{"id":29367,"date":"2017-02-26T22:57:06","date_gmt":"2017-02-26T20:57:06","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29367"},"modified":"2017-02-27T01:06:50","modified_gmt":"2017-02-26T23:06:50","slug":"no-roteiro-do-contrabando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/26\/no-roteiro-do-contrabando\/","title":{"rendered":"No Roteiro do Contrabando"},"content":{"rendered":"<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Poucas veces un sendeiro galego \u00e9 tan pracenteiro, variado e entretido como este Roteiro do Contrabando, que se atopa no concello ourens\u00e1n de Nogueira de Ramu\u00edn. Ollo, non \u00e9 o Roteiro do Contrabando de Vilardev\u00f3s, tam\u00e9n en Ourense. Ese haber\u00e1 que facelo outro d\u00eda!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Dese\u00f1ado pola asociaci\u00f3n M\u00f3vete por Nogueira, este roteiro de entre 16 e 20 quil\u00f3metros vainos levar, sempre a trav\u00e9s de bosque aut\u00f3ctono e cami\u00f1os tradicionais (importante a teimos\u00eda dos dese\u00f1adores do roteiro por evitar as estradas) a trav\u00e9s de zonas de gran valor cultural e natural vinculadas \u00e1 Ribeira Sacra ourens\u00e1, espectaculares paisaxes. N\u00f3s fix\u00e9mola nun s\u00e1bado fr\u00edo de hai un mes e algo, e foi unha aut\u00e9ntica gozada, un dos mellores roteiros que temos feito en tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>N\u00f3s comezamos o roteiro preto de Luintra (logo, ao final, porei unha ligaz\u00f3n a Wikiloc), a trav\u00e9s dunha zona de mu\u00ed\u00f1os tradicionais, carballeiras, grandes bolos gran\u00edticos e un espectacular castro do que se distingue o foxo (por onde pasa o cami\u00f1o), e vas cami\u00f1ando pola s\u00faa ladeira. Nesta primeira zona, as pedras xogan con marabillosas formas, como esta da serpe: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un pouco m\u00e1is abaixo vai acontecer algo marabilloso. O r\u00edo conv\u00edrtese nunha destas correntes subterr\u00e1neas, que vai por baixo dos teus p\u00e9s, desliz\u00e1ndose entre batolitos gran\u00edticos a medio soterrados e a medias visibles. Covas e cavernas onde os nenos destas aldeas deb\u00edan enredar, cheas de lendas. Hoxe apenas podemos albiscar este r\u00edo subterr\u00e1neo, que a veces provoca espectaculares afundimentos da terra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Posteriormente afrontas unha longa subida ata a aldea de Alcouce. Unha subida meticulosa entre bosques profundos, por cami\u00f1os ben vellos, ata que te sorprendes cunha destas marabillas que Galicia \u00e9 capaz de dar, recantos marabillosos. Conforme imos chegando ao alto desta seria subida, os soutos am\u00f3sannos uns casti\u00f1eiros inmensos, centenarios, e as ru\u00ednas dun casal. Al\u00ed observamos algo que nos deixa pampos. Un dos casti\u00f1eiros convertiuse en capeli\u00f1a. Un humilde Cristo, sobre unha t\u00e1boa pulcramente pintada, con ofrendas, na soedade deste lugar, testemu\u00f1a de que algunha vez os homes o percorreron. O lugar \u00e9 tan fermoso que mesmo un ateo coma min sente o sagrado desta fusi\u00f3n entre a natureza e as crenzas. Tratade o lugar con respeto se ides por a\u00ed. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pouco despois chegaremos \u00e1 aldea de Alcouce, e de Alcouce subiremos ao mirador da Lampa, onde imos ter unha perspectiva marabillosa e moi pouco co\u00f1ecida do r\u00edo Sil. Al\u00f3, enfronte, estar\u00e1n as terras de Pant\u00f3n e veremos, ao fondo, o mosteiro de Pombeiro, onde se daba un gran vi\u00f1o da Ribeira Sacra cultivado no seu momento por escravos musulm\u00e1ns. Al\u00f3 est\u00e1 o Castellum Minei, tam\u00e9n, e toda a grandeza desta paisaxe. Porque ao fondo, tam\u00e9n divisamos xa a grandeza de Santo Estevo de Ribas de Sil, cos seus arc\u00f3ns e b\u00f3vedas vencendo o desnivel. Sobre o miradoiro das Campas, algu\u00e9n cravou, cun humilde pau, unha bandeira galega, que zoa ao vento esfarrapada pero digna. M\u00e1is adiante, nun castro, volver\u00e1n facelo. Lembroume a esa pr\u00e1ctica tan habitual en Europa, de facer lucir as bandeiras do pa\u00eds nos seus contornos m\u00e1is espectaculares. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A partir da Lampa, os cami\u00f1os pasan a ser de media monta\u00f1a. Abandonamos as fragas vizosas por unha fermosa paisaxe de batolitos gran\u00edticos e monte baixo. Todos te\u00f1en o seu nome, pero botamos en falta saber as lendas. Aquel ti\u00f1a que ver con bruxas, e esoutro con fuxidos. Al\u00ed podemos achegarnos a esa marabilla xeol\u00f3xica que \u00e9 a Pedra Longa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/contrabando_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tedes que vela. E hai que imaxinarse aos bravos membros de M\u00f3vete por Nogueira nese barranco limpando todo para que poidamos acceder en condici\u00f3ns. Desde aqu\u00ed quit\u00e1monos o chapeu. Desde a Pedra Longa volvede a admirar, xa m\u00e1is preto, Santo Estevo de Ribas de Sil, e en primeiro plano, nun outeiro rochoso presidido por outra bandeira do pa\u00eds, un castro de antigos mouros. Unhas veci\u00f1as fal\u00e1ronnos de que a asociaci\u00f3n tam\u00e9n acababa de descubrir unha fervenza, pero non sabemos moito sobre o asunto. <\/p>\n<p>Pouco despois o sendeiro vainos levando de novo para Luintra. Hai que dicir que pasamos ben preto da necr\u00f3pole megal\u00edtica de Moura, pero non o indica. Marc\u00e1dea para vela, porque queda ben preto, se a\u00ednda non estades cansados. A partir de aqu\u00ed vai ser un descenso delicioso, por aldeas e fragas, de volta ata Luintra. N\u00f3s comezamos na depuradora de augas. <\/p>\n<p>En suma, un roteiro absolutamente marabilloso, mantido por unha asociaci\u00f3n de maneira voluntarista, e que \u00e9 recomendable a calquera amante do sendeirismo, cun bo rendemento f\u00edsico e, sobre todo, unha magn\u00edfica oportunidade para co\u00f1ecer espazos espectaculares e desco\u00f1ecidos do pa\u00eds. Parab\u00e9ns a M\u00f3vete por Nogueira!<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameBorder=\"0\" scrolling=\"no\" src=\"https:\/\/gl.wikiloc.com\/wikiloc\/spatialArtifacts.do?event=view&#038;id=12757881&#038;measures=off&#038;title=off&#038;near=off&#038;images=off&#038;maptype=S\" width=\"500\" height=\"400\"><\/iframe><\/p>\n<div style=\"background-color:#fff;color:#777;font-size:11px;line-height:16px;\">Powered by <a style=\"color:#06d;font-size:11px;line-height:16px;\" target=\"_blank\" href=\"https:\/\/gl.wikiloc.com\">Wikiloc<\/a><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dezaseis quil\u00f3metros de beleza e sorpresas en Nogueira de Ramu\u00edn<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/26\/no-roteiro-do-contrabando\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No Roteiro do Contrabando<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29382,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-29367","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29367","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29367"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29367\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29389,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29367\/revisions\/29389"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29382"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29367"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29367"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29367"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}