{"id":29246,"date":"2017-01-15T22:12:50","date_gmt":"2017-01-15T20:12:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29246"},"modified":"2017-01-15T22:12:50","modified_gmt":"2017-01-15T20:12:50","slug":"monsanto-o-granito-do-tempo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/15\/monsanto-o-granito-do-tempo\/","title":{"rendered":"Monsanto: o granito do tempo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Creo que tivemos unha sorte enorme cando visitamos Monsanto, en Portugal. Porque todo estaba sepultado nunha br\u00e9tema espesa e a br\u00e9tema sempre cambia, transforma, a percepci\u00f3n dos lugares que visitas. \u00c9 nese momento cando entendes o papel m\u00e1xico deste fen\u00f3meno metereol\u00f3xico nas vellas literaturas m\u00edticas, cando a br\u00e9tema \u00e9 a que trae do al\u00e9n ex\u00e9rcitos ou seres. <\/p>\n<p>En Monsanto creo que foi unha aut\u00e9ntica beiz\u00f3n. Certo \u00e9 que perdimos unha das percepci\u00f3ns deste lugar: o de atalaia sobre a devesa do interior da Pen\u00ednsula, o de fronteira contra Espa\u00f1a, o de baluarte defensivo e arquitectura do medo; conforme subiamos o noso campo de visi\u00f3n se acurtaba, ata que nos acostumamos unicamente a distinguir esta prodixiosa combinaci\u00f3n de natureza e arquitectura. Esta illa de granito, unha sorte de pequeno Pindo no medio dunha deliciosa paisaxe de dehesa, foi habitada polos homes desde hai tempo. Estes non puideron\/quixeron (d\u00faas caras da mesma moeda) cargarse estas enormes fragas gran\u00edticas, as\u00ed que axeitaron as casas para que os batolitos de pedra se convertiran en parte colaborativa da arquitectura dom\u00e9stica e agraria. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Eu non sei se Monsanto \u00e9 o pobo m\u00e1is portugu\u00e9s de Portugal, como lle deron de t\u00edtulo nos anos 20 e hoxe figura ao principio de calquera texto tur\u00edstico sobre a aldea. Eu apostar\u00eda que non, que non parece moi portugu\u00e9s, a\u00ednda que si ib\u00e9rico nun sentido amplo, ib\u00e9rico na vontade de integrarse na pedra. A aldea \u00e9 unha preciosidade: ben coidada, con a\u00ednda certa vida aut\u00e9ntica e un profundo orgullo vilego. Pero n\u00f3s fixemos un itinerario m\u00e1is bonito. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>N\u00f3s subimos pola casa que mercou o Zeca Afonso e non chegou a restaurar; fumos subindo por a\u00ed cara unha zona marxinal da vila e de s\u00fapeto xa estabamos no medio da n\u00e9boa e os batolitos aparec\u00edan como fantasmas por todas partes. A br\u00e9tema trae con ela o silencio, e o silencio trae con el a imaxinaci\u00f3n, e parec\u00eda que acababamos de deixar Monsanto para transitar polo Pindo. Chegamos ao vello poboado de San Miguel, coas s\u00faas murallas moi, moi parecidas \u00e1s da fortaleza da Moa, no Pindo, e enigm\u00e1ticas casas gorecidas entre o fragueiro. Non viamos alturas, nin percibiamos a nosa altura. Por al\u00ed fumos chegando primeiro ao petr\u00f3glifo das trece tixolas, e de a\u00ed acabamos subindo a unha das partes m\u00e1is espectaculares do conxunto: o coraz\u00f3n de aquel poboado abandonado, San Miguel, que deu orixe a Monsanto. E ese coraz\u00f3n era unha austera pero fermosa igrexa rom\u00e1nica en ru\u00ednas, rodeadas de penedos gran\u00edticos esculpidos para albergar a necr\u00f3pole medieval e todo tipo de estruturas dom\u00e9sticas desa aldea desaparecida. O campanario ergu\u00edase un pouco separado, no medio da br\u00e9tema, e mesmo desde al\u00ed non dabamos divisado o castelo templario, de impresionantes murallas, que estaba xusto por riba nosa. Ao final dimos entrado nel, naquel espazo maxestuoso, unha rexa fortificaci\u00f3n militar baleira no seu interior, testemu\u00f1a e c\u00f3mplice dunha fronteira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monsanto_17.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O descenso \u00e1 aldea foi unha gozada. Faise tam\u00e9n entrando polas periferias, e a\u00ed descubrimos as curiosas curripas dos porcos, onde aos animais se lles fac\u00edan unhas casi\u00f1as estilo castrexo para que se refuxiaran pola noite; m\u00e1is abaixo est\u00e1 a Taberna Lusitana, que non ten perda. Pr\u00f3benlle a tomar unha ca\u00f1a de hidromel, que paga a pena e refresca ben. <\/p>\n<p>Marchamos de Monsanto sorprendidos dun lugar que nos namorou; o ru\u00eddo tur\u00edstico de Internet fai dif\u00edcil investigar o moito que debe haber de aquel antiga vila abandonada de San Miguel, por riba da actual, que descubrimos fusionada, derretida, nun labirinto de xigantes gran\u00edticos; aqu\u00ed a arquitectura v\u00f3lvese eterna e radicalmente atemporal. Un lugar para volver. <\/p>\n<p>Fotos: Sole Felloza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha aldea fronteiriza portuguesa, labirinto de granito e de historias. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/15\/monsanto-o-granito-do-tempo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Monsanto: o granito do tempo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29253,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[73,8],"tags":[],"class_list":["post-29246","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-portugal","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29246","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29246"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29246\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29264,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29246\/revisions\/29264"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29253"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29246"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29246"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29246"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}