{"id":29187,"date":"2016-12-17T22:01:27","date_gmt":"2016-12-17T20:01:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29187"},"modified":"2016-12-17T22:11:04","modified_gmt":"2016-12-17T20:11:04","slug":"o-santo-que-chegou-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/17\/o-santo-que-chegou-do-mar\/","title":{"rendered":"O santo que chegou do mar"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe co\u00f1ec\u00edn unha historia magn\u00edfica percorrendo o roteiro literario sobre <em>O Anxo Negro<\/em> que estou a preparar co Centro de formaci\u00f3n de profesorado da Xunta. Xa van inscritos m\u00e1is de cen profesores de toda Galicia e iso significa que temos que afinar moit\u00edsimo a lox\u00edstica. Non \u00e9 o mesmo levar a 10 ou mesmo 20 persoas de paseo que pensar en cen ou m\u00e1is. Nun pa\u00eds como Galicia, con rueli\u00f1as pequenas e numerosos lugares aos que hai que acceder (afortunadamente) a p\u00e9, a cousa compl\u00edcase, as\u00ed que xunto con Carlos Rodr\u00edguez -e a s\u00faa experiencia na organizaci\u00f3n destes roteiros- fumos botar un ollo a todo. <\/p>\n<p>Pois pasamos por un dos puntos do roteiro: a capela do Esp\u00edrito Santo en Muros. O roteiro est\u00e1 baseado en como se mestura realidade e ficci\u00f3n no Anxo Negro, as\u00ed que percorremos sitios que inspiran a recreaci\u00f3n de espazos da novela. Na capela do Esp\u00edrito Santo interes\u00e1bame a lenda, que \u00e9 fundamental na novela: a de que os santos galegos son teimudos, e fan saber onde queren que se lles constr\u00faan templos pola t\u00e9cnica de parar os carros de bois e non facelos avanzar. Tam\u00e9n me permit\u00eda falar dos ermita\u00f1os, porque neste lugar estaban atestemu\u00f1ados de antigo.<\/p>\n<p>Iso pasou na lenda fundacional da capela do Esp\u00edrito Santo, en Muros, no Campo das Cortes, unha xoia g\u00f3tica que paga moito a pena visitar. Pero o marabilloso foi cando entramos. As veci\u00f1as avis\u00e1rannos de que iamos ver unha imaxe que se recuperou no ano 1984, cando os veci\u00f1os fixeron obras na capela. Diante do presbiterio, os veci\u00f1os sacaron unha impresionante escultura medieval que podedes ver aqu\u00ed: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/espirito_santo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n, polo que nos contaron, \u00e9 que as vellas -as\u00ed nolo dixeron, e obs\u00e9rvese o feminino-, as <em>vellas<\/em> da aldea sab\u00edan que esa imaxe estaba al\u00ed soterrada. E opux\u00e9ronse ferozmente a que a imaxe fora sacada da terra. Estamos falando do ano 1984. O promotor da obra, e de que a escultura se lucira dentro da capela, era o famoso cura murad\u00e1n Jos\u00e9 Marcelino Figueiras, alias &#8220;Pepe de Muros&#8221;. As vellas ti\u00f1an medo de que o cura levara o santo para as Am\u00e9ricas -el vivira en Brooklyn e estudara no seu seminario-. \u00c9 unha historia moi <em>Anxo Negro<\/em> e que nos pon no contexto de como nos 80 os paisanos sab\u00edan ben o que os curas estaban facendo co seu patrimonio cultural, e trasladaron esa sospeita a este sacerdote. O caso \u00e9 que a imaxe, finalmente, ficou exposta al\u00ed nun lateral da nave. Polo que nos dixeron as veci\u00f1as, isto aconteceu en 1984 e veu a &#8220;televisi\u00f3n&#8221;. Agradecer\u00eda calquera informaci\u00f3n ao respecto: unha data m\u00e1is concreta, un recorte de xornal, o que poida ser. Gustar\u00edame moito co\u00f1ecer en profundidade esta historia. <\/p>\n<p>En todo caso, estamos ante unha magn\u00edfica escultura con pinta de ter sufrido inclemencias temporais, se cadra exposta no exterior da capela, e con claros rasgos de policrom\u00eda. Eu non te\u00f1o nin idea de arte medieval como para distinguir a figura, pero tam\u00e9n agradecer\u00eda a algunha especialista algunha clave m\u00e1is. \u00c9 un Cristo? Supo\u00f1o que si porque parece que est\u00e1 en adem\u00e1n de bendicir, pero non estou seguro. Ch\u00e1mame a atenci\u00f3n o poderos\u00edsimo e mesmo desproporcionado pescozo. \u00c9 unha figura de factura galega? A pedra parece granito, e este tipo de figuras lembroume a un Santiago que temos na igrexa de Santiago do De\u00e1n, na Pobra do Carami\u00f1al, pero \u00e9 tam\u00e9n bastante distinta. Gustar\u00edame saber m\u00e1is sobre esta peza. Se tedes ligaz\u00f3ns ou informaci\u00f3n, moi agradecido. <\/p>\n<p>Este misterio \u00e9 especialmente fermoso porque en Galicia os santos, como me lembrou Alejandro Lamas, sot\u00e9rranse cando est\u00e1n vellos ou cando se cambia a advocaci\u00f3n dun templo. As\u00ed que esta figura estaba sepultada no interior da capela, no lugar preferente, como se fose un arist\u00f3crata ou un gran prelado, durmindo coma un home o so\u00f1o dos s\u00e9culos. Cambiar\u00eda a advocaci\u00f3n da capela nalg\u00fan momento? A principios do XVII xa era do Esp\u00edrito Santo, pero esa \u00e9 unha adscrici\u00f3n que non parece medieval&#8230;<\/p>\n<p>Unha gran historia. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podedes vela m\u00e1is en detalle, con estes apuntamentos fotogram\u00e9tricos que tirei in situ:<\/p>\n<div class=\"sketchfab-embed-wrapper\"><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/f1dbd6e8314e49fca9cdefa5b9ebc3e4\/embed\" frameborder=\"0\" allowvr allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\">\n    <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/f1dbd6e8314e49fca9cdefa5b9ebc3e4?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Imaxe da Capela do Esp\u00edrito Santo<\/a><br \/>\n    by <a href=\"https:\/\/sketchfab.com\/magago?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">magago<\/a><br \/>\n    on <a href=\"https:\/\/sketchfab.com?utm_medium=embed&#038;utm_source=website&#038;utm_campain=share-popup\" target=\"_blank\" style=\"font-weight: bold; color: #1CAAD9;\">Sketchfab<\/a>\n<\/p>\n<\/div>\n<p><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/7896\/2011\/10\/ermida-do-espiritu-santo\/\">E aqu\u00ed a ficha en patrimoniogalego.net por se queredes ir por a\u00ed<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha figura soterrada en Muros merg\u00fallanos nun mar de historias e lendas<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/17\/o-santo-que-chegou-do-mar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O santo que chegou do mar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29188,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-29187","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29187","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29187"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29187\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29191,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29187\/revisions\/29191"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29188"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29187"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29187"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29187"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}