{"id":29213,"date":"2017-01-08T22:08:15","date_gmt":"2017-01-08T20:08:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29213"},"modified":"2017-01-09T09:17:39","modified_gmt":"2017-01-09T07:17:39","slug":"centum-celas-un-arcano-no-mundo-real","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/08\/centum-celas-un-arcano-no-mundo-real\/","title":{"rendered":"Centum Celas, un arcano no mundo real"},"content":{"rendered":"<p>Hai edificios e arquitecturas que parecen suspendidas no tempo, nas que non \u00e9 doado atopar un enclave cronol\u00f3xico: \u00e9 como se o trascenderan e entraran noutro mundo, o dos nosos so\u00f1os, o da imaxinaci\u00f3n, indo m\u00e1is al\u00e1 dunha cultura para converterse elas mesmas en icona cultural. Iso me pasou cando Maria Jo\u00e3o Santos me falou de Centum Cellas, este incrible lugar preto de Belmonte, en Portugal. Googleeino e de s\u00fapeto clickei na vista imaxes, ficando abraiando ante o que estaba vendo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/centum_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha solitaria torre, aberta por m\u00faltiples fiestras, atravesada polos aires e polos ventos; m\u00e1is un elemento org\u00e1nico no medio da natureza que unha arquitectura masiva. A nosa idea de torre, no noso territorio, pasa por unha estrutura masiva, pechada, con a penas algunha fiestra de iluminaci\u00f3n e ventilaci\u00f3n. A torre do castelo, de avistamento, de defensa, p\u00e9chase para protexerse do exterior. Pero Centum Cellas non ten medo do exterior: as s\u00faas fiestras abertas conv\u00e9rteno en templo, en zigurat, en observatorio astron\u00f3mico, en casa de pantasmas. Inmediatamente lembrei de onde proced\u00eda a fascinaci\u00f3n por este lugar. Porque m\u00e1is al\u00e1 del mesmo, parec\u00eda materializarse como un deses arcanos, como un arquetipo jungiano no mundo real. Lembrei onde conectaba na mi\u00f1a memoria Centum Cellas co mundo: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/centum_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Quixen visitar este lugar e fix\u00e9molo estes d\u00edas. E vela\u00ed que non defraudou. A visita a p\u00e9 a\u00ednda engadiu detalles marabillosos a este espazo tan enigm\u00e1tico, comezando polo seu nome. Non est\u00e1 clara a s\u00faa procedencia. Durante moito tempo especulouse que se refer\u00eda \u00e1s &#8220;cen celas&#8221; que ter\u00eda esta c\u00e1rcere; e vela\u00ed teriamos unha historia borgiana de torres, fiestras e celas interminables. O certo \u00e9 que, aqu\u00ed onde a vedes, os especialistas estiman a antig\u00fcidade deste monumental edificio en dous mil anos, vinculado a unha vila romana da que se aprecian as ru\u00ednas todo o redor e a un propietario, Lucio Cecilio, que comerciar\u00eda co numeroso esta\u00f1o da zona. A torre de Centum Cellas ser\u00eda o punto m\u00e1is destacado da pars urbana desta enorme vila que dominar\u00eda o val de Belmonte. <\/p>\n<p>Pero non deixa de ser unha hip\u00f3tese, non demasiado clara. A s\u00faa funcionalidade segue a ser unha inc\u00f3gnita. Penso nesas fiestras, nesa sucesi\u00f3n de xanelas e portas abertas \u00e1 nada, polas que o sol se filtra nos solpores. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/centum_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A arquitectura dom\u00e9stica e vilega romana non era amiga de tantas fiestas por unha cuesti\u00f3n b\u00e1sica de eficiencia enerx\u00e9tica. Pero Centum Cellas tampouco parece querer predominar (demasiado) sobre o seu contorno. A\u00ednda que est\u00e1 nun promontorio, poder\u00eda ter sido elevada un pouco m\u00e1is alta, e sen embargo, constru\u00edu rebaixes no lombo de pedra de acordo cunha planificaci\u00f3n que desco\u00f1ecemos. Todas esas fiestras abertas, a todas partes, estar\u00e1n cont\u00e1ndonos quizais unha relaci\u00f3n entre Centum Cellas e o seu contorno, responder\u00e1n a unha angueira moi espec\u00edfica do seu construtor e do seu arquitecto, unha angueira non defensiva nin dom\u00e9stica, sen\u00f3n relixiosa, ou cient\u00edfica? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/centum_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai outra posibilidade na que abandonamos o sentido com\u00fan e nos deixamos levar pola imaxinaci\u00f3n. E \u00e9 que Centum Cellas estea desde sempre, desde que o mundo \u00e9 mundo, inalterable e s\u00f3lida, nese estado na que a vemos hoxe. Gardar\u00eda nas s\u00faas proporci\u00f3ns a matem\u00e1tica do universo e a solidez da perfecci\u00f3n arquitect\u00f3nica, falar\u00edanos de antigos mundos e humanidades, ser\u00eda a primeira imaxe vista pola primeira muller. Un arcano fermoso. Unha arquitectura \u00fanica que paga a pena ir visitar. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No concello portugu\u00e9s de Belmonte, un misterioso edificio que xa cumpre dous mil anos.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/08\/centum-celas-un-arcano-no-mundo-real\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Centum Celas, un arcano no mundo real<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29216,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,73,8],"tags":[],"class_list":["post-29213","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-portugal","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29213","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29213"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29213\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29223,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29213\/revisions\/29223"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29216"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29213"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29213"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29213"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}