{"id":2945,"date":"2007-07-01T11:08:02","date_gmt":"2007-07-01T09:08:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/01\/as-tecnicas-retoricas-de-al-gore-en-unha-verdade-inconvinte\/"},"modified":"2007-07-01T11:31:31","modified_gmt":"2007-07-01T09:31:31","slug":"as-tecnicas-retoricas-de-al-gore-en-unha-verdade-inconvinte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/01\/as-tecnicas-retoricas-de-al-gore-en-unha-verdade-inconvinte\/","title":{"rendered":"As t\u00e9cnicas ret\u00f3ricas de Al Gore en Unha verdade inconvinte"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2944\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gore_verdade.jpg\" alt=\"gore_verdade.jpg\" \/><br \/>\n<em>Fotograma de An Inconvenient Truth (2006)<\/em><\/p>\n<p>A\u00ednda que ti\u00f1a na casa desde hai tempo <em><a href=\"http:\/\/www.climatecrisis.net\/\">An Inconvenient Truth<\/a><\/em>, a pel\u00edcula documental protagonizada polo ex Vicepresidente dos Estados Unidos Al Gore, non foi ata onte, despois de que os amigos me agasallaran co libro da pel\u00edcula, cando me sentei a vela con calma. O que non sab\u00eda era que a pel\u00edcula, en realidade, era a gravaci\u00f3n dunha conferencia. Non falo, por suposto, da t\u00edpica gravaci\u00f3n aburrida cun plano frontal do ponente nun podio, claro. Trat\u00e1base dunha conferencia pensada para ser gravada, cunha esmerada realizaci\u00f3n. Pero o que non me sorprendeu foi a an\u00e1lise da existencia do cambio clim\u00e1tico e as s\u00faas graves consecuencias para o planeta -estou m\u00e1is que convencido diso-, sen\u00f3n que estaba a ver unha obra mestra da ret\u00f3rica argumental.<\/p>\n<p>Al Gore \u00e9 un sofista contempor\u00e1neo. Ata o 2006 repetira esta conferencia, en versi\u00f3ns curtas ou longas, m\u00e1is de 1000 veces. Ten os argumentos, as pausas e as cadencias perfectamente ensaiadas. E fai un uso intelixent\u00edsimo das tantas veces mal empregadas diapositivas. Cantas veces un powerpoint non ten sido un refuxio de t\u00edmidos, que se aferran de xeito literal a elas e repiten como loros o que toda a audiencia pode ler! Pola contra, Gore domina o uso do <em>powerpoint<\/em> (en realidade, emprega o Keynote de Mac, que \u00e9 mil veces mellor, pero para entendermos) cunha destreza que te\u00f1o visto en moi poucas ocasi\u00f3ns. Traballa con el en dous ritmos. A veces reclama \u00e1 audiencia a s\u00faa atenci\u00f3n \u00e1 enorme pantalla horizontal que est\u00e1 ao fondo do estrado, outras veces, co seu mando remoto, controla o fondo como se fose un VJ, mentres desgrana oralmente un argumento. Argumentos orais e diapositivas est\u00e1n tan imbricados que non se poden disociar. O slide serve como un metr\u00f3nomo, para marcar o ritmo da argumentaci\u00f3n. Da t\u00e9cnica argumentativa de Al Gore tirei algunhas lecci\u00f3ns que xa ti\u00f1a visto antes noutros mestres da ret\u00f3rica persuasiva pero que non conceptualizara demasiado:<\/p>\n<ul>\n<li>Provoca un primeiro golpe de atenci\u00f3n: efectivo, pero am\u00e1bel. Cautiva \u00e1 audiencia cunha imaxe. <em>As \u00fanicas fotos completas do Planeta Terra<\/em> <\/li>\n<li>Combina experiencias persoais con razoamentos te\u00f3ricos<\/li>\n<li>Reduce os factores de complexidade das grandes cuesti\u00f3ns, ben a trav\u00e9s de t\u00e9cnicas de infograf\u00eda, ben despezando o argumento en m\u00faltiples argumentos e recollendo de xeito encadeado, nos \u00faltimos, as teses anteriores .<\/li>\n<li>Relacionado co anterior, emprega gr\u00e1ficos de evoluci\u00f3n progresiva, distribu\u00eddos en varias etapas, reservando o dato decisivo cara o final e preparando \u00e1 audiencia para el<\/li>\n<li>Aprox\u00edmate \u00e1 audiencia a trav\u00e9s de acontecementos pr\u00f3ximos ou o tratamento do seu propio territorio<\/li>\n<li>Trata \u00e1s fontes favor\u00e1beis como amigos, co\u00f1ecidos ou mentores. A implicaci\u00f3n persoal \u00e9 moi relevante para defender a tese<\/li>\n<li>Identifica dun inimigo ou adversario claro (<em>o goberno Bush<\/em>)<\/li>\n<li>En problemas moi co\u00f1ecidos polo p\u00fablico, \u00e9 moi importante referirse \u00e1 argumentaci\u00f3n dos adversarios e desmontala, a\u00ednda que sen dedicarlle demasiado tempo. <\/li>\n<li>Remata cunha mensaxe optimista e deposita parte da responsabilidade na audiencia <\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotograma de An Inconvenient Truth (2006) A\u00ednda que ti\u00f1a na casa desde hai tempo An&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/07\/01\/as-tecnicas-retoricas-de-al-gore-en-unha-verdade-inconvinte\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As t\u00e9cnicas ret\u00f3ricas de Al Gore en Unha verdade inconvinte<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2944,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,2],"tags":[],"class_list":["post-2945","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2945","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2945"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2945\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2944"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2945"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2945"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2945"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}