{"id":2939,"date":"2007-06-30T11:33:05","date_gmt":"2007-06-30T09:33:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/06\/30\/a-esforzada-vida-das-patifas\/"},"modified":"2007-07-01T01:14:57","modified_gmt":"2007-06-30T23:14:57","slug":"a-esforzada-vida-das-patifas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/06\/30\/a-esforzada-vida-das-patifas\/","title":{"rendered":"A esforzada vida das patifas"},"content":{"rendered":"<p>No primeiro n\u00famero de <em>Pazos de Galicia<\/em>, unha nova revista promovida pola asociaci\u00f3n hosteleira do mesmo nome, Susana F. Vale entrevista a Carmen Llerena, unha das \u00faltimas <em>patifas<\/em>. As patifas eran un grupo de esforzadas mulleres, de gran pobreza, moitas veces vi\u00favas cunha chea de fillos por manter, que mercaban peixe en Pontecesures, ao car\u00f3n de Padr\u00f3n e despois repart\u00edano polas parroquias da comarca: Boqueix\u00f3n, Lestedo, A Estrada ou Vedra. Basicamente, vend\u00edan peixe azul: xurelos, xardi\u00f1as, xoubas, que era o que mellor aturaba a prolongada exposici\u00f3n. <\/p>\n<p>Na posguerra, cos mortos do conflito, chegaron a ser unhas 40 ou 50 <em>botadas ao cami\u00f1o<\/em> (agora entendo esa frase arous\u00e1); a venda moitas veces consum\u00e1base en especie porque os seus clientes non dispu\u00f1an de di\u00f1eiro: as\u00ed ca\u00edan patacas, ovos, o que fora. Cargaban no burri\u00f1o d\u00faas cestas: nunha delas levaban \u00e1s sardi\u00f1as, na outra aos beb\u00e9s. Siluetas de negro, polos cami\u00f1os, cunha cesta de xurelos tapada, levada na cabeza co novelo. Trala guerra, ese cami\u00f1o silandeiro entre as aldeas fac\u00edase entre os mortos deborcados nas cunetas. As\u00ed, ducias e ducias de quil\u00f3metros diarios, para sacar adiante aos fillos, nun cruce entre negocio e esmola. Impactoume moit\u00edsimo esta fotograf\u00eda:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image2938\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/patifa.jpg\" alt=\"patifa.jpg\" \/><\/p>\n<p>Eran as festas do patr\u00f3n dunha parroquia e os homes da aldea convid\u00e1rona a bailar con eles. Na foto non se ve moi ben, pero esa estampa atravesa con forza ata n\u00f3s. A vi\u00fava, de negro, bailando mui\u00f1eiras mentres fai equilibrios coa s\u00faa cesta de xurelos, que non quere deixar no chan por nada. Nin na festa deixa de estar en garda. Ao ler a reportaxe de Susana Vale, lembrei que as patifas non eran s\u00f3 exclusivas da comarca compostel\u00e1. <\/p>\n<p>Chegoume un recordo \u00e1 cabeza. Na casa da mi\u00f1a avoa, en Palmeira. Unha muller que sempre vi\u00f1a \u00e1 tardi\u00f1a con xurelos. A mi\u00f1a avoa mercaba o peixe pola ma\u00f1\u00e1 na vella praza da vila ou a un peixeiro que chegaba coa s\u00faa furgoneta chifrona. Pero a aquela muller, con aspecto de pobreza, tam\u00e9n sempre lle mercaba unha bolsi\u00f1a de sardi\u00f1as da r\u00eda, mentres falaba un cacho. Eu, na mi\u00f1a inocencia de neno, pensaba de aquela que era a muller dun mari\u00f1eiro que pescaba o mellor peixe do mundo, e que era iso o que xustificaba que a mi\u00f1a avoa mercara, por terceira vez no d\u00eda, peixe. Agora, tras ler a reportaxe, sei que non, que ti\u00f1a que ver con outro tipo de querencias, sentimentos e lazos de solidariedade. E na mi\u00f1a memoria da infancia f\u00edxose unha pequena xustiza. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No primeiro n\u00famero de Pazos de Galicia, unha nova revista promovida pola asociaci\u00f3n hosteleira do&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/06\/30\/a-esforzada-vida-das-patifas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A esforzada vida das patifas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2938,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-2939","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2939","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2939"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2939\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2938"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2939"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2939"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2939"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}