abundante, eu podo dicir que non co\u00f1ezo ning\u00fan outro restaurante co concepto do Frag\u00f3n: pode parecerse a moitos, pero non \u00e9 ning\u00fan. Un edificio avangardista, pero con cadeiras de m\u00e1is de setenta anos procedentes dun centro social sueco. Un espazo aberto de luz, no que o mar entra por todos os ollos, con moi poucas mesas e, sen embargo, con nove traballadores en n\u00f3mina. <\/p>\n<p>A aposta de Fran \u00cdnsua \u00e9 moi determinada e sabia. Con este edificio, un imaxinar\u00edase pratos contempor\u00e1neos, como a moda da fusi\u00f3n asi\u00e1tico-galaica que agora arrasa nos restaurantes de vangarda do pa\u00eds. E nada diso. A coci\u00f1a de Sefa, a chef do local, bas\u00e9ase, na medida do posible, na culinaria tradicional galega, con certos toques que falan de escola. Por exempo, nunha sorte de caldeirada, o peixe est\u00e1 feito ao vapor e a cebola est\u00e1 lixeiramente caramelizada para que non se faga pesada. Ou pode haber un guiso meloso, coma os b\u00f3s guisos de choupa, pero de percebes e algas (este prato, se o hai, debedes tomalo si ou si. \u00c9 espectacular). Coci\u00f1a tradicional, ecol\u00f3xica na medida do posibel e local (a horta tr\u00e1ella Ra\u00ed\u00f1a Lupa, a empresa ecol\u00f3xica de Carnota), baseada por suposto no mar, con outras achegas. Produto de primeira, elaboraci\u00f3ns limpas, sabores de excelencia.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E ese \u00e9 o verdadeiro contraste: arquitectura contempor\u00e1nea e de avangarda, di\u00e1fana, mesturada con coci\u00f1a de inspiraci\u00f3n familiar e local e servizo de sala de luxo e moderno. E hai m\u00e1is. Se cadra non me equivoque se digo que O&#8217;Frag\u00f3n ten unha das mellores adegas de vi\u00f1o galego dun restaurante do pa\u00eds, sen\u00f3n a mellor: o gusto por referencias serias, especiais, por vi\u00f1os \u00fanicos. Segundo me contou Fran, c\u00e1tanse anualmente preto de 2000 referencias de vi\u00f1o galego para apostar, finalmente, por 75 marcas, nas que se percorren todos os cami\u00f1os do vi\u00f1o: desde espumantes, brancos e tintos de todo tipo ata os doces. E estamos falando dunha selecci\u00f3n moi coidada e, sobre todo, honesta. Iso s\u00e1bese polos chulos comentarios que se fan de cada vi\u00f1o na carta, na que podes ver cousas como &#8220;Xa bebible, pero mellorar\u00e1&#8221;. Iso \u00e9 honestidade e o resto son nabos. N\u00f3s apostamos pola \u00faltima botella de Castro Candaz 2012, un godello da Ribeira Sacra que estaba nun momento incrible. E iso \u00e9 a adega deste lugar, unha ruptura de t\u00f3picos un tras doutro: Branco na Ribeira Sacra? Vi\u00f1o de cinco anos? Por suposto. Si e si. <\/p>\n<p>O men\u00fa degustaci\u00f3n ten un prezo moi competitivo no contexto dos grandes restaurantes galegos: 35 euros. Se un quere achegar a maridaxe de vi\u00f1os, eng\u00e1dense quince euros. Sen d\u00fabida, a maridaxe \u00e9 a opci\u00f3n recomendada: permite co\u00f1ecer botellas de marcas moi exclusivas e raras, e descubrir como esta nosa terra d\u00e1 excelencia en todos os tipos de vi\u00f1o. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fragon_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O d\u00eda que n\u00f3s fumos, un s\u00e1bado, hab\u00eda catro mesas: unha moi grande de ingleses, outra de xaponeses, a doutra parella e m\u00e1is n\u00f3s. Falo con Fran e conf\u00edrmame o que eu sospeitaba: unha aposta tan chula en Fisterra est\u00e1 funcionando tan ben grazas ao p\u00fablico estranxeiro, a ese peregrino que contin\u00faa de Compostela ata a fin do mundo e decide facerse unha homenaxe ao final. Iso non afecta \u00e1 identidade: na carta do Frag\u00f3n, a lingua galega \u00e9 a destacada na tipograf\u00eda e na disposici\u00f3n, e por baixo dela, sen ning\u00fan tipo de problema, o castel\u00e1n e o ingl\u00e9s. Para un galegofalante, eses detalles son moi importantes. E para o marketing do restaurante, un punto moi intelixente para afianzar o car\u00e1cter local do sitio. <\/p>\n<p>Un consello de amigo: vendo o percal e o volume de reservas internacionais do Frag\u00f3n, non agardedes a facer o Cami\u00f1o a Fisterra para subir a San Marti\u00f1o. Prob\u00e1deo antes de que sexa demasiado tarde. Xa me entendedes. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Edificio de avangarda, sabores de sempre e adega e produto excepcional en Fisterra.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/06\/16\/ofragon-a-outra-via-gastronomica\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O&#8217;Frag\u00f3n: a outra v\u00eda gastron\u00f3mica<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30475,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7,8],"tags":[],"class_list":["post-30474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30474","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30474"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30474\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30490,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30474\/revisions\/30490"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30475"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}