{"id":29433,"date":"2017-03-27T08:36:59","date_gmt":"2017-03-27T06:36:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29433"},"modified":"2017-03-28T11:15:20","modified_gmt":"2017-03-28T09:15:20","slug":"cabeco-das-fraguas-un-monte-de-memorias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/03\/27\/cabeco-das-fraguas-un-monte-de-memorias\/","title":{"rendered":"Cabe\u00e7o das Fr\u00e1guas: o monte da lingua esquencida"},"content":{"rendered":"<p><em>O c\u00edrculo punteado sinala o lugar da inscrici\u00f3n<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai algo de inici\u00e1tico e \u00fanico nesta experiencia e nesta viaxe. Ir ata o Cabe\u00e7o das Fr\u00e1guas, unha prominente monta\u00f1a, aillada, no concello da Guarda, en Portugal. Unha persoa perspicaz decatarase de que, a penas uns kil\u00f3metros atr\u00e1s, deixou al\u00e1 outra paisaxe e outro clima, e entra nun territorio de fronteira. Aqu\u00ed, como digo, no coraz\u00f3n desta pequena monta\u00f1a, g\u00e1rdase un tesouro tan marabilloso como pouco desco\u00f1ecido: un dos poucos textos na lingua que se falaba no occidente da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica antes da conquista romana. \u00c9 un texto solemne, pero ao mesmo tempo pr\u00f3ximo, que soa noso, de alg\u00fan xeito, cando o pronuncias en voz alta, que <em>case<\/em> o entendes. Est\u00e1 no centro dun antigo castro, onde as casas e as murallas de pedra sobresaen por todas partes, esquencidas. E non hai cami\u00f1o para subir. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Literalmente. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fraguas_2.jpg\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p>O viaxeiro que queira achegarse ata esta antiga pedra sagrada deber\u00e1 estudar o pedrugallento outeiro e decidir por que cara se vai atrever a subir. Eu promet\u00edn vir aqu\u00ed cando, cun xeonllo roto e escaiolado, escrib\u00edn <em>Vento e Chuvia<\/em> e baseeime moito nesta inscrici\u00f3n e no seu significado. Eu subirei al\u00ed, d\u00edxenme, nalg\u00fan momento cando estea recuperado. Non hai sombras. Non hai auga. E o que parece unha ascensi\u00f3n tranquila en realidade hai que facela con sumo coidado. Medra unha vexetaci\u00f3n moi alta que fai que nunca vexas o chan. Cada paso \u00e9 unha sorpresa. Hai que gabear entre as pedras. E, se te confundes, baixar, rodear, volver estudar, e acometer outra subida. Non \u00e9 para todo o mundo, desde logo. Xa o aviso se queredes ir. Todos debedes querer subir. Con todo o voso coraz\u00f3n. Para que, cando esteades arriba, poidades compartir o que al\u00ed veredes. <\/p>\n<p>Por ver unha pedra? <\/p>\n<p>Non, por <em>ler<\/em> unha pedra, que \u00e9 moi distinto. Por pronunciala en voz alta e mirar o ermo ao redor. E imaxinarse a escena, o procedemento sagrado, escrito na pedra, a complexidade do que aqu\u00ed se conta; o sol atormentado, o po, o cheiro dos animais, o rezume do sangue nas pedras, as plegarias, as fogueiras prendidas dispostas a asar as mellores pezas en banquete, as cabanas circulares, os nomes das divinidades, pronunciadas polo desexo e pola memoria. \u00c9 unha <em>suovetaurilia<\/em>, un manual que describe un triple sacrificio: de ovellas, porcos e touros, a divinidades distintas, un ritual de orixe indoeuropea. Nas Illas Brit\u00e1nicas matar\u00edan por algo as\u00ed. Pero aqu\u00ed, en Guarda, igual que en Galicia, non hai cami\u00f1o de acceso. Terrible desde un punto de vista p\u00fablico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fraguas_3.jpg\" alt=\"null\" \/><br \/>\n<em>Restos das murallas e das terrazas do recinto exterior<\/em><\/p>\n<p>Pero marabilloso desde o punto de vista persoal. Vas subindo, arfando, falta o aire, e de s\u00fapeto ves algo familiar. Ese rotura na pendente da monta\u00f1a. Esa acumulaci\u00f3n de cachote. Est\u00e1s outra volta, nun espazo humano, remontando unha terraza prehist\u00f3rica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_3.jpg\"\/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_2.jpg\"\/><\/p>\n<p>Este espazo foi habitado hai dous mil anos pero despois do seu abandono, ficou na memoria a trav\u00e9s de diferentes pr\u00e1cticas que evolucionaron ao longo dos s\u00e9culos. Os homes abandonaron a monta\u00f1a a finais do s\u00e9culo I d.C., pero non a esquenceron nin moito menos. Localiz\u00e1ronse moitas aras ao p\u00e9 deste monte sagrado, na Quinta de San Domingos, igual que ao redor do monte Larouco, no que parec\u00eda ser unha pequena explotaci\u00f3n mineira ou de forxa, como di o top\u00f3nimo. O esta\u00f1o tam\u00e9n afloraba en numerosas minas ao redor. As\u00ed que o metal, sempre presente; a monta\u00f1a aillada e destacada, sempre presente; o m\u00e1xico mineral da riqueza xurdindo ao seu redor. Toda unha idea sobre as transformaci\u00f3ns das relixi\u00f3ns propias da Gallaecia e Lusitania coa chegada de Roma. Se cadra, este era, na Idade do Ferro, un lugar de agregaci\u00f3n para diferentes pobos que chegaban aqu\u00ed en datas determinadas, e realizaban os seus rituais aos deuses. Coas transformaci\u00f3ns derivadas do mundo romano, as necesidades destes populi, integrados de alg\u00fan xeito na estrutura administrativa imperial, atoparon outros cauces de relaci\u00f3n pero mantiveron a memoria deste espazo ata hoxe, manifest\u00e1ndoa de maneira distinta conforme pasaba o tempo. <\/p>\n<p>Pero imos coa inscrici\u00f3n: <\/p>\n<p>OILAM. TREBOPALA.<\/p>\n<p>INDI. PORCOM. LAE(uel B)BO.<\/p>\n<p>OMAIAM. ICCONA. LOIM\/INNA. OILAM. VSSEAM.<\/p>\n<p>TREBARVNE. INDI. TAVROM.\/ IFADEM [&#8230;?]<\/p>\n<p>REVE. TRE [&#8230;]<\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes vela mellor: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/inscri.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cab_fr_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Est\u00e1 al\u00ed, na zona m\u00e1is alta, na base dun rochedo, fronte a unha superficie m\u00e1is ou menos ampla, claramente diferenciada por un muro do resto do castro. A\u00ednda que agora non se aprecian con facilidade, o Instituto Arqueol\u00f3xico alem\u00e1n localizou <a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/428377\/O_santu\u00e1rio_do_Cabe\u00e7o_das_Fr\u00e1guas_atrav\u00e9s_da_arqueologia\">interesantes estruturas nas proximidades da inscrici\u00f3n<\/a> que entenderon como un espazo de agregaci\u00f3n e banquetes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_esc_cabezo.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nMapa da escavaci\u00f3n do Instituto Arqueol\u00f3xico Alem\u00e1n (Correia Santos; Schattner, en <em>Iberografias<\/em> 6, 2010)<\/p>\n<p>A\u00ednda que hai algunhas diferencias nas interpretaci\u00f3ns, a traduci\u00f3n ser\u00eda algo as\u00ed como: <\/p>\n<p><em>Unha ovella para Trebopala<br \/>\ne un porco para Laebo,<br \/>\nunha crinosa egua para a luminosa Epona, unha ovella dun ano<br \/>\na Trebaruna e un touro semental &#8230;<br \/>\npara Reve, Se\u00f1or&#8230;<\/em><\/p>\n<p>Non damos lido toda a inscrici\u00f3n porque na base, tras o nome do deus Reve, a pedra ten un la\u00f1azo tremendo impartido por uns buscadores de tesouros, segundo me explicou Maria Joao Santos, unha das arque\u00f3logas que investigou este santuario castrexo. Buscaban o tesouro da Lage da Moira.  Cami\u00f1amos polo Cabe\u00e7o reco\u00f1ecendo as estruturas. Coma moitos castros, este lugar tivo tres fases de ocupaci\u00f3n: a m\u00e1is antiga rem\u00f3ntase ao Bronce final, s\u00e9culo VIII, outra do Ferro II (IV-II a.C.) e unha \u00faltima fase, breve, que rematar\u00e1 no s\u00e9culo I d.C. pero cun ambiente &#8220;marcadamente indigenista e conservador&#8221;, sinala Santos, nos enxovais e nos materiais: cer\u00e1micas moi heterox\u00e9neas e nas que destaca a ausencia de grandes potas de almacenaxe, indicando un importante car\u00e1cter peregrinatorio do sitio. <\/p>\n<p>\u00c9 factible reco\u00f1ecer terrazas, vivendas, murallas e mesmo portas, que apuntan cara a zona que resulta m\u00e1is doada para subir ata o alto desta monta\u00f1a, a\u00ednda que hoxe est\u00e1 separada do resto por fincas privadas que o imposibilitan. <\/p>\n<p>Durante case mil anos, este lugar exerceu un importante papel para as comunidades que viv\u00edan ao redor: un faro de memoria, un espazo sagrado, que estar\u00eda revestido de folclore, de canci\u00f3ns, de lendas de orixe que vinculaban este lugar con estes deuses de nomes marabillosos: Reve, Trebopala, Iccona, Laebo, Trebarune. Penso niso, e penso en como ese papel vai cambiando pero, de alg\u00fan xeito, se resiste a desaparecer, a\u00ednda que xa non haxa cami\u00f1o para chegar aqu\u00ed. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes ver a famosa inscrici\u00f3n nun modelo 3D que realicei:<\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/a068714a558941bc81fa41a00497212f\/embed\" frameborder=\"0\" allowvr allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<\/div>\n<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 unha das poucas inscrici\u00f3ns na vella lingua dos galaicos e lusitanos. Pero chegar a ela require ascender unha monta\u00f1a sen cami\u00f1os.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/03\/27\/cabeco-das-fraguas-un-monte-de-memorias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cabe\u00e7o das Fr\u00e1guas: o monte da lingua esquencida<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29438,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,73,8],"tags":[],"class_list":["post-29433","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-portugal","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29433"}],"version-history":[{"count":13,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29433\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29460,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29433\/revisions\/29460"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29438"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}