{"id":30443,"date":"2017-06-06T19:41:55","date_gmt":"2017-06-06T17:41:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30443"},"modified":"2017-06-06T19:47:25","modified_gmt":"2017-06-06T17:47:25","slug":"venres-9-falamos-sobre-as-lendas-e-os-mitos-de-palmeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/06\/06\/venres-9-falamos-sobre-as-lendas-e-os-mitos-de-palmeira\/","title":{"rendered":"Venres 9: Falamos sobre a Outra Xente de Palmeira"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/patriculturabarb.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Convidado pola Marea de Ribeira, este venres te\u00f1o a inmensa honra de dar a mi\u00f1a primeira charla p\u00fablica no lugar no que pasei os meus tres primeiros anos de vida e terra do meu pai: a fermosa Palmeira, no concello de Ribeira. Logo meus pais ir\u00edan vivir para a veci\u00f1a Pobra do Carami\u00f1al, que \u00e9 tam\u00e9n parte de min, como Palmeira. <strong>A conferencia tit\u00falase: &#8220;A outra xente de Palmeira: mitolox\u00eda dunha parroquia mari\u00f1eira&#8221;, e impartireina na Sala de Usos M\u00faltiples do Polideportivo de Palmeira \u00e1s 20 horas este venres 9 de xu\u00f1o<\/strong>. <\/p>\n<p>Para min \u00e9 unha conferencia moi especial polo seu contido. Cando eu era un rapaz de 16 ou 17 anos, despois de quedar fascinado pola descuberta da antropolox\u00eda galega a partir das lecturas \u00e1s que acced\u00eda na biblioteca da Pobra, onde estaban todos os grandes da antropolox\u00eda do noso pa\u00eds, armeime de gravadora e bloc de notas e dediquei un ver\u00e1n a recoller os contos, as tradici\u00f3ns e os mitos de Palmeira. Coll\u00eda a bicicleta ou o Sarasquete e al\u00e1 marchaba todo o d\u00eda, de casa en casa, axudado pola boa sona da mi\u00f1a li\u00f1axe carreirana. De alg\u00fan xeito, as antigas tradici\u00f3ns, lendas e contos conserv\u00e1banse moito mellor en Palmeira que na Pobra do Carami\u00f1al, na que o ambiente vilego xa fixera, en certo xeito, desaparecer moitas destas historias. Palmeira ti\u00f1a a inmensa sorte, naquel momento, de conservar a\u00ednda unha impresionante -e mirado con anos e con tantas viaxes e experiencias non perdeu para min nada daquela impresi\u00f3n- caudal de historias sobrenaturais que, como \u00e9 habitual en Galicia, mestur\u00e1banse sen medo co humor. Foi o meu primeiro traballo de recollida sistem\u00e1tico, pero tam\u00e9n a mi\u00f1a primeira inmersi\u00f3n total nun mundo que desafiaba as fronteiras do meu co\u00f1ecemento. <\/p>\n<p>Cando xa levaba d\u00faas ou tres semanas escoitando de casa en casa todas aquelas historias incribles de mari\u00f1eiros afogados e cabalos voadores, un d\u00eda fun cun amigo a unha festa en Les\u00f3n, na Pobra do Carami\u00f1al. Ao volver, ben na noite, fumos atallando por corredoiras e cami\u00f1os de monte, igual que se contaba nas vellas historias, e eu aquela noite, e xuro que non era o alcol, prometo que crin ver de todo. Detr\u00e1s dos loureiros parec\u00eda que hab\u00eda un ex\u00e9rcito de sombras esperando a manifestarse. Cheguei a casa cagado de medo e intrigado polo que acababa de pasar, pero o d\u00eda seguinte, ao espertar, decateime e d\u00edxenme: &#8220;estes cabr\u00f3ns estanme aculturando!&#8221;. Foi a\u00ed cando entend\u00edn o poder dos relatos, e das estra\u00f1as fronteiras entre a realidade e a imaxinaci\u00f3n. Eran aqueles relatos, narrados de aquela maneira e con aquelas formas, os que transformaran, a\u00ednda que fora momentaneamente, a realidade. Dinme conta, ent\u00f3n, de algo que aprendera con Marcial Gondar ou Gonz\u00e1lez Reboredo: os relatos son educaci\u00f3n, a palabra moldea o mundo. <\/p>\n<p>Nunca publiquei ese traballo. Aos amigos si que lle contei moitas veces moitas das historias, que est\u00e1n labradas a lume na mi\u00f1a cabeza. Aquel traballo de campo transformoume, ensinoume a escoitar, demostroume que al\u00e9n da maxia e o ultramundo estaban escondidas preocupaci\u00f3ns, teimas e medos persoais, aprend\u00edn a falar e a contar con aquelas mulleres dignas de ser escoitadas no m\u00e1is selecto dos teatros rom\u00e1nticos, e tam\u00e9n ensinoume, a\u00ednda que de aquela non sab\u00eda definilo, que os libros tam\u00e9n te\u00f1en visi\u00f3ns estreitas da realidade, que a condici\u00f3n, o x\u00e9nero e a procedencia condicionan os relatos coma hoxe o noso historial de busca condiciona o que Amazon nos amosa. Os relatos am\u00f3ldanse flexiblemente ao que quere escoitar. E os libros s\u00f3 contan o que o seu escritor quere ver: al\u00e9n deles, al\u00e9n das preguntas non feitas, hai moita, moita m\u00e1is tradici\u00f3n oral agardando polas preguntas axeitadas, coma nos vellos contos de fadas. <\/p>\n<p>As\u00ed que a conferencia deste venres permitirame po\u00f1er sobre o papel tantas cousas sentidas naqueles d\u00edas de formaci\u00f3n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Convidado pola Marea de Ribeira, este venres te\u00f1o a inmensa honra de dar a mi\u00f1a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/06\/06\/venres-9-falamos-sobre-as-lendas-e-os-mitos-de-palmeira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Venres 9: Falamos sobre a Outra Xente de Palmeira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30444,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-30443","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30443","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30443"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30443\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30448,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30443\/revisions\/30448"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30444"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30443"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30443"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30443"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}