{"id":29348,"date":"2017-02-15T19:48:42","date_gmt":"2017-02-15T17:48:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29348"},"modified":"2017-02-15T19:49:08","modified_gmt":"2017-02-15T17:49:08","slug":"volve-o-festival-atlantica-de-narracion-oral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/15\/volve-o-festival-atlantica-de-narracion-oral\/","title":{"rendered":"Volve o Festival Atl\u00e1ntica de narraci\u00f3n oral"},"content":{"rendered":"<p>Sole Felloza dic\u00edao hoxe \u00e1 ma\u00f1\u00e1 na rolda de prensa. Cando comezou a organizar o Festival Atl\u00e1ntica na primeira edici\u00f3n, C\u00e1ndido Paz\u00f3 d\u00edxolle: &#8220;se aguantas ata os cinco anos todo vai ir ben&#8221;. E vela\u00ed van xa cinco anos de narraci\u00f3n oral! O Festival Atl\u00e1ntica medrou e medrou e podemos dicir que este ano xa \u00e9, posiblemente, o \u00fanico festival esc\u00e9nico galego con sedes en sete cidades e vilas do pa\u00eds. E unha demostraci\u00f3n, adem\u00e1is, de que \u00e9 posible unir a concellos con diferentes gobernos ao redor da narraci\u00f3n oral, unha das grandes destrezas da nosa cultura e onde Galicia, a\u00ednda que non o saibamos, \u00e9 unha potencia mundial. As\u00ed que o Festival Atl\u00e1ntica chega este ano non s\u00f3 a Santiago, sen\u00f3n \u00e1 Coru\u00f1a, Ferrol, Vigo, Ourense, Lal\u00edn e Teo con espect\u00e1culos entre o 15 e o 19 de marzo. Tempo haber\u00e1 para ir detallando as actividades e os narradores (eu recom\u00e9ndovos que vos subscribades ao Facebook de Atl\u00e1ntica para enterarvos de todo). Adi\u00e1ntovos que eu tam\u00e9n farei unha actividade, nas r\u00faas de Compostela, bastante curiosa. Nos vindeiros d\u00edas c\u00f3ntovola. :-)<\/p>\n<p>Aqu\u00ed vai a nota de prensa oficial do FEstival<\/p>\n<p>O Festival Atl\u00e1ntica v\u00e9n de anunciar a programaci\u00f3n da s\u00faa quinta edici\u00f3n, que se vai celebrar entre os d\u00edas 15 e 19 de marzo. A presentaci\u00f3n tivo lugar este m\u00e9rcores, 15 de febreiro, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela e na que participaron representantes dos concellos que este ano apoian o festival. As\u00ed, na rolda estiveron Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Econ\u00f3mico e Turismo de Santiago de Compostela; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, Deportes, Turismo, Festas e Universidade de Ferrol; Pilar Faxil, concelleira de Cultura e Educaci\u00f3n de Teo; Lara Rodr\u00edguez, concelleira de Cultura de Lal\u00edn; Marta Souto, do Servizo de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica do Concello de Vigo; Rosa M. D\u00edaz Naya, directora da Biblioteca P\u00fablica de Ourense; e Soledad Felloza, directora do Festival Atl\u00e1ntica.<\/p>\n<p>Os cinco anos de vida de Atl\u00e1ntica coinciden coa s\u00faa ampliaci\u00f3n xeogr\u00e1fica, un feito que Soledad Felloza sinalou durante a s\u00faa intervenci\u00f3n cando destacou que \u201ceste \u00e9 o ano da consolidaci\u00f3n do Festival Atl\u00e1ntica, pero tam\u00e9n \u00e9 o dun importante salto adiante, ao chegarmos a toda Galicia\u201d e que se trata \u201cdun dos poucos festivais esc\u00e9nicos con sedes en toda a comunidade\u201d. O intenso traballo en rede desenvolvido vai significar \u201cque os concellos colaboradores poder\u00e1n acceder a grandes artistas cunha achega econ\u00f3mica modesta\u201d, xa que que levar\u00e1 \u201ccase 40 espect\u00e1culos en 5 d\u00edas para todos os p\u00fablicos\u201d.<\/p>\n<p>Ademais, fieis ao esp\u00edrito do festival, a programaci\u00f3n axunta de novo contadores de pa\u00edses con ribeiras no oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico \u2013Brasil, Portugal, Uruguai- e convidados doutros mares \u2013Alema\u00f1a e Alacante- amais da representaci\u00f3n galega. Para Felloza, c\u00f3mpre salientar \u201ca identificaci\u00f3n da cultura atl\u00e1ntica con Galicia\u201d e lembrou que o festival \u201c\u00e9 a cabeza dunha rede de Festivais do Atl\u00e1ntico que involucra tam\u00e9n a Madeira, aos Azores, a Lisboa e \u00e1 Breta\u00f1a francesa\u201d. Tam\u00e9n anunciou que este ano \u201co Festival Atl\u00e1ntica lle outorga a s\u00faa Cornamusa de Honra ao Museo do Pobo Galego, por gardar durante corenta anos a memoria de Galicia\u201d.<br \/>\nFelloza lembrou que a informaci\u00f3n sobre os contadores e contadoras deste ano xa est\u00e1 publicada na web do festival (http:\/\/festivalatlantica.com) e que pouco a pouco se vai ir desvelando o programa detallado das actuaci\u00f3ns e mais o prezo das entradas e dos abonos.<br \/>\nUn festival para todos<br \/>\nComo en edici\u00f3ns anteriores, Atl\u00e1ntica volve programar actuaci\u00f3ns para todos os p\u00fablicos e haber\u00e1 de novo espect\u00e1culos para adultos, mais tam\u00e9n para cativos, que se van desenvolver nas escolas e nos centros socioculturais dos concellos participantes. Ademais, estas \u00faltimas actividades van ser gratu\u00edtas por mor da colaboraci\u00f3n dos propios centros. O car\u00e1cter inclusivo do festival reaf\u00edrmase coas sesi\u00f3ns de contos para beb\u00e9s e co espect\u00e1culo en lingua signada, unha novidade da pasada edici\u00f3n que volve este ano.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/festival_atlantica1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sobre a foto: Na mesa, de esquerda a dereita, Pilar Faxil, concelleira de Cultura e Educaci\u00f3n de Teo; Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Econ\u00f3mico e Turismo de Santiago de Compostela; Soledad Felloza, directora do Festival Atl\u00e1ntica; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, Deportes, Turismo, Festas e Universidade de Ferrol; e Lara Rodr\u00edguez, concelleira de Cultura de Lal\u00edn.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Celebra o seu quinto aniversario con sedes en toda Galicia<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/02\/15\/volve-o-festival-atlantica-de-narracion-oral\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Volve o Festival Atl\u00e1ntica de narraci\u00f3n oral<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29349,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-29348","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29348","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29348"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29348\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29351,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29348\/revisions\/29351"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29349"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29348"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29348"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29348"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}