{"id":3043,"date":"2007-07-17T23:39:59","date_gmt":"2007-07-17T21:39:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/17\/a-beta-de-adn-unha-interesante-nova-via\/"},"modified":"2007-07-17T23:43:25","modified_gmt":"2007-07-17T21:43:25","slug":"a-beta-de-adn-unha-interesante-nova-via","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/17\/a-beta-de-adn-unha-interesante-nova-via\/","title":{"rendered":"A beta de ADN: unha interesante nova v\u00eda"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image3042\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adnbeta.jpg\" alt=\"adnbeta.jpg\" \/><\/p>\n<p>Pois hoxe estamos que non paramos con novos dese\u00f1os e produtos web. O amigo Juan Varela <em><a href=\"http:\/\/periodistas21.blogspot.com\/2007\/07\/betaadnes.html\">liberou<\/a><\/em> a <a href=\"http:\/\/beta.adn.es\/\">beta do agardado novo ADN<\/a> na web. O dese\u00f1o difer\u00e9nciase claramente dos modelos m\u00e1is cl\u00e1sicos da versi\u00f3n dixital dos xornais en papel e aprox\u00edmase ao seu veci\u00f1o directo, o <a href=\"http:\/\/www.20minutos.es\">20 minutos<\/a>. Moitos elementos inciden nesta cuesti\u00f3n: o uso de manchas de cor s\u00f3lidas, as numerosas estruturas en bloques e a opci\u00f3n por moitos tickers de informaci\u00f3n que se ampl\u00edan de xeito horizontal, val\u00e9ndose das novas posibilidades da combinaci\u00f3n de CSS e AJAX. A\u00ednda que a estrutura interna das noticias \u00e9 bastante convencional, resulta moi chamativa a implicaci\u00f3n directa dos usuarios, que vai formalmente alg\u00fan paso m\u00e1is al\u00e1 que as experiencias de xornalismo cidad\u00e1n doutros medios. Especialmente chamativo \u00e9, por exemplo, a inclusi\u00f3n no segundo pantallazo das iconas dos usuarios m\u00e1is activos da comunidade, ao estilo dos medios sociais, ou o traslado a portada dun <em>badge<\/em> estilo Flickr coas fotos dos usuarios. O movemento de usuarios en tempo real p\u00f3dese apreciar no dese\u00f1o de <em><a href=\"http:\/\/beta.adn.es\/vuestroadn\/\">Vuestro ADN<\/a><\/em>, a central de xesti\u00f3n de contido dos lectores. Iso non quita que, \u00e1s veces, a publicaci\u00f3n dos comentarios &#8220;f\u00f3ra de contexto&#8221; xenere algunha confusi\u00f3n. <\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 relevante, a\u00ednda que xa \u00e9 unha experiencia m\u00e1is co\u00f1ecida, certa &#8220;mashupizaci\u00f3n&#8221;. Na zona inferior, ADN incorpora un mash-up de Google Maps no que posiciona informaci\u00f3n de car\u00e1cter xeogr\u00e1fico (franquicias da NBA, por exemplo), pero o resultado non est\u00e1 ben resolto, ao meu ver: excesivamente horizontal e tan s\u00f3 aporta os nomes das cousas (non ser\u00eda moito mellor un listado?). ADN parece centrarse nun concepto moi activo da informaci\u00f3n, destinada a rotar e consumirse moi rapidamente. O n\u00famero de secci\u00f3ns \u00e9 moito m\u00e1is reducido que nun xornal convencional, pero non parece que o almacenamento e recuperaci\u00f3n posterior sexa demasiado importante (non atopei un buscador en portada). Informaci\u00f3n rotando con rapidez, destinada \u00e1 conversa e \u00e1 distribuci\u00f3n, con licenzas abertas de contido. As tipograf\u00edas grandes, as entradi\u00f1as pequenas parecen fomentar ese concepto de portada como &#8220;base da pir\u00e1mide&#8221;. <\/p>\n<p>O novo ADN consolida unha (segunda? terceira?) v\u00eda no dese\u00f1o de cibermedios. Novos formatos que xa se desprenderon de prexu\u00edzos anteriores e buscan un cami\u00f1o de converxencia novo cos produtos informativos xurdidos por f\u00f3ra do sistema. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pois hoxe estamos que non paramos con novos dese\u00f1os e produtos web. O amigo Juan&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/17\/a-beta-de-adn-unha-interesante-nova-via\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A beta de ADN: unha interesante nova v\u00eda<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3042,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,2],"tags":[],"class_list":["post-3043","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3043","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3043"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3043\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3042"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3043"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3043"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3043"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}