{"id":29173,"date":"2016-12-10T12:40:55","date_gmt":"2016-12-10T10:40:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29173"},"modified":"2016-12-10T12:45:16","modified_gmt":"2016-12-10T10:45:16","slug":"corrubedo-area-sal-e-pedra-no-atlantico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/10\/corrubedo-area-sal-e-pedra-no-atlantico\/","title":{"rendered":"Corrubedo: area, sal e pedra no Atl\u00e1ntico"},"content":{"rendered":"<p>Hai algo diferente en Corrubedo (Ribeira) que saca a esta localidade do seu contorno inmediato e a emparenta con outros lugares similares no Atl\u00e1ntico, outorg\u00e1ndolle un sabor e unha identidade especial e \u00fanica. A caracter\u00edstica, finalmente, para min \u00e9 o esencialismo. A paisaxe en Corrubedo red\u00facese ao m\u00ednimo por mor da area que inunda todo, ata que s\u00f3 fican grandes cons de granito, herbi\u00f1as humildes e discretas acompa\u00f1adas do monte baixo e logo o mar. Aqu\u00ed non hai alturas ata chegar ao monte Facho, nada que interrumpa a sensaci\u00f3n de que no fondo isto \u00e9 unha lingua de area met\u00e9ndose no mar Atl\u00e1ntico ata a bandeira. E non s\u00f3 acontece no faro, onde se pod\u00eda pensar, sen\u00f3n na propia localidade. A fachada mar\u00edtima de Corrubedo, constru\u00edda esencialmente a partir dos anos 20 ou 30 -como Agui\u00f1o, estes pobos naceron do auxe da pesca no s\u00e9culo XX- por alg\u00fan tipo de miragre conseguiu preservar, na s\u00faa heteroxeneidade, certa escala humana. Non hai grandes edificios de pisos, sen\u00f3n vivendas unifamiliares que conforman un tapiz de texturas dom\u00e9sticas pendurando directamente sobre o mar. Non me estra\u00f1a que David Chipperfield, o arquitecto brit\u00e1nico que pasa aqu\u00ed longas tempadas, dese\u00f1ara a s\u00faa casa -unha destas da ribeira- tam\u00e9n xogando con este perfil fermoso de vivendas de familias que voan directamente sobre as rochas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A escala humana de Corrubedo est\u00e1 aqu\u00ed: no almac\u00e9n en ru\u00ednas do fondo, na marea baixa na que xogan os rapaces, na auga chegando ata as vivendas que aqu\u00ed se fai tolerable. Visitamos Corrubedo nun <em>press trip<\/em> organizado por Arousa Norte, o consorcio tur\u00edstico dos concellos do sur do Barbanza. Unha destas vivendas unifamiliares foi recuperada para turismo rural, e at\u00f3pase directamente sobre o mar. \u00c9 a <a href=\"http:\/\/www.casadoscasqueiros.com\">Casa dos Casqueiros<\/a>. A min lembroume os meus recordos de infancia: cando o brillo do mar nas mar\u00e9s cheas formaba caprichosos vermes de luz no teito da mi\u00f1a habitaci\u00f3n, na Pobra do Carami\u00f1al, antes dos recheos. <\/p>\n<p>O urbanismo ca\u00f3tico de Corrubedo parece medrar no medio dos areos, nese sentido de ruelas estreitas e casas humildes impregnado das artes de pesca, do saber do mar e dunha vida que nunca estaba moi distanciada da s\u00faa fonte de recursos. Un dos aspectos interesantes do Corrubedo contempor\u00e1neo \u00e9 comprobar un asunto de turismo de libro: como un establecemento hosteleiro pode exercer un fen\u00f3meno tractor cara unha localidade. \u00c9 o caso de <a href=\"https:\/\/www.benboa.com\">Benboa<\/a>, un proxecto amplo de hosteler\u00eda e alimentaci\u00f3n ubicado nunha antiga f\u00e1brica conserveira. Benboa debe ser dos poucos sitios en Galicia nos que sempre que chamo para reservar en fin de semana (te\u00f1o tendencia a facelo o mesmo d\u00eda, dificilmente me lembro en d\u00edas anteriores) sempre est\u00e1n completos. Aqu\u00ed ap\u00f3stase por unha gastronom\u00eda do produto de mar cun lixeiros toques actualizados, pero sempre moi orientado \u00e1 decisi\u00f3n do cliente. Por exemplo, hai unha peixer\u00eda na que se pode escoller o peixe que se vai comer, ou unha zona de tenda na que eles comercializan marcas artes\u00e1s e os seus propios produtos. Porque aqu\u00ed ven a parte interesante de Benboa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A primeira vez que lles escoitei falar destes proxectos xa foi coido que no primeiro F\u00f3rum Gastron\u00f3mico. Trat\u00e1base de crear pratos precoci\u00f1ados da gastronom\u00eda galega, de calidade. Lembro, por exemplo, unha caldeirada de r\u00eda que estaba m\u00e1is que aceptable. De alg\u00fan xeito, en Benboa contin\u00faan con estes proxectos. \u00c9 sorprendente baixar por debaixo do restaurante, onde de s\u00fapeto o edificio adquire trazas de nave industrial e nos atopamos unhas importantes instalaci\u00f3ns de cet\u00e1rea e procesado de alimentos. A idea de Benboa \u00e9 comercializar en tama\u00f1os e prezos asequibles os produtos do mar galego, cunha presentaci\u00f3n m\u00e1is que interesante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/corrubedo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estes percebes, por exemplo, son un dos produtos que est\u00e1n a comercializar. A idea dos socios \u00e9 tam\u00e9n constru\u00edr un modelo de negocio de venda directa, sen intermediarios, dos produtos, e fidelizar os clientes con env\u00edos regulares de produtos. Soa moi ben, pero non debe ser doado de implementar. Moita sorte aos emprendedores. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paseamos polo estremo do Barbanza para co\u00f1ecer a s\u00faa oferta tur\u00edstica<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/10\/corrubedo-area-sal-e-pedra-no-atlantico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Corrubedo: area, sal e pedra no Atl\u00e1ntico<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29176,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7,8],"tags":[],"class_list":["post-29173","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29173","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29173"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29173\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29186,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29173\/revisions\/29186"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29176"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29173"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29173"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29173"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}