{"id":30398,"date":"2017-05-22T20:11:47","date_gmt":"2017-05-22T18:11:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30398"},"modified":"2017-05-22T20:16:05","modified_gmt":"2017-05-22T18:16:05","slug":"cal-do-barqueiro-o-ultimo-refuxio-da-resistencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/05\/22\/cal-do-barqueiro-o-ultimo-refuxio-da-resistencia\/","title":{"rendered":"Cal do Barqueiro, o \u00faltimo refuxio da resistencia"},"content":{"rendered":"<p>Esta historia comeza e acaba con escenas dignas dun filme. Imos situarnos. Na dura posguerra, Xos\u00e9 Carb\u00f3n, de aquela un rapaz de Lavandeira, foi axudar a un vello da aldea. O vello ti\u00f1a unha fraga nos can\u00f3ns do r\u00edo Eume, e quer\u00eda constru\u00edr unha canle desde o r\u00edo para levar a auga ata al\u00ed. As\u00ed que aquel home falou con varios rapaces, entre eles, Carb\u00f3n. A fraga ficaba nun lugar remoto, lonxe das casas e das aldeas, un lugar solitario no medio de ningures, no fondo dun can\u00f3n. Carb\u00f3n remontou un pouco o r\u00edo para buscar o lugar axeitado no que comezar a constru\u00edr a canle, e de s\u00fapeto veu algo que o deixou teso. Nun lameiro, hab\u00eda numerosas pegadas de botas. En si iso xa era inusual, al\u00ed no medio de ningures, pero hab\u00eda un detalle m\u00e1is: as botas ti\u00f1an un tac\u00f3n circular, e non rectangular. Carb\u00f3n quedouse de pedra e foi xunto ao vello. &#8220;T\u00edo Pepe&#8221;, d\u00edxolle Carb\u00f3n, &#8220;aqu\u00ed anda xente estra\u00f1a. Ve\u00f1a a ver&#8221;. O vello achegouse ata o lameiro e cando veu as pegadas das botas comezou a borralas. &#8220;Imos parar&#8221;, dixo de s\u00fapeto, &#8220;e ti non digas nada, que cos teus compa\u00f1eiros xa me apa\u00f1o eu. Pero non digas nada, eh?&#8221;. E o vello explicoulles aos outros rapaces que non \u00edan continuar, que hab\u00eda que deixar o traballo. Era demasiado esforzo para pouco rendemento. E as\u00ed marcharon de aquela fraga, e deixaron aquel lugar tranquilo.<\/p>\n<p>Malia iso, Carb\u00f3n ver\u00eda m\u00e1is veces a aqueles homes. Os \u00faltimos resistentes \u00e1 ditadura de Franco. Afoutos guerrilleiros da IV Agrupaci\u00f3n, que se mov\u00edan sen parar na zona de Ferrol, As Pontes, Fene, Mugardos, aos p\u00e9s mesmos da base naval e da propia cidade natal de Franco. Sobre todo, v\u00eda as pegadas de aquelas botas de tac\u00f3n circular nas corredoiras, nos lameiros, nos pasos dos regatos. &#8220;Ti\u00f1an o tac\u00f3n circular porque as\u00ed pod\u00edan cami\u00f1ar mellor sen prender nas silveiras ou no mato&#8221;, explicounos Carb\u00f3n. E Cabr\u00f3n borr\u00e1baas sempre: como unha sorte de sombra ben\u00e9fica, fac\u00eda desaparecer os trazos dos guerrilleiros no monte sen que eles mesmos se decataran. E non era o \u00fanico: a densa rede de apoios fixo posible que resistiran trece anos no coraz\u00f3n da represi\u00f3n franquista. Aqu\u00ed, nas fragas do Eume, estivo o \u00faltimo refuxio da IV Agrupaci\u00f3n Guerrilleira, dos resistentes do Norte de Galicia. O lugar a\u00ednda existe. Case inaccesible, protexido pola frouma, pero a\u00ednda se conserva. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O D\u00eda das Letras galegas fun visitalo. O BNG do concello coru\u00f1\u00e9s de Cabanas organizou un roteiro destinado a co\u00f1ecer este importante lugar de memoria. Partimos da aldea de Lavandeira para descender pola ladeira do Rego da Lagoa. Non era moita distancia, pero as condici\u00f3ns de acceso son moi duras. Hai alg\u00fans tramos que hai que descender por cordas, e outros de gran complicaci\u00f3n, sen cami\u00f1os claros. A antiga base guerrilleira fica al\u00f3 embaixo, no tramo m\u00e1is rec\u00f3ndito do r\u00edo. Comezou a estar activa ao redor dos anos 46-47, e aseg\u00farovos que hai que chegar a ela para entender moitas cousas do dura que debeu ser a vida desta xente. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Forno da estrutura rectangular<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao chegarmos abaixo, o primeiro \u00e9 a sorpresa. Un regato bule entre as pedras, a humidade p\u00e1lpase por todas partes, a vexetaci\u00f3n estoupa e as pedras est\u00e1n recubertas de carrizo. E unha pequena pero espectacular fervenza el\u00e9vase no alto. Cami\u00f1o polo lugar esperando a seguir ata o refuxio, ata que algu\u00e9n me di: &#8220;Era aqu\u00ed&#8221;. Era aqu\u00ed? E aqu\u00ed dec\u00e1tome como, de alg\u00fan xeito, a camuflaxe aplicada polos guerrilleiros segue a funcionar. En primeiro lugar, porque non esperas que ningu\u00e9n poida vivir aqu\u00ed, nun lugar tan fermoso \u00e1 vista como dur\u00edsimo para a sa\u00fade e os \u00f3sos. E \u00e9 certo. De s\u00fapeto comezo a ver cousas sorprendentes. Porque cada pedra grande ten muros que pechan as aberturas e oquedades, ficando no seu interior pequenas covas. Aqu\u00ed, al\u00e1. Hai unha grande na que observamos unha plataforma de pedras que permit\u00eda nivelar a superficie. E m\u00e1is al\u00e1 aparece outra que \u00e9 como a evidencia para os esc\u00e9pticos. Unha estructura rectangular m\u00e1is grande, que no seu momento tivo chan de cemento, e nun dos seus estremos, con claridade, un antigo forno. Non hai d\u00fabida. Estamos na base de Cal do Barqueiro, \u00faltimo refuxio da IV Agrupaci\u00f3n do Ex\u00e9rcito Guerrilleiro de Galicia. Aqu\u00ed, nestes lugares, chegou a haber unha emisora port\u00e1til, m\u00e1quinas de escribir e unha impresora Minerva coa que se editaba <em>El Guerrillero-\u00d3rgano del Ej\u00e9rcito Guerrilleiro de Galicia<\/em>. Aqu\u00ed ficaban os guerrilleiros doentes e desde aqu\u00ed part\u00edan e volv\u00edan en expedici\u00f3ns e acci\u00f3ns militares. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guerrillero.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Polas datas, este exemplar de El Guerrillero poder\u00eda estar impreso na base de Cal do Barqueiro<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Connosco v\u00e9n un home que non para de falar. &#8220;Se eu falara deles, non me chegar\u00eda un d\u00eda enteiro&#8221;, c\u00f3ntanos. El descr\u00edbenos a escena, que quedou tan gravada na memoria local, da caza de Riqueche e o seu destacamento, oito guerrilleiros, en Pazos (Monfero). F\u00e1lanos de como levaron aos guerrilleiros no carro dun home da aldea para soterralos no mosteiro, nunha foxa com\u00fan, pero polo cami\u00f1o o sangue dos mortos enchoupaba as rodas e as xuntas do carro. Aquel home est\u00e1 al\u00ed abaixo, mirando o lugar. &#8220;Aqu\u00ed ti\u00f1a que vir Feij\u00f3o&#8221;, di el, &#8220;pero non vir\u00e1&#8221;. E repite: &#8220;pero non vir\u00e1&#8221;. \u00c9 o \u00fanico momento no que fica calado.  <\/p>\n<p>Obviamente, a cultura material que existe \u00e9 m\u00ednima. As chouzas foron destru\u00eddas tam\u00e9n polos veci\u00f1os anos despois, pero nunca foron grandes edificios. Parece ser que se constru\u00edan entre os penedos, se tapaban cunha lona e por riba da lona ramallada verde para camuflar. Estaban pensadas para non ser vistas. Pero visto na distancia, lembroume \u00e1s ru\u00ednas dos mosteiros altomedievais galegos, con varias habitaci\u00f3ns, estruturas e socalcos tam\u00e9n ao redor dunha fervenza, nun profundo can\u00f3n no que pouca luz entra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cal_barqueiro_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Estrutura rectangular esmorecida<\/em><\/p>\n<p>O certo \u00e9 que tralas dificultades para chegar o sitio, o lugar dev\u00f3rache a conciencia. O sentido de lugar aqu\u00ed \u00e9 fundamental. Porque es consciente do aillamento, da dura elecci\u00f3n do sitio, da necesidade dun lugar remoto nun territorio ultrapoboado como Galicia, da elecci\u00f3n dun sitio con duras consecuencias para a sa\u00fade desta xente (fr\u00edo, humidade, etc.). Algu\u00e9n fala de que o sitio deber\u00eda estar reco\u00f1ecido e sinalizado e preparado o seu acceso. Aqu\u00ed, \u00e1 fin e ao cabo, concentrouse a \u00faltima resistencia do occidente galego a unha terrible ditadura fascista que nos cambiou o futuro. De alg\u00fan xeito, este foi o \u00faltimo lugar libre da Galicia occidental. <\/p>\n<p>Pero algu\u00e9n tam\u00e9n di: &#8220;E mira ti se algu\u00e9n v\u00e9n e pinta neste sitio unhas cruces gamadas ou unhas esv\u00e1sticas&#8221;. E tam\u00e9n quedas dubidando. Mirade o que pasou estes d\u00edas na Coru\u00f1a coa exposici\u00f3n do movemento obreiro. Isto non \u00e9 un santuario, pero \u00e9 un lugar da memoria e da dignidade. Un lugar que merece un respecto. E por desgraza, neste pa\u00eds, o respecto a\u00ednda se consegue co secreto. <\/p>\n<p>A fin da base de Cal do Barqueiro, ao igual que o inicio deste relato, tam\u00e9n \u00e9 digno dun filme. Parece ser que os guerrilleiros chegaron a implementar un sistema de alarmas cunha bocina el\u00e9ctrica. Hab\u00eda tam\u00e9n dous puntos de vixilancia en penedos sobre o propio refuxio. O 18 de xullo do ano 1950 a bocina comezou a soar. Unha partida da Garda Civil aparecera na zona, pero os guerrilleiros, grazas \u00e1 alarma, tiveron tempo de prepararse. C\u00f3ntase que uns e outros, guerrilleiros e gardas civ\u00eds, ficaron apunt\u00e1ndose, os uns aos outros, no estreito can\u00f3n do r\u00edo. E aconteceu algo incrible. Decat\u00e1ronse de que se se liaban a tiros non \u00eda sobrevivir ningu\u00e9n de ning\u00fan bando. As\u00ed que a Garda Civil foi retrocedendo lentamente, monte arriba, e os guerrilleiros fuxiron r\u00edo abaixo, abandonando para sempre Cal do Barqueiro ou Cal do Foxo, a \u00faltima base da guerrilla occidental galega. <\/p>\n<p><strong>NOTA: <\/strong>este \u00e9 un dos casos nos que prefiro non divulgar directamente as coordenadas do lugar polos motivos antes expostos. Seguen a existir fascistas con ga\u00f1as de facer dano. Se algu\u00e9n quere visitar a Base Guerrilleira, pode escribirme un correo electr\u00f3nico a magago@gmail.com e con gusto pasareille as coordenadas. <\/p>\n<p>NOTA2: Agradezo a Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, que me remitira <a href=\"http:\/\/www.radiofusion.eu\/manager.php?p=FichaNova&#038;ID=20129\">esta valiosa ligaz\u00f3n<\/a>. Unha entrevista ao se\u00f1or Xos\u00e9 Carb\u00f3n, memoria viva da resistencia antifranquista na comarca de Ferrol. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Visitamos a base abandonada polos \u00faltimos guerrilleiros antifranquistas das fragas do Eume.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/05\/22\/cal-do-barqueiro-o-ultimo-refuxio-da-resistencia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cal do Barqueiro, o \u00faltimo refuxio da resistencia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30399,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-30398","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30398","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30398"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30398\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30412,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30398\/revisions\/30412"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30399"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30398"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30398"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30398"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}