{"id":30380,"date":"2017-05-18T08:30:52","date_gmt":"2017-05-18T06:30:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=30380"},"modified":"2017-05-18T08:43:44","modified_gmt":"2017-05-18T06:43:44","slug":"o-vento-de-deus-en-almonaster-la-real","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/05\/18\/o-vento-de-deus-en-almonaster-la-real\/","title":{"rendered":"O vento de Deus en Almonaster la Real"},"content":{"rendered":"<p>Cando estiven no interior deste lugar, foi o primeiro que pensei. &#8220;Ben, pois xa pagou a pena esta viaxe&#8221;. Era unha cuesti\u00f3n de traballo, significaba perder na estrada dous d\u00edas -un de ida e outro de volta- dunha ponte de tres, pero a\u00ednda as\u00ed, a viaxe pagara a pena. <\/p>\n<p>Estabamos na Serran\u00eda de Huelva, un marabilloso recuncho verde no norte de Andaluc\u00eda, na co\u00f1ecida como &#8220;Banda Gallega&#8221;. Este territorio monta\u00f1oso exerceu de fronteira -ou de cu\u00f1a- do reino castel\u00e1n contra os \u00e1rabes do sur e os portugueses do oeste. As\u00ed que mandaron a unha chea de afoutos galegos a agarrarse a este territorio con unllas e dentes. Hoxend\u00eda, os habitantes destas pequenas e fermos\u00edsimas vilas brancas, api\u00f1ocadas nas ladeiras, a\u00ednda se consideran galegos -ou cando menos a\u00ednda consideran a s\u00faa memoria- e afirman que con eles trouxeron estes fermosos casti\u00f1eiros que aqu\u00ed se dan estupendamente. O certo \u00e9 que esta paisaxe se nos fai c\u00f3moda: estas vistas limitadas pola topograf\u00eda, por cimas boscosas, curvas e regatos bulideiros. Baixo estes soutos viven estupendamente os porcos de Jabugo e outras pequenas vili\u00f1as desta serra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero o que dic\u00eda de Almonaster la Real ti\u00f1a que ver con isto das fotos. Almonaster \u00e9 unha vila que medrou aos p\u00e9s dun monte que no seu d\u00eda foi castelo, e antes de castelo foi un complexo romano, con moitas probabilidades de ser un espazo sagrado e eu po\u00f1o sobre a mesa que dedicado a X\u00fapiter. Pero tam\u00e9n \u00e9 todo un relato das transformaci\u00f3ns relixiosas da Pen\u00ednsula. Porque ese posible templo de X\u00fapiter convertiuse no s\u00e9culo VI nun mosteiro visigodo -de a\u00ed o nome da vila, en \u00e1rabe, pero pillando o top\u00f3nimo do lat\u00edn, &#8220;O mosteiro&#8221;-. No s\u00e9culo IX-X ergueuse sobre as ru\u00ednas do mosteiro visigodo -e aproveitando os materiais xerm\u00e1nicos, pero tam\u00e9n os materiais romanos aproveitados previamente- unha mesquita rural, unha humilde, ben proporcionada, abraiante mesquita rural que chegou ata n\u00f3s en perfecto estado porque este espazo, cando Almonaster foi conquistada polos cristi\u00e1ns, convertiuse en ermida cat\u00f3lica, engad\u00edndolle unha \u00e1bside rom\u00e1nica, pero sen eliminar o mihrab. De tal xeito que a estrutura do edificio ten dous sa\u00edntes, un mirando \u00e1 Meca e outro mirando a Xerusal\u00e9n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/almo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O d\u00eda que a visitamos o tempo estaba desapacible. Subimos o castelo -que tam\u00e9n incl\u00fae unha praza de touros do s\u00e9culo XIX- e trepamos polas pequenas escadas que dan ao sahn, ao patio das abluci\u00f3ns. Unha r\u00fastica fonte de pedra evac\u00faa auga por unha min\u00fascula canle creando este son lixeiramente hipn\u00f3tico; pero tam\u00e9n o suave xogo do vento col\u00e1ndose polas caprichosas voltas desta estrutura cond\u00facete ao haram, \u00e1 sala de oraci\u00f3ns, escura, misteriosa e suxerente. O vento fr\u00edo provoca invisibles turbulencias e sensibles ouveos entre as b\u00f3vedas, mentres descubres os trazos isl\u00e1micos dos bereberes instalados nestas serras, as letras latinas das laudas romanas, os capiteis modestos de \u00e9poca visigoda, as luces das fiestras medievais. \u00c9 este vento, o vento de Deus, quen parece convertir o espazo nunha arquitectura susurrante e suxestiva. <\/p>\n<p>E eu preg\u00fantome en que medida a ollada tur\u00edstica acaba por deturpar a nosa observaci\u00f3n dun espazo. Porque eu, como ateo confeso, descubro en Almonaster la Real unha espiritualidade que vai al\u00e9n dun periodo concreto. Os carteis, as oficinas de turismo conxelan este recinto en \u00e9poca musulmana; \u00e9 chamar a atenci\u00f3n sobre o distinto, ex\u00f3tico, diferente que \u00e9 o Islam. Pero este espazo \u00e9 moito m\u00e1is. Vai en que catro relixi\u00f3ns diferentes -po\u00f1amos que esa igrexa visigoda xa non era a igrexa cat\u00f3lica do s\u00e9culo XIII- fixeron evolucionar o espazo incorporando sempre os trazos dos espazos anteriores; destru\u00edndo o necesario, pero recuperando o fermoso, constru\u00edndo durante mil cincocentos anos unha casa de Deus. E o que no seu momento puido ser un discurso de opresi\u00f3n e de sumisi\u00f3n da relixi\u00f3n vencedora sobre a anterior \u00e9 agora, s\u00e9culos despois, algo distinto: a transformaci\u00f3n das caras de Deus -ese alter ego turbio e borroso dos homes- que, coma o demo, ref\u00faxiase nas esquinas na procura de quen o queira escoitar a trav\u00e9s do vento e do voo das lavercas. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un templo inmemorial na Sierra de Huelva<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/05\/18\/o-vento-de-deus-en-almonaster-la-real\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O vento de Deus en Almonaster la Real<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":30381,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-30380","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30380","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=30380"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30380\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":30392,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/30380\/revisions\/30392"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/30381"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=30380"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=30380"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=30380"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}