{"id":2994,"date":"2007-07-09T20:41:16","date_gmt":"2007-07-09T18:41:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/09\/notas-arqueoloxicas-do-castro-lupario-ao-castro-mouro-e-unha-decepcion-en-francelos\/"},"modified":"2007-07-09T22:29:58","modified_gmt":"2007-07-09T20:29:58","slug":"notas-arqueoloxicas-do-castro-lupario-ao-castro-mouro-e-unha-decepcion-en-francelos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/09\/notas-arqueoloxicas-do-castro-lupario-ao-castro-mouro-e-unha-decepcion-en-francelos\/","title":{"rendered":"Notas arqueol\u00f3xicas: do Castro Lupario ao Castro Mouro, e unha decepci\u00f3n en Francelos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2993\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lupario_mouro.jpg\" alt=\"lupario_mouro.jpg\" \/><br \/>\n<em>Castro Lupario (esquerda, Google Maps) e Castro Mouro (dereita, SIXPAC). O Castro Mouro ten un recheo semitransparente para observar a forma da croa e identificar a muralla ao redor. <\/em><\/p>\n<p>1. O <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2004\/01\/02\/o-castro-dos-lobos\/\">Castro Lupario<\/a> \u00e9 un dos xacementos m\u00e1is intrigantes da Ma\u00eda. Tr\u00e1tase dun recinto tan enigm\u00e1tico como magn\u00edficamente conservado. Unha imponente muralla de pedra rodea o recinto superior da acr\u00f3pole. No seu interior, un muro divisorio, que se aprecia na fotograf\u00eda, divide o recinto (<a href=\"http:\/\/maps.google.com\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.815925,-8.631268&#038;spn=0.002239,0.005879&#038;t=k&#038;z=18&#038;om=1\">ver en Google Maps aqu\u00ed<\/a>). As acumulaci\u00f3ns de formas da zona dereita p\u00e9nsase que son as ru\u00ednas dunha capela medieval. Ao redor do castro, na zona noroeste, d\u00e1se un fen\u00f3meno moi interesante. Da muralla saen, de xeito radial, valados que descenden un pouco no monte, aparentemente da mesma \u00e9poca do castro, e que poden falar de cando a muralla deixou de ter un uso para facerse, unicamente, unha parte do muro divisorio de fincas. Os castrexos inseriran na mesma muralla un petroglifo, se cadra extra\u00eddo dalgunha pedra do monte. E, un detalle moi interesante, a maiores: non hai casas. Alomenos, na \u00e1rea norte, por riba do valado divisor. Nin trazas. Sempre crin que o Castro Lupario era culturalmente diferente ao resto dos castros da zona. Non me refiro a outra cultura, a outra etnia nin nada diso. Sen\u00f3n que non respond\u00eda aos patr\u00f3ns habituais dos castros desta zona da provincia da Coru\u00f1a. Se cadra sexa un espellismo derivado do seu excelente estado de conservaci\u00f3n. Se cadra. <\/p>\n<p>Pero esta fin de semana quixen comprobar que acontec\u00eda noutro castro pr\u00f3ximo. Rub\u00e9n pasoume un fant\u00e1stico arquivo de Google Earth con castros da zona e localicei o Castro Mouro, preto de Calo. D\u00faas aldeas est\u00e1n baixo do monte, Socastro (un cl\u00e1sico) e Mouromorto (vaia lenda debeu haber). O Castro Mouro ten unha pranta similar \u00e1 do Castro Lupario (rectangular, orientada de norte a sur), a\u00ednda que en moito menor grado de conservaci\u00f3n (ten un gran muro de mamposter\u00eda, pero est\u00e1 no medio e medio dunha parroquia densamente poboada e de a\u00ed tiveron que levar pedra). Est\u00e1 moi pr\u00f3ximo, en li\u00f1a recta, 3 quil\u00f3metros, e parece un calco do Lupario. <\/p>\n<p>O Castro Mouro ocupa un \u00e1rea practicamente similar ao Castro Lupario, unhas 1,2 hect\u00e1reas. \u00c9 totalmente plano na s\u00faa croa e conta cun valado, exactamente na mesma altura que o castro Lupario, que divide esa croa en dous. Igual que no Lupario, na divisi\u00f3n sur da croa det\u00e9ctanse estruturas, pero hai tanta broza que non se poden determinar. Sen embargo, na divisi\u00f3n norte, unha exploraci\u00f3n superficial s\u00f3 permitiu localizar uns calzos labrados nunha pedra. Pero \u00e9 que, ademais, na zona suroeste (nas outras hab\u00eda moita maleza), localizamos valados radiais sa\u00edndo da muralla principal en perpendicular, dividindo fincas. \u00bfPor que dous castros tan, tan semellantes? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image2995\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/francelos.jpg\" alt=\"francelos.jpg\" \/><br \/>\n<strong>Buscando (desesperadamente) unha croa. Foto: Sole<\/strong><\/p>\n<p><strong>2. Francelos, ou a decepci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos s\u00e1beno ben: unha suma de indicios non quere dicir unha evidencia. Localicei o castro de Francelos nos mapas do IGN. A aldea, no concello de Rois, est\u00e1 tam\u00e9n moi pr\u00f3xima ao Castro Lupario. Tr\u00e1tase dun fermoso lugar, unha aldea situada no hinterland entre os montes e o f\u00e9rtil e umbr\u00edo val do Sar. Chegamos a Francelos, e unha parella de vellos sinalounos, bufando, un pico de fortes pendentes pendurado sobre a aldea. &#8220;\u00c9 o castro&#8221;, dix\u00e9ronnos. <em>Ben, tipolox\u00eda de castelo<\/em>, pensei eu. Subimos alasando, por unha pendente criminal, porque os cami\u00f1os que levaban ao monte desapareceran esborradas polos incendios do ver\u00e1n pasado. Que incendios. O monte enteiro cheo de xestas queimadas, de fieitos desmedidos e \u00e1rbores ca\u00eddas, que cascaban ao noso paso e se fend\u00eda nunha estra\u00f1a terra areosa, sedimentaria. Ao chegarmos arriba, todo parec\u00eda que era o lugar. Un chan relativamente plan, circundado de elevadas pendentes. Nas proximidades, no lado oeste, unha fonte. No sur, outra. Lugar estrat\u00e9xico. Toponimia correcta. Pero nada. Nada de nada. E non se trata de non saber ver: o lume barrera todo e o monte era case transparente. Nin un m\u00edsero resto para estas pernas negras de cinza e la\u00f1adas de cad\u00e1veres arb\u00f3reos e toxo. Baixamos. Ao chegarmos a casa mirei o mapa: subiramos o Monte Touriz. O castro estar\u00eda, de habelo, cen metros m\u00e1is ao norte. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Castro Lupario (esquerda, Google Maps) e Castro Mouro (dereita, SIXPAC). O Castro Mouro ten un&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/09\/notas-arqueoloxicas-do-castro-lupario-ao-castro-mouro-e-unha-decepcion-en-francelos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Notas arqueol\u00f3xicas: do Castro Lupario ao Castro Mouro, e unha decepci\u00f3n en Francelos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2995,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-2994","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2994"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2994\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2995"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2994"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}