{"id":29285,"date":"2017-01-29T13:07:46","date_gmt":"2017-01-29T11:07:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29285"},"modified":"2017-01-29T13:12:23","modified_gmt":"2017-01-29T11:12:23","slug":"porta-do-sol-unha-coidada-cocina-de-base-tradicional-en-lamela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/29\/porta-do-sol-unha-coidada-cocina-de-base-tradicional-en-lamela\/","title":{"rendered":"Porta do Sol: unha coidada coci\u00f1a de base tradicional"},"content":{"rendered":"<p>Quen sexa afeccionado \u00e1 estrada N-525, que vai de Santiago de Compostela a Ourense, estar\u00e1 comigo \u00e9 que \u00e9 unha aut\u00e9ntica estrada da carne. No ano 2006 escrib\u00edn neste blog un post chamado <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/10\/20\/na-busca-dos-praceres-da-carne-na-estrada-santiago-lalin\/\">Na busca dos praceres da carne na estrada Santiago-Lal\u00edn<\/a>, que durante moito tempo foi a entrada m\u00e1is vista no blog pero, claro est\u00e1, por xente que buscaba en google <em>outros<\/em> praceres da carne que non eran exactamente as barbacoas e churrascos aos que eu me refer\u00eda. <\/p>\n<p>O caso \u00e9 que calquera oportunidade de diversificar esta oferta debe ser benvida: estamos falando dunha estrada que percorre concellos fant\u00e1sticos con innumerables opci\u00f3ns para facer excursi\u00f3ns, co\u00f1ecer patrimonio cultural e natural. Limitar ao churrasco e pouco m\u00e1is -a\u00ednda que sexa, en xeral, de boa calidade- era unha m\u00e1goa para un cami\u00f1o que \u00e9 percorrido con moita xente que busca co\u00f1ecer o interior de Galicia. As\u00ed que unha gran alegr\u00eda est\u00e1 na apertura, hai uns meses, do restaurante Porta do Sol, en Lamela. Lamela \u00e9 esa aldea da estrada que est\u00e1 antes de Bandeira, e que \u00e9 famosa sobre todo pola churrasquer\u00eda O Gaucho, que os fins de semana re\u00fane a centos de persoas no acto de papar unha boa cantidade de carne \u00e1 grella a un prezo moi econ\u00f3mico (eu gosto moito deste sitio tam\u00e9n, ag\u00e1s da cervexa servida en vaso de tubo). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/porta_do_sol_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/porta_do_sol_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/portadosoldelamela.com\">Porta do Sol<\/a>, un negocio familiar, restaurou un antigo edificio de principios do s\u00e9culo XX para ofrecer un comedor coqueto no que ofrecen unha versi\u00f3n da coci\u00f1a tradicional actualizada no servizo e na presentaci\u00f3n, pero mantendo a esencia dunha comida caseira e de interior. No noso caso pedimos unhas croquetas de primeiras (de choco, camar\u00f3n e creo lembrar que de xam\u00f3n), para facer sitio a un excelente arroz de cocochas e vieiras, unha das especialidades da casa (22 euros\/persoa). Non \u00e9 barato o prato (hainos de mellor prezo, claro) pero \u00e9 que nin cocochas nin vieiras se agasallan nos mercados. O caso \u00e9 que \u00e9 un pratazo, unha aut\u00e9ntica referencia que compensa a viaxe ata Lamela para degustar un arroz moi meloso, que no noso caso adem\u00e1is de cocochas e vieiras, chegounos con ameixas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/porta_do_sol_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Todo isto acompa\u00f1ado dun bo servizo de vi\u00f1o e, para postres, unhas filloas recheas dun fino chiculate belga. Con vi\u00f1o (perd\u00edn a marca, pero te\u00f1en un excelente Ribeiro de colleiteiro) aproximadamente uns 35 euros por persoa que, cambiando o arroz por outra cousa, andar\u00e1n nos 28 euros. <\/p>\n<p>Sen d\u00fabida, a N-525 xa ten nas s\u00faas marxes un establecemento que, malia a s\u00faa mocidade -unha vida de poucos meses- xa conseguiu elevar os est\u00e1ndares gastron\u00f3micos da estrada e crea unha icona a partir da cal perderse por esas pistas e descubrir os pazos, os castros, os mosteiros e a fermosa natureza agraria desta zona l\u00edmite entre o Deza e o Ulla. <\/p>\n<p><em>Fotos feitas cun iPhone 7: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comprob\u00e1molo. Hai vida m\u00e1is al\u00e1 do churrasco en Lamela. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/29\/porta-do-sol-unha-coidada-cocina-de-base-tradicional-en-lamela\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Porta do Sol: unha coidada coci\u00f1a de base tradicional<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29295,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-29285","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29285","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29285"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29285\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29299,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29285\/revisions\/29299"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29295"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29285"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29285"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29285"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}