{"id":29353,"date":"2017-02-18T20:51:26","date_gmt":"2017-02-18T18:51:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29353"},"modified":"2017-02-18T22:28:39","modified_gmt":"2017-02-18T20:28:39","slug":"o-couto-que-marcan-as-sombras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/18\/o-couto-que-marcan-as-sombras\/","title":{"rendered":"O couto que marcan as sombras"},"content":{"rendered":"<p>Hai veces que as historias aparecen de maneira marabillosa: historias das que se cadra perdimos a significaci\u00f3n pero que sabemos que no seu tempo representaron algo m\u00e1is. A penas podemos comprendelas pero a\u00ed est\u00e1n. Este \u00e9 o caso deste relato que vou po\u00f1er por escrito aqu\u00ed, sobre todo para que a mi\u00f1a memoria non me traizoe. Quero pensar que se cadra, alg\u00fan d\u00eda, saberemos a verdade sobre el. Por agora, s\u00f3 temos estes apuntamentos. <\/p>\n<p>Contoumo o se\u00f1or Dom\u00ednguez, da mi\u00f1a Pobra do Carami\u00f1al, despois de advertirme que me met\u00eda demasiado cos curas no Anxo negro. Encollinme de ombreiros. &#8220;Que lle imos facer, se\u00f1or Dom\u00ednguez!&#8221;, d\u00edxenlle. El tampouco pareceu concederlle m\u00e1is importancia, pero ti\u00f1a unha historia para agasallarme. Unha historia sobre a Miserela, lugar do can\u00f3n do r\u00edo Pedras onde confl\u00faen os dous r\u00edos, o Pedras e o Miserela, e onde se ergueu un antigo mosteiro franciscano no s\u00e9culo XIV que non sabemos se gardar\u00eda antes un antigo eremitorio ou non (s\u00f3 a arqueolox\u00eda nolo poder\u00e1 contar alg\u00fan d\u00eda). Neste lugar conc\u00e9ntranse important\u00edsimas lendas ao redor de San Amaro, a s\u00faa barca de pedra (que al\u00ed est\u00e1, debruzada ao car\u00f3n do r\u00edo), o Pozo Negro, etc. Pero o se\u00f1or Dom\u00ednguez contoume algo que nunca escoitara antes e que me sorprendeu.<\/p>\n<p>Para chegar ao mosteiro hai que pasar unha fermosa ponte medieval. Resulta que a familia do se\u00f1or Dom\u00ednguez ti\u00f1a facenda e gando, e a finais de setembro el achegouse \u00e1 Miserela a ver o pastor que coidaba dos reba\u00f1os. A s\u00faa sorpresa foi velo m\u00e1is ou menos \u00e1 altura da ponte. O pastor mirou para o sol e d\u00edxolle: &#8220;voulle ensinar unha cousa digna de ver&#8221;. E o se\u00f1or Dom\u00ednguez conta que foron un pouco m\u00e1is adiante da ponte, a unha pedra en concreto que co\u00f1ec\u00eda o pastor. &#8220;P\u00f3\u00f1ase a\u00ed&#8221;, d\u00edxolle o pastor. Era xa un ser\u00e1n de finais de setembro. A data \u00e9 importante porque parece ser que este fen\u00f3meno se produc\u00eda exactamente nese momento. O sol \u00edase po\u00f1endo no leste, da outra banda do Barbanza, e de s\u00fapeto aquelo aparec\u00eda. &#8220;De aquela o monte estaba todo pelado, comido polas cabras e as ovellas, e as\u00ed se pod\u00eda ver&#8221;, dixo o se\u00f1or Dom\u00ednguez, &#8220;puiden ver como, ao longo de todo o can\u00f3n, along\u00e1banse as sombras dunhas penedas concretas, estir\u00e1ndose e estir\u00e1ndose, e ao facelo, fac\u00edan como un c\u00edrculo ou un couto&#8221;. O pastor achegouse a el e d\u00edxolle: &#8220;os vellos din que esas sombras, a finais de setembro, son as que marcan o couto e os terreos do mosteiro&#8221;. <\/p>\n<p>Hoxend\u00eda apreciar o fen\u00f3meno \u00e9 case imposible pola vexetaci\u00f3n e as repoboaci\u00f3ns forestais, pero te\u00f1o pendente examinar ben iso. En todo caso, ao chegar a casa fixen unha simulaci\u00f3n en Google Earth do avance do sol e das sombras sobre o can\u00f3n do r\u00edo, e todo canto viu o se\u00f1or Dom\u00ednguez aquel d\u00eda parece corresponderse perfectamente co modelo simulado do software. Aqu\u00ed tedes un v\u00eddeo no que explico como facelo, e como o que nos contaba o se\u00f1or Dom\u00ednguez ten, alomenos, unha correlaci\u00f3n f\u00edsica.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/rKPvo3Lgu9c\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Queda pendente ver, por suposto, que acontece con aqueles penedos que xeneraban sombras. Ter\u00e1n alg\u00fan tipo de elemento delimitador do couto? Marcas, cruces, petr\u00f3glifos? Ou era unicamente un fen\u00f3meno astron\u00f3mico aproveitado polo seu simbolismo, ou simplemente unha lenda que se foi formando s\u00e9culos despois pola paciente observaci\u00f3n dos pastores? Hai que ter en conta que a idea da propiedade ti\u00f1a e ten moito de sagrado en Galicia, por iso os seus l\u00edmites moitas veces conti\u00f1an petr\u00f3glifos con cruces, elementos sagrados e simb\u00f3licos de todo tipo. Quizais aqu\u00ed te\u00f1amos algo disto, con independencia de atoparmos algo neses penedos ou non.  <\/p>\n<p>En setembro irei tam\u00e9n \u00e1 ponte, a\u00ednda que estou convencido de que a maleza nos impedir\u00e1 ver ese fen\u00f3meno que v\u00eda o se\u00f1or Dom\u00ednguez na s\u00faa mocidade. &#8220;Se Deus me deixa, eu irei con vostede&#8221;, afirmou o se\u00f1or Dom\u00ednguez; el tam\u00e9n quere volver ver o fen\u00f3meno. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Poden as propiedades delimitarse cun fen\u00f3meno astron\u00f3mico? As\u00ed parec\u00eda ser no medieval mosteiro da Miserela, na Pobra do Carami\u00f1al.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/18\/o-couto-que-marcan-as-sombras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O couto que marcan as sombras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29354,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-29353","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29353","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29353"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29353\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29360,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29353\/revisions\/29360"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29354"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29353"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29353"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29353"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}