{"id":29207,"date":"2017-01-08T21:09:55","date_gmt":"2017-01-08T19:09:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29207"},"modified":"2017-01-08T21:29:26","modified_gmt":"2017-01-08T19:29:26","slug":"ribeiras-sacras-ocultas-o-santome-de-barona","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/08\/ribeiras-sacras-ocultas-o-santome-de-barona\/","title":{"rendered":"Ribeiras sacras ocultas: o Santom\u00e9 de Baro\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santome_11.jpg\"\/><\/p>\n<p>O xeito no que constru\u00edmos o sentido dos lugares hoxe en d\u00eda l\u00e9vanos moitas veces a pensar que son \u00fanicos. E parece que as cousas s\u00f3 te\u00f1en valor se son \u00fanicas ou pioneiras ou primeiras. \u00c9 o caso da Ribeira Sacra e a s\u00faa singular concentraci\u00f3n de mosteiros e igrexas entre o Mi\u00f1o e o Sil. A realidade \u00e9 que toda Galicia \u00e9 unha ribeira sacra, s\u00f3 que en moitos sitios aqueles pequenos cenobios altomedievais ficaron abandonados, colapsaron durante as importantes reformas mon\u00e1sticas que se deron en Galicia pola volta do s\u00e9culo XII e a chegada do C\u00edster. Na actual Ribeira Sacra simplemente tiveron m\u00e1is sorte, perviviron e se engrandeceron. <\/p>\n<p>Moitos dos can\u00f3ns dos nosos pequenos regatos e r\u00edos da costa atl\u00e1ntica gardan a testemu\u00f1a do mesmo fen\u00f3meno que cristalizou al\u00f3 por Lugo e Ourense. Lugares remotos, tan fermosos como dif\u00edciles para a vida. O can\u00f3n do r\u00edo Pedras na Pobra garda a Misarela pero tam\u00e9n, augas arriba, a Casa do Conde e a Corte do Santo. Cando se fundou Toxosoutos en Lousame xa eran vellos os espazos sacros do r\u00edo Tambre, o mosteiro de Corenza, a capela de San Gregorio e pode que un terceiro onda a central. En Boiro os vikingos queimaron outro que a\u00ednda non sabemos ubicar. Poderiamos seguir as\u00ed, percorrendo unha xeograf\u00eda sacra de lugares remotos, preto das confluencias de r\u00edos, onde se estableceron antigos eremitas ou as familias aristocr\u00e1ticas fundaron aqueles primitivos cenobios.<\/p>\n<p>Aproveitando as vacaci\u00f3ns, o outro d\u00eda visitamos unha destas localizaci\u00f3ns, que coido que v\u00e9n a facer m\u00e1is ampla esta lista de pequenos refuxios mon\u00e1sticos da Galicia medieval. Este at\u00f3pase en Porto do Son, un concello no que hai unha interesant\u00edsima actividade medieval que non est\u00e1 estudada no seu conxunto. O Santom\u00e9 at\u00f3pase na parroquia de Baro\u00f1a, xusto na ca\u00edda do regato do mesmo nome desde Montemu\u00ed\u00f1o. Hoxend\u00eda este territorio est\u00e1 colonizado polo eucalipto, pero nas fotos antigas podemos ver como estas soedades a\u00ednda ti\u00f1an alg\u00fans prados, carballeiras e a pedra espida. Segundo nos contou Arufe, o veci\u00f1o que nos levou ata al\u00ed, a tradici\u00f3n do Santom\u00e9 \u00e9 fort\u00edsima entre a xente de Baro\u00f1a. A existencia dunha capela -alg\u00fan veci\u00f1o fala de &#8220;cenobio&#8221;- que sen d\u00fabida nos remonta a \u00e9poca medieval porque de al\u00ed apareceu un sartego enorme que foi trasladado por un veci\u00f1o \u00e1 aldea pr\u00f3xima. A\u00ednda que moita da pedra do Santom\u00e9 foi levada seguramente para as casas, baixo a espes\u00edsima capa de frouma p\u00f3dense apreciar alomenos dous edificios (un deles, pola orientaci\u00f3n, poder\u00eda ser a capela) con bos sillares de canteir\u00eda, socalcos, etc. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santome_21.jpg\"\/><\/p>\n<p>A capela non est\u00e1 protexida no PXOM nin parece catalogada por Patrimonio da Xunta, a xulgar polo Inventario do Patrimonio Cultural dispo\u00f1ible en li\u00f1a, pero \u00e9 raro que non figure noutro tipo de documentaci\u00f3n. Cando estas capelas colapsaban, \u00edan vellas ou perd\u00edan os seus patr\u00f3ns e rendas os visitadores arcebispais ordeaban derrubalas. Seguro que nese tipo de documentaci\u00f3n podemos atopar referencias a este antigo lugar sagrado, esquencido dos tempos e tapado pola pel do bosque. Calquera cousa que saibas, tam\u00e9n cho agradezo que nolo contes nos comentarios!<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/91763\/2017\/01\/capela-de-santome\/\">Localizaci\u00f3n da capela de Santom\u00e9 en patrimoniogalego.net<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Localizamos unha antiga capela medieval no Porto do Son<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2017\/01\/08\/ribeiras-sacras-ocultas-o-santome-de-barona\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Ribeiras sacras ocultas: o Santom\u00e9 de Baro\u00f1a<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29209,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-29207","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29207","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29207"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29207\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29217,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29207\/revisions\/29217"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29209"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29207"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29207"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29207"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}